Page 1

L e tRAs

GALe GA s

2014


XUNTA DE GALICIA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Política Lingüística IES Perdouro, Burela (Lugo) Coordinadora: Edelmira María Parga Valiña Equipo de profesores colaboradores: Bernardo Penabade Rei Karina Parga Chao Antón Niñe Fernández Autoría: Cintia Castro Fernández Ariel Alexandra Granda Márquez Rodrigo Pereira Trillo Sara Pernas Polo Maura Barbosa Vicente Gabriel Bermúdez Álvarez José Carlos Díaz Lorenzo Andrea Lorenzo Bahamonde Damián Palou Fernández Iván Pita Couto María Prieto Casares

Dep. legal: C 506-2014


Esta guía está artellada en dez unidades constituídas polas actividades correspondentes a cada cartel e un apartado final de bibliografía, onde incluímos as obras consultadas para a realización da exposición, a xeral de referencia e unha selección de ligazóns web de interese que serven de complemento para calquera interesado no quefacer do autor homenaxeado. Para facilitar o labor dos docentes, as actividades propóñense cunha presentación diferenciada. Aquelas que poden ser resoltas consultando unicamente os carteis aparecen inseridas dentro dun cadro en cor. Deste xeito, o profesorado pode suxerirlles este tipo de tarefas aos rapaces cando estes visitan a exposición e ter a seguridade de que atoparán a resposta nos paneis, sen necesidade doutros materiais de consulta. Se o obxectivo é ampliar información sobre o autor, a súa obra, o contexto histórico-cultural e o medio natural no que desenvolveu a súa vida, o docente pode propor o resto de actividades, que non aparecen dentro dos cadros. O grupo de traballo que ideou o material da exposición está integrado por alumnos e profesores do IES Perdouro de Burela. As rapazas e rapaces son de 1.º de bacharelato e cursan como optativa TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Para a elaboración do material utilizaron software libre e tomaron a maior parte dos datos da páxina web www.poetadiazcastro.com, a cuxos responsables queremos mostrar un agradecemento especial. Como tamén expresamos a nosa gratitude a Armando Requeixo polas súas observacións e consellos. Miruca Parga Valiña Coordinadora do grupo de traballo

3 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

O material que compón a exposición sobre Xosé María Díaz Castro para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014 consta de 10 carteis (ordenados do 0 ao 9) e unha guía didáctica. Con este traballo pretendemos dar a coñecer a vida e a obra do poeta ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, mais tamén a todas aquelas persoas que teñan a oportunidade de contemplar a exposición.

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

Presentación


CronobiografĂ­a

Empeza a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

dez anos.

A Editorial Galaxia publica Nimbos.

04-2014

En 1981 entra en vigor o Estatuto de autonomĂ­a de Galicia.


Cartel 0 · Actividades

• Onde atopaches por primeira vez información sobre Xosé María Díaz Castro? • En que etapa literaria o situarías? • Sabes que xéneros literarios cultivou?

1929

1940

1946

• Cantas linguas cres que coñecía? 1961

2. Xosé María Díaz Castro nace en 1914 e morre en 1990. Fíxate no cartel e contesta: • Cales foron os principais feitos históricos da época na que viviu? • En que etapa da literatura galega o situarías? • Coñecido o dato anterior, que temas cres que tratou na súa obra?

3. Fai un repaso da vida de Díaz Castro e responde: • En que lugares residiu? • Que profesións exerceu?

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• Xa sabías algún dato sobre a súa vida e a súa obra? Se a resposta é afirmativa, cales?

4. Completa o cadro cos datos biográficos correspondentes ás seguintes datas:

5 1973

1984

5. Vai ao web http://www.poetadiazcastro. com/plantilla.asp?id=174 e le a banda deseñada sobre a vida de Díaz Castro. • Elabora un guión narrativo no que destaques os feitos máis relevantes no seu percorrido vital. • Debuxa viñetas ilustrativas dos acontecementos anteriores e complétaas con texto para crear a túa propia banda deseñada sobre a biografía do autor.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Imos comprobar, para comezar, os teus coñecementos previos sobre o autor homenaxeado:


A infancia en Guitiriz . O lugar recibía este nome

ao pé da

Casa natal de Xosé M.ª Díaz Castro.

hidroavión Plus Ultra. Tamén

Axudaba nos labores do campo, sobre todo ía

Dende pequeno fai de acólito na capela do Vilariño e vai á escola ao Buriz, pola beira do río Porto, ata que foi construída a serra de Montouto. A

04-2014

Capela do Vilariño dos Cregos.


Cartel 1 · Actividades

Imos explorar logo o contorno do poeta:

1. Busca Guitiriz no mapa do cartel: • A que provincia e comarca pertence este concello?

• A que escolas asistiu en Guitiriz Xosé María Díaz Castro durante a súa infancia? • En que destacaba no ámbito académico? • A que cres que se debe que a natureza sexa un dos eixes temáticos da súa obra? • Como era curioso de seu, que método empregaba para poder recordar todas as respostas que lle daban? Explica de que xeito poderías utilizar ese procedemento nos teus labores escolares.

• Cantas parroquias o forman? Escribe o seu nome.

4. Le o seguinte texto:

• Con que outros concellos limita?

“Serían os veciños dos Vilares emigrantes a Cuba, entre eles dous tíos do poeta, os que mandarían os cartos para face-la Escola da Conchada. Na illa de América organizaran a sociedade “Juventud de Villares” e quixeron colaborar deste xeito no progreso e educación da súa parroquia”.

• Pertencen a Lugo ou á Coruña?

2. “Toda a súa obra é rodear de luz e de eternidade as súas lembranzas de neno neste recanto do país” di Blanco Torrado (http://www. poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=16). • Deseña un itinerario que pase polo Vilariño dos Cregos, O Buriz, Bascuas e San Salvador de Parga. • Na obra de Xosé María Díaz Castro aparecen topónimos en contadas ocasións. Recupera os dos poemas “Remuíño” e “Vísperas” e sitúaos nun mapa de Guitiriz.

(A. Blanco Torrado http://www.poetadiazcastro. com/plantilla.asp?id=16) Entra na páxina web do Consello da Cultura Galega e busca información sobre as escolas sustentadas polos americanos e a exposición Luces de Alén Mar: • Escribe a definición de indiano e de sociedade de instrución. • A escola da Conchada construíuse grazas a un indiano ou a unha sociedade de instrución?

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

(http://www.poetadiazcastro.com/plantilla. asp?id=16)

3. Recorda a nenez de Xosé María:

7 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Alfonso Blanco Torrado, amigo e gran coñecedor da vida e da obra de Díaz Castro, afirma: “Esta simbiose afectiva do home coa súa terra emerxe decote na súa obra”.


• Investiga nesta páxina web se no teu concello existe algunha escola levantada con fondos provenientes de América. • Escribe a utilidade e o estado actual destas escolas no teu municipio. • Pregúntalle a alguén da túa rodeada e cita nome e apelidos dalgunha persoa que asistise ou aínda asista a un destes centros educativos.

5. Xosé María Díaz Castro mostrou desde neno interese pola historia de Guitiriz.

8

• Sobre que restos arqueolóxicos investigou coa axuda de seu irmán? • Onde están situadas estas pegadas da historia guitiricense?

6. Imos afondar algo máis no patrimonio histórico de Guitiriz: • Escribe a definición de mámoa. • Explica o que son as medorras ou medoñas. • Cita algunhas das existentes no concello de Guitiriz. • Sitúa nun mapa a serra de Montouto e coloca nel as mámoas citadas anteriormente.

7. Le o seguinte fragmento: “As súas xenialidades e trasnadas de neno tamén están ligadas á natureza, como cando nun verán xuntou co seu irmán Serafín máis de 200 ovos de paxaros das máis fermosas cores, que foron seleccionando, segundo a familia ornitolóxica: lagarteiro, buxato, peto, parrulo dos humidais lindantes a súa aldea, etc. Tamén neste tempo disfrutaba cos irmáns e veciños bañándose na presa do Río do Muíño do Monte. Os animais, sobre todo as aves, as plantas, as penas…, todo o facía vibrar e espertaba a súa curiosidade: as flores, un insecto, unha pedra caprichosa…, estudábaos e xa na aldea ou na casa preguntaba aos máis vellos os seus nomes, e aínda acudía ao libro correspondente para ampliar os seus coñecementos sobre aquela criatura. Adicaríalles poesías cando só tiña 12 anos”. (http://www.poetadiazcastro.com/plantilla. asp?id=61) • Busca a fotografía dun lagarteiro, dun buxato e dun peto. • Escribe as características principais de cada unha destas aves. • Cita especies ornitolóxicas que vivan na contorna do teu concello.


8. Busca na sopa de letras: 2. O lugar de nacemento do poeta Díaz Castro era… 3. Como se chamaba a súa parroquia? 4. En que destacaba na escola? 5. Quen dixo: “na súa palabra o galego intensíficase”? 6. Sobre que monumentos megalíticos lle axudou a facer un estudo o seu irmán Serafín?

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

1. Proviña dunha familia…

7. En que vila realizou os seus estudos?

9. Un dos seus primeiros amigos no seminario foi… (só o nome). 10. Palabra pola que empeza o título dos poemarios que permaneceron inéditos durante a súa época do seminario.

9 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

8. Cal foi o alcume que lle puxeron no seminario?


En Mondoñedo O Poeta.

favoreceu á hora de crear poesía. Esta etapa tamén contribuíu a que

De súpeto, nas nèbras do camiño, n-unéstasisd’anséio redentor, levantóu-se un cruceiro, roïdiño polas póutas do Tèmpo vencedor. ¡Amigos, tan grande èra o seu delor, que destonzasquixèra eu ser espiño... para ofrendár-lle, ô menos, unha flor! Cerróu a tarde os òllos. Fói-se a lus. Sintindo que m’ardía o corazón diante o inmenso dolor d’aquela crus, descubrín-me, e rezéi unha òración...

consérvanse diversos cadernos e poemas soltos que conforman o resto da súa poesía inédita. Cèrra ese libro, estudiante; porque as doutrinas máis sábias n-están nos libros escritas: na Natureza se gardan.

04-2014

e abandonouno en xaneiro de 1940.


Cartel 2 · Actividades

2. Investiga sobre a importancia deste centro educativo na formación dos mozos mindonienses e do contorno. • • • •

Cal é o nome que recibe o seminario? A que se lle chamou escola poética de Mondoñedo? Que escritores formaron parte dela? Busca a relación existente entre a revista Amencer e o seminario. • Pódense cursar estudos regrados hoxe neste centro? Procura novas de xornais en que se dea información arredor da continuidade ou cesamento da súa actividade académica.

3. Le o artigo “Díaz Castro no Seminario de Mondoñedo” escrito por Blanco Torrado en Amencer (http://www.poetadiazcastro.com/ plantilla.asp?id=23) e explica a relación do poeta con: • • • •

Aquilino Iglesia Alvariño Noriega Varela Francisco Fanego Cita o nome e apelidos doutras amizades que Xosé María fixo en Mondoñedo durante a súa

4. Durante esta etapa Xosé María escribiu numerosos poemas en galego. • Escribe o nome que recibe cada un dos tres poemarios inéditos que se conservan e a data na que os rematou. • Explica a diferenza existente entre a primeira e a segunda das súas obras inéditas. • Que publicacións periódicas recollen os seus primeiros poemas impresos en galego? • En que vilas se editan as publicacións anteriores?

5. Investiga no libro de Armando Requeixo Vida e obra de Xosé María Díaz Castro e contesta: • Cantos poemas compoñen a súa primeira obra inédita? De que seccións consta e como se distribúen? • Busca e escribe os mesmos datos do segundo poemario non publicado. • Compara o número de composicións coas que aparecen na súa única obra publicada en galego. Debido a isto, pode considerarse Nimbos como unha obra inaugural? Xustifica a túa resposta.

6. Le no cartel o primeiro fragmento poético: • Sinala os versos nos que atopes trazos de relixiosidade e misticismo. • Indica que elementos aparecen baixo a figura da personificación nesta composición. • Busca unha hipérbole no poema.

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• A que idade ingresou no seminario? • Que linguas aprende durante esta etapa? • De que xeito inflúe a súa estancia no seminario á hora de crear poesía? • Cando abandona este centro de ensino e por que?

estancia como seminarista e a dedicación profesional posterior destas persoas.

11 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Le no cartel a información sobre a época de seminarista de Díaz Castro.


En Vilagarcía de Arousa Alvariño solicítao para impartir clases no Colexio fora

seus estudos eclesiásticos obtidos no Seminario de Mondoñedo e

profesores do Colexio León XIII. (Diario de Arousa, 11-VIII-2013)

04-2014

NASCIDA D’UN SONO I Ven aos meus versos como vas á feira, cantando e ríndo ao vento das Mariñas. Ven, puño de cereixas cristaíñas, entra no meu soneto, betanceira!

II Piséi a sombra viva dos guindeiros e pidinlle auga fresca. Pró a garrida doume unha auga tola i-acendida, i-empezóu a falar... Ai betanceiros,

III Variña d’avelairo, pra ti fora cativo o bronce i-a palabra escura, noiva a tecer damascos de ternura, nai, santa nai que canta cando chora!

Como esborrexen pol-a carballeira as anduriñas tras das anduriñas, brinca, anduriña, pol-as rimas miñas cal te dou Dios, enteira e verdadeira.

qué ollos aqueles, soles verdadeiros, duasespranzas pra unha sola vida! Qué ofrenda a porzolanarepolida das mans, feitas pra tronos ou mosteiros!

Nácech’o sol nos ollos a cadora, enterrouse en ti o sol hastr’ácentura! Boca pra un anxo, ai Deus, guinda madura! Ai Deus, surrisa aberta com’a aurora!

E xa feito de ti, louro e compreto cos iambos dos teus pasos donaireiros, co lume dos teus ollos tan profundo,

I-aquel falar ardente cal non fora un despertar de melrossob a aurora i-aquel fuxir xogando d’anduriña!

Sal do poema xa, céibate á ría da Vida, corpo enteiro da alegría, pés voandeiros, corazón sin lixo!

eu ceibaréi ao vento o meu soneto pra que o teu nome suba antr’os loureiros hastr’ás estrelas, prefumando o mundo!

Cantade ao sol i-ao mar, porque podedes, vos os que arades i-os que tendes redes. Qué aguinaldo dou Dios aos da Mariña!

Así, sin versos, para qu’eu te queira, ti, nascida dun sono, betanceira, com’apermeira estrela que Dios fixo!


• Quen foi o responsable de que Xosé María exercese como profesor no Colexio León XIII? • Que ideoloxía tiña o seu fundador? • Que clases impartía Díaz Castro neste centro educativo? • Que relación cres que mantiña co seu alumnado? • En que data finaliza o seu traballo como mestre en Vilagarcía?

2. Investiga sobre o Colexio León XIII: • Busca información en internet sobre o labor educativo que desenvolve este centro en Vilagarcía e na contorna arousá. Consulta o Diario de Arousa citado no pé da primeira fotografía do cartel (http://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/leon-xiii-escuela-y-casa-ninos-desahuciados/20130811001417036921.html).

3. Procura datos sobre a vida de Celestino Noya, compañeiro de claustro de Díaz Castro, e explica que motivos o levaron a impartir clases no León XIII. 4. Durante a súa estancia en Vilagarcía de Arousa, o poeta continúa acrecentando a súa obra: • En que publicación periódica compostelá dá a coñecer os seus poemas? • Xosé María pasara algunhas vacacións estivais en Betanzos e decide presentar dous poemas

aos Xogos Florais. En que data? Cal é o título das composicións coas que concorre? • Por que razón recibe o nome de tríptico a composición transcrita neste panel?

5. O xornal compostelán La Noche tivo unha grande importancia no espallamento das nosas letras. • En que ano inicia a súa andaina? Cando a remata? • Quen o dirixe? • Cita escritores galegos que publicaran nas súas páxinas. • Cal era a liña editorial deste medio de comunicación?

6. Le o tríptico titulado “Nascida d’un sono”. • Xustifica por que se trata de sonetos. • Escribe o esquema métrico e de rima destas composicións. • Cita as virtudes que se lle atribúen á muller betanceira no poema. • Explica a estrutura interna do tríptico especificando as partes en que pode dividirse tendo en conta o seu contido. • Busca as apóstrofes existentes e indica a quen van dirixidas. • Interpreta as seguintes metáforas: “anduriña” (v. 7), “porzolana repolida” (v. 21), “aguinaldo” (v. 28), “guinda madura” (v. 35), “corazón sin lixo” (v. 39). • Busca outras figuras literarias no plano morfosintáctico e léxico-semántico.

13 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Busca información no cartel:

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

Cartel 3 · Actividades


En Madrid

Ínsula

con diversos pseudónimos.

Piñeiro, responsables da Editorial Galaxia, insistían en que En 1959, Ben-Cho-Shey convoca varios

.

04-2014

Recital presidido por Ben-Cho-Shey no Centro Galego de Madrid.


Cartel 4 · Actividades

• Na capital española continúa en contacto coa cultura galega, que supón para el a participación na Festa da Poesía?

• Cita o nome de cada unha delas. • A que xénero pertencen os textos editados? • Cal cres que é a razón de que asinara os textos humorísticos con pseudónimos?

• Quen se encargara da organización do acto? • Que outros intelectuais galegos toman parte no recitado?

5. Durante a súa etapa na capital, sae á luz o único dos poemarios que publicou. • Que intelectuais galegos animan a Xosé María para que acceda a editalo?

2. Redacta un texto expositivo no que expliques brevemente a biografía e a obra de:

• En que ano e en que editorial se publica o libro?

• Ben-Cho-Shey

• Cita algúns dos temas fundamentais de Nimbos.

• Xosé Fernández Ferreiro • Bautista Álvarez.

6. Busca información sobre Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego.

3. Investiga sobre o grupo Brais Pinto:

• Que relación tiveron coa editorial Galaxia?

• Onde se funda?

• En que institucións traballaron e que cargos ocuparon?

• Cando desenvolve a súa actividade? • Quen son os seus integrantes? • Por que escollen este nome para o grupo? • Cal é o seu principal obxectivo?

• Que xéneros literarios cultivaron? • Procura datos na páxina www.poetadiazcastro. com sobre a relación entre Ramón Piñeiro e Xosé María Díaz Castro. Le as súas cartas e explica que argumentos utiliza Piñeiro para convencer o poeta guitiricense da necesidade de dar a coñecer a súa produción poética.

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• Que profesións exerce Xosé María en Madrid? Cal lle require maior dedicación?

4. Mentres está en Madrid os seus textos foron divulgados en varias publicacións.

15 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Le o cartel e responde:


Volta a Guitiriz estes anos nos festivais de Pardiñas, organizados pola asociación.

En 1987 sae á luz a primeira homenaxe en vídeo dedicada a un

En 1989 recibe tres homenaxes en Euskadi, de onde era a súa dona.

04-2014

O funeral foi oficiado por Alfonso Blanco Torrado que lle dedicou unhas agarimosas palabras de despedida e, sobre todo, de sincero agradecemento.


Cartel 5 · Actividades

• Quen coordina esta asociación? • Que significou a agrupación cultural para o escritor?

2. Sigue a investigar sobre a asociación guitiricense que tanto contribuíu ao coñecemento do autor: • Cando se crea? • Redacta un breve texto no que expliques os obxectivos da asociación. • Que publicacións edita ao longo da súa historia? • Que labores realiza? • Que nome recibe o festival que organiza? • Que actividades culturais se levan a cabo neste evento? Podes consultar datos referentes ás últimas edicións indo a http://www.xermolos.org/ index.php/festival/resena-historica.

3. Responde: • Que acto ten lugar o 9 de agosto de 1984? • Por que é relevante na traxectoria poética de Díaz Castro? • Quen actuou como presentador?

• En que consistiron?

4. Para profundar máis nesta etapa, le no web www.poetadiazcastro.com e contesta as seguintes preguntas: • Díaz Castro realizou varias viaxes a Santiago para reunirse con outros intelectuais galegos. A quen nos estamos referindo? • Tamén viaxaba a Monforte porque tiña amizade cun poeta chairego que tiña alí a súa residencia. A quen visitaba? • O seu enterro foi outro acto de homenaxe. Quen o oficiou e que escritores galegos o acompañaron na súa despedida?

5. Comproba quen é o autor principal do web anterior e redacta un breve texto expositivo no que describas as súas ocupacións profesionais e o seu quefacer como activista cultural. 6. Busca no web do concello de Guitiriz, do IES Poeta Díaz Castro e no da Asociación Xermolos, que actividades se están a realizar arredor da figura do poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• Con que asociación colabora estreitamente Xosé María Díaz Castro cando regresa a Galicia?

• Onde tiveron lugar as homenaxes que recibiu o autor?

17 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Busca a seguinte información no cartel:


Nimbos 1961 1982 1989 2002 2006 Galaxia

2014

Galaxia (en Poesía galega completa)

2014

A segunda, publicada en Madrid, é a única bilingüe en galego e castelán.

neovirxilianismo. Da posguerra recolle influencias de Cunqueiro,

04-2014

malia a súa apararente naturalidade, se descobren numerosos


Cartel 6 · Actividades

• A que ano se remonta a primeira edición? • Que diferencia a segunda das restantes?

2. Ten en conta a estrutura e o contido da obra e responde as seguintes cuestións: • Cantas seccións presenta o poemario se consideramos a súa estrutura externa? • Cal é o título de cada unha delas? • Divide as seccións anteriores en dous grupos segundo acheguen trazos semánticos positivos ou negativos. • Con que conceptos da obra vincularías os trazos positivos? E con cales os negativos?

3. Busca en Nimbos composicións que posúan un esquema métrico e de rima determinado e outras que estean escritas en verso libre, e reflexiona: • Que poesías che resultarían máis fáciles de compoñer?

• Cal dos dous tipos de poemas che gustan máis? Por que?

4. A lingua de Nimbos combina diferentes solucións de enriquecemento léxico e de escolla para a conformación dun estándar. Relaciona cada concepto coa palabra que lle corresponda. Todas pertencen á edición de 1989. Dialectalismo da súa zona Dialectalismo doutras partes de Galicia Préstamo

• • • • •

crus lus grau chuva oraciós

5. Xosé María Díaz Castro comeza a escribir poesía xa na súa época do seminario, aínda que non reúna parte da súa produción para publicar ata a década dos sesenta. A súa escrita experimenta co paso do tempo unha clara evolución na forma e no contido. • En que grupo ou xeración podemos encadrar o escritor?

• Cales teñen un ritmo máis marcado?

• Que correntes literarias de preguerra se reflicten nas súas creacións?

• Que recursos emprega o autor para dotar de ritmo os poemas en verso libre?

• Que tendencia poética de posguerra exerce influencia nos seus poemarios?

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• Cantas edicións se coñecen da obra?

• Que vantaxes ofrece o versolibrismo á hora de expresar as ideas fronte aos esquemas métricos e rítmicos determinados?

19 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Fíxate nos datos editoriais de Nimbos e contesta:


6. Busca en Nimbos un poema no que se advirta a presenza de elementos propios de tendencias literarias de preguerra e outro no que prevalezan os das correntes de posguerra.

8. O estilo do autor é aparentemente sinxelo. Compróbao na seguinte composición e redacta un breve comentario poético: • Resume o contido de “Terra sucada”. • Sinala o tema.

7. Completa a seguinte táboa colocando na primeira columna autores que coma Díaz Castro participaron do paisaxismo humanista e na segunda, aqueles que escribiron poesía social. PAISAXISMO HUMANISTA

20

POESÍA SOCIAL

• Analiza a súa forma tendo en conta os recursos existentes en todos os planos lingüísticos. Préstalles unha especial atención ás metáforas e personificacións para comprender o contido do texto. • Expón en que corrente ou correntes literarias incluirías o poema. TERRA SUCADA ¡Terra sucada, poema de cen versos na outonía! Orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas… Ferve o grau, pulo enterrado da espranza, nena dormida. ¡Terra do ceo arrincada! Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida.


N

U

T

E

I

S

O

V

M

R

D

G

A

H

A

N

C

P

E

B

W

L

Z

W

D

S

I

O

K

Ñ

U

N

N

R

I

U

T

L

F

S

D

I

A

D

R

N

R

P

E

E

J

M

R

X

E

O

O

A

J

R

N

B

P

J

F

I

P

D

S

G

G

O

S

R

U

T

R

O

G

A

W

S

E

Q

K

E

Q

R

F

L

O

Ñ

I

U

M

E

R

I

M

I

E

S

M

E

R

A

L

D

A

M

X

X

S

O

Ñ

O

Ñ

A

F

B

Ñ

P

E

N

E

L

O

P

E

I

T

Q

Q

A

M

H

D

M

S

Z

K

S

M

Z

I

Y

G

A

I

21 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Z

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

9. Busca os sete apartados de Nimbos e cinco nomes de poemas que aparecen na seguinte sopa de letras:


Os temas de Nimbos

asoballada. Trátase dunha representación fiel de Penélope, que tece e destece mentres agarda a Ulises. Galicia fai o mesmo, dá un paso adiante e outro atrás, sen decidir o seu futuro. Todo isto aparece no poema rodeado dun ambiente de estatismo e de choiva, que reflicte o atraso de Galicia, a “agonía” que estaba a sufrir a Chaira rural naquel tempo.

04-2014

NHA

PADA


Cartel 7 · Actividades

2. Le a información que contén o cartel sobre os temas fundamentais de Nimbos. • Cita os máis importantes. • Explica o que agocha a expresión “paixón telúrica”. • Dentro da preocupación existencial e relixiosa, que simboliza a “lus”?

3. Escoita a versión musicada por Mini e Mero de “Penélope” e indaga sobre a súa achega á divulgación da literatura galega. • • • • •

Cal é o nome completo de cada un? A que grupos musicais pertenceron? Que outros poemas galegos musicaron? Que tipo de música e de letras compoñían? Fai un percorrido cronolóxico pola súa discografía e elabora unha listaxe dos títulos publicados. • Redacta un breve texto explicativo no que ilustres o significado social dos grupos musicais aos que pertenceron no contexto da cultura galega.

4. • • • •

Investiga sobre o mito de Penélope. De que cultura procede este mito? A quen agarda Penélope? Que fai durante a súa espera? Por que razón non quere rematar o seu labor?

• Resume o contido. • Enuncia o tema da composición. • Clasifica o vocabulario do poema en campos semánticos diferenciados. • Identifica e explica os recursos empregados no poema. • Finalmente, cataloga o texto nunha das correntes literarias cultivadas polo autor.

6. Elixe o poema de Nimbos que máis che agrade para elaborar un “videopoema”. Trátase dunha recreación da composición con imaxes, música e voz. • Emprega un programa de edición de vídeo: Windows Movie Maker, Openshot etc. • Busca en internet unha fotografía ou ilustración que represente cada un dos versos do poema. Se é moi longo, podes usar unha para cada dous versos. • Importa as fotografías para o programa de edición de vídeo. • Crea unha diapositiva inicial co título do poema e o nome do seu autor. • Elabora outra diapositiva final co teu nome e o do teu centro para que se coñeza a autoría do vídeo. • Busca unha música que lle acaia ao contido do poema e impórtaa tamén co programa de edición de vídeo para a pista de audio. Modifica o volume de xeito que se oia a música de fondo máis ben baixa. • Grava outra pista de audio coa túa propia voz recitando o poema. • Para concluír, vai á opción “finalizar película”.

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• Busca no dicionario a acepción do termo “nimbos” que mellor se adapte ao contexto da obra. • Explica por que cada poema é un nimbo. • Xustifica por que este concepto está relacionado coa relixiosidade do autor e, asemade, coa súa visión panteísta do mundo.

5. Analiza o poema “Penélope”:

23 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Le as palabras de Alfonso Blanco Torrado que aparecen neste panel.


Tradutor e investigador como encargado dos servizos de tradución

Centro del (logo Instituto del Frío), pertencente ao Instituto Científico y

titulado técnico especializado e rematou como xefe do Departamento de Investigación.

Asemade traballaba para editoriais como Aguilar traducindo obras nos anos 50 premiadas co Nobel ou nas Selecciones del Reader’s Digest nos 60 e 70, ambas en castelán. Verteu á lingua inglesa textos de Víctor Hugo ou Campoamor e

e rexístrase ademais na

Portada da revista Dorna e imaxe de R. M. Rilke

(3-1-1988):

Como afirma o investigador Armando Requeixo:

“O volume de traduccións literarias (…) ó longo da súa vida (…) sobordaría amplamente as 3.000 páxinas.” Aínda hoxe está vixente a certeira opinión de Díaz Castro sobre o papel que desempeña a tradución nun sistema literario como o galego: Carta na que Díaz Castro solicita traballo como tradutor.

(1975).

04-2014

terrestres, aéreos e marítimos, coa medicina e a bioloxía, coa agricultura etc.


Cartel 8 · Actividades

2. Unha vez que se dedicou á tradución, explica que labor desenvolveu nas seguintes institucións ou organismos. • Ministerio da Gobernación. • Instituto de Cultura Hispánica. • Centro del Frío.

3. Pescuda que outras tarefas realizou como tradutor: • na tradución científica. • na tradución literaria.

4. Xosé María Díaz Castro trasladou, fundamentalmente, textos ao castelán, pero tamén ao galego. • A que autor traduciu? • Que publicación recolleu esta tradución?

5. Investiga sobre a figura de Rainer María Rilke. Redacta un breve texto expositivo no que detalles: • o seu lugar de orixe. • o idioma no que escribiu.

6. O autor guitiricense levou a cabo un inxente traballo como tradutor e achéganos atinadas reflexións neste eido: • Que xénero considera o máis difícil de traducir? Estás de acordo? Xustifica a túa resposta. • Que volume de traducións nos deixou? • Por que cres que é considerado un dos máis destacados tradutores españois do século XX? • Cal propón como opción máis acertada no tocante á tradución dentro do sistema literario galego?

7. Indaga no libro de A. Requeixo Xosé María Díaz Castro. Vida e obra sobre os poemas “Wozu?” e “Chanson”: • En que linguas foron escritos? • En que publicación e data viron a luz?

8. O labor de tradución é un dos grandes esquecidos nun sistema literario, malia ser imprescindible. • Intenta xustificar a afirmación anterior. Reflexiona sobre o número de obras que liches escritas nunha lingua que ti coñeces e que foron creadas orixinariamente noutro idioma. • Se te quixeses dedicar á tradución profesionalmente, cal sería a institución e centro máis próximo a onde terías que dirixirte? • Unha vez rematados os estudos de secundaria, en que facultade galega poderías graduarte como tradutor?

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

• Onde toma contacto coas linguas clásicas? • Cales foron os tres primeiros idiomas estranxeiros que aprendeu? • Que nova lingua estudou cando marchou de Vilagarcía? • Entre que profesións dubidaba e cal elixiu finalmente?

• os xéneros que cultivou. • os temas tratados na súa obra.

25 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Xosé María Díaz Castro estudou idiomas desde moi novo.


O home poeta Coas súas palabras, o guitiricense expón o seu amor pola poesía, o seu afán de perfeccionismo e a súa escolla lingüística:

Deixounos versos como: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Tentou, con palabras de poesía, poñer luz

04-2014

neste noso universo.


5. Procura información e elabora unha lista dos beneficios que supón para o teu cerebro e para a túa mentalidade o feito de ser bilingüe á hora de aprender idiomas.

2. Le poemas de Nimbos e intenta extraer trazos biográficos que aparezan inseridos nos seus versos.

6. Xosé María Díaz Castro era unha persoa moi perfeccionista.

3. Tendo en conta as palabras de Manuel María, redacta unha breve descrición física e psicolóxica do poeta.

• Como aplicaba esta particularidade do seu carácter na súa forma de traballar?

4. Con respecto ao coñecemento da lingua galega, • Que opina o autor do feito de ser bilingüe? • Que significa para el aprender novos idiomas? • A que cres que se refire cando recomenda aprender “o noso idioma o máis a fondo posible”?

• De que xeito se reflicte isto na súa obra?

• Esixíase a si mesmo de igual xeito ca aos demais? Xustifica a túa resposta.

7. Busca composicións que outros autores lle dedicaron ao poeta guitiricense e elabora unha listaxe dos atributos que lle confiren. 8. Os últimos versos do cartel pertencen a “Coma brasas”. Le o poema completo e indaga que obxectivo semella guiar o autor á hora de poñerse a escribir.

27 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

1. Indica que autores salientan a dimensión humana de Xosé María Díaz Castro e como manifestan o grao de repercusión desta na súa obra.

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

Cartel 9 · Actividades


Referencias bibliográficas das citas textuais dos carteis Cartel 1: Méndez Ferrín, Xosé Luís: “Segunda Feira”, Faro de Vigo (30-IV-1990) e http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67 Cartel 4 (cita de Carballo Calero): Fernández del Riego, Francisco (1987): “A imperdible voz do poeta”, en AA. VV., Homenaxe X. M. Díaz Castro, GuitirizLugo, A. C. Xermolos, pp. 44-45. Cartel 4 (cita de Óscar Sánchez): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA Cartel 5 (cita de Manuel María): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67 Cartel 6 (cita de Ramón Lugrís): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 7 (cita de Claudio Rodríguez Fer): Diario Cultural da Radio Galega, 3-I-2014. Cartel 7 (cita de Andrés Pociña): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 7 (cita de Alfonso Blanco Torrado): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA Cartel 8 (1.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=64 Cartel 8 (cita de Armando Requeixo): Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713. Cartel 8 (2.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713. Cartel 9 (cita de Otero Pedrayo): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=73 e http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (cita de Ramón Lugrís): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66

28

Cartel 9 (cita de Alfonso Blanco Torrado): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA Cartel 9 (texto de Manuel María): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=104 Cartel 9 (1.ª cita de X. M.ª Díaz Catro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (2.ª cita de X. M.ª Díaz Catro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (3.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67

Bibliografía xeral AA. VV. (1987): Homenaxe a X. M. Díaz Castro, Guitiriz-Lugo, A. C. Xermolos. AA. VV. (2005): Xosé M.ª Díaz Castro: Versos Guitiricenses. As nosas raíces. Cadernos Xermolos, vol. 10, abril. AA. VV. (2011): Xosé M.ª Díaz Castro: Nimbos de luz da ínsua dos poetas, O Carballiño. Fundación Insua dos poetas. Deputación de Ourense. Xunta de Galicia. Blanco Torrado, Alfonso (1995): A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Santiago de Compostela, Fundación Novacaixagalicia. Díaz Castro, Xosé María (1989): Nimbos, Vigo, Ed. Galaxia. Dobarro Paz, Xosé María (1977): “Díaz de Castro, Xosé María”, Gran Enciclopedia Gallega, vol. IX, Xixón, Silverio Cañada Editor, pp. 75-76. Requeixo, Armando (1996): “Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro”, Revista Galega do Ensino, n.º 12, maio, páx. 101-120 (en Dialnet).


Requeixo, Armando (2001): “Xosé María Díaz Castro poeta de preguerra”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (Universidad Complutense), n.º 4, pp. 99-109 (en Dialnet). Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713. Requeixo, Armando (2013): Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, Vigo, Ed. Galaxia. Vilavedra, Dolores (1995): Diccionario da literatura galega. T. I - Autores, Vigo, Ed. Galaxia.

http://www.poetadiazcastro.com Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/inicio SXPL: http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro http://www.xunta.es/linguagalega/galeria_fotografica_de_xose_maria_diaz_castro (Imaxes cedidas por Luís González Tosar) http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro (galería de imaxes) http://gl.wikipedia.org/wiki/Cronobiograf%C3%ADa_de_Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro http://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro http://www.aelg.org/resources/didacticspace/units/didactic29/DW_didactic29_1.pdf Asociación Cultural Xermolos: http://www.xermolos.org/ Concello de Guitiriz: http://www.concellodeguitiriz.com/localizacion.asp Museo Pedagóxico de Galicia: http://www.edu.xunta.es/mupega Escolas da emigración: http://mapas.consellodacultura.org/escolas/

“Penélope” Poema “Penélope” na voz do poeta: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-03-2014-777052 Versión musicada de Mini e Mero: http://www.youtube.com/watch?v=LDQGYWPyeos Outras Penélopes e Ulises: http://www.xermolos.org/index.php/galerias/videos/265-xose-maria-diaz-castro

29 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Ligazóns web de interese

XO S É M A R Í A D Í A Z C A S T RO

Vilavedra, Dolores (2000): Diccionario da literatura galega. T. III - Obras, Vigo, Ed. Galaxia.


Recitado de poemas Poemas do autor recitados polo seu amigo o poeta Manuel María: https://www.youtube.com/watch?v=6La7YiqWlew&list=PLbnW1WE0nDqxm3mk3ozoLeGB7peOd662P Poema “Penélope” na voz do poeta: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-03-2014-777052

https://www.youtube.com/watch?v=Brpbmeyi7To

Banda deseñada http://www.poetadiazcastro.com/galeria/D%C3%ADaz_Castro_banda_dese%C3%B1ada.pdf

Artigos de prensa http://praza.com/cultura/6551/diaz-castro-e-un-outsider-un-creador-cunha-estetica-unica/ http://www.xunta.es/linguagalega/recompilacion_de_webs_e_noticias_sobre_xose_maria_diaz_castro (IES de Teis).

30


IES Perdouro


Letrasgalegas2014 guiasecundaria  

O material que compón a exposición sobre Xosé María Díaz Castro para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014 consta de 10 carteis (ordenado...

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you