Page 1

INTERPRETACIÓN RESULTADOS POTABILIDADE DAS AUGAS 1.- ALCALINIDADE.- Representa a capacidade dunha disolución para manter o seu pH estable fronte a adición dun ácido ou base Indica a porcentaxe de ións Ca+2 que aparece en forma de carbonato. Os límites razoables da alcalinidade oscila entre 30 mg/L e 250 mg/L, do contrario os niveis de pH serían incorrectos e isto podería afectar ó noso corpo: picor de ollos, irritación da pel. 2.- pH.- Os valores aceptados son os comprendidos entre 6,5 e 9,5. A auga cun pH menor que 6, é un medio fortemente corrosivo para os metais. O valor máximo admisible do pH é 9,5. 3.- DUREZA.- A dureza da auga é a concentración de catións de calcio e magnesio por litro d e auga. Distínguese entre dureza temporal (ou de carbonatos) e dureza permanente (ou de non carbonatos, como sulfatos ou cloruros) A dureza temporal pode ser eliminada ó ferver a auga ou engadindo hidróxido cálcico. A dureza permanente non se elimina ó ferver a auga. A dureza pode percibirse polo sabor da auga. As augas duras deixan depósitos de carbonatos nas conducións, que se poden eliminar aplicando un ácido feble, como o ácido acético (vinagre) nos depósitos. A dureza da auga está relacionada con enfermidades cardiovasculares; e o calcio e magnesio coa formación de pedras nos riles. A dureza mídese polos mg da carbonato cálcico (CaCO3) por Litro de auga, clasificándose as augas pola súa concentración nos seguintes tipos: TIPOS DE AUGAS

C (mg CaCO3/L)

Auga branda

< 17

Auga levemente dura

18 a 60

Auga moderadamente dura

61 a 120

Auga dura

121 a 180

Auga moi dura

> 180

En canto ós parámetros de potabilidade de auga, tómase, para a dureza total, un valor máximo admisible de 500 mg/L, sendo o valor recomendado de 400 mg/L: 4.- CONCENTRACION ION AMONIO NH4+. As augas subterráneas de boa calidade levan. Ás veces trazas de amoníaco producido por procesos de desnitrificación ou redución, sendo potable aínda que o seu sabor e olor repugna para inxerila. As augas subterráneas pouco profundas levan sempre amoníaco, que en medio ácido forma o ión amonio. Se co ión amonio na auga tamén ións nitroso NO2-, fosfatos PO43 ou cloruros Cl-, é síntoma de que a auga sufriu unha contaminación de orixe animal. Para os parámetros de potabilidade, a concentración máxima admisible de ión amonio é de 0,5 mg/L e o nivel recomendado é de 0,05 mg/L: 1


5.- CONCENTRACIÓN FOSFATOS PO4-3. O ión fosfato forma sales pouco solubles e precipita facilmente como fosfato de calcio. En, xeral nas augas potables, a concentración é de 1 mg/L, salvo contaminación por fertilizantes fosfatados. 6.- CONCENTRACIÓN DE NITRATOS NO3-. Desde o punto de vista da potabilidade, os nitratos non son nocivos, xa que lle comunican á auga un sabor agradable. Agora ben, pola súa posibilidade de reducirse a nitritos NO2-, as augas con un contido excesivo de nitratos non se deben tomar, xa que no medio gástrico hai una flora bacteriana que reduce os nitratos a nitritos, o que provoca cianose. Os valor máximo admisible nas augas potables é o correspondente a unha concentración de ión nitrato de 50 mg /L, sendo os niveis de referencia de 25 mg/L. 7.- CONCENTRACIÓN DE NITRITOS NO2-.Se un auga contén nitritos, débese sospeitar da súa potabilidade, xa que a súa presenza indica a existencia de microorganismos patóxenos. Ademais, orixina unha certa toxicidade, xa que transforma no aparato circulatorio a hemoglobina do sangue en metahemoglobina, privando do aporte de osíxeno ás células , producindo sofocación (nenos azuis). Polo tanto a concentración máxima deste ión non debe superar 0,1 mg/L: RESUMEN DE PARAMETROS POTABILIDADE PARAMETROS

NIVEL REFERENCIA CONCENTRACION MAXIMA ADMISIBLE (mg/L)

pH

6,5-8,5

9,5

-

600

100 (mg/L)

-

0,05 (mg/L)

0,5

Fosfatos PO4-3

1 (mg/L)

-

Nitratos NO3-

25 (mg/L)

50

Nitritos NO2-

-

0,1

Dureza +2

Alcalinidade Ca Amonio NH4

+

2

INTERPRETACIÓN RESULTADOS POTABILIDADE DAS AUGAS  

Documento que forma parte da tarefa ANALISE DAS AUGAS DE LUGO, enmarcada no proxecto interdisciplinar denominado "Facer Lugo", consistente n...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you