Issuu on Google+

54 Novembro 2010, O SIL

Opinión De reloxos, historia e moda...

Máis que un accesorio Víctor López

A

vida de tódalas persoas está condicionada por un factor de gran importancia, que limita en gran medida as súas accións, os seus efectos non se poden controlar ou diminuír de ningunha maneira. Este factor de tanta influenza é o tempo, e a súa acción é tan evidente nas persoas, que esclaviza ao home á súa mercede. Ao non haber a posibilidade de controlalo, o mellor é coñecelo e empregalo da mellor maneira e ante isto a mellor ferramenta que hai é o reloxo, o cal permite ás persoas poder medir o tempo e aproveitar o máximo de cada momento na súa vida. Conforme ao anterior, o reloxo como o instrumento que serve para medir o tempo, é unha das ferramentas que creou o home máis importante na súa vida, pois a representación que fai o reloxo do tempo fai posible que o home poida levar un control, permitindo que desenvolva a súa vida en intervalos ao seu antollo. O home no seu constante proceso de evolución e desenvolvemento comezou a idear mecanismos e ferramentas útiles para medir o tempo e así aparece o primeiro reloxo, que foi o solar, que traballaba en base aos movementos de sombras que se

ían xerando co paso do día e a luz do sol. As primeiras aparicións dos reloxos de sol remontan a 3.000 anos antes de Cristo nas sociedades chinas. De igual maneira este tipo de reloxo tamén foi usado polos exipcios e os incas. O gran problema que se xeraba con este tipo d e

reloxo, é que en certos momentos do día non era útil. Co paso do tempo comezaron a usarse outro tipo de medios para medir o tempo, como a clepsidra, o cal usaba un mecanismo en base a auga, que pasaba dun reci-

piente a outro. Esta modalidad de reloxo deu paso ao reloxo de area, que destacou no século III e con este pódese medir perfectamente todo o tempo dun día. No transcurso entre os séculos VIII e XI comézase a

xerar as primeiras aparicións do reloxo cun mecanismo regular e continuo que permitía o movemento rotatorio da maquinaria do reloxo, como

o foi o reloxo con motor de pesas. A finais do século XIX creouse o primeiro reloxo de pulso e dende alí todo foron melloras, ata chegar á actualidade. Os reloxos da actualidade non só poden marcar a hora (incluso acadando unha precisión como a do reloxo atómico que é tan elevada que admite unicamente un erro dun segundo en 30.000 anos), poden ademáis dicir as horas noutros lugares, medición de parámetros metereolóxicos ou supervisar o latido do corazón. Hoxendía forman parte do gardarroupa e satisfacen un modo de vivir. Para o deporte ou o ocio, cronógrafo ou sumerxible e elegante, con correa de coiro ou deseñados en metais preciosos e xemas, proporcionan un modo excelente de lucir a moda. En canto á relación calidade-prezo existe unha delgada liña, se ben só algunha das marcas que coñecemos son os seus propios fabricantes, unha gran parte, son produtos de moda unicamente creados para tal fin. Se despois de ler este artigo, descubre que o seu reloxo é algo máis ca un instrumento para coñecer a hora, quizás teña descuberto unha pasión. Un moderno deseño de reloxo suízo, con diferentes funcións á parte de indicar a hora e o día.


www.joyeriavictor.com