Issuu on Google+

Mรกis

Philippe Nessmann Nathalie Choux

RESPOSTAS รกs PREGUNTAS que NUNCA te

FIXECHES


2

A meu pai, pola súa axuda tan preciosa. PhN Título orixinal: Toutes les réponses aux questions que vous ne vous êtes jamais posées, le retour!

© da edición orixinal: Éditions Palette..., 2006 © do texto orixinal: Philippe Nessmann, 2006 © das ilustracións: Nathalie Choux, 2006 © da tradución: Emma Lázare Rodríguez, 2008 © desta edición: Faktoría K de libros, 2009 Urzaiz, 125 baixo – 36205 Vigo Telf.: 986 127 334 faktoria@faktoriakdelibros.com www.faktoriakdelibros.com Impreso en China Primeira edición: novembro, 2009 ISBN: 978-84-96957-40-4 DL: PO 439-2009

Dereitos para a tradución en galego acordados con Éditions Palette… a través de Sylvain Coissard Agency, Francia Concepción gráfica e maquetación: Pépito López, 2006 Coa participación de: Serge Bourdin, Héloïse Bertrand e Nicolas Martin Idea orixinal: Didier Baraud e Christian Demilly

Esta obra recibíu a axuda da Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, na convocatoria de axudas para o ano 2008


Todas as respostas son de Philippe Nessmann Ilustradas por Nathalie Choux


4

Sumario As plantas • Por que as plantas carnívoras teñen tan bo apetito? 14 Teñen sexo as plantas? 21 A que árbore se lle chama «fósil vivente»? 29 Unha alga que vive fóra da auga e un cogomelo sen pé nin sombreiro, quen é? 51 Que lle pasaría a un bonsai se o deixamos na natureza? 60 Que fungo emite gases despois de comer azucre? 72 Que herba

81 Onde están as follas dos cactos? 92 Unha árbore é un ser com100 Que sae do cruzamento entre unha planta de tabaco e un vagalume? 108 Por que a flor do Stapelia Nobilis cheira a carne podre? 116 pode medrar ata un metro ao día? pletamente vivo?

Ecoloxía • No tempo en que les esta pregunta e a súa resposta, cantos seres humanos nacerían na Terra? 13 En 1850, cantos coellos había en Australia? 20 Se todos os habitantes da Terra se puxesen xuntos, canto espazo ocuparían? 28 Que mar perdeu a metade da súa superficie? 35 Cantas especies animais e vexetais desaparecen cada día? 39 Por que non hai nunca turistas na illa de Surtsey? 45 Que é a contaminación luminosa? 50 Cantos parafusos e outros obxectos xiran en órbita arredor da Terra? 59 Haberá sempre petróleo na Terra? 66 Esgotarase o osíxeno do aire que respiramos algún día? 71 Que distancia máxima pode recorrer un coche cun só litro de gasolina? 80 Que dura máis tempo: un cliente de supermercado ou a súa bolsa de plástico? 91 Cantas botellas de 1,5 l se poderían encher coa auga consumida nun día por un americano? 99 En que consiste o quentamento da Terra? 107 Cantas botellas de plástico se necesitan para facer un xersei? 115 Os animais grandes • Por que Nemo, o peixe pallaso non ten irmás? 8 Cantas mamas ten un hipopótamo femia? 17 Cantos dedos ten o Yeti en cada pé? 24 Que outro nome ten o Canis familiaris? 30 Recoñécense os animais

37 Cal é o tamaño dunha cagada de balea? 41 Os animais de sangue frío poden ter o sangue quente? 46 Como se chama o fillo da mula e do mulo? 52 A que distancia unha aguia é capaz de ver un coello? 57 As galiñas teñen dentes? 61 Quen se ocupa dos fillos no reino animal: os papás ou as mamás? 68 Como permitiron uns pimpíns comprender que o home descendía do mono? 77 Os animais teñen dentes de leite? 86 Por que o coala dorme vinte horas ao día? 94 Pódese un bañar sen medo no lago Ness? 102 Quen celebrou os seus 175 anos nun zoo australiano? 110 no espello?

Os animais pequenos • Que especie animal representa o 80 % da masa total de animais terrestres? 12 Que seres son capaces de vivir nun baño de ácido? 34 Que outros seres existen ademais dos seres vivos e os que non o son? 49 A que altura saltarían as pulgas se tivesen o tamaño dun home? 65 Por que bailan as abellas? 75 Que fío natural é cinco veces máis resistente que o aceiro? 84 Pola noite, cando dormes, cantos sodes en realidade na túa cama? 90 Cantos pés ten un cempés? 98 Por que as femias de mosquito son tan malvadas? 106 Por que non existen formigas de 18 metros? 114 Os misterios da ciencia • Por que nome é máis coñecido o C12H22O11? 9 Pódese un reencarnar en diamante? 18 Cantos números de Pi podemos dar despois da coma? 25 Por que non serve de nada ter un termómetro graduado


5

31 Cal é o maior número primo coñecido? 42 Por que se mide o carbono 14 para datar unha momia? 47 Pódese conservar auga líquida a -10 ºC? 53 Que teñen en común o Partenón e a flor dun xirasol? 62 Que teñen en común un aparato de radio, un forno a microondas e o ollo humano? 73 Existen olores sen olor? 82 Que procedemento desenvolveu a NASA para alimentar os astronautas? 87 Por que para lavar as mans non nos basta coa auga? 95 A que temperatura ferve a auga no cumio do Everest? 103 Canto custa transformar o chumbo en ouro? 111 ata -274 ºC?

O planeta Terra • Canto pesa unha nube? 11 Hai 300 millóns de anos, cantos continentes había na Terra? 19 Pódense atopar cunchas nos Alpes? 27 A que hora apareceron os primeiros homes, se o universo comezase ás 0 h? 33 Cantas lámpadas de 100 W se poderían acender coa electricidade dun raio? 38 Pódese predicir o tempo que fará dentro dun mes? 44 É perigoso o triángulo das Bermudas? 55 Como podemos saber a que distancia caeu un raio durante unha tormenta? 64 Cara a onde apunta a agulla do teu compás se estás exactamente no Polo Norte magnético? 70 Cal era a duración dun día na Terra no tempo dos dinosauros? 79 Como se sabe en que época viviron os dinosauros? 89 Onde e cando terá lugar o próximo terremoto? 97 Cal é a altitude media da Terra? 105 Cal foi o ruído máis forte xamais oído polos humanos? 113 O ser humano • Cantos pelos temos no corpo? 10 Ao longo da súa vida, canto tempo pasou un home de 80 anos durmindo? 16 Por que os humanos non teñen alas no lombo? 22 Que cousa hai no corpo humano que mide 100 000 km de longo? 26 Cantos litros de auga bebemos ao día e cantos eliminamos? 32 Para facer un neno, cantas sementes pon o papá no ventre da mamá? 43 Podemos aprender mentres durmimos? 48 O home de Cro-Magnon sabía falar? 54 Cantas persoas centenarias hai en España? 58 Por que o embrión humano ten cola no ventre da mai? 63 Como fixeron os sabios para saber o que pasa no noso estómago? 69 Tes memoria abondo para reter unha lista de números? 74 Existe o sexto sentido? 78 Quen ten máis ósos, un neno ou un adulto? 83 Por que se nace destro ou zurdo? 88 Cantos sabores diferentes pode detectar a nosa lingua? 96 Está entre nós o home biónico? 104 Cando somos máis altos, á mañá ou á noite? 112 Pensar pode facer adelgazar? 117 O universo • Cantos extraterrestres hai na nosa galaxia? 7 Se o Sol tivese o tamaño dun balón de fútbol, que tamaño tería a Terra? 15 Canto tempo terían que durar as túas vacacións, se as quixeses pasar en Marte? 23 Quen naceu hai 4500 millóns de anos do choque entre a Terra e un meteorito xigante? 36 No espazo, canto pesaría un burato negro do tamaño dunha bóla? 40 Que é «51 peg b»? 56 Pódese volver atrás no tempo? 67 Apagarase algún día o Sol? 76 Canto tempo lle leva á luz do Sol chegar á Terra? 85 En que circunstancias desapareceu o planeta Ceres? 93 Cantas estrelas hai no ceo? 101 Se na Terra cospes un óso de cereixa a 3 metros, a que distancia o poderías conseguir na Lúa? 109


Cantos extraterrestres hai na nosa galaxia? Si, liches ben: cantos homiños verdes –ou azuis, ou encarnados, tanto ten– viven actualmente na nosa galaxia? E con cantos deles poderiamos comunicarnos? En 1961, un astrónomo americano moi serio, Frank Drake, intentou responder con precisión a esa pregunta. Para iso, preguntouse cantas estrelas aparecen cada ano na nosa galaxia. Logo, entre esas estrelas, cantas están rodeadas de planetas. Máis tarde, entre estes planetas, en cantos é posible a aparición de vida. Despois, entre estes, cantos puideron ver aparecer algunha forma de intelixencia, e deles cantos poderían desenvolver unha tecnoloxía avanzada. E finalmente, como todas as civilizacións morren algún día, canto dura unha civilización. En novembro de 1961, Drake reuniu nove astrónomos, químicos e biólogos famosos para intentar dar valores a cada unha das incógnitas da súa ecuación. Resultado: o número de civilizacións extraterrestres coas que nos poderiamos comunicar situaríase entre unhas vinte e varios millóns... Pero estas cifras deixan escépticos a moitos investigadores.

Nalgunha ocasión capturáronse sinais extraterrestres. Verdadeiro ou falso? Falso. Desde 1960, hai parábolas xigantes que intentan captar ondas de radio emitidas por extraterrestres. Pero ata hoxe non se detectou nada e non existe ningunha proba seria de que os alieníxenas existan realmente...

7


8

Por que Nemo,

o peixe pallaso non ten irmás? Na vida real, a existencia dos peixes pallaso é aínda máis extraordinaria ca nos debuxos animados. Estes peixiños de cor laranxa e branca nacen todos, absolutamente todos, machos. Non hai nin unha rapaza entre eles! Verás o que pasa: cada familia vive na súa anémona de mar. Unha familia componse dunha femia, un macho e as súas crías adolescentes que teñen a súa evolución detida. Se a mai de familia morre, ao cabo de un ou dous meses, o macho transfórmase en femia! E o máis agresivo dos adolescentes retoma o seu desenvolvemento, convértese nun macho auténtico e forma parella coa nova femia. Este cambio de sexo no curso da vida chámase hermafroditismo sucesivo. Isto ocórrelle a un 10 % aproximadamente das familias de peixes mariños, e ás veces no outro sentido: por exemplo, os meros nacen femias e convértense en machos cara aos 12 anos. As ostras fano aínda máis difícil: nacen todas femias e logo, cada ano, cambian de sexo.

Algúns animais son macho e femia á vez. Verdadeiro ou falso? Verdadeiro. Os caracois e as miñocas son hermafroditas simultáneos: son macho e femia ao mesmo tempo. Aínda que é algo raro, ás veces incluso se fecundan eles mesmos, pero o máis frecuente é que se fecunden un a outro.


Por que nome é

máis coñecido o C12H22O11 ? Unha pista: trátase de materia. Toda a materia que nos rodea está formada por átomos: as casas, os libros, as plantas, os cans, os gatos e mesmo nós. Os átomos son uns grans microscópicos, tan pequenos que non se poden ver, nin sequera cos mellores microscopios ópticos. En total, existen menos de 120 clases de átomos diferentes. Algúns son moi coñecidos como os átomos de hidróxeno (que se escribe H), de osíxeno (O), de carbono (C), de cobre (Cu) ou de prata (Ag). Outros son menos coñecidos, como o gadolinio (Gd) ou o protactinio (Pa). Os átomos parécense un pouco ás pezas dos xogos de construción que se xuntan para formar acios. Eses acios chámanse moléculas. Por exemplo, cando dous átomos de hidróxeno (H e H) se fixan a un átomo de osíxeno (O), dan unha molécula (H2O) que non é outra cousa que... auga! Algunhas moléculas xigantes, como a do ADN, están formadas por milleiros de átomos. A da pregunta é moito máis pequena porque está constituída por 12 átomos de carbono, 22 de hidróxeno e 11 de osíxeno. Como se chama? Sacarosa, dito doutra maneira, azucre.

Cantas moléculas hai nunha gota de auga? Nunha gota de 4 mm de diámetro, hai aproximadamente mil millóns de millóns de moléculas de auga. Se cada molécula tivese o tamaño dun gran de area, poderíase recubrir con elas toda a península ibérica ata unha altura dun metro.

9


10

Cantos pelos ten un home no corpo? E unha muller? E un neno? Se es paciente pódelos contar. Pero mellor dareiche a resposta: de 100 000 a 150 000 cabelos, máis 700 das cellas, máis 320 das pestanas, máis 6000 pelos en cada axila, máis a barba, máis os dos brazos, máis, máis, máis... En total, un home ten arredor de 5 millóns de pelos en todo o corpo. Unha muller ten arredor de... 5 millóns de pelos. E un neno... 5 millóns! A diferenza é o tamaño. Desde o nacemento, o noso corpo está cuberto dunha peluxe moi fina: por termo medio, hai 50 pelos minúsculos por centímetro cadrado da nosa pel. Na adolescencia, todo cambia. Coas hormonas, a peluxe de certas partes do noso corpo transfórmase en pelos grosos e duros: nos antebrazos, nas pernas, nas axilas e na pube. Pero os cambios máis grandes ocórrenlles aos homes: baixo o efecto das hormonas masculinas, un pelo moi forte medra na cara, no torso e mesmo a algúns no lombo. O número de pelos diminúe coa idade e onde se ve mellor isto é na cabeza dos homes: perden o cabelo.

Os pelos non serven para nada. Verdadeiro ou falso? Falso. Na base do pelo atópase unha glándula que produce unha graxa que lubrifica e fai flexible a pel. Tamén serven para protexer do frío e da calor.


Canto pesa

unha nube? A masa dunha nube depende, por suposto, do seu tamaño. Empecemos por algo pequeno: capturemos un anaco de nube, metámola nun cubo dun metro de lado e observémolo. De entrada notaremos que está formada por varios centos, incluso miles de finas gotiñas de auga en suspensión. Reunindo todas esas gotiñas obteriamos un dedal de auga que pesaría de 2 a 3 gramos. O resto é aire. Polo que nunha nube o aire constitúe o esencial da súa masa: o aire que contén a nosa nube dun metro cúbico pesa arredor de un quilogramo, 500 veces máis que a masa de auga! Soltemos agora a nosa pequena nube e interesémonos por unha nube media de un quilómetro de longo por un de ancho e un de longo: está constituída por máis dun millón de toneladas de aire e aproximadamente 2000 ou 3000 toneladas de auga. Como fai esta auga para flotar no aire? Grazas ao principio de Arquímedes: o mesmo que un petroleiro xigante de 500 000 toneladas flota no océano porque a súa masa está repartida nun volume moi grande, a auga da nube flota no aire porque está repartida nunha nube enorme. Se as gotiñas engordasen moito, faríanse máis pesadas e caerían en forma de choiva.

Cantos nomes de nubes coñeces? Os cúmulos (nubes brancas de contornos moi precisos), cúmulo nimbo (nubes escuras, gordas e moi altas, que anuncian choiva), os cirros (nubes esfiañadas en bandas), e tamén hai os alto cúmulos, alto estratos, cirro cúmulos, cirro estratos, nimbo estratos, estrato nimbos e estratos.

11


119

Notas E agora tócache a ti propoñer as preguntas que nunca te fixeras, ou incluso as que ninguén se fixo nunca. Invitámoste a que nolas envíes ao seguinte enderezo:

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

FAKTORÍA K DE LIBROS bros.com faktoria@faktoriakdeli

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .


Cantos pelos ten un home no seu corpo? E unha muller? E un neno? Que hai no corpo humano que mide >

100 000 km de lonxitude? > Mídete pola mañá. Mídete pola noite. Cando es máis alto? > Pensar pode facer adelgazar? > Que fío natural é cinco veces máis resistente que o aceiro? > As galiñas teñen dentes? > Podemos aprender mentres durmimos? > Que teñen en común o Partenón e a flor dun xirasol? > Canto custa transformar o chumbo en ouro?

Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches, responde a máis de 100 preguntas inéditas, pero sempre a serio e con bo humor. Un descubrimento orixinal do universo, dos homes, da natureza e dos animais, desde o inmenso ao minúsculo. Unha nova ocasión para poñer a proba os pais, os profes e os compañeiros. Se vos gustou o primeiro, con este ides alucinar!


Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches