Issuu on Google+

LINGUA GALEGA, 1º E.S.O. 1ª AVALIACIÓN

FACENDO UN DICIONARIO VISUAL

Obxectivos: • Aprender léxico relacionado co mes de novembro (santos). • Ler en formato dixital. • Coñecer o procesador de textos dos ordenadores Abalar. • Manexar o Dicionario dixital.


Andrea González Pena, Nº13 1º C

DICIONARIO VISUAL SANXOÁN

Planta silvestre da familia das escrofulariáceas (Digitalis purpurea), de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata 30 cm. de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello.

SANMARTIÑO

Peixe da familia dos zeidos (Zeus faber), de corpo comprimido, dorso elevado, cunha mancha negra rodeada de amarelo nos flancos, boca grande, aleta dorsal con filamentos longos e cor


dourada ou gris.

SANTA BÁRBARA

Segundo nos conta a haxiografía, esta santa foi sometida a terribles tormentos por parte do seu propio pai, que acaba por decapitala. Como castigo caído do ceo contra el, en canto lle corta a cabeza á filla, cae fulminado por un raio. Deste feito deriva a súa protección no caso de tronadas e, por similitude, sobre profesións relacionadas con explosións, como mineiros, fogueteiros ou artilleiros.

santabárbara Substantivo feminino Compartimento dunha nave destinado a gardar a pólvora ou o armamento. Ex: Dous mariñeiros vixiaban a santabárbara constantemente


SANTIÑA

Pupila.

A explicación que se dá para este feito é que a pupila actúa tamén como un espello que reflicte a nosa imaxe cando estamos fronte ao interlocutor, devolvéndonola nun tamaño moi reducido, tanto que, independentemente do noso talle, parecemos sempre persoíñas pequenas ou mesmo bonequiñas.

SANTOS

Novembro Unha forma popular de chamarlles aos meses do ano era polo nome da festividade máis destacada incluída nos días de cada un deles. Deste xeito, o mes de xuño era coñecido como san Xoán, o de xullo recibía tamén o nome de Santiago e en novembro, que contén dúas festividades moi


marcadas, a cousa estaba repartida entre os que tomaban como referencia o día un e lle chamaban santos e os que preferían o san Martiño do día 11. SANTÍSIMO

A denominación de Santísimo para Cristo na Eucaristía vén sendo unha redución da expresión Santísimo Sacramento, outra maneira de chamarlle á Sagrada Forma, é dicir, a hostia a partir do momento da consagración, cando o pan se transforma no corpo de Cristo.

SACTUS

Rezo ou cántico de glorificación de Deus que comeza repetindo a palabra ‘Sanctus’ tres veces. Parte da misa na que


se recita este rezo ou cántico.

Carla García Salgueiro, Nº 11, 1º C Dicionario Visual HOSTIA

Substantivo feminino. 1 Peza de pequeno tamaño, fina e redonda, feita de pan sen fermento, que o sacerdote consagra na misa, xunto co viño, para conmemorar a morte de Xesucristo.

LATRÍA

Substantivo feminino Catolicismo. Culto e adoración que se profesa só a Deus.

SANCTUS


Substantivo masculino 1 Catolicismo: Rezo ou cántico de glorificación de Deus que comeza repetindo a palabra ‘sanctus’ tres veces

SANMARTIÑO

Substantivo masculino Zooloxía. Peixe da familia dos zeidos (Zeus faber), de corpo comprimido, dorso elevado, cunha mancha negra rodeada de amarelo nos flancos, boca grande, aleta dorsal con filamentos longos e cor dourada ou gris

SANTA BÁRBARA


Substantivo feminino Compartimento dunha nave destinado a gardar a p贸lvora ou o armamento

PUPILA


Substantivo feminino Orificio redondo no centro do iris por onde entran os raios de luz no ollo.

SANTÍSIMO

Substantivo masculino Cristo na Eucaristía

SANTO

Persoa que, polas súas virtudes durante a vida, foi declarada pola Igrexa digna de culto despois da súa morte


SANXOÁN

Planta silvestre da familia das escrofulariáceas (Digitalis purpúrea), de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata 30 cm de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello.


TRISAXIO

Substantivo masculino Relixión. Himno en honor da Santísima Trindade, no que se repite tres veces a palabra ‘Santo’.

VÍTIMA

Substantivo feminino 1 Criatura que se ofrece en sacrificio a unha divindade.


Gabriela Pita López, Noa Pardo, 1º de E.S.O A

DICIONARIO VISUAL Sanctus

Rezo ou cántico de glorificación de Deus que comeza repetindo a palabra ‘Sanctus’ tres veces. Parte da misa na que se recita este rezo ou cántico.

Sanmartiño

Peixe da familia dos zeidos (Zeus faber), de corpo comprimido, dorso elevado, cunha mancha negra rodeada de amarelo nos flancos, boca grande, aleta dorsal con filamentos longos e cor dourada ou gris.

Santabárbara Compartimento dunha nave destinado a gardar a pólvora ou o armamento.


Compartimento dunha nave destinado a gardar a pólvora ou o armamento. santiña

Pupila.

Santísimo

Cristo na Eucaristía. Santos

Novembro.


Sanxoán

Planta silvestre da familia das escrofulariáceas (Digitalis purpúrea), de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata 30 cm. de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello.


Dicionario visual, 1º ESO