Page 1

Schmidt / Westendorp LUCÍA COTRIÑAS

A E S C A DA Annie M. G. Schmidt & Fiep Westendorp


t mid h c S . G. endorp da M est nie esca A An iep W s ña &F otri C ía Luc


A E S CA DA


Era unha vez unha nena que se chamaba Lucía Cotriñas porque sempre se ensuciaba e acababa cheíña de manchas. Só estaba limpa xusto despois de saír da bañeira, pero nunca se mantiña así nin sequera media hora. Por iso, a cada pouco, Lucía Cotriñas tiña que bañarse co seu can Lordento que, igualiño ca ela, andaba sempre feito un porcallán.


Unha tarde, xusto cando Lucía acababa de saír do baño, a súa nai díxolle: —Dentro de media hora chegarán convidados. E como sei que che é imposible estar limpa tanto tempo, pechareite no teu cuarto. Seguro que non che importa, verdade? —Abofé que me importa! —protestou Lucía Cotriñas. Pero así e todo a súa nai levouna ao seu cuarto e mandouna quedar alí co seu cadeliño Lordento.


E alĂ­ quedaron ambos os dous no cuarto, aburridos coma monas.


Lucía Cotriñas achegouse á fiestra con aire triste. Viu daquela que chegaba un pintor e que apoiaba a súa escada contra a fachada da casa. O pintor empezou a subir pola escada cargado con dous botes grandes de pintura. Pasou por diante da fiestra de Lucía, seguiu subindo ata chegar ao tellado e alí púxose a pintar. —Veña, Lordento —dixo Lucía—. Fuxiremos pola escada. Abriu a fiestra e subiu á escada co seu can baixo o brazo.


Agora xira o libro.


9 788494 178498 www.latadesal.com

ISBN 978-84-941784-9-8

Non aguanta limpa nin media hora LUCÍA COTRIÑAS

Un clásico da literatura infantil

Schmidt / Westendorp


Lucía Cotriñas  

A Pippi Långstrump holandesa.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you