Issuu on Google+

GLOSARIO bรกsico para andar por clase... LGBTQI


Acoso escolar homofófico/ bulling homofóbico: é o acoso que se realiza a través de actos de agresión físicos, psicolóxicos e sociais, por parte, xeralmente, dun grupo de alumnado ou docentes cara a/o estudante ou compañeiros/as homosexuais, lesbianas, bisexuais e transexuais. Estes actos abranguen dende ser ignorados, rexeitados, recibir insultos, inxurias, agresións físicas, ... ata o asasinato ou a provocación de suicidio. Ambiente: espazos onde se reúnen e encontran gais, lesbianas, bixsexuais e transexuais. Androcentrismo: considerar o varón coma o centro do universo (a muller estaría na periferia), como superior e medida de toda as cousas. A visión androcéntrica do mundo, o mesmo que o machismo, pode afectar a homes e a mulleres. Contaminou o pensamento humano (relixioso, científico, filosófico...) dende hai milenios. Androxinia: personalidade con aspectos positivos masculinos e femininos ao mesmo tempo, con independencia dos estereotipos sociais impostos pola educación a homes e a mulleres. Binarismo: Bisexuais: homes e mulleres que teñen relacións sexuais e afectivas tanto con persoas do mesmo sexo como do oposto. Construción social da sexualidade: a sexualidade e as nosas prácticas sexuais e afectivas son un produto histórico e social, que ten que ver coas nosas relacións sociais, coa educación e coa cultura e a contorna na que vivimos, máis que coa bioloxía. Drag king: son homes e mulleres que visten e actúan como homes nunha representación esaxerada das características que se asocian á masculinidade. Drag Queen: son homes e mulleres que se visten

e actúan “coma mulleres”, con

características asociadas ás mulleres, pero que se mostran de forma moi esaxerada. A miúdo son parte dun espectáculo, ou queren mostrar unha magnificación dos aspectos asociados á feminidade... Estereotipos: son aquelas características que atribuímos a un grupo determinado, simplificamos unha característica

e xeneralizámola a todo ese colectivo; polo tanto,

cremos que todas as persoas pertencentes nalgún grado a estes colectivos se comportan igual, é dicir, que estas características son atribuídas por pertencer a un grupo como gays, lesbianas, bisexuais o transexuais, e non por ser Xavi, Susana, Marta, Pedro, é dicir, como persoas.


Estereotipo de xénero: conxunto de crenzas sobre supostos aspectos que pertencen “por natureza” e/ou “por cultura”, tradicionalmente, a homes e a mulleres. Feminino: conxunto de características que unha sociedade atribúe ás mulleres e que se aprenden por educación. Ditas características non son innatas. Feminismo: hai unha definición terxiversada e moi estendida do feminismo coma “un machismo ó revés”. O feminismo é simultaneamente unha ideoloxía que defende a igualdade de dereitos entre homes e mulleres en tódolos ámbitos, é un movemento social, basicamente feminino pero non exclusivamente, que loita pola emancipación da muller do secular dominio patriarcal ó que a someteu o varón. Hai un feminismo da igualdade e un feminismo da diferenza. O feminismo da igualdade , herdeiro directo do pensamento da Ilustración, reivindica a igualdade entre homes e mulleres, opoñéndose ás diferenzas xerarquizadas de xénero creadas pola sociedade patriarcal. Trátase da igualdade de dereitos, non da igualación de identidades (non se debe confundir igualdade con identidade). Para este feminismo, homes e mulleres deben construír a súa propia identidade persoal con independencia dos roles de xénero. O núcleo deste feminismo é o antiesencialismo, a oposición a considerar á muller como un ser xenérico e non como un individuo. O feminismo da diferenza, en cambio, oponse á igualdade do feminismo ilustrado por imitar o modelo masculino dominante e defende a diferenza esencial (esencialismo) entre os dous sexos. As mulleres terían características radicalmente diferentes das dos varóns. Feminismo lesbiano: nos anos 70, nos países occidentais, e nos 80 en España, esta corrente do feminismo reivindica o lesbianismo como postura política fronte ó patriarcado e que cuestiona que a heterosexualidade sexa natural, denunciando que é unha institución política. Gai / gay: é unha forma positiva de referirse ás persoas homosexuais. Utilízase esta expresión anglosaxona para referirse a “homosexual” e contén unha significación positiva. Un importante sector da comunidade gai, en España, reivindica o uso da palabra “maricón”

sen ningunha carga pexorativa fronte ó termo gai, como se fixo entre os

angloparlantes con queer. Heteronormatividade: para a francesa Monique Wittig, a heterosexualidade é un réxime político que contén un pensamento ideolóxico “hetero” (straight). Desta forma, mulleres e homes son categorías políticas, onde as lesbianas non son mulleres e os gais non son homes, ao saírse desta lóxica política.


Heterosexismo: é a discriminación que se basea en asumir que a heterosexualidade e as persoas heterosexuais son superiores a outras orientacións sexuais. Este heterosexismo está presente nas leis, na educación e na política. O heterosexismo está moi relacionado coa homofobia. Heterosexuais (heteros): persoas que

elixen parellas sexuais e afectivas do sexo

“oposto” dentro dun sistema de xénero binario. (“Straight”). Heterosexualidade obrigatoria: segundo a poetisa norteamericana Adrienne Rich (1980), a heterosexualidade no é unha orientación sexual, xa que é unha sexualidade tan dominante que non é unha opción que se poda elixir. Presuponse de calquera persoa, que todos e todas somos heterosexuais, a non ser que demostremos o contrario, e outro tipo de sexualidade non é igualmente aceptada. Mostra que a heterosexualidade é unha norma social dominante que invisibiliza outras sexualidades. Homofobia interiorizada ou interna: a alusión constante de mensaxes negativos cara a homosexualidade. Debido a que o heterosexismo está presente en todos os ámbitos da sociedade, pode ser un valor que calquera persoa

–incluídas as persoas lesbianas,

transexuais, bisexuais e homosexuais- teña interiorizado. Aínda así, unha persoa homosexual, lesbiana, bisexual ou transexual pode sentir medo e/ou vergoña da súa propia sexualidade. A persoa que interioriza estes sentimentos negativos pode sentirse enferma, pervertida, anormal, única, diferente, ... Homofobia: temor e rexeitamento cara as persoas homosexuais, gais, lesbianas, bisexuais e transexuais, cara ás que o parecen ou cara ás que asocian real ou imaxinariamente con elas. (Existen outros termos máis específicos como: bifobia, transfobia, ...). Homosexual ou lesbiana: persoas que se senten atraídas por outras do “mesmo” sexo dentro dun sistema de xénero binario. Identidade de xénero: referímonos a como nos sentimos fronte a ser homes ou ser mulleres, preguntándonos se nos identificamos co feito de ser mulleres, homes, ambos ou ningunha destas clasificacións. ( Ver queer). Identidade sexual: dende o século XX a sexualidade supón unha forma uniforme de comportamento,

pautas

culturais

e

representación

homoxénea

que

chamamos

“heterosexualidade”, “homosexualidade”, “sadomasoquismo”, etc...Prodúcese un cambio dende o homoerotismo (ou práctica sexual entre persoas do mesmo sexo) ao pensar que estas prácticas “converten” ás persoas nun grupo que ten unhas características sociais e políticas determinadas.


Intersexual: unha persoa que nace con xenitais ambiguos masculinos e femininos. A miúdo, son os/as médicos/as quen lles asignan un sexo cando nacen. Poden experimentar problemas para identificarse cos seus xenitais e co xénero asignado. LGBT: acrónimo usado en Europa para referirse ás lesbianas, gais, bisexuais e transexuais/transxénero. Nos EEUU emprégase GLBT. LGBTQ: o Q ( queer) ás veces engádese como “questioning”. Machismo: tradicionalmente asociado á cultura dos países latinos, pero hai que referilo ó patriarcado, en canto manifestación do poder exercido polo home en tódalas sociedades. Non é exclusivo dos varóns, senón tamén das mulleres. O termo machismo é de uso máis popular. Nos estudios teóricos fálase cada vez máis de sexismo e de xénero. Maricón (marica): adxectivo e substantivo habitualmente de carácter pexorativo .Úsase como insulto grosero cos significados de home homosexual; home efeminado. Un importante sector da comunidade gay, en España, reivindica o uso da palabra “maricón” sen ningunha carga pexorativa fronte ó termo gay, como se fixo entre os angloparlantes con queer. Masculino: conxunto de características ou condutas, aprendidas por educación, que unha sociedade atribúe ós homes. Esas características demostrouse que non son innatas. Masturbación: é a estimulación dos xenitais co obxecto de conseguir unha excitación sexual por un ou unha mesma. A masturbación é unha boa maneira de coñecer e descubrir o funcionamento do noso propio corpo, favorecendo a valoración dun mesmo, a resposta sexual, a obtención de pracer, … Matriarcado: orde social considerada como anterior ó patriarcado, que se funda nun suposto goberno das mulleres. Termo popularizado por Bachofen no século pasado e difundido por Engels. A antropoloxía actual desmente a existencia histórica de sociedades matriarcais, aínda que existiron sociedades matrilineais (filiación por vía feminina). Matrimonio homosexual/ matrimonio gai/ matrimonio de persoas do mesmo sexo: dende o 1 de xullo de 2005 a lei española permite que dúas persoas do mesmo sexo formalicen a súa relación nos mesmos termos que as parellas heterosexuais. É dicir, non hai un tipo de matrimonio para gais e outro para heterosexuais, é a mesma lexislación. Misoxinia: (Odio á muller). É o sentimento de odio á muller ou a actitude defensiva que foxe do trato coa muller por medo á mesma. A actitude misóxina vai a miúdo unida á actitude machista, pero diferéncianse desta en que a primeira é defensiva e a segunda é ofensiva cara á muller. Orientación sexual: describe o desexo e atracción física e sexual dunha persoa por


outras, xa sexan do mesmo ou diferente sexo. Nestes termos, describimos á xente como heterosexuais, lesbianas, gais ou bisexuais. Outing: este anglicismo (SAIR DO ARMARIO) utilízase para nomear a acción de anunciar que unha persoa é “gai” ,

“lesbiana”, bisexual, ….Convértese nun acto político

controvertido ó revelar a identidade sexual dunha persoa LGBT, sacala do armario, para denunciar a súa hipocresía cando discrimina a gais, lesbianas, bisexuais, transexuais. Pluma (ter): mostrar rasgos secundarios pertencentes ó sexo oposto: si es muller, sería amosarte masculina como indicador do teu lesbianismo, ou si es varón, amosar xestos ou actitudes consideradas femininas. Algúns autores consideran a pluma coma un código de linguaxe non verbal utilizado en maior ou menor medida entre gais e lesbianas para recoñecerse entre si. Patriarcado: (poder do pai) sistema histórico de dominación masculina baseado na autoridade, privilexios e hexemonía do varón en tódolos eidos da vida, tanto privada como pública. Os estudios antropolóxicos demostran que tódalas sociedades foron patriarcais. Prexuízo: categorización infundada e con forte carga emocional negativa con respecto a determinados grupos sociais considerados inferiores por razón de raza, relixión, sexo, cultura, etc..., e que implica actitudes e condutas discriminatorias cara a eses grupos. Os prexuízos por razón de sexo ou sexistas implican discriminación da muller como sexo inferior. Os prexuízos por razón de orientación sexual implican discriminación cara as persoas non heterosexuais. Queer: teoría sobre o xénero proposta por Teresa de Lauretis en 1991, que afirma que a orientación sexual e a identidade sexual ou de xénero da persoa son o resultado dunha construción social. É unha teoría transformadora ó cuestionar que o “sexo” ( a orientación sexual) tamén é construído, da mesma forma que o é o xénero. Roles de xénero: atributos e comportamentos esperados das persoas en función do sexo ó que pertencen. Saír do armario: esta expresión coloquial (anglosaxona) refírese ó proceso polo que unha persoa amosa abertamente a súa orientación sexual no seu entorno. Se dicimos que alguén está no armario, referímonos a que non amosou a súa orientación sexual no seu entorno laboral, escolar ou familiar. Sexismo: discriminación social das persoas por razón do seu sexo ou calquera situación de dominación dun sexo sobre o outro. Este termo comezou a usarse en EEUU a mediados dos anos sesenta en analoxía con racismo, que denota a discriminación por razón da etnia ou raza. A ideoloxía sexista sostén que un dos sexos é intrinsecamente superior ó outro, o mesmo que o racismo considera que hai razas superiores e inferiores.


Sexo: refírese ós aspectos puramente biolóxicos (xenéticos, hormonais, anatómicos...) que diferencian un varón duna muller, namentres que xénero fai referencia a un construto histórico e cultural. Sexualidade: é unha combinación das actitudes sexuais, emocións, experiencia e desexos dunha persoa. É unha experiencia única que se desenrola ó longo de toda a vida. Sexualidade non normativa: todas aquelas expresións sexuais que escapan á norma heterosexual, que está determinada pola reprodución, monogamia, matrimonio, etc. Tortillera:

adxectivo e substantivo habitualmente de carácter pexorativo usado como

insulto para referirse ás mulleres lesbianas. Na novela "Maitreya", do cubano Severo Sarduy, un dos personaxes, en concreto Iluminada, leva na súa man unha tortilla fuyong que é unha tortilla falsa onde non existen os ovos, en referencia aos xenitais masculinos.

Socialización: proceso de asimilación e de adaptación dos individuos ós grupos sociais a través de diversas aprendizaxes nas que se interiorizan as

normas e valores deses

grupos. Transfeminismo: Transexualidade, transexuais, transxénero: persoas que afirman que a súa identidade de xénero é a oposta ao seu sexo biolóxico. Inclúe ás persoas que se operaron e ás quen non. Poden ser “ female-to-male” ou “male-to-female”. Travestis: son aquelas persoas ás que lle gusta vestirse con prendas asociadas convencionalmente ó sexo contrario. Estas persoas no teñen porque ser homosexuais. Valores: os modos de conduta e as crenzas persoais que determinan que unha persoa pense e/ou obre de unha forma determinada. Visibilidade: revelar a túa orientación afectivo - sexual LGBT. Facer público o privado por diversos motivos: activismo político LGBT, servir de referente ás/ós adolescentes LGBT, levar unha vida “normalizada” coa parella, ... Xénero: fai referencia a un construto histórico e cultural, á construción social das categorías do masculino e do feminino. A masculinidade e a feminidade son conceptos sociais e culturais, nunca biolóxicos, non debe identificarse co sexo, que é biolóxico.



Glosario LGBTQ