Issuu on Google+

CONCERTO CONMEMORATIVO 150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS

Coro de Cámara da Coruña Director: Julián Jesús Pérez Raquel Rodríguez Martínez, soprano Francisco Javier Prego Martínez, tenor Julián Jesús Pérez, piano

Museo de Belas Artes Domingo, 24 de novembro de 2013, ás 12.00 h A Coruña


Concerto conmemorativo do XX Aniversario

www.corodecamaracoruna.jimdo.com corocamaracoruna@hotmail.com


NOTAS AO PROGRAMA Por Julián Jesús Pérez A presentación pública deste programa que preparamos en conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, un dos poemarios máis coñecidos da nosa universal poetisa Rosalía de Castro, non supón a nosa primeira incursión nun programa íntegro de música galega. No ano 2000 ofrecemos un concerto titulado Os Nosos Poetas, a Nosa Música, no que se combinaron obras corais e cantigas –tamén chamadas melodías ou baladas– galegas para voz e piano. Nesta ocasión, e dado o motivo que nos impulsou, as pezas baseadas en textos rosalianos atópanse na primeira parte do concerto e as demais, ben sobre textos tradicionais, ben sobre textos doutros poetas como Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Salvador Golpe, compoñen a segunda parte. Na primeira parte predomina como xénero a cantiga de salón: catro fermosísimas pezas para voz e piano de Juan Montes, Andrés Gaos e José Baldomir, para finalizar cunha obra coral composta en 2010 que ten un significado moi especial para nós, xa que foi dedicada ao Coro de Cámara da Coruña e ao Coro Universitario da Coruña cando eu mesmo compartía a dirección dos dous coros. O autor, Javier Busto, quen tivo a ben traballar connosco en dúas ocasións, é tamén un recoñecido director de coros. Traballou con formacións corais de moitos países e as súas obras foron e son interpretadas por coros de todo o mundo. A segunda parte comeza con tres cantigas de salón para voz e piano: a coñecida “Os teus ollos”, de José Castro Chané; “Meus amores”, de José Baldomir; e “Soedades”, de Marcial de Adalid. Neste sentido, viaxaremos no tempo dende as primeiras décadas do século XX ata o pleno século XIX. O seguinte grupo de obras está protagonizado pola música coral: unha cantiga sobre texto tradicional composta por Emilio Lede, unha breve suite coral baseada en cantigas tradicionais, harmonizada por Agustín Bertomeu Salazar na etapa en que dirixiu a Coral Polifónica de Pontevedra e dúas cantigas creadas a partir de textos poéticos de Celso Emilio Ferreiro, compostas por Antonio Paz Valverde, director e fundador da Coral Polifónica do Porriño, e quen firma estas liñas. Catro poetas e dez compositores –entre eles, o alacantino Agustín Bertomeu e o vasco Javier Busto– compoñen este programa de cantares galegos, malia que non todos eles formen parte do corpus poético da nosa Rosalía. Nel están representadas as catro provincias galegas dende as localidades da Coruña (Andrés Gaos, Marcial del Adalid, José Baldomir e quen isto escribe), Santiago de Compostela (Rosalía de Castro e José Castro Chané), Lugo (Juan Montes), Oza-A Coruña (Salvador Golpe), Barro-Pontevedra (Emilio Lede), Celanova-Ourense (Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro) e O PorriñoPontevedra (Antonio Paz Valverde). Confiamos en que o concerto sexa do seu agrado. Moitas grazas pola súa asistencia.


I - Cantigas sobre textos de Rosalía de Castro Negra sombra (a dúo) ……...…..…………….………………………….………….. Juan MONTES 1840-1899 Doce sono (tenor) ………………………………………………..…….…………… Juan MONTES 1840-1899 Rosa de abril (soprano) ………………………………………….….…..…………… Andrés GAOS 1874-1959 Maio longo (soprano) …………………….………….………….……………….. José BALDOMIR 1867-1947 Rosalía de Castro: un poema (coro) ………………………...………..……………… Javier BUSTO 1949

II – Cantigas sobre textos doutros poetas galegos e tradicionais Os teus ollos (a dúo) ………………………………….…….………………….. José Castro CHANÉ 1856-1917 Texto: Manuel Curros Enríquez Meus amores (tenor) …………………….………….……...….………………… José BALDOMIR 1867-1947 Texto: Salvador Golpe Soedades (soprano) …………………….…...……………….……………….. Marcial del ADALID 1826-1881 Texto: tradicional Prende, salgueiriño, prende (coro) ………………...………..………………………… Emilio LEDE 1974 Texto: tradicional María Soliña (coro) ……………………………………………………. Antonio PAZ VALVERDE 1937 Texto: Celso Emilio Ferreiro Unha vez (coro) ……………………………….….……………………...…..... Julián Jesús PÉREZ 1965 Texto: Celso Emilio Ferreiro Tres cantigas de Pontevedra (coro) ……...……….…….…………………… Agustín BERTOMEU 1933 - Canta ti, cantarei eu - Vente sentar ao meu lado - Por que choras, miña prenda? RAQUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, soprano FRANCISCO JAVIER PREGO MARTÍNEZ, tenor CORO DE CÁMARA DA CORUÑA JULIÁN JESÚS PÉREZ, piano e director


RAQUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, soprano Naceu en Avilés. É licenciada en Arquitectura Superior pola Universidade da Coruña, con especialidade en Urbanismo e máster en Plans e Proxectos, do Territorio á Cidade. Realizou os seus estudos de bacharelato científico-técnico con honras no Instituto Carreño Miranda, onde colaborou como redactora e editora da revista Texedores de Lletres. Cursou a especialidade de Debuxo Artístico e foi gañadora do Segundo Premio Internacional de Manos Unidas. Instruída en artes gráficas, realizou o deseño, maquetación e redacción da guía Los colores de las cuerdas para os concertos didácticos da Orquestra Sinfónica de Galicia. Posúe o título profesional de Música con matrícula de honra na Cátedra de Guitarra Clásica polo Conservatorio Julián Orbón. Estudou como especialidade a materia de Dirección Coral, realizou varios cursos de técnica vocal e continúa a súa formación musical na disciplina de canto no Conservatorio Profesional da Coruña. Interveu nun concerto didáctico para alumnos de instituto e en actos académicos da Universidade da Coruña con Julián Jesús Pérez como pianista. Participou durante sete anos no Coro Julián Orbón, foi directora da coral de adultos da asociación Versalles e membro do Coro Universitario da Coruña e da Camerata Vocal da Universidade da Coruña. Actualmente pertence ao Coro de Cámara da Coruña, onde desempeña ocasionalmente funcións de solista.

FRANCISCO JAVIER PREGO MARTÍNEZ, tenor Nacido na Coruña, é enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, máster en Prevención de Riscos Laborais e diploma de estudos avanzados (DEA) na área de Enxeñería e Infraestrutura dos Transportes. Na actualidade cursa o programa de doutoramento en Enxeñería Civil no campo das propiedades estruturais das mesturas bituminosas, baixo a dirección do Dr. Ignacio Pérez, profesor titular de Camiños e Aeroportos na ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Comezou a estudar canto na Escola Municipal de Música da Coruña en 1997, da man da soprano Paula Fernández Santacruz e do tenor Pablo Carballido. Recibiu clases maxistrais da soprano Teresa Novoa no Conservatorio Superior de Vigo e participou na estrea en España da Jazz Mass de Scott Stroman co coro da Escola Municipal baixo a dirección do autor. En colaboración co Servizo de Extensión Universitaria da Universidade da Coruña ofreceu diversos recitais en varias facultades, pechou o curso académico na Escola Universitaria de Fisioterapia durante varios anos e participou en diversos concertos con motivo da festividade de San Domingos da Calzada na ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña, cos pianistas José Núñez Ares, Pedro Plasencia e Rubén Alvar. Tamén


colaborou con outros intérpretes como Vera Pavlova, Ludmila Orlova e Alexis Díez (pianistas) e Tabea Graser (soprano) en recitais ofrecidos en diversas cidades de Galicia. No ano 2010 únese ao Coro Universitario da Coruña e prosegue a súa formación musical con Julián Jesús Pérez; máis tarde pasa á Camerata Vocal da Universidade da Coruña, coa que participa en talleres de canto coral impartidos polo compositor e director Javier Busto. En 2012 intégrase no Coro de Cámara da Coruña, actividade que compaxina na actualidade co seu traballo no departamento de I+D+i dunha empresa construtora ourensá.

CORO DE CÁMARA DA CORUÑA O Coro de Cámara da Coruña é unha agrupación de voces mixtas. Aínda que cultiva todo tipo de música coral de cámara, o coro concédelle especial atención á polifonía europea do Renacemento, así como ao repertorio contemporáneo. Dende a súa presentación na R. I. Colexiata de Santa María o 11 de xuño de 1993, ofreceu concertos en distintos lugares de España (Madrid, Barcelona, Salamanca, Burgos, Zamora) e do resto de Europa. Realizou gravacións para diversos programas da RTVG. No seu repertorio destacan obras como as odas “Welcome to all the pleasures” e “Come ye, sons of art away” de H. Purcell e o “Réquiem” de G. Fauré, obras e ciclos corais de R. Halffter, F. Schubert, W. A. Mozart, F. Chopin, F. Mendelssohn, R. Vaughan Williams, E. Elgar, motetes e himnos de T. L. de Victoria, F. Guerrero, T. Tallis, Diego de Muelas etc. Colaborou con solistas vocais, orquestras de cámara e os pianistas Irina Moriatova, José Manuel Yáñez e Rubén Alvar. Actuou nalgúns dos principais teatros, templos e salas de concerto de Galicia. En 1995 realizou unha xira por Escocia, invitado por The Edinburgh University Renaissance Singers. En decembro de 1997 realizou a súa segunda xira europea; nesta ocasión ofreceu dous concertos en Polonia e un na cidade ucraína de Lviv. En agosto do 2002 participou no XXV Festival Internacional de Música de Órgano, Coral e de Cámara xunto ao organista finlandés Dan Lönnqvist na cidade de Gdansk e no ciclo Concertos de Órgano, Corais e de Cámara en Gdynia xunto ao organista polaco Boguslaw Grabowski como parte dunha nova xira por Polonia. Participou en numerosas ocasións en ciclos corais da cidade como os Encontros de Música Relixiosa e do Nadal, así como os Encontros de Música Coral Fonseca. En 2004 interveu con éxito de público e crítica no VI Ciclo Concertos de Outono que organiza o Museo de Belas Artes da Coruña. En novembro de 2005 ofreceu un concerto de música relixiosa na R. I. Colexiata de Santa María como conmemoración das vodas de prata de don Rafael Taboada como abade do devandito templo. Nos últimos anos colaborou en diversos concertos organizados pola Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña, así como no xa tradicional Concerto de Nadal que organiza a Biblioteca de Estudos Locais da nosa cidade.


Entre a actividade recente do Coro de Cámara da Coruña destacan a participación no V Ciclo de Música Sacra de Povoa de Varzim (Portugal) e os concertos ofrecidos en Barcelona (cripta da Sagrada Familia) e Roma (igrexa de Santiago e Montserrat, convidados pola Embaixada de España, preto da Santa Sé e ante o edificio da Embaixada, en presenza do embaixador don Francisco Vázquez e da súa santidade o papa Benedicto XVI), así como a gravación do seu primeiro CD Canción con todos, a colaboración no CD Sacra et Profana xunto a outros coros de toda España, e a participación xunto á Camerata Brigantina no ciclo Conciertos Temáticos que organiza o MAC (Museo de Arte Contemporánea) e Unión Fenosa.

JULIÁN JESÚS PÉREZ Naceu na Coruña. É doutor en Didáctica da Lingua e da Literatura (sobresaliente cum laude), posgraduado en Educación Musical, titulado en Piano, diplomado en Dirección Coral, licenciado en Filoloxía Inglesa e profesor de Música en ensino secundario; tamén é profesor titular de Lingua Inglesa (actualmente en excedencia). Así mesmo, creou e foi director da Aula de Música na Universidade da Coruña (2005-2011). Realizou os seus estudos musicais de solfexo e piano con María Moscoso e completounos con diversos cursos de dirección Coral, polifonía, canto e pedagoxía musical en diversos países europeos con mestres como Jordi Casas, Javier Busto, Mireia Barrera, Martin Schmidt e Peter Phillips, entre outros. En 1992 recibiu o Premio-Bolsa Rosa Sabater de Polifonía no Curso Internacional Música en Compostela. Durante un longo período traballou na Coruña e Madrid con Irina Moriatova (piano) e Inés Rivadeneira (canto). No campo da dirección orquestral recibiu consellos do mestre Benito Lauret e clases de James Ross; así mesmo, asistiu a unhas masterclasses co mestre Simone Fermani (do Conservatorio Giuseppe Verdi de Milán). Actualmente perfecciónase como pianista de cámara con Ilona Timchenko. En 2013 asistiu a I Taller Coral Internacional Corhabana na capital cubana, onde traballou con algúns dos mellores mestres de coro do país. No eido da investigación traballa sobre didáctica e motivación en secundaria, así como sobre temas musicais. Publicou diversos artigos sobre temas pedagóxicos e de divulgación musical. Coordinou a edición de dous libros sobre temática musical na Universidade da Coruña, dos que tamén é coautor. En maio de 2011 publicou a súa tese de doutoramento baixo o título Motivar en secundaria. El teatro: una herramienta eficaz; en xullo dese mesmo ano publicou o seu libro Vida y pedagogía de un maestro: Julián Pérez Palacios. Ofreceu conferencias na Universidade da Coruña e no Centro Fonseca. En 1998 fundou o Coro de Cámara Madrigalia e en 1990 o Coro Universitario da Coruña, que dirixiu entre 1990-1992 e 2005-2010. Tamén creou e dirixiu a Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña (2006-2010). Foi subdirector do Coro Universitario de Santiago. Dende a súa fundación en 1992 dirixe o Coro de Cámara da Coruña. Con esta formación actuou por toda Galicia e cidades do resto de España; así mesmo, participou en xiras e concertos por Escocia, Polonia, Ucraína, Portugal e Italia. Como pianista de cámara, con Olga Raíces (soprano) e Fernando Enseñat-Berea (barítono) integra o trío Capriccio Vocale, creado en 1999; o grupo gravou en 2007 o seu primeiro traballo discográfico. En 2012 colaborou como director invitado coa Camerata Brigantina (Nova Orquestra de Cámara de Betanzos), con Florian Vlashi como concertino, e co Coro de Cámara Si vis me Canere de Santiago de Compostela.


TEXTOS DAS CANTIGAS NEGRA SOMBRA Texto de Rosalía de Castro

ROSA DE ABRIL Texto de Rosalía de Castro

Cando penso que te fuches, negra sombra que m´asombras, ó pè d´os meus cabezales tornas facéndome mofa.

Nasín cand´as prantas nascen, n-o mes d´as froles nasín n-unha alborada mainiña, n-unha alborada d´abril. Por eso me chaman Rosa, mais a d´o triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabou para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo m´encrevaches c´o ese teu maldesir, c´o ese teu pedir tolo que non sei qué quer de min, pois dínche canto dar puden, avariciosa de ti. O meu corazón che mando c´unha chave para o abrir; nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir.

Cando maxino qu´es ida no mesmo sol te m´amostras, y eres a estrela que brila, y eres ò vento que zòa. Si cantan, ês ti que cantas, si choran, ês ti que choras, y ês ò marmurio d´o río, y ês a noite y ês á aurora. En todo estás è ti ês todo, pra min y en min mesma moras, nin me deixarás ti nunca, sombra que sempre m´asombras. DOCE SONO Texto de Rosalía de Castro Baixaron os Anxeles á dond´ela estaba, fixéronlle un leito c´as pracidas alas é lonxe a levano n´a noite calada. Cando a alba d´o día tocou á campana e n´o alto d´a torre cantou a calandria os Anxeles mesmos, pregada-las alas “por que?” marmurano, “¿por que despertala?”

MAIO LONGO Texto de Rosalía de Castro Maio longo, Maio longo, todo cuberto de rosas: para algúns, telas de morte; para outros, telas de bodas. Maio longo, Maio longo, fuches curto para min, veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir.


ROSALÍA DE CASTRO: UN POEMA Texto de Rosalía de Castro

MEUS AMORES Texto de Salvador Golpe

Tal coma as nubes que leva o vento, i agora asombran, i agora alegran os espacios inmensos do ceo, así as ideas loucas que eu teño, as imaxes de múltiples formas de estranas feituras, de cores incertos, agora asombran, agora acraran, o fondo sin fondo do meu pensamento.

Dous amores a vida gardar me fan: a Patria, y-o que adoro no meu fogar, A familia y-a terra onde nacín ... ¡Sin esos dous amores non sei vivir!

OS TEUS OLLOS Texto de Manuel Curros Enríquez Ten a serena o canto i a serpe o alento, o lago ten a onda, Dios ten o inferno. Ti tés dabondo co que tés escondido neses teus ollos. Cando se pon a lúa tras dos penedos, Choran as estreliñas Todas do ceo. Tamén eu choro cando non me alumean eses teus ollos.

Cando xa no meu peito non sinta amor; Canda da miña patria non vexa o sol.... Ven, morte, ven axiña cabo de min, ¡que sin amor nin Patria non sei vivir!

SOEDADES Texto tradicional Airiños, airiños, aires, airiños d´a miña terra, airiños, airiños, aires, airiños, levaime a ela. Anduriñas, anduriñas, que añidades no lugare, as doentes ansias miñas n´as vosas alas levade. Estreliña, miña estrela, que conoces meus pesares, quando ch´o pregunte ela dille as miñas soedades. PRENDE, SALGUEIRIÑO, PRENDE Texto tradicional Prende, salgueiriño, prende, beira da fonte pequena. Tamén os meus ollos prenden nos olliños dunha nena.


MARÍA SOLIÑA Texto de Celso Emilio Ferreiro

UNHA VEZ Texto de Celso Emilio Ferreiro

Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: “ai, que soliña quedache, María Soliña.”

Unha vez houbo un home que nunca dixo, meu. Petou nas portas do mundo, chamou no meu corazón. Falaba con palabras que semellaban pombas. As cousas á súa beira púñanse brancas. Nascíalle nos ollos un abrente coma un río de luz, ou coma un mar lonxano de gueivotas. Un bálsamo de amor tiña aquil home pra ista miña dor sin nome.

Nos areales de Cangas muros de noite se erguían: “ai, que soliña quedache, María Soliña.” As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: “ai, que soliña quedache, María Soliña.” As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: “ai, que soliña quedache, María Soliña.” Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: “ai, que soliña quedache, María Soliña.”

TRES CANTIGAS DE PONTEVEDRA Texto tradicional Canta ti, cantarei eue, iremo-los dous cantando, cante quen tivera amores porque os meus vanse acabando. Vente sentar ó meu lado, ti nunha pedra i eu noutra. Ei si choraremos xuntos a nosa fortuna pouca. Por que choras, miña prenda? Como non hei de chorare? Pasou por min o meu mozo e non me quixo falare.


COLABORAN:


2013 programa concierto rosalía