Page 1


A Historia de Erika


A Historia de Erika

Escrita por Ruth Vander Zee

Ilustrada por Roberto Innocenti

Traducida por XosĂŠ M. GonzĂĄlez


Para os meus nenos. As vosas estrelas iluminan a miña vida R.V.Z.

Título orixinal: Erika’s Story © da edición orixinal: Creative Editions, 2003 © das ilustracións: Roberto Innocenti, 2003 © do texto: Ruth Vander Zee, 2003 © da tradución: Xosé M.González, 2004 © desta edición: Kalandraka Editora, 2004 Italia 37, 1º 36162 Pontevedra Tlf: (34) 986 860276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com Primera edición: abril, 2005 D.L.: PO-479-04 ISBN: 84-8464-520-7


Nota da autora

En 1995, ao se cumpriren os cincuenta anos da II Guerra Mundial, coñecín a protagonista desta historia.

Estabamos eu e mais o meu marido sentados nun banco en Rothenburgo, Alemaña, ollando como un equipo de

limpeza recollía anacos de tellas da Casa do Concello. Un pequeno furacán devastara esta fermosa

vila medieval a noite anterior e esparexera cascallos por todas as partes.

Un comerciante xa maior estaba á nosa beira contándonos que aquela tormenta fixera máis estragos

que o último bombardeo aliado da guerra.

Cando o comerciante volveu á súa tenda, a muller que estaba onda nós presentóusenos como Erika.

Preguntounos se estabamos de viaxe. Cando lle contei que viñamos de pasar dúas semanas en Xerusalén


Nota da autora

por cousa dunha investigación, dixo cun suspiro que sempre desexara ir a esa cidade,

pero nunca puidera facelo.

Ollei que levaba no pescozo unha cadea de ouro cunha estrela de David, de xeito

que lle comentei que, despois da nosa estadía en Israel, volveramos por Austria e visitaramos

o campo de concentración de Mauthausen. Erika díxome que en certa ocasión chegara até

as portas de Dachau, pero non fora quen de entrar.

Despois contoume a súa historia…


Entre 1933 e 1945, mataron seis millóns dos meus. Moitos dun tiro. Moitos queimados

nos fornos crematorios, asfixiados nas cámaras de gas ou mortos de fame. A min non me mataron.

Nacín en 1944.

Non sei o día.

Non sei que nome me puxeron.

Nin sei en que cidade nin en que país vin ao mundo.

Tampouco sei se tiven irmáns.

O que sei é que cando apenas contaba cuns meses salváronme do Holocausto.


A miúdo tento imaxinar como era a vida da miña familia e como foron as últimas semanas

que pasei con eles. Penso en meus pais privados de todo o que tiñan, expulsados da súa casa

e trasladados a un gueto.

Máis tarde, quizais nos sacasen do gueto. Meus pais debían estar impacientes por

abandonaren aquel barrio da cidade rodeado de arames de espiñas no que os encerraran,

por fuxiren do tifo, do amoreamento, a sucidade e a fame. Mais imaxinaban onde ían acabar?

Dixéronlles que os ían trasladar a un lugar mellor? Prometéronlles traballo e comida?

Oíran falar dos campos da morte?


A historia de Erika  

Libros para soñar. Fora de colección

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you