Issuu on Google+


Daniela saíra cedo da casa. Aquela mañá, o aire ulía a festa, o ceo estaba moi azul, e un sol grande e redondo dáballe os bos días dende o alto. Daniela sorriu.

E o sorriso de Daniela voou e voou, ata pousar no corazón de Roberta, coma un colibrí de primavera.


Roberta, unha hipopótama bochuda e gordecha, andaba triste e apoucada. Acababa de mirarse no espello e non lle gustara nada o que vira. Ela quería ser fraca e esvelta coma a gacela, por iso estaba a dieta. E como non comía, púñase de moi mal humor. Así que Roberta pasaba o día esfameada e rosmando. Ata que a sorprendeu o sorriso de Daniela e... xusto nese momento, a cabeza enchéuselle de campás e alborotáronselle os pensamentos.



O sorriso de Daniela