Issuu on Google+

1

Primeiro Expreso


Primeiro Expreso

2

Un alumno de 1º de ESO pesca un congro de 28 quilos

O 1 9 de xaneiro pola tarde Javier Fernández Pousa, un dos estudantes de 1 º de ESO do CPI Covaterreña, e o seu pai Campio Fernández capturaron un congro que pesou 28 quilos e mediu 2,20 metros. Este peixe tan peculiar pescárono na doca de Baiona cun tubo, unha corda e un anzol. De carnada puxeron sardiña fresca. Para sacar o peixe foron necesarias tres persoas: Javier, Campio e un home que pasaba por alí e se ofreceu a axudalos xa que o congro facía forza e enganchábase nas pedras. Tiveron moito coidado ao sacalo pois o congro é un peixe moi perigoso e pode arrancar ata unha man se a morde. Souberon que o congro era macho

polo tamaño da súa cabeza. Despois de pescalo levárono para a súa casa e vendérono por toros aos seus amigos. Un home avisou á prensa e diversos medios publicaron esta noticia. O noso compañeiro tivo un pouco de vergoña cando o entrevistaron pero ao mesmo tempo sentiuse contento e orgulloso por pescar un congro tan grande. Dende hai dous anos Javier acompaña ao seu pai a pescar congro, barbada, maragota ou pinto. Afirma non dedicarlle moito tempo a esta afección pois prefire andar en bici ou en moto.

Javier contounos que non esquecerá nunca esta experiencia. Yolanda Domínguez, Carla Cividanes e Laura Ruíz / 1º ESO B


3

Primeiro Expreso

No entroido o marrucho é o rei das nosas sobremesas

O s marruchos son unha das sobremesas tradicionais galegas, Filgueira Valverde dicía “ o noso manxar céltico sae moi ben parado, constituíndo un prato principal da identidade culinaria galega”. Ao longo do territorio galego podemos atopar distintas denominacións para esta lambetada tan rica e que presta a calquera hora. Como dicía, coñecémolos como: “filloa” (termo identificado por todo mundo, outro é “freixó” e aquí en Baiona recibe o nome de “marrucho”). Da Candeloria ao Entroido, é tempo de marruchos e outras larpeiradas. En Baiona, tamén se consomen moito na festa local da Arribada.

A súa elaboración é sinxela, de feito, un rico marrucho faise a base de leite, ovo, fariña, manteca, canela e azucre. Todos estes ingredientes se poñen nun recipiente fondo e bátense ata conseguir unha masa homoxénea. A continuación vaise collendo unha pequena cantidade desa masa e bótase nunha tixola ou filloeira, previamente untada de touciño ou manteiga, déixase facer por un dos lados para a seguir darlle a volta e facela por ese lado. Finalmente retíranse e vanse colocando nun prato. A hora de comelos podemos acompañalos de mel, mermelada, crema ou nata. Tamén se pode substituír o leite por sangue de porco. Esta fina filloa ou marrucho ten grandes semellanzas coas famosas “crêpes” francesas , “pancakes” inglesas ou “pafunkuchen” alemás. Gabriel Álvarez, Anxo Rodríguez /1º ESO C


Primeiro Expreso

4

Baiona, a nosa vila D espois de comer , para gastar unhas cantas calorías, podemos dar un pequeno paseo. Temos dúas opcións: ir cara arriba e aquí atoparemos dúas igrexas: A Colexiata, de estilo Románico e de gran beleza e Santa Liberata, máis modesta, pero digna de ver. A segunda opción é coller cara a ribeira, aquí atoparás un longo paseo que poderás andalo ou non, sería bo ver as forzas coas que contamos. Seguindo ese paseo e, ao día seguinte, podemos achegarnos ao Parador. Este é un dos mellores de España. Ten tres quilómetros de muralla e foi construído no século XIV. No século XVIII, foi residencia do conde de Gondomar. Metade fortaleza medieval, metade pazo galego, o parador ocupa a península de Moterreal, un espléndido

mirador sobre o océano, rodeado por un monte. Calquera visitante pode acceder ao

recinto a través dun carreiro que rodea toda a muralla. Seguindo co noso paseo pasamos por diferentes praias, así que o terceiro día podemos disfrutar dun día de praia. Hainas con rochas como a Concheira e Os Frades. Son as máis occidentais, con abundantes rochas , area grosa e cunha agua rica en iodo. Ao comezo do paseo marítimo atopamos a praia da Ribeira. É a máis tranquila e céntrica. Con area fina e próxima ao club de iates. Se continuamos polo paseo chegamos as praias máis afastadas do centro, Santa Marta: areal pequeno, pero moi tranquilo e próximo a unha pequena capela que lle dá o nome á praia. Por último chegamos á praia da Ladeira. É a máis extensa e con forma de aba de mantaña de aí quizais deriva o seu nome. Tamén aproveitando unha hora libre, podemos achegarnos ata o porto deportivo, á beira do paseo , e visitar a carabela


5

Primeiro Expreso

Pinta. Replica da auténtica embarcación que participou no descubrimento de América e despois dese feito, chegou coa nova a Baiona ao mando duns dos irmáns Pinzón. Esta réplica funciona como museo no que podemos ver algúns dos produtos que trouxeron das terras americanas. Un último día podemos aproveitalo para visitar un monumento emblemático. A Virxe da Rocha. Monumento construído polo famoso arquitecto porriñés, Antonio Palacios. Esta colosal Virxe está construída en granito, excepto a cara e as mans que son de mármore. Mide 1 5 metros e nas mans sostén un barca que serve de mirador ao que se accede por unha escaleira de caracol interior. Foi inagurada en 1 930, a pesar de que o resultado final non foi o que estaba no proxecto.

Este monumento está no monte Sansón, desde o cal se pode contemplar unhas preciosas vistas. O océano Atlántico, as illas Cies e o parador. Podemos tamén aproveitar o día para facer unha comida campestre, xa que preto da Virxe hai mesas e bancos e incluso asadeiros para facer un bo churrasco. Alberto Coello, Sabela Barra, Jose Barra, Juan Pereira e Estíbaliz Vidal / 1º C


Primeiro Expreso

6

O Reto Semanal premia aos seus participantes

N o pasado trimestre o alumnado do Covaterreña participou no Reto

Semanal organizado pola profesora de Matemáticas Andrea Piñeiro. Os participantes fixeron unha serie de probas semanais de lóxica e foron acumulando puntos a medida que resolvían os enigmas. A última das probas foi a máis difícil. Foron moitos alumnos os que participaron nesta actividade, mesmo aqueles que non se aplican moito nos estudos. O premio foi unha entrada de cine para cada un. Uns días antes da proxección a profesora reuniunos para darlles as entradas e o 25 de xaneiro xuntáronse para ver a película sorpresa. O salón de actos do Covaterreña converteuse nos “Covacines” ás 1 6.30 horas. Por fin descubriron o último misterio: a película que ían ver era “La habitación de Fermat“. Os alumnos que conseguiron resolver máis dun reto gañaron unha entrada preferente con dereito a flocos de millo e bebida. O resto de asistentes sentaron nos asentos traseiros. A película durou dúas horas e pareceulles divertida. Conta a historia de catro matemáticos aos que reuniron nunha sala totalmente pechada e que teñen que resolver uns enigmas para que a sala non se encolla ata matalos. Os retos da película eran coma os que fixeran ao participar no Reto Semanal e iso gustoulles. No primeiro posto desta edición quedou Manuel Otero de 1 º ESO A e en segundo lugar está José Luis Vilar de 1 º ESO B. Este mes xa deu comezo un novo reto, pero de tangram, un xogo da China que consiste en formar figuras con fichas. Marina, Sabela, Noelia e Ismael / 1º ESO A


Primeiro Expreso

7

A actualidade vista por nós O Mirandés, un sinxelo equipo de Miranda de Ebro, moi cerca de Éxito do Mirandés

Burgos, está vivindo un soño do que non quere espertar. Xa o ano pasado quedou a un paso na final dos play-off de ascenso a Segunda División A, este ano é líder do seu grupo na 2ª B e é semifinalista da Copa do Rei, competición na que aínda pode xogar a final (aínda que o ten moi difícil), se a xogase, xogaría moi probablemente a copa de UEFA, estando na 2ª B ou na 2ª, dependendo do ascenso; algo que só conseguira o R.M. Castela. O Mirandés ten xogadores como Pablo Infante ou César Caneda entre outros; este último xogou UEFA Champions League. Espertou dese soño. O seis de febrero o Mirandés quedaría eliminado da Copa polo Athletic de Bilbao tras perder 1 -2, na ida e 6-2, na volta. Aínda así toda España está orgullosa do Mirandés.

Alberto Trapero / 1º ESO C

Onda de frío

N o día de onte, 2 de febreiro, a onda de frío siberiano entrou con

forza na península Iberica, aínda que non coa intensidade de como o fixo no centro de Europa.En Siberia e Centroeuropa houbo máis dun cento de mortos por culpa do frío. Todas as estradas de alta montaña están cortadas por risco de accidentes, polo xeo e a neve. En países de Centroeuropa teñen que improvisar albergues para as persoas sen teito. En España, a comunidade máis afectada é Cataluña, xa que moitos escolares sen clase. Outras comunidades como Navarra, País Vasco, Castela – León; tamén están a sufrir o frío. Aquí en Galicia salvámonos deste frío extremo, aínda que as temperaturas baixaron de cero graos en Ourense e Lugo. Mara Ferreira / 1º ESO C


Primeiro Expreso

8

O entroido no CPI Covaterreña

O pasado 1 7 de febreiro celebrouse no

colexio a festa do entroido. A partir das once os alumnos disfrazáronse e despois tiveron un recreo especial. Logo concentráronse todos no patio principal para ir saíndo por orde cara ao Aral. O tema elixido para este ano foi "Londres 201 2". O acto, presentado por Víctor, comezou coa entrega da antorcha olímpica na que estiveron representados todos os cursos do colexio. Despois desfilaron os nenos de Educación Infantil, que ían disfrazados de Garda Real Británica, e

os do 1 º ciclo de Primaria, que ían de deportistas. No 2º ciclo as profesoras transformáronse en Mary Poppins e o alumnado en limpadores de chemineas e no 3º ciclo había ximnastas, nadadoras, ciclistas coas súas propias bicicletas e futbolistas coa equipación de adestramento. Entre o alumnado da ESO podíanse ver zombies, ratiñas, curas e monxas… así como grupos de zancudos e cabezudos. Tamén houbo moitos profesores que se disfrazaron e un grupo deles escenificou unha carreira das olimpíadas gregas. Antes de volver ao centro todos bailaron coa música do coro e o conxunto instrumental. Uxía Penedo, Sandra Rodríguez e Mara Ferreira / 1º ESO


9

Primeiro Expreso

Como se celebra noutras partes do mundo? O entroido é unha celebración, con data variable, que se fai antes da coresma cristiá e que combina elementos coma os disfraces, os desfiles e as festas pola rúa. Os entroidos máis coñecidos do mundo son o do Brasil e o de Venecia. Brasil: os centros máis importantes son as cidades de Recife, Salvador da Bahía, Río de Janeiro e Sao Paulo. No entroido brasileiro desempeñan un rol central as escolas de samba e os blocos, conxuntos moi elaborados de danza, música e canto, que desfilan polas rúas. Venecia: os traxes que utilizan son característicos do ano 1 750 e abundan as carautas brancas con roupaxe de seda negra e sombreiro de tres puntas. Despois de 1 972 fóronse sumando outras cores aos traxes aínda que as máscaras seguen sendo, na súa maioría, brancas, prateadas e douradas. En Galicia as festas máis coñecidas fanse na provincia de Ourense. Localidades coma Verín, Xinzo de Limia, Viana do Bolo ou Laza énchense de visitantes para ver en directo os choqueiros, peliqueiros, cigarróns, boteiros e pantallas. Carla Cividanes e Laura Ruíz / 1º ESO B


Primeiro Expreso

10

Profesores de Ciencias por un día O alumnado de 1 º ESO B participou o pasado 1 3 de febreiro

nunha interesante actividade de traballo colaborativo. A profesora de Ciencias Naturais Macamen Cerviño propúxolles que lles explicaran aos nenos de 3º Primaria o tema do universo que estudaran días antes. Primeiro tiveron que buscar información sobre os planetas, as eclipses, os asteroides, o Big Bang, as mareas, etc. Logo fixeron presentacións en Power Point, con fotos e vídeos. Estiveron practicando na clase para non ter vergoña e facelo ben pois estaban moi nerviosos

e tiñan medo a equivocarse. Uxía e Laura fixeron a súa exposición xuntas e os demais optaron por facelo individualmente. A pena foi que un compañeiro seu (Alex) non viñese ese día porque a súa exposición era moi boa e interesante.

Chegaron ao salón de actos antes cós nenos de 3º para preparar o ordenador e colocarse por orde. Cando xa estaba todo a punto, chegaron os "seus novos alumnos". Cada vez que remataban de explicar un tema os nenos facíanlles preguntas. Souberon responder á maioría delas, outras respondeunas a súa profesora. Cando acabaron o seu traballo sacaron fotos todos xuntos e o alumnado de 3º agasallounos con croissants. Aos nenos gustoulles esta experiencia e para os novos profesores de Ciencias foi unha xornada inesquecible. Rocío García e Laura Pousa / 1º ESO B


Primeiro Expreso

11

Londres, cidade para visitar

L ondres é unha das cidades máis interesantes e visitadas do mundo.

Cando fun era inverno pero non vos recomendo ir nesa época pois, aínda que estaba todo precioso coa neve e os lagos xeados, ía demasiado frío para disfrutalo ao máximo. O primeiro que vos recomendo ver é o British Museum xa que ten unha exposición sobre arte exipcia moi chula con momias, xeroglíficos, esculturas... Outro museo divertido é o Madame Tussaud no que se mostran personaxes feitos con cera como Michael Jackson, Emma Whatson, Robert Pattinson ou a raíña de Inglaterra. O seguinte que deberiades visitar é a Torre de Londres, fortaleza dos Tudor que serviu de cárcere. Tamén podedes pasear pola rúa dos teatros e ver algún musical como ”MAMMA MIA” de Abba (un dos máis vistos) ou ”We will rock you”, de Queen, que parece un concerto. Se vos entra a fame podedes coller forzas nos Starbucks, que son uns cafés moi famosos e moi transitados, ou no Hard Rock Café (teñen roupa, guitarras, discos firmados polas máis importantes estrelas de rock, un dos discos de ouro de Elvis...) Os almacéns Harrods pertenceron ao pai do pretendente de Lady Di e dentro hai un altar que ten o seu anel de compromiso. A verdade é que son tan grandes que te podes perder e están

moi ben decorados. Non debedes deixar de coñecer o mercado de Candem Town que é unha especie de mercado cuberto construído nos vellos establos de Londres, onde se gardaban e descansaban os cabalos, por iso está decorado con cabalos de bronce. Había unha tenda futurista onde vendían pequenos robots que se movían, comida de astronauta, roupa, maquillaxe, gafas de sol fluorescentes... Todo era chulísimo! Só espero que vos animedes a visitar Londres!!!

María Cedeira / 1º ESO A


Primeiro Expreso

12

Os profesionais do mar

O mar é a súa vida

Gabriel Álvarez levántase cedo, aínda que a hora non é sempre a mesma porque o seu traballo está condicionado polas mareas. Despois de almorzar vai ao peirao, colle o barco, unha embarcación pequena (catro metros de eslora), e adéntrase no mar. Pesca de todo: percebes, congros, xurelos…Pero antes de coller as súas presas ten que botar os aparellos para os peixes e colocar as nasas para capturar marisco. A espera pode ser longa e aínda que ás veces vale a pena, outras non tanto.Sempre vai só, excepto cando vai mergullar para coller bruños, centolas ou nécoras. É perigoso facer isto sen un compañeiro que te poida axudar en caso de presentarse algún perigo.Tivo etapas nas que só se dedicaba a pescar unha especie determinada, pero agora colle de todo. Leva toda a vida de mariñeiro, comezou con sete anos co seu pai, que tamén tiña un barquiño. É consciente do dura que é esta profesión, xa que é necesario moito esforzo físico para desempeñala, pero quizais o máis importante sexa o arriscada que é.

O

Gabriel Álvarez / 1º ESO C

" malo era traballar día e noite" José Vicente Gallego Giráldez empezou a ir ao mar con trece anos. O seu primeiro barco chamouse Xosé Angel, porque el xa sabía como se ían chamar os seus futuros fillos. Ao primeiro púxolle José e ao seu segundo, Miguel Ángel; de aí o nome do barco. Estivo por moitos sitios, desde Bilbao ata Cabo Silleiro, e rodeou todo África. Pasaba cinco e seis meses seguidos no mar. O seu último barco chamouse “Albacora 1 5”. Sabela Gallego / 1º ESO A


13

Primeiro Expreso

Toda unha vida no mar

Xoán Leyenda Marcote naceu o 23-04-1 923 en Baiona, ten 88 anos, pero falta pouco para que cumpra os 89. Casou o 1 6-01 1 947, aos 23 anos, con Carolina Trigo Pereira (27-07-1 925). Tivo oito fillos: Manrique, José, Carolina, Laura, Juan, Guillermo, María de las Mercedes. Actualmente está xubilado, pero dedicou toda a vida ao mar. O 1 7-07-2011 déronlle o premio ao pescador máis vello de Baiona, profesión que desempeñou desde os 11 anos. O seu primeiro barco chamouse Carmen, ao que lle seguiron outros como: Charlot, José, Feluco...E algúns máis. Xa non está en contacto co mar, porque leva tempo retirado; agora pasa horas na súa horta, pero prefire o mar. El sempre di que “naceu cos pés no mar”. El pescaba: rodaballo, linguado, coruxo, centola, lagosta, lumbrigante, rubio, boi, escarcho, nécora, santiaguiño, ameixa, navalla, pancho, xurelo, lubina, castañeta... Todo isto pesacábao por Fisterra, Costa da Morte, Portugal, Porto do Son. Cando ía mal tempo tiñan que volver a terra. Unha vez caeu ao mar e tiveron que axudalo a subir, caera a 70 brazos de profundidade, mentres pescaba sardiña na Costa da Morte. Di que agora é máis fácil ser mariñeiro ca antes, xa que hai novas tecnoloxías que axudan, sobre todo na pesca de altura da que el gustou sempre máis.

Catro meses embarcado

Carla García /1º ESO C

Luís González Rodríguez leva traballando no mar 29 anos. Gústalle o seu traballo pero é bastante difícil. É atuneiro e cada mes pesca 1 5000 toneladas. Pasa catro meses embarcado e el é o que cose as redes. Traballou en once barcos diferentes e o primeiro deles foi o “Mar Diez”. O barco que máis lle gustou foi o “Intertuna Tres”. Marina Gónzalez / 1º ESO A


Primeiro Expreso

14

A nosa visita á ONCE O luns, día 6 de febreiro, os alumnos de relixión de

Covaterreña fomos de excursión á fundación da ONCE de Vigo para saber como é a vida dun cego e sobre todo para coñecer como se expresan por escrito e como len, por medio do código “braille”. Primeiro presentáronnos a unha rapaza cega que nos explicou: as utilidades do bastón, os obstáculos da vida diaria e o que temos que facer cando vemos a un cego. Despois a súa profesora mostrounos como escribían os cegos na escola e comoutilizaban os ordenadores. Por último leváronnos a outra sala onde nos ensinaron algúns dos signos do código “braille”. Grazas a iso comprendemos que a vida dun cego é moi difícil, por iso debemos concienzarnos de que temos

que axudalos todo o que poidamos. Que é a ONCE? A sigla ONCE significa Organización Nacional de Cegos Españois . Nela ensinan a nenos e adultos a ler e a escribir “braille”, a utilizar o ordenador, a esquivar os obstáculos cos que se atopan na vida diaria (coa axuda do seu bastón) e a convivir, moitas veces, cun can guía . Para isto necesitan moito diñeiro. Unha maneira de axudar a que esta organización siga adiante é vendendo cupóns, deste xeito conséguese que esta empresa, única en Europa, siga aí. Abraham Soto /1º ESO C


Primeiro Expreso

15

Cal é a túa cor favorita?

N on sabes cal é a túa cor favorita? Responde a este cuestionario e descubriralo.

1 .- Cal destas cores preferirías levar toda a túa vida? A) Branco e negro B) Laranxa e vermello C) Pistacho e verde 2.-Que prefires? A) A praia B) A cidade C) A montaña 3.-Gústanche máis as cores... A) Frías (azuis e morados) B) Cálidas (vermellos e amarelos) C) Ambas as dúas. 4.-Es… A) Louc@ e extravertid@ B) Solitari@ C)Tímid@ e simpátic@ 5.-Cando pensas nos teus amigos, de que cor os vestirías? A) Azul B) Vermello C) Verde 6.-Preferirías disfrazarte de… A) Deportista B) Animal C) Ser fantástico

7.-De que cor pintarías o cuarto dos teus soños? A) Turquesa B) Laranxa C) Lima

*Se a maioría das túas respostas son A é porque as cores que máis che gustan son as frías como o azul, o branco e o negro. *Se a maioría das túas respostas son B, as túas cores favoritas son as cálidas e alegres como o vermello, o amarelo e o laranxa. *Se a maioría das túas respostas son C, todas as cores che gustan pero a preferida por ti é o verde. Carla Cividanes, Paula Marcote e Laura Ruíz / 1ºESO B


Primeiro Expreso

16

O CEIP de Belesar visita o Covaterreña

O pasado venres 9 de marzo os alumnos de 6º de Primaria do CEIP

de Belesar viñeron ver o que vai ser o seu colexio dende o próximo curso. Nesta xornada de acollida recibíronos, entre outros, a directora, o orientador, o profesor de Ciencias Sociais e un alumno de cada curso da ESO. Algúns rapaces de 1 º fixeron unha obra de teatro que mostraba como era a súa vida cotiá no colexio e como resolvían os seus problemas. Outros nenos, tamén de 1 º da ESO, explicaron o funcionamento da Aula Virtual de Matemáticas. Nesa páxina fanse actividades, repaso para os exames, consulta de dúbidas, preguntas á profesora... Outro rapaz explicou en que

consistía o Proxecto Interdisciplinar. Nesta materia, que só hai en 1 º da ESO, redactan noticias coma esta que agora estás lendo. Un rapaz de 4º explicoulles en que consistía o Servizo de Mediación e os pasos que se dan se dous nenos se atopan nunha situación pouco agradable. Se sodes do colexio e necesitades desta axuda, podedes enviar un email a mediacioncovaterrena@gmail. com José Luís Vilar / 1º ESO B


17

A Semana da froita

A semana pasada no noso colexio fíxose a Semana da froita. Esta actividade quere axudar a que os nenos coman máis froita nas merendas dos recreos e nas súas casas xa que é moi boa para o organismo, ten un baixo aporte calorífico e é nula en graxas. Aconséllase consumir cinco pezas de froita ao día. Se se toman en forma de zume haberá que bebelo recén feito para evitar a perda de vitaminas pola acción da luz. Cada día repartiuse gratis unha peza de froita a cada neno e se sobraba podíase repetir. Houbo mazá, pera, laranxa, plátano, melón... e batidos de diferentes froitas. Os postos estiveron instalados no patio da entrada e os encargados do reparto foron os alumnos de PDC.

Andrea Pais, Rubén Álvarez, Sandra Rodríguez, Manuel Fernández / 1º ESO B

Primeiro Expreso

Cooking chocolate muffins

A lgúns alumnos e alumnas de 1 º da ESO fixemos muffins de chocolate

nun taller de cociña coa profesora de Inglés. Ela deunos unha fotocopia da receita. Os ingredientes e a elaboración estaban en inglés é iso serviunos para repasar e aprender vocabulario dunha maneira moi entretida. Para facer os muffins necesitamos fariña, ovos, iogures naturais, azucre, chocolate, levadura en po e un pouquiño leite. Mesturamos ben todos os ingredientes e despois cunha culler fomos botando a masa nos moldes de papel para facer madalenas. Metemos os muffins no forno a 1 80ºC durante 25 minutos e xa puidemos saborear este delicioso doce. Sabela Gallego e Marina González /1º ESO A


Primeiro Expreso

Titanic

De cine

Irene Benito e Yolanda Domínguez/1º ESO B

E sta película, basada en acontecementos reais e feita no ano 1 997, vímola por primeira vez na televisión. A versión que nos gusta é a de Leonardo Dicaprio e Kate Winslet. Gañou 11 premios Óscar e está producida por un director moi famoso, James Cameron, que tamén fixo Avatar. Trata sobre unha moza rica e un rapaz de clase baixa que se coñecen no barco e se namoran. Viven unha historia de amor e drama debido a

18

que a familia de Rose (a protagonista) non a deixaba estar con Jack. O 1 0 de abril de 1 91 2 o barco no que viaxan partiuse pola metade e fundiuse por causa dun iceberg. Gústanos porque é un clásico e parécenos unha historia moi bonita aínda que tamén emociona por causa da traxedia e por iso está recomendada para maiores de 1 3 anos. Dura case 3 horas pero é preciosa. Como curiosidade, dicir que hai réplicas do Titanic e nalgúns museos consérvanse obxectos orixinais do barco que afundiu. Na banda sonora desta película hai unha canción de Céline Dion titulada "My Heart Will Go On". A cantante fíxose moi coñecida grazas a esta película.


19

Kika Superbruxa e a viaxe a Mandolán

A película que máis nos gustou foi Kika Superbruxa e a viaxe a

Irene de Uruburo e Soraya Fernández / 1º ESO A

Mandolán. Trata dunha nena que ten poderes máxicos. Un día enviáronlle unha mensaxe e decidiu ir a un país exótico. Cando chegou un impostor díxolle se sabía como se facía a apócema para poder subir ao trono sen saír voando. Kika e o seu dragón decatáronse de que alí pasaba algo raro e puxéronse a investigar onde estaba o verdadeiro rei e descubriron que o falso quería roubarlles a receita da apócema. Despois foron buscar ao verdadeiro rei, liberárono e volveu á cidade para gobernar aos seus cidadáns. Recomendamos esta película porque é moi graciosa e entretida.

Primeiro Expreso

Zooloco

E sta é unha película americana de risa feita no ano 2011 . Gustoume Marina González / 1º ESO A

porque é divertida e está ben interpretada, sobre todo cando os animais falan.

Trata sobre os animais dun zoolóxico que adoran ao seu coidador, Griffin Keyes. Cando Griffin se dá conta de que se encontra máis cómodo cos animais ca coas persoas, decide que a única maneira de conseguir una moza para compartir a súa vida é deixar o zoolóxico e buscar outro traballo. Aos animais éntralles o pánico e deciden falar para conseguir que quede alí.


Primeiro Expreso

Verdade ou mentira?

20

Balón rompe en mil anacos.

Durante o partido do Basilea-Dinamo de Kiev , o balón desgatouse tanto que cando o Basilea ía meter o 3-1 , o esférico estourou en mil anacos. A federación acusa ao Dinamo de Kiev de amañar o partido para non quedar eliminado de Eurpa League.

Encóntrase un boleto gañador nunha habitación desordenada.

Logo de limpar o seu cuarto, un adolescente recupera o décimo esquecido. Un adolescente púxose a ordenar a súa habitación e cando estaba nisto atopou un décimo de lotería que estaba premiado. El xa non lembraba ese boleto, pero a sorte estaba do seu lado.

Lesión de Gertrudis.

O xogador Gertrudis do equipo do Corinthians lesionase durante un encontro ao caer de cú. Os expertos din que é a lesión máis rara e máis grave dos últimos 20 anos. Despois de facerlle unhas probas, o médico dixo que estará dous anos de baixa.

Unha muller denuncia ao rei Baltasar.

Isto foi en Sevilla o 6 de xaneiro, cando unha muller que estaba vendo a cabalgata de reis sufriu un golpe na cabeza por un caramelo. A denuncia quedou en nada, xa que los xuíces desestimaron as acusacións.

Tivo catro anos un coitelo na cabeza.

Sucedeu en China. O home sufría dores de cabeza, oìdo e tiña dificultades para respirar. Despois de anos soubo que o problema estaba nun coitelo que tiña cravado na cabeza.

Dous nenos de 11 e 1 2 anos que estaban fumando destrúen unha castelo en Eslovaquia.

Dous nenos eslovacos son sospeitosos de queimar dun castelo gótico no Leste de Eslovaquia. Ao parecer os menores estaban fumando a escondidas botaron uns mistos encendidos nas inmediacións do castelo de Krasna Horaka. Gabriel Álvarez, Abraham Soto / 1º ESO C


21

O rap

O rap pertence á cultura Hip hop. Consiste basicamente en recitar rimas

seguindo un ritmo ou unha base musical. O recitador coñécese como MC e xeralmente a música pona un DJ(Discjockey). Hoxe en día, poderiamos dicir que case sempre é o DJ o que acompaña ao MC, e moitas veces nin aparece.

Historia

O rap nace nos barrios latinos de Nova York na década dos setenta. É habitual crer que os termos “rap” e “hip hop” son sinónimos, mais non o son. “Hip hop” refirese á cultura e o termo "rap" ó estilo musical. Afrika Bambaataa foi o primeiro en usar o termo "Hip hop" para describir o movemento que estaba ocorrendo en barriadas pobres de Nova York, isto incluía Música (Funk, Rap, Salsa, Discjocking), Baile (Hip-hop...) e Pintura (aerosol, bombing, political graffiti...). Tamén fixeron un acto benéfico contra o racismo, onde narraban os problemas de discriminación na sociedade.

Primeiro Expreso

coñecidas son: Zaidah, Aid (de Vigo), Desplante, Urs, Shunga Wunga.

O Rap en Galicia

En Galicia nos últimos 20 anos aumentou moito a poboación afeccionada ao Rap. Entre eles destacan: Ambito Kinitoh, El puto coke, Dios ke te Crew, Aid, O Asunto, O escritor, Tres Tristes Tigres, Delahoja, A Familia,... Hai que destacar a canción de Ambito Kinitoh - Galicia Calidade: http://www.youtube.com/watch?v=rdh8 aDdjmYI

Por que nos gusta?

Porque é unha forma de expresar o que sentes sen medo a malas opinións. Pola diversión de bromear cos rimas e burlarse de defectos da lei/sociedade.

MCs (Raperos/as)

Os mellores MCs a nivel nacional son: El Chojin, Nach,Abram, ZPU,Violadores del Verso, She,La excepcion, Día Sexto, Porta, Aloy, Malafama, Duo Kie... Por suposto tamén existen mulleres Mcs, as máis

Gabriel Seoane, Lukas Tank, Juan Pereira\ 1ºC


Primeiro Expreso

De excursión ao porto de Vigo O 27 de marzo os alumnos de 1 º de ESO fomos ao porto de Vigo co

profesor de Ciencias Sociais. Nada máis chegar, mandáronnos poñer uns chalecos reflectantes para que se vise ben que eramos visitantes. Despois explicáronn os en que consistía a pesca de baixura e de altura: a de baixura é a que se fai cerca da costa e o barco só vai un, dous ou tres días. Péscanse peixes pequenos como xoubas, raias, bacallaus, sardiñas, luras, chocos... A pesca de altura é a que se fai lonxe da costa e os mariñeiros pasan varios meses embarcados. Neste tipo xa se pescan peixes moi grandes como o peixe espada ou o atún. Despois fomos a un viveiro de

22

marisco onde as nécoras, centolos e bois se distribuían en grandes piscinas de auga salgada. Ese día o porto estaba baleiro, só había unha pequena cantidade de peixe e marisco porque ás 7 da mañá viñeran compralo. Cando acabamos de ver o porto fomos a unha explanada enorme, ao lado do mar, onde esperaban centos de automóbiles de diferentes marcas e modelos para ser transportados en transbordador. Acabamos esta visita, pero quedábanos por ver o transporte de colectores e dirixímonos a outra explanada chea de colectores e tanques de gasolina. Ao seu carón estaban as vías de tren por onde tamén chegaban colectores con diferentes cargas que teñen que pasar unha inspección con máquinas e cans rastrexadores. Ese día estaban cargaban muíños de vento. Jorge González / 1º ESO A


23

Primeiro Expreso

II edición do Reto Semanal

Maxia coas matemáticas

A segunda edición do Reto Semanal tivo como protagonista o Tangram. Neste xogo fórmanse figuras diferentes partindo de sete fichas: dous triángulos grandes, dous pequenos, un mediano, un cadrado e un rombo de tamaño medio. Os premios para os gañadores desta edición foron unhas orixinais madalenas que levaban o nome de cada participante escrito con figuras de Tangram. Tamén recibiron un xogo de enxeño de madeira e déuselles a oportunidade de participar no concurso matemático “Ligamats” onde se resolven retos de lóxica, Tangram e Pentaminó. Ismael Cabral e Noelia Cedeira / 1º ESO A

E ste é un xogo de matemáticas moi entretido, consiste no seguinte: 1 .- Pensa un número do 1 ao 1 0. 2.- Multiplícao por nove. 3.- Se che deu un número de dous díxitos, súmaos entre si. Por exemplo: 1 3, sumamos 1 +3= 4 4.- Réstalle 5. 5.- Cambia ese número pola letra do abecedario que lle corresponda. Por exemplo: 1 = A, 2 = B, 3 = C, 4 = D... 6.- Pensa o nome dun país que comece por esa letra. 7.- Agora pensa o nome dun animal que empece pola segunda letra dese país. Verdade que non hai ningunha iguana en Dinamarca? José Luis Vilar, Rubén Álvarez e Manuel Fernández / 1º ESO B


Primeiro Expreso

24

Caderno de bitácora dun regatista

S on regatista de clase optimist do MRCY Baiona e vouvos contar como é unha regata. Case sempre dura dous días pero algunhas veces, cando estamos en vacacións, pódense facer de tres días. Todo comeza cando rematamos o adestramento do día anterior á regata. Cando acabamos, cargamos os optimist e todo o material (velas, temóns, cabos, chalecos e demais cousas necesarias). O día da competición ás oito e media collemos a furgo e imos ao sitio onde se fai a regata. Pode ser en calquera

lugar, por exemplo en Canido, Vigo, Vilagarcía, Ribeira, Carromeiro... Cando chegamos ao porto temos que preparar os barcos e esperar a que icen delta, que é a bandeira que dá o permiso de saír ao mar ata o campo de regatas. Temos que ir ao mar por unha rampla na que ás veces se fai un un pouco de lío, pero con orde sempre se consegue saír. Primeiro sae o barco comité, barco que dá a saída e se encarga basicamente de todo. Tamén están as zodiac cos monitores e con espectadores que veñen ver a regata. Rematada a competición volvemos ao porto e gardamos todo no carro antes de irnos ao hotel. Alí preparámonos, duchámonos e imos cear. Ás veces, se hai sorte, imos ao cine ou a xogar aos bolos. Cando xa estamos cansados imos durmir ao hotel e ao día seguinte volveremos competir coma no día anterior. Cando acaba todo preparámonos para regresar a Baiona. Jorge González Silva / 1º ESO A


25

Primeiro Expreso

Coidado e cría dos vermes da seda O s alumnos de 1 º ESO están facendo un traballo de CC.NN. coa

profesora Macame. O traballo consiste en coidar vermes da seda ata que se transformen en bolboretas e despois reproducilos. Ao principio os vermes son pequenos e negros co paso do tempo medran e vólvense marróns e brancos, despois estes transfórmanse en bolboretas (non hai un número determinado de días para que se produza a metamorfose, varía duns vermes a

leituga, pero o normal é que morran comendo este tipo de folla. O problema que presentan os vermes é que poden dar noxo, á hora de cambiar as follas; tamén adoitan ser moi delicados, se lles dá un pouco o sol poden morrer queimados. Cando un verme da seda morre, nótalo porque queda teso e comeza a encoller. Jose Barra, Sabela Barra e Mara Ferreira/1ºC

outros) que porán ovos que de ser fecundados volverán saír vermes. O coidado dos vermes consiste en cambiarlle as follas cada día ou cada dous días. O alimento é a folla da moreira (en Baiona se localiza detrás do Eroski), tamén poden comer


Primeiro Expreso

26

Animais en perigo de extinción

O s animais en perigo de extinción son aqueles que están ameazados

polos cazadores furtivos, por enfermedades ou por outros problemas que fan que o número de exemplares se reduza significativamente. Un deles é o tigre siberiano, tamén chamado tigre de Amur, en perigo pola caza furtiva. Moitos dos seus cachorros morren atropelados pola única estrada que está no seu territorio, entre a China e Rusia. A poboación total que se rexistrou nos últimos anos foi entre trescentos cincuenta e catrocentos exemplares. Afortunadamente a caza ilegal está disminuíndo e creouse un parque para o propio tigre: comezouse con oito exemplares e xa hai máis de cen. Tamén está en perigo de extinción o koala por causa dos cazadores furtivos que queren a súa pelaxe suave, gris e marrón para fabricar costosos abrigos. A falta de alimentos tamén contribúe á súa desaparición así como que só poidan ter unha cría por ano. Estes dous animais viven en lugares afastados de nós pero en España tamén hai unha especie en perigo: o lince ibérico. A súa extinción débese á actividade do home, á caza e á tuberculose e podería desaparecer se non se toman as medidas de conservación do seu hábitat pois só quedan mil exemplares. Para poder salvalos hai que controlar a caza ilegal, crear pasos subterráneos ou recuperar

a poboación do coello, que é o seu principal alimento. A IUCN sostén que, se non facemos nada por salvalas, a estas especies e a moitas outras quédalles moi pouco tempo de vida. Noelia Cedeira e Ismael Cabral / 1º ESO A


Primeiro Expreso

27

Festas gastronómicas

N on cabe dúbida de que Galicia é unha terra que ten fama de que se

come ben ; tanto pola calidade dos produtos como pola cantidade. Proba diso son as festas gastronómicas que se estenden por todo o territorio galego. Aquí no Val Miñor, na localidade de Baiona destaca a Festa do mel e das noces que se celebra coincidindo coas festividades de San Cosme e San Damián (26 e 27 de setembro). Durante dous días, na praza de Santa Liberata, concéntranse numerosos postos onde se venden e se poden degustar estes produtos. En Gondomar, temos a Festa da rosquilla, o primeiro domingo de xullo na romaría da praza de San Bieito. Tamén en Gondomar, pero na parroquia de Chaín celébrase a Festa do xurelo cociñado de maneiras distintas. En Couso, son as delicias do porco as que se poden saborear na primeira semana de agosto. O concello de Nigrán ten dúas festas gastronómicas importantes: a do churrasco, na parroquia de Priegue. Nesta celebración, pódese degustar un menú a base de churrasco, cachelos,

pan, viño e doces variados. Nesta mesma parroquia tamén se fai a Festa do lacón con grelos. Preto desta comarca temos o concello de Oia, aquí podemos asistir as festas do Ourizo o 11 de marzo na localidade de Mougás, nesta festa podemos degustar este produto de xeitos distintos. A Festa do polbo, cociñado á feira ou en empanada, celébrase o último sábado de abril. En agosto, temos dous acontecement os: a Festa do Caramuxo e a Festa degustación de carne de poldro organizada pola A.S.C.V. Virxe do Rosario de Torroña. Ao longo da comunidate atopamos outras festas, destacando: Festa da lagosta, na Guarda, Festa da lamprea en Arbo, Festa do cocido en Lalín, Festa do polbo no Carballiño, Festa do marisco no Grove. Poderiamos seguir xa que peixes, carnes, hortalizas son obxecto de celebración. Jose Barra, Sabela Barra e Mara Ferreira/1ºC


Primeiro Expreso

28

Seguindo a pista a 29000 parrulos de goma

O correu unha furiosa noite de xaneiro de 1 992, cando un buque que saira de Hong

Kong rumbo a América se avariou no medio do Océano Pacífico. Por culpa dos movementos do barco, algúns dos colectores desprendéronse das súas amarras e caeron á auga no medio da tormenta. Un deles verteu no mar 29000 xoguetes para a bañeira: parrulos, tartarugas, castores e ras. As correntes arrastraron os parrulos amarelos, as tartarugas azuis, os castores vermellos e as ras verdes. Os científicos seguiron con interese a traxectoria dos xoguetes ata as costas de Alaska, Gran Bretaña ou Australia e aproveitaron esta información para estudar as correntes marítimas. A prensa de todo o mundo fíxose eco desta noticia e incluso SEAT utilizou esta historia para anunciar un dos seus coches. Houbo persoas que chegaron a pagar 1 000 euros por algún daqueles xoguetes avellentados despois da longa travesía. Vinte anos despois do naufraxio aínda hai moitos parrulos que non chegaron ás costas. Yolanda Domínguez e Alex Álvarez / 1º ESO B


29

Primeiro Expreso

Enigmas Enigma 1

Un pastor ten que pasar un repolo, unha ovella e un lobo por un río. No seu barco só pode levar un animal. Como fai? Opción 1 : Se leva primeiro o repolo e deixa sós a ovella e o lobo, o lobo come a a ovella. Opción 2: Se leva primeiro o lobo e deixa a ovella co repolo; a ovella come o repolo. Opción 3: Se leva primeiro a ovella e deixa o lobo co repolo non pasa nada. Pero se a volta leva o repolo, a ovella cómeo. E se leva de volta o lobo e déixao coa ovella, este come a ovella.

Enigma 2

María ía co seu pai no camión, e cando chegou a un túnel quedou atrancado e non podía moverse. María moi disposta dálle a solución ao seu pai. Como sairá o camión dese túnel?

Enigma 3

Pancracio vai todos os venres á casa da súa tía que vive no sétimo piso dun edifico do centro da cidade. Os dias que non chove, baixa no cuarto e sobe andando ata o sétimo piso, pero cando chove sobe ata o sétimo. Por que?

Enigma 4

O xefe dunha tribu india dilles aos membros da súa comunidade que o día 23 de decembro cruzará andando o río Potomac, sen afundirse na auga. Cando chega tal data fai o prometido. Como consegue tal, sen afundirse?

Enigma 5

Un día Manuel decide darlle un cambio total á súa vida. Moi cedo de mañá abandona a súa residencia, apagando todas os aparellos eléctricos e pechando a porta tras el. Esta decisión provocaría unha catástrofe con trinta e seis mortos. Por que algo tan pouco violento, como abandonar o domicilio, pode provocar tantas morte? Lucas Tank, Martín Gómez / 1º ESO C


Primeiro Expreso

30

Que vemos en televisión? Os programas e series máis vistas polos alumnos de 1 º de ESO son, e nesta orde: “La que se avecina”, "La hora de José Mota”, “Aquí no hay quien viva”, “Los Simpsons”. Outros programas menos votados son: “Big bang”, “Jersey Store”, “LA Bink”, “Megaconstrucións”, “Vivo para contarlo”, “El último superviviente”… Big bang

E ste programa emíteno en NEOX, sobre as 1 8:00 e en TNT desde as

Jose Barra, Sabela Barra, Mara Ferreira

21 :00 ata as 22:1 5. Os personaxes principais son: Sheldon Cooper, Leonard, Howward, Rajesh e Penny. Trátase dunha serie cómica na que catro personaxes, que son moi peculiares “frikis” pasan o tempo xogando coa WII e mercando cómics. Esta serie engánchate desde o minuto un, porque disfrutas considerablemente e sempre tes a risa asegurada. O noso personaxe preferido é Sheldon porque é un maniático co seu espazo e coa comida. Un dos nosos episodios favoritos é un no que os catro personaxes constrúen un robot e loitan contra outro “friki”, pero non conseguen vencelo.

Os Simpsons

O s Simpsons emíteno en Antena 3 e Antena Neox de luns a domingo, ás

Estibaliz Vidal / 1ºC

1 4:00 h e 9:00. Os personaxes son: Homer Simpson (pai) , Marge Simpson (nai), Bart Simpson, Lisa Simpon e Maggie Simpson (fillos), Abraham Simpson (avó), Herbert Power (medio irmá de Homer), Jackeline Bouvier (avoa), Patty e Selma (irmás), Charles Mongomery Burns (dono da central nuclear), Waylon Smithers (axudante de Burns), Leny, Carl e Mindy (compañeiros do traballo de Homer) e outros... Os personaxes viven nunha cidade imaxinaria chamada Springfild. Os Simpson son unha familia peculiar, non se parecen a outras familias. Lisa e Bart van á escola; Lisa é a lista e a Bart encántalle facer o gamberro. Toda a familia vese envolvida nas mil e unha aventuras. Todo o que ocorre, sempre os pilla desprevenidos. Un dos capítulos que máis me gustou foi un en que Bart descobre por accidente que de meniño foi obrigado a gravar anuncios nos que aparecía como un neno que padecía de mal alento, pero o peor foi que nunca lle deron os cartos que gañou. Todo isto lévao a abandonar a familia.


Primeiro Expreso

31 El hormiguero

E l hormiguero é o noso programa favorito de televisión. Bótano de luns a

Rubén Álvarez e Manuel Fernández / 1º ESO B

xoves en Antena3 TV. Empeza as 9:30 e acaba ás 1 0:30 da noite. Este programa é moi entretenido xa que ten moitas seccións: maxia, espectáculo, concursos, ciencia, experimentos, etc. Tamén veñen famosos todos os días, o que fai que o programa sexa máis interesante. Nós recomendámosvolo xa que é moi divertido e se o ves unha vez engánchaste e quererás velo todos os días.

La hora de José Mota

J osé Sánchez Mota, coñecido como José Mota, é un humorista que formou

Cristian Cabral, Martín Gómez, Alex Rouco / 1 ºC

parte do grupo Cruz y raya, En novembro de 2007 confirmouse a noticia de separación. José Mota tivo moitos programas propios, en total dez. Apareceu en seis películas, fixo once dobraxes de películas e participou en especiais de fin de ano. En 2009 comezou en solitario o seu show “La hora de José Mota”. Moitos dos personaxes que imitou no seu show son: Al pacino, Alfredo Pérez Rubalcaba, Andrés Pajares, Angela Merkel, Antonio Molina, Bear Gryllis, Raphael, Carlos Sobera, César Millán, David Bisbal, David Bustamante, Dúo Dinámico, Duquesa de Alba, Fran de la jungla, Iker Jiménez. O programa

emítese en TVE 1 , todos os venres de 1 0:1 5 a 11 :00. É un programa que conta con bastantes seguidores, xa que as imitacións son habitualmente moi boas, en especial as dalgúns cantantes como D. Bisbal ou D. Bustamante. Pero quizais, as seccións con máis gancho sexan as de “Tío la bara” ( un xusticiero que reparte bareazos a todos os que non actúan correctamente) e as da ánciá Blasa (muller que a pesar da súa idade conta cunha grande vitalidade)

La que se avecina

L

Alberto Trapero, Alberto Coello/1ºC

“ a que se avecina” É unha serie de risa e humor que se emite de luns a venres en FDF das 1 5:00 a 1 9:30. É moi seguida por nenos de 1 0 a 1 2 anos. Os personaxes principais son: Amador Rivas, Antonio Recio, Maite e Enrique. Estes personaxes desenvolven á súa actividade nunha comunidade de veciños na que sempre teñen lugar feitos cos que podes morrer coa risa. FRASES EN MOMENTOS MÍTICOS: “merengue merengue”, “ole ole”, o momento da bombona que fai baile, “pues te confisco el felpudo”, “espartaco! Eeeespartaco!!, eespartacoo!!” ... Esta serie tivo unha antecesora chamada “Aquí no hay quien viva”. Os seus personaxes principais son: Emilio Delgado, Juan Cuesta, Paloma.. FRASES MÍTICAS DE “AQUI NO HAI QUIEN VIVA: “que follón”, ”chorizo”, ”Cuesta dimisión”, ”que mona va esta chica siempre”, ”radio patio 24horas”.


Primeiro Expreso

32

Moitos anos de profesión S

Unha vida dedicada ao campo

O zapateiro de Baiona

J osé Martínez, “Pepe”, cumpriu xa 96 anos e vive en Belesar. El mesmo

“ on Xosé Manuel Álvarez Méndez e traballo de zapateiro dende hai 27 anos. A miña zapatería está ubicada no número 4 da rúa Cidade de Vigo, en Baiona. O seu nome é Zapatería Pinzón”. Estas foron as palabras de presentación do zapateiro ao que entrevistamos para saber máis sobre este traballo tan pouco habitual. Contounos que traballou na construción, no mar e en Citroën. Finalmente, tras a crise do 78, decidiu montar a zapatería xa que só había unha en todo Baiona e o seu propietario ía xubilarse. Falounos dos materiais que emprega como a cola, a pel, a suela, as gomas porosas... Tamén nos mostrou as ferramentas que usa: dous tipos de martelos, a lesna, a coitela, a máquina de linaxe, a de ensanchar zapatos, dúas máquinas de coser e unha de lixar. Contounos que agora non ten

Anxo Rodríguez / 1º ESO C

nos conta que traballar na terra é moi duro. Os cultivos que necesitan máis tempo son o millo e as uvas. Aprendeu a súa profesión do seu pai. Traballou sempre coa súa familia. Daquela coas ferramentas que se traballaba eran: os arados, as forquillas, os sachos e as gadañas. O que plantaba era para o consumo propio. Aínda agora segue dándolle ao legón. Na súa horta ten repolos, verzas, leitugas, patacas, trigo, tomates e toda clase de sementes para o gando. Traballaba dende a primeira hora da mañá ata a noite. Actualmente é unha afección e non cambiaría nunca o campo pola cidade. Ten dous fillos, 9 netos e 1 4 bisnetos. É un exemplo dunha persoa que lle dedicou toda a súa vida ao traballo na terra. Empezou a traballar no campo aos 26 anos porque non había outra cousa; antes estivera no mar.

Alex Álvarez e Paula Marcote / 1º ESO B


33

Primeiro Expreso

axudantes, pero 1 4 anos atrás tivo tres. El tamén se vai xubilar moi pronto e recomenda o seu traballo á mocidade, pois parécelle bonito e entretido.

Moedas de euro

A Garda Civil

E ntrevistamos a un garda civil que nos contou como é a súa profesión.

Laura Fernández e María Vázquez / 1º ESO A

Para ser garda civil fai falla estudar moito, aprobar as oposicións e superar a academia de formación. Tamén é necesario ter o permiso de conducir e teñen que levar uniforme; o novo é verde escuro e verde claro. A Garda Civil atende aos cidadáns e vela para que exerzan os seus dereitos e liberdades. O seu traballo non é igual todos os días e o número de denuncias varía en función de se é verán, inverno, fin de semana… En Baiona non teñen cans rastrexadores, pero en Vigo si que os hai. O máis satisfactorio desta profesión é axudar á xente e deter aos ladróns. O peor é cando teñen que notificar o falecemento dalguén aos seus familiares. O 1 2 de outubro celebran a festa da súa patroa, a Virxe do Pilar.

S eguro que pensades que no Sistema Europeo do Euro cada país só

ten unha moeda de cada tipo ou que só hai moedas de 1 , 2, 5, 1 0, 20 e 50 céntimos e 1 e 2 euros. Pero non é así e hai dúas ou tres moedas de cada tipo por país. Portugal é o que ten máis moedas diferentes. Tamén existen moedas de 1 .5€, 3, 5, 1 0, 1 5, 50, 1 00 250 e 500 euros. É posible que o día que teñades unha moeda de 1 0, 1 5, 1 00 ou máis euros e queirades pagar con ela non vola acepten porque crean que é falsa xa que este tipo de moedas conmemorativas moi poucos as coñecen.

Estou seguro que vistes máis de mil veces a moeda de euro española. Pero vistes algunha vez a de Lituania? Seguramente a resposta é que non, pois existe unha probabilidade moi pequena de que esta moeda viaxe de man en man de Lituania a España. Tamén hai unha moeda que se fixo para celebrar o X aniversario do euro. Esta é igual en todos os países pero leva o nome de cada estado na parte superior. Sacha Kaïci Tanguy / 1º ESO A


Primeiro Expreso

34

Día da Muller Traballadora

O Día Internacional da Muller conmemórase o oito de marzo. Nesta

data, as mulleres de todos os continentes se unen para celebrar o seu día, unha tradición de noventa anos de loita a prol de igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, no mundo industrializado. No 1 909, o 28 de febreiro celebrouse en todos os Estados Unidos o primeiro Día Nacional Da Muller, día que se mantivo ata 1 91 3. No 1 91 0 a Internacional Socialista reunida en Copenhague, proclamou o día da muller, de carácter nacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a máis de1 00 mulleres procedentes de máis de 1 7 países. No 1 911 como consecuencia da decisión tomada en Copenhague o ano anterior, o día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 1 9 de marzo en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 1 40 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, morreron no tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de New York. Este acontecemento tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos e nas celebracións posteriores do día Internacional da Muller nas que se fixo referencia ás condicións laborais que conduciron ao

desastre. No 1 91 7, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para celebrar ese día. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro segundo o calendario xuliano, utilizado entón en Rusia, ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.

Exposición “Mujer innovadora en la ciencia”

O 8 de marzo os alumnos de Cova Terreña puideron visitar unha exposición sobre mulleres científicas no salón de actos, esta actividade organizouse con motivo do día da muller. Nesta exposición puideron ver e ler uns paneis que contiñan información sobre 21 mulleres famosas no mundo das matemáticas. Como podiamos ler nun dos paneis “Son todas as que están, pero non están todas as que son”. Entre elas destacaban: Carolina Lucrecia Herschel, Mary Lucy, Gabriell Emilie


35

Primeiro Expreso

de Bretemil, Charlotte Anges Scott (primeira muller que ensinou nunha universidade feminina), Gaetana Agnesi, Elena Lucrecia Carnaro Piscopia (primeira muller na historia que consegue doutorarse), Julia Bowman (primeira muller académica das ciencias en EEUU), Sophie Germain, María Goeppert Mayer (premio nóbel de física), Heduanna (primeira muller rexistrada na historia da ciencia e primeira persoa que asina os seus escritos), Mileve Maric, Ada Byron, Teano(discípula de Pitágoras), Emmy Noether…

conta a súa opinión. Son os pais quen organizan un matrimonio de conveniencia para obter diñeiro ou alimentos. Sería importante que no mundo se conseguise que a muller tivese os mesmos dereitos que os homes e non pasasen sucesos como un ocorrido en Marrocos. “Unha rapaza despois de ser violada obrigárona a casar co seu violador e ela desesperada suicidouse con matarratas.” Unha mención especial a todas as nais e avoas do mundo que traballaron e loitaron para que os seus fillos puidesen vivir mellor.

Moitas máis mulleres merecen ser homenaxeadas. Ademais destas mulleres coñecidas e recoñecidas. Este día tamén o merecen todas as mulleres do mundo. Entre elas as mulleres de África que percorren miles de quilómetros para obter un pouco de auga, ou aquelas outras que loitan polos seus fillos en situacións límite. Tamén hai que lembrar as mulleres que viven en países nas que están en inferioridade de condicións, xa que non teñen en

Carla García, Uxía Miniño / 1ºC


Primeiro Expreso

36

Valentín Paz Andrade no Día das Letras de 2012 O Día das Letras

Galegas celébrase dende o 1 7 de maio de 1 963. Elixiuse ese día porque se cumprían cen anos da publicación do primeiro libro escrito totalmente en galego: Cantares gallegos de Rosalía de Castro. E esa foi a escritora á que se lle adicou por primeira vez o noso Día das Letras. Esta conmemoración serve para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego. Cada ano adícase a unha persoa diferente que escolle a Real Academia Galega, e un dos requisitos imprescindibles é que falecera, como mínimo, dez anos antes. Este ano homenaxéase a Valentín Paz Andrade, autor que destacou pola súa traxectoria como político, ensaísta, poeta, xornalista e empresario. Fanse moitos actos para lembrar e recoñecer a súa importancia: os xornais agasallan aos seus lectores cun libro seu, algúns supermercados distribúen bolsas con textos do polifacético escritor, fanse exposicións con cartaces que conteñen

información sobre a súa vida e obra, colócanse placas conmemorativas, realízanse ofrendas florais... Para coñecer mellor a este autor podes enredar nas actividades interactivas que hai en http://www.edu.xunta.es/centros/ceipde rebordans/aulavirtual/file.php/6/letras_ galegas.html Laura Fernández e María Cedeira /1º ESO A

V alentín Paz Andrade é a persoa a que se lle dedicou este ano o Día das

Letras Galegas. Home polifacético, xa que traballou como: xornalista, economista e tamén escribiu poesía e ensio. A través dos carteis que hai no corredor do noso centro podemos ler distintos feitos relacionados co autor. A nós chamarónnos a atención os


37 seguintes aspectos:

Como autor literario

O máis notorio de V. Paz Andrade son os seus ensaios de ampla temática. Desenvolve temas tan dispares como a economía, a historia , a etnografía ou a lingua. O autor a través da súa poesía recorda a Castelao, a quen admirou e de quen sempre foi un gran amigo. Sementeira do vento é un dos seus poemarios máis importantes. Foi editado por Galaxia no ano 1 968 con ilustracións de Laxeiro e prefacio de Guillerme de Almeida.

Galeguista

Participou na redacción do anteproxecto do Estatuto Galego. A

inicitiva de Castelao tivo unha importante participación no movemento galeguista. Actuou como un orador nun mitin de estudantes universitarios. Esta ideoloxía condicionou o seu desterro a distintas localidades galegas e o atentado que sufriu, disparáronlle cinco balazos. Profundamente preocupado polo destino da lingua, creou a lusofonía como ponte para difundir a nosa cultura en Portugal e na emerxente potencia brasileira.

Primeiro Expreso

Xornalista

O día 25 de xullo en 1 922 sae a luz, cunha tirada de 1 2 mil exemplares, un novo diario dirixido por Valentín Paz Andrade, “Galicia”.

Economista

Paz Andrade estivo moi vinculado ao mundo da empresa e manifestou unha singular preocupación pola realidade socioconómica de Galicia e en particular polo mundo da pesca, estivo detrás da creación da empresa Pescanova.

Algúns versos

1 O mar é o elemento boas vindas ao porto, mariñeiros (...) O mar é un elemento común na súa poesía como vemos nos versos anteriores. 2 Cando ti volvas (...) Así comeza un dos seus poemas máis coñecidos e dedicado ao seu gran amigo Castelao. 3 Chora, terra, teu pranto das augas e dos eidos, e dos ares (...) Galicia é o elemento central deste poema, terra que sentiu e levou sempre con el. Mara, Sabela, Jose / 1º ESO C


Primeiro Expreso

38

Triunfos, aprendizaxe e diversión na Semana das Matemáticas

Obradoiro de Matemáticas en Vigo

O 3 de maio os alumnos de 1 º da ESO asistimos cos profes do

Irene Benito e Javier Fernández / 1º ESO B

Departamento de Matemáticas a un obradoiro que houbo no teatro Caixanova, en Vigo. Os monitores fixeron equipos de seis persoas e cada dez minutos, os grupos tiñan que cambiar de estación xa que había varias mesas con actividades diferentes. Había xogos do cubo Soma e hexamantes cos que se crean figuras con pezas formadas por triángulos equiláteros. Tamén resolvemos problemas de matemáticas, fixemos figuras de papel, montamos figuras coas fichas dos distintos tangram, resolvemos xogos de lóxica e outros xogos que daban un resultado máxico utilizando a calculadora. Pasámolo moi ben facendo cousas divertidas e interesantes.

Ligamats

Andrea Pais, David Dacasa e Sandra Rodríguez / 1º ESO B

E sa semana algúns alumnos do CPI Covaterreña de diferentes cursos

de Educación Primaria e Secundaria participaron no Ligamats, un concurso no que os rapaces realizan retos matemáticos como por exemplo varios tipos de tangram, pentacubos e operacións matemáticas. A súa participación foi todo un éxito e tanto os alumnos de Primaria coma os de Secundaria clasificáronse para a final. O grupo de 1 º ciclo da ESO estivo formado por José Luis Vilar, Laura Ruíz, Manuel Fernández (os tres de 1 º ESO B) e Laura González (de 2º ESO B) e quedaron en cuarto lugar. O equipo de 2º ciclo da ESO acabou en segundo lugar e os de 6º de Primaria foron terceiros. Outro equipo formado por Noelia Cedeira, Ismael Cabral, Jorge


Primeiro Expreso

39 González e María Cedeira, todos de 1 º ESO A, quedou ás portas da vitoria acadando un meritorio quinto posto na clasificación xeral. Parabéns a todos os participantes! Estamos moi orgullosos dos Einstein que temos no Covaterreña.

Fernando Alonso, unha vida de campión

F ernando Alonso Díaz, nacido en Oviedo o 29 de xullo de 1 981 , é un

piloto asturiano de Fórmula 1 . Foi Campión do Mundo nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. Actualmente reside en Lugano (Tesino), Suíza. Debutou no ano 2001 cun Mnardi e quedou na posición 1 5. No 2002 fichou por Renault, o seu compañeiro nesa temporada foi Jenson Button. No 2003 conseguiu a súa primeira pole no Circuito de Kuala Lumpur(Malasia), pero nesa carrera conseguiu o seu primeiro podio ao terminar na segunda posición.Nesa temporada e na seguinte(2004)o seu compañeiro foi Jarno Trulli. Na temporada 2005 e 2006 conseguiu dous títulos mundiais ao gañarlle na última carreira a Michael Schumacher. No 2007 ficha

por Mclaren, quedando terceiro por un moi mal comportamento dos seus compañeiros. No 2008 e 2009 volveu a estar en Renault. No 201 0 Fernando ficha por Ferrari. Actualmente, segue estando en Ferrari, líder do Mundial, aínda cun coche pouco competitivo. Está primeiro grazas a un campionato do asturiano incrible. Na actualidade conta con 75 podios, 26 victorias, 20 poles e 1 9 voltas rápidas. Gabriel Álvarez, Alberto Trapero/1ºC


Primeiro Expreso

40

Que ocorreu en 1999? 1 999 é o ano no que nacemos a maioría dos alumn@s de 1 de ESO. Este ano lémbrarase por importantes feitos e sucesos. Entre estes destacamos:

Feitos O catro de xaneiro, dáse o pistoletazo de saída para que Europa tivese unha moeda común, o euro. No noroeste Turquía ten lugar un terremoto (1 7 de agosto) que mata a 1 7.000 persoas (inmediatamente) e outras tantas morrerán nos días posteriores. O 20 de decembro, Macao pasa a formar parte da República Popular de China, despois de 450 anos baixo administración portuguesa. Neste ano, 7 de xaneiro, comeza o xuízo contra Bill Clinton, o primeiro en 1 30 anos contra un presidente estadounidense. Seguindo con xuízos, é en San Francisco onde se celebra un contencioso contra Philip Morris (fabricante de cigarrillos Malboro) ao que obrigan a pagar 50 millóns de

dólares a unha fumadora con cancro de pulmón. Tamén neste ano, a canle de Panamá pasa a ser explotado por este país, despois de facelo durante moitos anos EE.UU. Michel Jordan deixa a NBA.

Mortes

Alfredo Kraus, tenor e profesor de canto , abandona a vida o 1 0 de setembro, o mesmo Joaquín Rodrigo, famoso compositor español.

En Marrocos, morre Hassan II, rei que creou o estado tras a independencia de Francia.

Películas

Neste ano, estréanse películas como: Matris, El sexto sentido, El club de la lectura, La milla verde, La momia, Coleccionista de huesos ou La delgada línea roja. Cristian, Carla, Uxía/1ºC


41

Primeiro Expreso

Inventos que cambiaron a nosa vida D urante o século XX foron moitos os inventos e descubrimentos. Isto cambiou moito a vida da humanidade, xa que facilitaron moito o traballo, prolongaron a vida, evitaron mortes, axudaron a que tivésemos máis entretementos no tempo de lecer. Os maiores inventos están no ámbito da tecnoloxía e na medicina. Algúns destes inventos melloraron a vida cotiá, entre eles destacamos a lavadora. Esta máquina mellorou o traballo doméstico. A primeira lavadora fabricouse en EE.UU por Alva Fisher. Outros descubrimentos que contribuíron a facilitar o traballo e a hixiene foron os cueiros desbotables e a fregona, esta de creación española. O tractor supuxo o comezo da era moderna no campo. Este aparello permitiulles aos agricultores facer o traballo en menos tempo. No mundo comercial destaca a caixa rexistradora(1 906), aparello que permitiu unha maior rapidez e precisión no cálculo. Pero quizais, sexa a tarxeta de crédito, inventada por Frank Macnamara en 1 950, o que revolucionou as transacións comerciais, xa que fixo os pagos máis cómodos e seguros. O bolígrafo moderno, desbotable e de baixo custo, inventado polo húngaro Ladislao Josef Biro, permitiu que o

material escolar estivese ao alcance de todos. A fotocopiadora aliviou, tamén, o traballo de diferentes profesionais . A primeira está datada en 1 938. O mundo da imaxe revolucionouse a través da aparición da televisión a color, inventada por Guillermo Gónzalez Macarena (1 939) e a cámara polaroid (1 947). A comunicación foi un eido en que os avances foron incribles, a través da fibra óptica (1 975), o ordenador, internet ou a telefonía móbil. No mundo da medicina, sobresaen o descubriment o da penicilina por Fleming (1 928), a píldora anticonceptiva que permitiu planificar a natalidade. Neste campo médico, destaca a aparición de aparellos que permitiron facer probas diagnósticas como as manografías, ecografías, resonancias magnéticas. Estes son algúns dos inventos do século pasado, pero hai que recordar que non sempre os descubrimentos son bos para a humanidade, de feito a bomba atómica é un deses exemplos. Duarte Nuno Márquez, Abraham Soto/1ºC


Primeiro Expreso

42

Tres fotografías históricas

Sharbat Gula, a nena afgá

En xuño de 1 984 Sharbat Gula foi fotografada por Steve McCurry. Ela tiña 1 2 anos e estaba no campamento de refuxiados Nasir Bagh (Pakistán) durante a guerra de Afganistán. A súa foto foi publicada na portada de National Geographic un ano despois e, debido aos seus expresivos ollos verdes, a portada converteuse nunha das máis famosas da revista. McCurry, despois de 1 7 intensos anos de búsqueda e grazas á axuda dunha rede de contactos do campo de refuxiados, conseguiu reencontrarse coa nena á que o tempo desmellorara visiblemente. A súa identidade foi confirmada ao 99,9% grazas a unha tecnoloxía de recoñecemento facial do FBI e á comparación da meniña do ollo.

Os obreiros de New York

Charlie Clyde Ebbets foi o autor da famosa foto dos obreiros. Este fotógrafo naceu en Gagdsen (Alabama) en 1 905. A súa afección pola fotografía comezou cando aínda era un neno de 8 anos e mercou a súa primeira cámara sen o permiso dos seus pais. Con só 1 5 anos comezou a traballar co seu pai nun xornal e alí publicou as súas primeiras fotos. A súa fotografía máis famosa foi “Lunchtime a top a Skycraper”. Foi tomada en 1 932 durante a construción do complexo de edificios comerciais do Rockefeller Center, na altura 69 do edificio General Electric. A imaxe publicouse no xornal New York Herald Tribune e serviu para denunciar a falta de medidas de seguridade do sector obreiro.


43

Primeiro Expreso

O rebelde descoñecido da Praza de Tiananmen

O rebelde descoñecido é o alcume que se lle atribuíu a un home anónimo que se volveu internacionalmente famoso ao ser grabado e fotografado en pé, fronte a unha liña de varios tanques durante a revolta da Praza de Tiananmen (Pekín) en 1 989. Converteuse así no símbolo do movemento democrático chinés que pretendía forzar ao goberno a cambiar a dirección política do país. A imaxe foi feita o 5 de xuño por tres fotógrafos distintos dende os balcóns do Hotel Beijing, xunto á Praza de Tiananmen. Carla Cividanes e Laura Ruíz / 1º ESO B

Proxecto Happy Meal

H ai Davies

dous anos a artista Sally comprou un menú infantil nunha coñecida cadea de comida rápida. Desde entón fotografou todos os días a hamburguesa e asegura que só observou certo grao de deshidratación pero que o proceso de descomposición natural polo que pasan todos os alimentos que non levan conservantes non se produciu. Esta fotógrafa dixo que continuará facendo fotos á hamburguesa e ás patacas fritas para demostrar que eses alimentos non son beneficiosos para a saúde. A nós gústanos moito a comida dos restaurantes tipo MacDonal´s pero cremos que comela moi a miúdo é insán e as fotos deste “Proxecto Happy Meal” axudan a demostralo.

Gonzalo Fuentes e Manuel Otero / 1º ESO B


Primeiro Expreso

44

Horóscopo de verán ACUARIO (22 xaneiro-21 febreiro)

Ten moito coidado coa praia xa que te podes queimar. Bota moita crema! Isto é unha bo consello que debes seguir no futuro.

PISCIS (22 febreiro-20 marzo)

Nótase que che gusta o verán así que aproveita para ir á praia, poñerte moreno e descansar.

ARIES (21 marzo-20 abril)

Este verán estás un pouco falto de diñeiro, pero non te deprimas, encontrarás a maneira de pasalo ben sen ter que gastar moito.

TAURO (21 abril-20 maio)

Este verán conseguirás todo o que te propoñas. Non te rindas ante a primeira dificultade e atrévete a probar cousas novas no deporte, na comida…Queda cos teus amigos, xa verás que ben o pasas!

XEMELGOS (21 maio-21 xuño)

A primeira quincena do verán terás que facer moitas tarefas pero o resto de verán será fantástico. Terás unha gran sorpresa un día do mes de agosto.

CANGREXO (22 xuño-22 xullo)

Procura non pasarte da raia cos teus maiores, debes respectar a xente que te quere. Ao final todo che sairá ben pero tes que mellorar o teu comportamento.

LEO (23 xullo-22 agosto)

Este verán non busques malas compañías, vai cos teus amigos de sempre, non os cambies por ninguén.

VIRGO (23 agosto-21 setembro)

Serás feliz todo o verán. Poderás facer o que te propoñas e lembrarás estes meses coma os mellores da túa vida.

LIBRA (22 setembro-22 outubro)

Este verán será distinto aos anteriores, reencontraraste con vellos amigos e verás ao teu ídolo. Procura axudar aos demais.

ESCORPIÓN (23 outubro-21 novembro)

Coida a túa alimentación e aproveita para facer deporte, ir á praia ou á piscina... Intenta convencer aos teus pais para que che compren aquilo que máis desexas.


SAXITARIO (22 novembro-22 decembro)

A túa sorte cambiará para mellor en breves instantes. Céntrate máis nos estudos, agora que vas ben non os descoides.

CAPRICORNIO (23 decembro-21 xaneiro)

Aproveita o verán para facer aquelas actividades que non tiveches tempo de practicar durante o inverno. E por suposto come moitos xelados! Ismael Cabral e Noelia Cedeira / 1º ESO A

Enredos

Busca na sopa de letras 1 0 palabras sobre BRICOLAXE

Andrea Pais /1º ESO B

-Banco -Serrón -Trencha -Escala -Martelo -Punta -Parafuso -Brocha -Rolo -Metro

Busca o intruso. 1 . león, tigre, lagarto, cabra, cabalo.

2. caracol, navalla, lesma, ourizo de mar, mexillón. 3. protozoo, león, bacteria, gato. 4. citoplasma, nucloide, orgánulos celulares .

Ordena as sílabas para formar palabras relacionadas coa saúde. ratribeies, roxape, tepo, endoza, zocansa, doípro, ñamenci,

naciva, xeción, ratodou, rasollei bacalo, gaxirin, duracoresda, diopala. Cristian Cabral, Alberto Coello, Martín Gómez, Anxo Rodríguez/1ºC



Primeiro Expreso Nº 2