Issuu on Google+

Ram贸n Varela

1


Ramón Varela

GRITA LIBERTAD FICHA TÉCNICA TÍTULO ORIXINAL Cry Freedom AÑO 1987 DURACIÓN 158 min. PAÍS DIRECTOR Richard Attenborough GUIÓN John Briley MÚSICA George Fenton FOTOGRAFÍA Ronnie Taylor REPARTO Kevin Kline, Penelope Wilton, Denzel Washington, John Hargreaves, Zakes Mokae, Ian Richardson, Alec McCowen, Kevin McNally PRODUCTORA Universal Pictures PREMIOS 1987: 3 nominaciones al Oscar: Mejor actor sec. (Denzel Washington), BSO, canción 1987: Festival de Berlín: Mención especial XÉNERO Drama | Baseado en feitos reais. Biográfico. Anos 70. Racismo. Política. Amizade.

2


Ramón Varela

SINOPSE Esta película baseada nun feito real, conta como cambia a vida dun periodista branco que vive na República Surafricana cando coñece a Biko, un home negro que lle ensina a realidade do país onde vive. Despois do seu asasinato pola policía, o periodista é condenado a confinamento por querer publica-la verdade sobre un país onde a separación entre brancos e negros é moi grande. Xunto coa súa familia, o periodista consegue escapar de Sudáfrica para poder publicar un libro sobre Biko.

1. Sitúa Sudáfrica e as súas principais cidades nun mapa.

3


Ramón Varela

As súas capitais son Pretoria (administrativa), Bloemfontein (xudicial) e Ciudade do Cabo (lexislativa). 2. Busca información sobre o Apartheid. O Apartheid é o resultado do que foi, no século XX, un fenómeno de segregación racial en Sudáfrica implantado por colonizadores ingleses e holandeses (boers), como símbolo dunha sucesión de discriminación política, económica, social e racial. Foi chamado así porque significa "separación" en afrikáans, lingua xermánica, crioula do neerlandés, falada principalmente en Sudáfrica e Namibia. Este sistema consistía básicamente na división dos diferentes grupos raciais para promover o "desenvolvemento". Todo este movemento estaba dirixido pola raza branca, que instaurou todo tipo de leis que cubrían, en xeral, aspectos sociais. Facíase una clasificación racial acorde á aparencia, á aceptación social ou á ascendencia. Este novo sistema produciu revolucións e resistencias por parte dos cidadáns negros do país.

3. Busca información sobre Steve Biko.

Stephen Bantu Biko (King William´s Town, Provincia Oriental do Cabo, Sudáfrica, 18 de decembro de 1946 - Pretoria, 12 de setembro de 1971 ) foi un activista sudafricano anti-apartheid. En 1968 chegou a ser fundador e Presidente da Asociación de Estudantes Sudafricanos (SASO), despois que estivo involucrado nas actividades da Unión Nacional de Estudantes de Sudáfrica(NUSAS) que se consideraba que estaba controlada por liberais e pacifistas. SASO foi unha das primeiras organizacións da "Conciencia Negra" que emerxeu. Definiu "o negro" de maneira diferente cómo o fixera o ANC de Nelson Mandela (ata arredor de 1965) xa que "incluía non só ós

4


Ramón Varela

Africanos (negros), senón tamén ás razas mesturadas, os mulatos e hindús, daquela, todos estes designados como "non brancos" polo Estado do apartheid". Un ano máis tarde, en 1969, Biko foi expulsado da Universidade. Entón fundou e traballou no "Programa da Comunidade Negra", en Durban, "para o desenvolvemento político e socioeconómico dos irmáns da comunidade negra de Sudáfrica e estimular, desa forma as accións positivas para a auto-emancipación do inhumano soxuzgamento do apartheid". Entre os proxectos deste programa que comezou en 1972, estaba a publicación da "Revista Negra", un esforzo por analizar as tendencias das correntes políticas, e da cal Biko chegou a ser o editor. Posteriormente, a Revista Negra foi censurada e o mesmo Biko quedou en arresto domiciliario en febreiro de 1973. Prohibíuselle participar en ningunha actividade de ningunha organización, e foi desterrado á Cidade do Rei Guillerme por cinco anos. Estes actos de violencia estatal só aumentaron a loita emancipadora de Biko. Continuou traballando na sucursal da Comunidade Negra da Cidade do Rei Guillerme, e comezou a estudar dereito, por correspondencia. En decembro de 1975 as súas prohibicións aumentaron e mesmo se lle impediu traballar no programa comunal. En 1975 fundou el Zimele Trust Fund, para axudar ós presos políticos e os seus familiares. Tamén o Ginsberg Educational Trust para axudar ós estudantes víctimas da persecución. En 1976 foi elixido Secretario Xeral desta organización.No mesmo ano, a Convención ol Pobo Negro (BPC) efectuou o seu congreso en Durban ó que Biko no puido concorrer. A BPC elixiuno Presidente Honorario“.

5


Ramón Varela

4. Indica algúns dos dereitos humanos que se ve na que película que se violan no trato a Steve Biko e en xeral no Apartheid. Viólanse basicamente os seguinte dereitos:

Artigo 1 Todos os seres humanos nacen libres e iguales en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente uns cos outros.

Artigo 2 Toda persona ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción alguna de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdicción dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

Artigo 3 Todo individuo ten dereito á vida, á libertade e á seguridade da súa persoa.

6


Ramón Varela

Artigo 4 Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidume, a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.

Artigo 5 Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.

Artigo 7 Todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito á igual protección da lei. Todos teñen dereito á igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.

Artigo 9 Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado. (DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS) 5. Indica algunha outra película que trate sobre o Apartheid. Título:Invictus Título orixinal:Invictus Dirección:Clint Eastwood País:Estados Unidos Año: 2009 Duración: 133 min. Xénero:Drama, Biográfico Cualificación:Apta para todos los públicos Reparto:Matt Damon, Morgan Freeman, Scott Eastwood, Langley Kirkwood, Robert Hobbs, Tony Kgoroge, Bonnie Henna, Grant Roberts, Patrick Holland, Patrick Mofokeng, Matt Stern

6. Conta tres escenas que che gustaran.

7


Ramón Varela

A escena na que deteñen por primeira vez a Biko e cando lle pegan unha bofetada e Steve lla devolve o xefe de policía. A escena cando Biko leva a Donald ó gueto e lle ensina como viven alí. Pareceume impactante especialmente como vivían os nenos. A escena do funeral por Biko na que Donald e Wendy parecen ser dos poucos brancos que asisten e cando todos comezan a cantar o himno de Sudáfrica.

7. Describe dous personaxes da película.

Donald Woods pareceume un personaxe moi interesante. Paréceme valente pola súa parte enfrontarse ó resto dos seus - iso si tra o período de aprendizaxe inicial que Biko lle da para que supere o seu prexuízo- para loitar polos dereitos dos negros. Paréceme un home bo coa súa familia e bo co mundo que o rodea e que tenta que a verdade sempre sexa o primeiro. A súa muller Wendy paréceme tanto ou máis valente ca el. Queda ela soa durante a escapada de Donald a pesares do que lle pode pasar a ela e ós fillos se os descobren.

8


Ramón Varela

Ademais paréceme moito máis liberal que o seu home dende o principio.

8. Inventa outro titulo e outro final para a película.

FILLOS DE SUDÁFRICA: A LOITA POR SER IGUAIS

9


Ramón Varela

Outro final podería ser que Steve Biko se tivera salvado, quen sabe, o mellor hogano podería ser el tamén presidente de Sudáfrica.

9. Comentario persoal. GUSTOUME MOITO A PELÍCULA. APRENDÍN MOITISIMO CON ELA, XA QUE NON COÑECÍA MOITO DA HISTORIA DO APARTHEID APARTE DO QUE SE CONTA SEMPRE E MOITO MENOS COÑECIA NADA DE STEVE BIKO. PARECEUME REALMENTE UNHA FIGURA CARISMÁTICA DA QUE TODOS DEBERIAMOS TOMAR EXEMPLO.

10


Grita liberdade