Page 1

O QUE OVIDIO NOS CONTA DAS BOAS PALABRAS, DOS DOCES E OS BOS AGOIROS. Un conto de Nadal e Aninovo en FASTOS, I, 170 e ss.

E digo eu ¿por que, Xano, aínda que calme os manes doutros,/ che ofrezo primeiro a ti incenso e viño?/ “Para que poidas, grazas a min, que gardo as entradas,/ ter acceso a todos os deuses que queiras”, responde./ “E ¿por que se fan cumpridos nas túas kalendas /e expresamos e escoitamos bos desexos?”/ Entón o deus, apoiado no caxato, que levaba na dereita,/dime: “Os bos agoiros agóchanse nos inicios./Con oídos agoirentos escoitades a primeira palabra/e interpreta favorable o augur a primeira ave que ve./O ceo e os deuses escoitan propicios./Ninguén expresa desexos vans, e o dito vale”./ Desaparecera Xano e non pasei moito tempo calado;/pisei coas miñas palabras as últimas súas,/e pregunteille: “¿qué significa o dátil e o figo paso,/e o mel brillante que se flúe no branco panal?”./ Dime: “é polo agoiro: que aquel sabor acompañe /a nosa labor e o ano adoce o camiño comezado”./ Vexo por que se ofrecen doces: explícame o sentido /do aguinaldo para que nada se me perda da túa festa./ Riu e dixo: ” ¡canto te engana o teu tempo a ti/que pensas que o mel é máis doce que o aguinaldo recibido!/Eu non coñecín a ninguén nos tempos de Saturno/que para el as súas riquezas non fosen doces.”

O que Ovidio conta  

FASTOS, I, vv .17o

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you