Page 1

Artur e Clementina

ADELA TURÍN

NELLA BOSNIA


Título orixinal en italiano: Arturo e Clementina Arthur et Clémentine © Actes Sud, France, 1999 © do texto: Adela Turín, 1976 © das ilustracións: Nella Bosnia, 1976 © da tradución: Eva Almazán, 2012 © desta edición: Kalandraka Editora, 2012 Italia, 37 – 36162 Pontevedra Tel.: 986 860 276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com Impreso en Gráficas Anduriña, Poio Primeira edición: maio, 2012 ISBN: 978-84-8464-785-0 DL: PO 184-2012 Reservados todos os dereitos


ADELA TURÍN

NELLA BOSNIA

Artur e Clementina


Un bonito día de primavera, Artur e Clementina, dúas tartarugas rosadas, noviñas e fermosas, coñecéronse á beira dun lago. E decidiron casar aquela mesma tarde.


Clementina, alegre e despreocupada, facía moitos plans para a súa vida en común mentres paseaban pola beira e pescaban algunha cousiña para cear. Clementina dicía: –Xa verás o felices que habemos ser: imos viaxar, descubrir novos lagos e coñecer outras tartarugas; imos pescar peixes distintos e encontrar outras plantas e flores nas beiras; vai ser unha vida marabillosa... Mesmo habemos ir ao estranxeiro! Sabes o que? Sempre soñei con ver Venecia. Artur sorría e dicíalle que si.


Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine». Moi pronto Esther Tusquets editouna en España como «A favor de las niñas», e converteuna nunha colección de referencia para a coeducación e a igualdade. Transcorreu moito tempo desde aquela primeira edición, pero hoxe estes libros seguen sendo necesarios.

Artur e Clementina  

Colección Adela Turín