Page 1

1


© Xavier Frías Conde © Lastura, 2010. Blog Eonaviego.

Creative Commons

Alcálima by Xavier Frias Conde is licensed under a Creative Commons Reconhecemento-Não comercial-Sem obras derivadas. 3.0 Espanha License.

All rights reserved worldwide.

2


TOMANDO FOLGOS


[1]

Hai rumores que din que maùå remata o mundo... Eu, por acaso, xa procurei un asento en primeira fila.

5


[2]

A primeira vez que a vi, ela non era máis ca unha foto. A última vez, porén, ela perdera unha dimensión.

6


[3]

– Son un nómade –dixo acerca de si mesmo tentando resultar interesante. Mais os únicos nómades eran as súas crenzas, que nunca paraban no mesmo lugar moito tempo.

7


[4]

Antes de eu abandonar o avión, unha asistente de voo da liña de baixo custo en que voara, mostroume un enorme sorriso e deume un anaco de papel. Tiña de pagar unha multa de 12 euros por ter excedido a miña cota de oxíxeno a bordo.

8


[5]

Estou orgulloso de min por dous motivos: o primeiro, porque fun quen de me facer invitar a unha cea co ministro sen ter mérito ningún para iso; o segundo, porque ninguén alí se decatou de que levaba dúas semanas a usar o mesmo par de peúgos.

9


[6]

Bielša decatouse moi cedo de que era autosuficiente para satisfacer as súas necesidades sexuais. Calquera espello da longura do seu corpo abondáballe para desencadear lendas de paixón. Mais a paixón tornouse frenesí cando descubriu que podía montar tríos ardentes simplemente combinando dous espellos.

10


[7]

De repente apareceu unha mensaxe na pantalla do meu computador. «O seu micrófono está mudo, fale». Non podía crelo, aquel maldito programa de teléfono por IP estaba a me ordenar que falase. Pensei: – Vai ao inferno. Axiña apareceu outra mensaxe que dicía: «Aceptar. Vostede está morta». Uns segundos despois, ouvín o meu home que chamaba os servizos funerarios.

11


[8]

– Vou tomar dúas decisións para o ano novo –dixo o tipo tentando soar interesante–. Unha será doada e a outra será complicada: pararei de rañar os testículos en público e aprenderei xaponés en seis meses... Apenas levou a cabo a decisión máis doada: aprender xaponés en seis meses.

12


[9]

A lectora das cartas leulle as cartas á condesa: – O seu amante está a lle ser infiel... A condesa decatouse axiña do que acontecía: a súa criada estivera a usar o seu vibrador sen permiso durante os últimos meses.

13


[10]

Cando a Claudine acabou de copular co home, o seu instinto forzouna a repetir a eterna maldiciĂłn: comelo cru. Aquel era o altĂ­simo prezo que habĂ­a pagar por ser a filla dunha barbantesa que adoraba ler o Kafka e dun pai humano falecido e devorado.

14


[11]

Nunca ela acreditara naquela estraña lenda que afirmaba que os nosos nomes marcaban o noso destino. Por iso ela non entendía por que gustaba tanto de comer carne crúa. Ignoraba totalmente que o seu apelido Cherf significaba "comedor de cadáveres" nunha lingua da Europa Oriental.

15


[12]

O primeiro que fixen ao volver á casa, por volta das once da noite, foi contarlle á miña dona o magnífico discurso que o director, frei Neri, nos dera acerca da familia. – Eu xa sabía que a familia era todo na vida –dixen–, por iso paso todo o meu tempo a traballar naquela escola bendita de Deus". De repente, unha rapariga entrou na cociña por un copo de leite. – Quen é esa? –pregunteille á miña dona bisbando. – É a túa filla maior –dixo ela–, parece que non paras moito por aquí ultimamente...

16


[13]

Unha folla dun vello xornal atravesou o océano empurrada polo vento durante máis de trescentos oitenta quilómetros. Ao cabo caeu na cabeza dun home que moraba nunha pequena illa deserta. A folla do xornal traía unha noticia que dicía: "Diminúen aínda máis as taxas de natalidade". O home ollou ao seu redor, contemplou a súa soidade infinita e pensou: – Non precisaba un anaco de papel para saber iso... Despois deulle un uso hixiénico á folla de papel, o cal, polo menos, lle causou un gran pracer despois de tanto tempo.

17


[14]

Todos os días, no medio da noite, a consciencia do Lewis acostumaba saírlle por unha orella, estender unhas finas asas como de fada e comezar a zoar como un mosquito arredor da súa cabeza para telo esperto toda a noite. Adoraba ver o home tentar atrapar un mosquito invisíbel por todo o cuarto até caer exhausto no tapete, incapaz de durmir. A consciencia do Lois odiaba que a ignorasen máis que nada no mundo... bo, iso é que o Lois fose o director do departamento de asuntos éticos e lle fose infiel saltando as normas.

18


[15]

De súpeto, Nelly sentiu un "crac" a despois un "agh!". Non precisaba comprobar de que se trataba. Xa sabía que a mini–trapa para osos que preparara para o seu home non se pasar coa man nos collóns funcionara perfectamente.

19


[16]

Non son a mesma persoa despois da miña bolsa Erasmus. Gústame tirarme na neve, só quero falar en sueco todo o día e o meu nome é Astrid. Mais o peor de todo é que antes de marchar a Suecia, gustábame deitarme na praia cunha boa cervexa fresca ao lado, mal sabía tres ou catro palabras en inglés e chamábame Miguel Ángel.

20


[17]

Na fin da homenaxe ao gaiteiro máis ancián, ao homenaxeado bisbáronlle algo na orella. – E logo, como que hei pagar dereitos por soar a miña propia composición coa gaita? –preguntou anoxado o gaiteiro ao funcionario da Sociedade de Creadores, o home de preto que bisbara ao gaiteiro na orella. O home de preto xa estaba afeito a loitar nas circunstancias máis violentas, mais o home que estaba diante del tiña 101 anos, así que se limitou a finxir unha especie de sorriso mentres dicía: – Acouge, señor. Agora vostede páganos 300€ por tocar a gaita e nós despois devolvémoslle 120€ que lle corresponden como dereitos....

21


[18]

A rúa comezou a tremer. Espertáronme uns pasos horríbeis que corrían por baixo da miña xanela. Aquilo realmente parecía un terremoto. De repente, toda a causa esboroou. Salváronme os bombeiros de milagre das escombreiras nun terríbel estado de choque. Despois informáronme de que as causas do tremor eran descoñecidas. Daquela lembrei as palabras daquela muller do tamaño dunha balea, unha colega que non paraba de ir tras de min, cando lle dixen ao teléfono que parase de chamarme: – O meu nome significa ira –díxome ela–... Son pura metáfora... Tratábase xusto daquilo. Nunca coñecera unha metáfora que pesase máis de 180 quilos.

22


[19]

Despois de ter traballado tanto tempo para a Fundación, aquel coitado perdera a súa personalidade. Tivo que pór un anuncio nos xornais onde pedía que, se alguén a atopaba por casualidade, que o chamase.

23


[20]

– Entón, sabe vostede ben alemán? Teña presente que se trata dunha tradución moi importante. Por esa razón está moi ben paga. – Claro que sei ben alemán –dixen eu–. Aquí na casa o alemán é unha das linguas que usamos habitualmente, nicht wahr, mein Mäuschen?... Faláballe á miña Heidi, desculpe. Envíeme a tradución por emilio. Cinco minutos despois eu xa abría un documento que, se tivese estado en xaponés no canto de en alemán, eu teríao entendido igual. Daquela ollei para a miña Heidi e díxenlle: – Miña rula, seica debería terlle dito ao cliente que aínda que sexas alemá, non deixas de ser unha boneca inflábel.

24


[21]

Eran as tres da madrugada. A neve cubría toda a cidade. Só os dementes se aventurarían a saír con 25º graos baixo cero. A estatua de Franz Kafka aproveitou a calma para baixar do pedestal, achegarse a unha fogueira prendida por uns sen–teitos á beira do río e compartir con eles uns grolos de vodka barata. Aos vagabundos prestáballes a compañía da estatua porque, por algunha estraña razón, era quen de lles contar historias reais baseadas nas súas vidas etílicas mentres os convidaba a comer ás de insecto crocantes que quitaba do seu peito de bronce.

25


[22]

O paisano escribiu no seu blogue que ao cabo tomara a decisión de se suicidar. Era o tipo máis insatisfeito do mundo, el era só frustracións. Decidiu compor unha longa despedida, moi sensíbel, chea de sentimentos, conmovedora, mais asemade lírica. Esperaba, porén, que alguén reaccionase facéndolle algún comentario do tipo "non o fagas", "pénsao aínda", ou "a vida paga a pena vivila". O paisano agardou aínda tres horas sen resultados. Cinco horas despois, unha serie de comentarios comezaron a xurdir no seu blogue. O primeiro dicía: "Gustei do poema. Pódense atopar máis poemas teus na rede?". O resto dos comentarios, até doce, eran semellantes. O tipo estaba anoxado. Mais de súpeto chegoulle unha nova postaxe. Aquela non mencionaba nada acerca dos desexos de se matar, senón que dicía: "Insatisfeito e frustrado? Acougue, 26


n贸s t茅moslle a soluci贸n. A nosa viagra far谩 que ela berre de pracer..."

27


[23]

Hoxe os microorganismos da auga da billa non son precisamente "micros", percĂ­bense ĂĄ simple vista. Mais o peor de todo ĂŠ que parecen intelixentes...

28


[24]

O Mamerto pasou toda a súa vida adulta sorrindo estupidamente, como se non puidese evitalo. Sorría mesmo cada vez que o seu partido político prescindía del para ser candidato, cada vez que a súa muller mexericaba acerca do seu pobre comportamento sexual, cada vez que tila noticia de que os seus libros eran usados máis que nada como papel hixiénico. Porén, malia todo, o Mamerto sempre sorría e até morreu sorrindo. Vinte anos despois do seu pasamento, o seu cadáver foi desenterrado. Na súa caveira, por riba da boca, seguía a haber un círculo de arame, seguía a sorrir. Aquel era o resultado de ter abusado de tanto aparello de ortodoncia.

29


[25]

A s煤a halitose era tan brutal que mesmo os extraterrestres, cando trataron de abducilo, acabaron abortando a operaci贸n.

30


[26]

A cabeza do tipo calvo repousaba na traseira do asento que había diante de min. O discurso do homenaxeado, a uns metros por riba de nós, xa non podía ser máis tedioso. O calvo sen dúbida adormecía. Eu non podía evitar ollar para aquela calvela inmensa con xa tan pouquiños cabelos, como se fose un planeta en miniatura a piques de ficar deserto. Daquela decateime de que unha esfera diminuta se achegaba a aquela cabeza calva. Máis ninguén se decataba daquilo. A bóla ergueu algúns cabelos e logo extraeu algunhas das ideas do home de embaixo do seu cranio, ideas que tiñan forma de fume. Embaixo de cada cabelo debía haber unha idea. A seguir, a boliña liscou a toda a velocidade, talvez na procura doutra calvela dormente na sala para continuar a recoller ideas.

31


[27]

Durante máis de vinte anos, dona Violeta, viúva de dom Joaquim, estivera convidando María a tomar unha cunca de café quente e biscoitos de manteiga caseiros feitas cada mañá. Dona Violeta gozaba de contar á María as súas miserias, goces e sospeitas acerca das súas veciñas, mentres a outra muller se limitaba a tomar tranquilamente os biscoitos co café. Dona Violeta nunca deu adiviñar que a Maria era un sen–teito que vivía da súa fame e do seu enorme sorriso.

32


[28]

Cando comecei a miña relación con ela, miña mai aconselloume: – Non gusto de como ela cheira. Éche ben estraña. Tanto me tiña. Eu simplemente namorara dela coma un adolescente. Abandonei todo por ela, mais a relación non daba funcionado. Na fin do Antroido, xusto unha semana despois de termos comezado a nosa relación, ela rompeu comigo sen me dar explicación ningunha. Marchou do cuarto onde fixeramos o amor pola derradeira vez, mais eu seguina. O que descubrín xeoume o sangue: non moraba nun apartamento, mais nun invernadoiro na periferia. Unha vez dentro, ela quitou o disfrace de muller e tirouno: de facto, ela era un repolo que pasara o Antroido disfrazado de muller. Entón comprendín que, de todos os xeitos, a relación non podería ter funcionado, porque eu odio a verdura. 33


[29]

– Hasme recoñecer axiña –dixérame ela xusto antes da nosa cita. Eu non a coñecía persoalmente. Todo o noso contacto fora por medio da rede social en que nos comezaramos a nos comunicar meses atrás. Ao cabo eu tivera a coraxe de lle pedir unha cita e ela aceptou. Eu nin sequera sabía como era ela, porque na súa imaxe de perfil tiña posto unha banana. Morto dos nervios, entrei no restaurante onde ela me citara. Entrei a tremer. Mais recoñecina axiña. Si, ela era a única banana sentada nunha mesa que estaba a tomar unha bebida.

34


[30]

O alcalde chamounos non só heroes, mais tamén educadores. Si, a súa tarefa era educar os cidadáns. Por iso, o alcalde estaba tan orgulloso daqueles tres homes que dedicaban toda a súa vida a servir ao Concello sen que unha soa protesta xurdise nunca dos seus beizos. Despois dun acto tan emotivo, os tres heroicos educadores, daquela perfectamente camuflados, volveron ao seu posto favorito entre as bouzas á beira do parque na Avenida de Valladolid para seguir quitando aquela fotos de radar magníficas dos autos que ían a máis de 50 km/h.

35


[31]

A primeira noite que puideron estar xuntos foron a un hotel. Inmediatamente puxéronse a facer o amor. El berraba coma un poseso durante o acto, mais a sesión durou pouco, ela case que non o notara. Despois da cópula, ela foi tomar unha ducha. Mentres a auga tépeda lle caía polo corpo, ela volveu sentir os berros orgásmicos del, mais daquela duraban máis, máis, máis. Saíu da ducha na punta das dedas e espreitou desde a porta. El, cunha erección considerábel, ollaba a televisión deitado na cama. De repente, no punto álxido, chegoulle o orgasmo mentres berraba: – Goooool!

36


[32]

P. Retter conseguiu escapar das tropas norteamericanas disfrazado de freira cando aquelas estaban a piques de tomar Berlín. O seu pasado coma un dos principais oficiais das SS ficaba así oculto. Durante corenta anos, P. Retter mantivo a súa identidade oculta baixo os hábitos, facéndose chamar Sor Catarina. Na súa orde ningunha irmá foi quen de sospeitar que aquela monxa de camiñares marciais, capacidade de agresión psicolóxica ilimitada e voz rouca fora un dos máis sanginarios asasinos das SS. O día do seu pasamento, as irmás descubriron que Sor Catarina non fora quen dixera ser. Non importaba, deixara tras de si toda unha escola de terror que permitiría á orde manter a disciplina nas aulas durante décadas.

37


[33]

Aquela noite, ela tiña unha vontade inmensa de chorar amargamente. Entrou no parque. Non tiña quen a consolar, non tiña uns brazos que a abrazaren, só había unha estatua cuberta de carriza. Por algunha estraña razón, sentiuse atraída pola estatua. Ela estendeu os brazos e deixou que a fazula tocase aquela pedra estrañamente tépeda. Axiña sentiuse mellor despois de ter abrazado a estatua e terlle contado todas as súas miserias. Tras unha hora longa de confesións, a muller acabou enxugando as bágoas e volveu para a casa, perdéndose no medio da noite. A estatua sentiu que unha pinga de chuvia lle caía na fazula, como se for unha bágoa. Despois, descendeu do seu pedestal e foi ocupar outro no parque.

38


[34]

Decidín parar de me torturar. Ter dupla personalidade non é unha maldición, senón unha beizón. Por exemplo, agora estou a navegar pola rede mentres a miña outra personalidade está a dar aulas de matemáticas.

39


[35]

Ti, descoñecido, has saber que despois de ter coleccionado manchas do café en camisas de seda, parafusos de avión quitados durante o voo, ou mutacións de mosca, alguén decidiu dedicarse a coleccionar algo máis interesante, algo que torne a vida máis excitante. Por tanto, agora dedícase a coleccionar almas. É por iso que agora, ti, descoñecido do Face Book, recibes esta invitación, aínda que non me coñezas...

40


[36]

Tiven a sensación de que podería tocar as estrelas coa punta dos dedos. Por iso, estriquei a man e... si, toqueinas! Tiñan tacto de chocolate, por iso non puiden evitar a tentación de catalas. Comecei a comelas unha a unha. Con efecto, tiñan sabor a chocolate. Nunca podería ter imaxinado que podería ser tan lambón como para dar almacenado todo o universo no meu estómago.

41


[37]

A vella viúva aventou un beixo ao ar. O beixo atravesou a atmosfera, por riba de mares e montañas, alcanzando outro continente. O beixo acabou pousando na fazula dun ditador que durmía. O ditador tivo daquela un pesadelo. Soñou que xacando fora persoa.

42


[38]

Finalmente descubrín como fan as gaivotas de Xixón para poder chiar durante as vinte catro horas do día, sen pausa e sen tregua, cubrindo todos os recantos da cidade. Seguen un plano perfectamente deseñado: traballan en quendas, tres por día, onde participan todas as gaivotas da cidade.

43


[39]

Daquela muller sempre se tiña dito: – Esta paisana non a muda nin Deus. Con efecto, era así. Deus xa había tempo que botara a toalla.

44


[40]

Cando el saíu do psiquiátrico, ninguén podería imaxinar que atoparía unha parella estábel. A relación daquel paisano con aquela muller de ollar ausente funcionou perfectamente até a fin das súas vidas. Cabo de moitos anos preguntáronlle cal era a chave do suceso da relación. El respondeu: – Élles todo cuestión de estatística. Eu son esquizofrénico, teño daquela dupla personalidade. Ela disque é tan simple que non ten nin personalidade. Por tanto, estatiscamente, somos dúas persoas e dúas personalidades.

45


[41]

Durante semanas, o mulá Abdelkarím tivo que sufrir que na súa casa se desen fenómenos paranormais. Se cadra eran cousa do demo. Cada día, ao amencer, unha ou varias luces da súa casa aparecían prendidas; ás veces, era a televisión ou radio ou mesmo o computador que amañecían ligados. Por moito que ficaba pola noite a espreitar, nunca vía ninguén. A unha certa hora da madrugada, algún daqueles fenómenos tiña lugar espontaneamente na casa. O mulá tremía de medo, mais non ousaba dicilo aos seus fieis por temor a creren que a súa fe era débil. Até que un bo día, todo rematou. Ningunha luz, ningún aparello eléctrico volveu prenderse. – Fun eu quen conseguiu rematar con iso –díxolle a muller del da que lle servía o chá. – Ti, muller? – Si, eu –insistiu ela–. Por moi fantasmagóricos que sexan eses espíritos, 46


se cortas a corrente de noite, non teñen xeito de prender nada. O mulá pensou que a súa muller debía estar a rir del, mais non tiña modo de comprobalo porque escondía o seu rostro baixo o burqa.

47


[42]

Naquel momento, ela chegou ao orgasmo e largou un berro de pracer. Tamén naquel momento, ela viña de lle rebentar un gran enorme nas costas. Fora capaz de facer o amor e de rebentar aquel inmenso gran asemade. Por iso, el ficou todo o tempo coa sospeita de que talvez ela alcanzaba os orgasmos grazas aos seus grans, xa que, cando el non os tiña, ela sempre finxía xaqueca.

48


[43]

A miña avoa, muller analfabeta, non tiña na casa máis libros que os que decoraban o salón, iso é, algúns volumes de enciclopedia con máis de corenta anos que nunca foron abertas. Ademais diso, tiña un pequeno libro con cubertas de plástico escrito en carácteres coreanos que sempre atraeu a miña atención. Aquel pequeno libro era inseparábel da avoa durante as noites. Eu non entendía como podía ler nel sendo analfabeta e mesmo estando nunha lingua tan estraña. Pensaba eu daquela que a vella tiña se cadra algún poder máxico. O misterio ficou desvelado cando, estando ela doente durante un mes de xullo na aldea, pediume que lle trouxese o seu. Cando o tivo consigo, ensambloulle moi xeitosamente un mango de vasoira grazas a un enxeñoso sistema ideado por ela. O libriño ficaba unido ao mango por medio duns cordeis e unha estrutura de plástico que a propia avoa 49


fabricara ela soa había xa moitos anos. Despois díxome: – Ves aquel mosquito de alí enriba no canto? Con este sistema de meu, podes esmagalo perfectamente co libro. Anda, vai e mátao.

50


[44]

– Que fillo tan curriño tes, Jacques. – Obrigado. Éche ben espelido. – Cantos anos tes xa, meu? – Nove. – E xa sabes o que queres ser cando maior? – Si, banqueiro corrupto como o meu papá. – Que riquiño!

51


[45]

– Confía nas estrelas. Fica a ollar para elas até que che falen. Elas hante guiar –dixo o mestre. O discípulo non ousou retrucarlle que o problema era que en Madrid nunca se ven as estrelas. Era por mor da polución.

52


[46]

– Mamá, o avó non se move. Xa non funciona. O que fago? – Fillo, o que se fai con todo o que deixa de funcionar. Múdalle as pillas. – E onde están? – Aí, na primeira gabeta. – Ah, si, xa as vexo... Oi, xa funciona outra vez! Ola avó!

53


[47]

Un día os cidadáns decidiron usar as bandeiras como pareos, entón o goberno decidiu usar roupa íntima como bandeiras.

54


[48]

– Ten coidado coa tapa do váter. Péchaa, que escapa o qi (/tši/). O qi. Prestáballe ouvir a súa ex muller falar daquela idea tan de seu da enerxía, do qi, que tanto guiaba a súa vida. Por iso, non lle fixo moito caso. Deixou a tapa do váter alzada. Foi o seu maior error. Cando xa se viraba para saír do baño, unha especie de remuíño invisíbel o rodeou e o levou consigo polo váter. Fora, aínda que el non o acreditase, cousa do qi.

55


[49]

A rapariga estacionou a bicicleta embaixo do farol da rúa. Púxolle a cadeíña, colleu a pasta das notas das aulas e encamiñouse cara á biblioteca. Mal dera catro pasos, cando un axente a detivo: – Non pode estacionar aí a bici – díxolle cun cigarro entre os beizos. – E logo –retrucou ela–, hai algún cartaz que o prohiba? O axente notou que a cinza lle caía na camisa. A rapariga tiña razón. Daquela pousou a man na porra e dixo: – É por prevención, para a bicicleta non luxar o farol, entendes meniña? – Entendo –respondeu ela–. É posíbel que a bicicleta mexe no farol, coma un can, señor axente...

56


[50]

Todo comezou cun tipo calquera a danzar lentamente no medio da rúa ás sete da madrugada dun sábado. Aos poucos fóiselle unindo xente. A danza era ben simple, con pasos á esquerda e á dereita alzando o pé, ritmicamente; até un neno podería facelo. Unha hora despois, mil seiscentos cidadáns uníranse á danza. Cara ao mediodía, xa eran oito mil novecentos. E no serán, absolutamente toda a cidade, por volta dun millón de habitantes, uníranse á danza daquel tipo anónimo que a iniciara de madrugada. Vinte e catro horas despois, caía o goberno. Unha xornalista conseguiu localizar o iniciador daquela danza de protesto. O tipo quixo fuxir dela para non lle dicir nada acerca dos motivos por que iniciara aquel movemento rítmico de protes-

57


to que dera mudado un goberno e causara a ledicia de todo un país. Era normal que o tipo non quixese falar. Tería sentido unha vergoña inconfesábel admitindo que comezara a danza porque, estando totalmente bébedo, empezou a sentir unha música dentro da súa cabeza que o convidaba a danzar.

58


Tomando folgos  

Cincuenta microcontos en galego.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you