Page 1

O BNG CRITICA A DECISIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DE SEGUIR ADIANTE COA SÚA INTENCIÓN DE CONSTRUÍR UN COMPLEXO DEPORTIVO PRIVADO EN SAN FIZ O Goberno municipal do PSOE leva mañá á Xunta de Goberno o inicio do proceso de adxudicación O BNG mostra de novo o seu rexeitamento á decisión do Goberno municipal de entregar terreos públicos en San Fiz para a construción dun complexo deportivo privado e aposta por facer nese lugar un complexo deportivo totalmente público con pistas de tenis e padel e canchas de fútbol sala e baloncesto O Bloque denuncia que os prezos deste complexo van ser 5 veces superiores aos das actuais piscinas municipais, o que “vai limitar o acceso da poboación aos servizos que se prestan nel” O Bloque Nacionalista Galego criticou hoxe a decisión do Goberno municipal do PSOEde continuar coa súa intención de construír un complexo deportivo privado en San Fiz. O Goberno de Orozco levará mañá á Xunta de Goberno o inicio do proceso de adxudicación deste complexo, unha decisión que xa foi criticada hoxe polo Grupo Municipal do BNGno Concello. Neste momento hai dúas empresasinteresadas. O BNGrexeita “que se entreguen terreos públicos a unha empresa privada para a construción dun complexo privado” e aposta, pola contra, por facer en San Fiz un complexo deportivo totalmente público con pistas de tenis e de padel e canchas de baloncesto e fútbol sala. O Grupo municipal do BNG reiterou o seu rexeitamento a construír en terreo público un complexo privado e apostou por “instalacións 100%públicas” neste barrio. O grupo nacionalista explicou que a súa proposta é construír un complexo deportivo multidisciplinar para a práctica de disciplinas como o tenis, o padel ou o fútbol sala para as que hoxe en día hai moita demanda na cidade. O BNG afirma que “esas son as verdadeiras necesidades e demandas hoxe en Lugo en canto a instalacións deportivas e non un “complexo elitista” como o que plantexa o Goberno municipal, impulsado por unha empresa privada que só busca a rendabilidade económica. O Bloque denunciou tamén que os prezos do complexo deportivo previsto en San Fiz van ser cinco veces máis caros que os das actuais piscinas municipais. Pese a que se vai contruír en terreo público, o bono mensual para acceder a este novo complexo deportivo custará 40 euros, segundo o estudo de viabilidade que irá mañá á Xunta de Goberno, mentras o prezo nas actuais piscinas municipais das Pedreiras e de Frigsa é de 7,5 euros ao mes.


O BNG afirma que a decisión do Goberno municipal de entregar a xestión e explotación deste complexo a unha empresa privada “vai limitar o acceso da poboación aos servizos que se prenstan” porque “as tarifas non son asequibles para toda a poboación”.

Competencia desleal O Bloque tamén afirmou que a apertura deste complexo privado en terreos públicos supón “unha competencia desleal” para os máis de 20 ximnasios que hai na cidade e tamén para outras instalacións deportivas privadas que existen en Lugo que non tiveron colaboración do Concello para a súa apertura. O novo complexo de San Fiz terá piscina, sauna e ximnasio, segundo o proxecto recibido polo Goberno. Ata este momento o Concello mantiña un convenio de colaboración cos ximnasios que hai nos distintos barrios da cidade para que as persoas maiores acudan a facer ximnasia a estas instalacións. Os representantes dos ximnasios calculan que se perderían máis de 50 postos de traballo.

Lugo, 24 de maio de 2011 (NOTA: enviaránse fotografías das reunións que o BNG mantivo tanto con representantes dos ximnasios de Lugo como con veciños do barrio onde se vai instalar o complexo e adxúntase copia dos informes técnicos que van mañá á Xunta de Goberno Local)

Nota prensa BNG complexo deportivo San Fiz (24-5-11)  

O Bloque denuncia que os prezos deste complexo van ser 5 veces superiores aos das actuais piscinas municipais, o que “vai limitar o acceso d...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you