Page 1

Todas as

Philippe Nessmann Nathalie Choux

RESPOSTAS รกs PREGUNTAS que NUNCA te

FIXECHES


6


2

Título orixinal: Toutes les réponses aux questions que vous ne vous êtes jamais posées, 2005 © da edición orixinal: Éditions Palette…, 2005 © do texto orixinal: Philippe Nessmann, 2005 © das ilustracións: Nathalie Choux, 2005 © da tradución e adaptación: Emma Lázare Rodríguez, 2007 © desta edición: Faktoría K de libros, 2009 Urzaiz, 125 baixo - 36205 Vigo Telf.: 986 127 334 faktoria@faktoriakdelibros.com www.faktoriakdelibros.com

Impreso en China Segunda edición: ISBN: 978-84-935804-9-0 DL: PO 556-2007

Dereitos para a tradución en galego acordados con Éditions Palette... a través de Sylvain Coissard Agency, Francia Concepción gráfica e maquetación: Pépito Lopez e Sylvia Pouradier Duteil

Reservados todos os dereitos

Coa participación de: Laure Mistral, Serge Bourdin e Héloïse Bertrand Idea orixinal: Didier Baraud e Christian Demilly


Todas as respostas son de Philippe Nessmann ilustradas por Nathalie Choux

3


Índice Alimentación • Que pequeno froito laranxa foi creado por frei Clemente? 8 Por que se regalan ovos na Pascua? 15 En que cidade se inventou o croissant, París, Viena ou Sainte-Croix? 21 De que rexión é orixinario o pavo? 35 Quen inventou o roquefort? 45 As espinacas conteñen tanto ferro? 54 Por que os romanos non comían patacas? 61 De onde procede o chocolate? 67 Que significa a letra E nos códigos E121, E150 ou E162 que aparecen nas composicións dos alimentos? 73 Que doce se come xeralmente pola festa de Reis? E por que? 79 Quen inventou o sándwich? 91 Que alimento típico italiano trouxo Marco Polo da China? 98

Expresións • Como se lles chama aos xemelgos que nacen unidos, e por que? 13 Que significan as letras SOS? 24 Por que todos chamamos do, re, mi, fa, sol, la, si, do ás notas musicais? 30 Xulio César naceu mediante cesárea? 33 Que significaba a palabra «robot» antes de designar unha máquina? 38 Cal é a orixe dos virus informáticos? 43 Que designa a palabra «narciso»? 59 Que gas toma o seu nome do

65 Quen foi a primeira persoa boicoteada do mundo? 71 A que deron nome os señores Bégon, Magnol e Fuchs? 77 Por que o nome de Étienne de Silhouette se converteu nun nome común? 84 Que significan as dúas letras da expresión «OK»? 96 Por que ao ordenador se lle chama así? 102

deus exipcio Amón?

Historia e xeografía • En que ano naceu Xesús? 10 Por que o continente descuberto por Cristóbal Colón non se chama Colombia? 17 Que país se creou en África para acoller os escravos americanos liberados no século XIX? 22 Por que non existiu o 5 de outubro de 1582 nalgúns países? 27 A que corresponden as trece barras vermellas e brancas e as cincuenta estrelas da bandeira dos Estados Unidos? 40 Por que a constelación da Osa Maior se chama así? 51 Cal é o único país de América Latina que non ten o español como lingua oficial e por que? 56 Que diferenza hai entre Inglaterra, Gran Bretaña e o Reino Unido? 63 De onde vén a palabra «Cromagnon»? 69 De onde vén o nome de «atlas»?

74 Por que se

chaman faros as luces que guían os barcos? 81 Que país de todo o mundo é o único que non pon o seu nome nos selos? 93

Inventos e descubrimentos • Que instrumento de música inventou Adolphe Sax? 11 Por que, ata o 1860, os dóbermans nunca morderon a ninguén? 18 Que inventou o barón Bich? 23 Quen inventou a vacina? 28 Que lingua totalmente nova se inventou no 1897? 37 Quen inventou os caldeiros do lixo? 41 A que corresponden as tres letras da marca de automóbiles BMW? 47 Que célebre sabio descubriu a pasteurización? 52 Quen inventou o código de barras? 57 Quen inventou o peche de cremalleira? 64


5

Quen inventou a dinamita? 70 Por que o inventor do velcro lles debería estar moi agradecido aos cardos? 75 Quen foi o inventor do revestimento das estradas? 82 Grazas a que animal se inventou a pila eléctrica? 94 Por que os irmáns Montgolfier non foron os primeiros homes que voaron polo ceo? 100

Ocio e deporte • Que significado teñen os cinco aneis da bandeira olímpica? 12 Por que o maillot amarelo do Tour de Francia é amarelo? 19 Que marca de calzado creou Adi Dassler? 29 Por que a distancia dun maratón son exactamente 42,195 km? 42 Por que os nomes de moitos deportes se pronuncian á inglesa? 53 Como naceu o osiño de peluche? 58 Como se chama o xogo que se xoga cos ollos tapados? 76 De onde lle vén o nome ao tenis? 83 En que cidade alemana se fabricaba auga de colonia no século XIX? 87 Quen inventou o xadrez? 88 Por que ao noveno mes do ano lle chamamos setembro? 89 Quen inventou a primeira bici? 95 Cal foi o deporte que se inventou grazas a unha falta nun partido de fútbol? 101

Símbolos e medidas • Como se escolleu a lonxitude do metro? 9 Quen decidiu que os CD tivesen 12 cm de diámetro? 16 Quen inventou os números árabes? 26 Por que o símbolo do dólar é un «S» e non un «D»? 32 Por que hai unha serpe no caduceo, o emblema dos médicos e dos farmacéuticos? 36 Poden ler as persoas cegas? 46 O «Y» é realmente grego? 50 Por que o día ten 24 horas, a hora 60 minutos e o segundo 10 décimas? 55 De onde vén o signo @? 62 Por que unha cruz vermella é o símbolo dunha

68 Quen inventou as comiñas? 80 Por que en Estados Unidos, os días de moita calor, a temperatura do aire pode alcanzar os 100º? 86 Por que unha folla de papel A4 mide 210 por 297 mm? 92 Por que se calzo un 39, os meus pés non miden 39 cm? 99

organización que se ocupa das vítimas da guerra?

Vida cotiá e costumes • Por que Papá Noel se viste de vermello e branco? 7 Como facían antes da invención do papel hixiénico? 14 Quen inventou os vaqueiros? 20 Por que San Valentín é o patrón dos namorados? 25 Onde e cando se instalou o primeiro semáforo? 31 Por que se dá a man? 34 Por que moitos rañaceos americanos non teñen piso 13? 39 De onde vén o costume de gastar bromas no día dos Santos Inocentes? 44 Por que o anel de matrimonio se leva no dedo anular da man esquerda? 48 Por que os pantalóns se chaman pantalóns? 49 Por que é de mala educación cortar a ensalada co coitelo? 60 Por que se cre que as ferraduras traen boa sorte? 66 Por que as letras, no teclado do ordenador, non están colocadas por orde alfabética? 72 Por que os ingleses circulan pola esquerda? 78 Por que moitos personaxes de debuxos animados teñen catro dedos en vez de cinco? veñen os nomes dos días da semana? 90 Como naceron os apelidos? 97

85 De onde


6


Por que Papá Noel se viste de vermello e branco? Ao comezo foi San Nicolás, un escuro bispo que vivía en Asia Menor no ano 300. Atribuíanselle moitos milagres, como a resurrección de nenos. Polos seus favores, San Nicolás converteuse, ao longo dos séculos, en patrón dos escolares. Coa súa longa barba e a súa túnica violeta de bispo, traíalles pequenos regalos o día 6 de decembro, día da súa festa. No século XVII, cando os holandeses emigraron aos Estados Unidos, levaron canda eles as súas tradicións e entre elas a San Nicolás. Entón foi rebautizado como Santa Claus e distribuía os seus agasallos o día de Nadal. No século XIX, algúns escritores americanos adoptaron o personaxe e creáronlle un universo propio: entón sóubose que Santa Claus vivía no Polo Norte, posuía unha zorra tirada por renos e unha fábrica de xoguetes. Nacera Papá Noel! Pero aínda houbo que esperar un pouco para que adoptase o seu aspecto actual. En 1931, Coca-Cola iniciou unha campaña para vender os seus produtos no inverno. A compañía pediulle a un debuxante que deseñase un Papá Noel tomando un refresco. El debuxouno gordecho, cunha cara simpática e vestido de vermello e branco, as cores da marca. Exactamente o Papá Noel que coñecemos hoxe!

En Galicia, quen son os encargados de repartir os regalos de Nadal? Os Reis Magos. Nas cidades e vilas de Galicia, do resto de España e de moitos países de Sudamérica, a noite do 5 ao 6 de xaneiro, os nenos reciben os xoguetes que lles traen os tres Magos de Oriente. Iso se se portaron ben durante o ano, claro.

7


8

Que pequeno froito de cor laranxa foi creado por frei Clemente en 1902? A clementina. Ao final do século XIX, frei Clemente era un relixioso que traballaba nunha granxa agrícola para nenos orfos en Alxeria. Apaixonábanlle as plantas. En 1900 ocorréuselle a idea de recoller un pouco de pole das flores dunha cidreira. Con ese pole fecundou as flores doutra árbore, un mandarineiro. Esas flores deron uns froitos dos que frei Clemente gardou as sementes. Plantounas e agardou pacientemente... Medraron unhas árbores dunha especie completamente nova e, dous anos máis tarde, deron os seus primeiros froitos, uns froitos completamente novos. Pouco acedos, sen pebidas e cunha pel moi fina, fixeron as delicias dos nenos do orfanato! No sucesivo, foron cultivados en toda a contorna do Mediterráneo e, en 1929, déuselles un nome derivado do do seu creador: as «clementinas».

Que é un OXM? Cada ser vivo posúe un código xenético que é un pouco o seu carné de identidade. Hoxe en día, os científicos saben ler eses códigos e modificalos no laboratorio para fabricar novas plantas. Iso produce os organismos xeneticamente modificados (OXM). En 1902, os OXM aínda non existían. A creación de frei Clemente non é por tanto un OXM senón un híbrido, é dicir, o cruzamento natural de dúas especies.


9

Un metro mide... un metro de longo. Pero, como se escolleu esta lonxitude? Antigamente existía unha gran variedade de unidades de lonxitude: a polgada, o pé, o paso, a vara, a legua, a milla mariña... E para complicalo todo aínda máis, cada rexión, mesmo ás veces cada profesión, tiña as súas propias medidas. Despois do gran cambio que supuxo a Revolución Francesa (1789), os sabios aproveitaron a ocasión para instaurar unidades de medida universais, que foran utilizables en todas partes. E que hai máis universal que o noso planeta a Terra? Así que, en 1795, escolleron como medida de lonxitude a circunferencia da Terra. Pero como, así e todo, era algo grande de máis, dividírona entre 40 millóns. A lonxitude obtida foi chamada «metro». En 1875, os países que adoptaran o metro reuníronse para fabricar un «metro patrón» de platino iridiado que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas, en Sèvres (Francia).

Por que se escolleu o quilogramo como medida de masa? Cando se definiu o metro, houbo que escoller unha unidade de masa. En 1795, os sabios fabricaron un caldeiro de 10 cm de lado. Enchérono de auga e decidiron que o quilogramo correspondería, por definición, á masa de auga contida nese caldeiro.


10

En que ano naceu Xesús? Xesús naceu probablemente no ano 4 ou 5... antes de Cristo! Coñécese o responsable deste paradoxo: chámase Dionisio Exiguus (que en latín significa «o pequeno»). Ese monxe erudito viviu no século VI. Pero naquela época non se dicía «século VI». O cómputo dos anos aínda non se facía en relación ao nacemento de Xesús, senón en relación a un acontecemento máis antigo: a fundación de Roma. Así, o que nós designamos hoxe como ano 500 despois de Cristo, coñecíase na época como o ano 1252 despois de Roma. No ano 1277 despois de Roma, Dionisio Exiguus compuxo unha cronoloxía da vida de Xesús por encargo do papa Xoán I. Segundo el, Xesús tería nacido o 25 de decembro do ano 753 despois de Roma. Máis tarde, os seus cálculos tivéronse en conta cando se comezou o cómputo dos anos a partir do nacemento de Xesús. O problema é que Dionisio se equivocara nalgúns anos. O Novo Testamento di, en efecto, que Xesús xa nacera cando o rei Herodes morreu. Agora ben, sabemos a ciencia certa que Herodes xa morrera no ano 4 a. C., polo tanto Xesús tería nacido 4 ou 5 anos antes que el mesmo...

En todas as relixións cóntanse os anos desde o nacemento de Cristo. Verdadeiro ou falso? Falso. No calendario hebreo cóntanse os anos a partir da suposta data da creación do mundo. E no calendario musulmán, a partir da Héxira, día en que o profeta Mahomet iniciou a súa viaxe desde A Meca a Medina. O ano 2000 cristián corresponde ao ano 5759 xudeu e ao ano 1420 musulmán.


Que instrumento de música inventou o belga Adolphe Sax? Adolphe Sax tiña a quen parecerse: seu pai fabricaba instrumentos de música en Bruxelas. Ao comezo do século XIX, o mozo Adolphe aprendeu a perforar tubos de clarinete e frauta, e a tocalos: cando se remataban os instrumentos había que probalos. Como era moi enxeñoso, comezou por perfeccionar o clarinete engadíndolle pezas de cobre. Entón decatouse de que existía un espazo baleiro entre os instrumentos de corda (violín, violonchelo...), os de metal (trompeta, trombón...) e os de madeira (clarinete, frauta...). Para encher este baleiro, habería que crear un novo instrumento que tivese a flexibilidade das cordas, a variedade de tons das madeiras e a potencia dos metais. Púxose mans á obra e adaptou unha lingüeta de madeira de clarinete a un tubo de cobre. Instalado en París, mellorou o seu instrumento e fabricou varios modelos do mesmo. Rapidamente o adoptaron as bandas militares. En 1842, o compositor Héctor Berlioz declarouse impresionado pola beleza do seu timbre e pola súa manexabilidade. Adolphe Sax rexistrou entón unha patente para o seu novo instrumento. O seu nome? O saxofón, por suposto!

Que xénero musical fixo célebre o saxofón: a música clásica, o jazz ou o tecno? O jazz. Este xénero de música foi creado polos negros americanos ao comezo do século XX. Moitos jazzmen célebres tocaron o saxofón: Charlie Parker, Stan Getz, Lester Young, John Coltrane...

11


102

Por que o ordenador se chama «ordenador»? A palabra ordenador existía antes dos ordenadores, pero referíase a... Deus! A súa reconversión data de 1955. Nesa época, o fabricante americano IBM lanzouse á produción de novas máquinas electrónicas. Como non tiñan nome, IBM pediulle a Jacques Perret, un profesor de latín da universidade da Sorbona, que propuxera algúns. Tras informarse das características daquelas máquinas, o eminente lingüista respondeu mediante unha carta datada o 16 de abril de 1955, na que dicía máis ou menos isto: «Que lles parece “ordenador”? Esta palabra xa existe, pero procede do vocabulario teolóxico. É unha palabra correctamente formada que ten a vantaxe de que dá á vez un verbo (ordenar) e unha acción (orde)». Como consecuencia desta carta, IBM chamou as súas máquinas «ordenadores». O nome foi rapidamente adoptado polos especialistas e empresarios.

Como se di ordenador en inglés? En inglés, ordenador dise computer, que podería traducirse como «calculador». A inicial desta palabra encóntrase en PC, que significa persoal computer, «ordenador persoal».


Por que hai 60 segundos nun minuto?

Por que un metro mide un metro? > Por que circulan os ingleses pola esquerda? > Que significan as letras SOS? > Por que as notas de música se chaman do, re, mi fa, sol, la e si? > Por que nos damos a man? > Por que o número que calzamos non corresponde ao tamaño do noso pé? > Por que…? >

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches é unha obra sorprendente que propón máis de 100 cuestións e mostra as súas respostas, tratadas con seriedade... e humor. Unha viaxe a través da historia, a ciencia e as anécdotas para aprender, interesarse, descubrir... e cachar nas patacas os pais e aos profes! Un libro para consultar mañá, tarde e noite e para saír na procura de asombrosos descubrimentos.

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches  

Faktoría K de Libros. Coñecemento

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you