Page 1

ccoo informa http://ccooxustiza.blogspot.com/

Número 26/2010

26 de marzo de 2010

Comisión paritaria de formación Nota informativa da reunión celebrada o día 25 de marzo

Na reunión celebrada hoxe na EGAP déusenos traslado da acción formativa para o ano 2010 (se insire ao final deste documento) para negociar os cursos que se celebrarán neste ano. A tal efecto solicitamos cursos específicos para a nova oficina xudicial coma: biblioteconomía, xestión de arquivos, Lexnet e relacionados coa xestión de persoal. Tamén pedimos que se incidira na área informática con cursos de: sistema operativo “Windows”, base de datos “Base” e tratamento de textos “Writer”. A EGAP informou que cos orzamentos dispoñibles non hai posibilidade de ofertar máis cursos, e a DXX manifestou que a formación do Lexnet impartirase noutro programa de formación distinto. CCOO reclamou unha maior información do resultado do Plan de formación do ano pasado con orzamentos xerais e particulares por cursos (que non se facilitou), a aclaración de en qué consistirían os cursos “mixtos”, con respecto aos cales se debería de especificar o tempo dedicado á formación presencial e as localidades onde se impartiría (neste momento se dixo que eran unha mestura de presenciais e teleformación, pero non se aclarou nada máis), para facer unha mellor valoración do programa deste ano. Solicitamos tamén que, de manterse os exames finais presenciais, se adoptasen an seguintes medidas. 1) A extensión das localidades de exame (ademais das 7 grandes cidades), polo menos ás vilas de: Viveiro, Mondoñedo, Corcubión, Monforte de Lemos, O Barco, Verín e Vilagarcía de Arousa. 2) Recoñecer a posibilidade de que o funcionario poida escoller a cidade na que realizar o exame. 3) Tratar de concentrar no mesmo día a maior cantidade de exames posibles dos cursos convocados para meses próximos. A EGAP tomou nota destas medidas, valorando a posibilidade de adoitar as tres.


Reclamamos a creación de ciclos formativos por materias (civil, penal, social, contenciosoadministrativo, execución, rexistro civil e informática) nos niveis de coñecementos “básico”, “perfeccionamento” e “especialización”, manifestando a EGAP que xa estaban estudando o tema para comezar a implantar un sistema de formación parecido o vindeiro ano. Solicitamos que na base Primeira A) da Resolución de convocatoria do Plan de formación deste ano se incluíra que “non se exixirá aos funcionarios interinos anotados nas bolsas de traballo o requisito de atoparse en servizo activo”, valorando tamén esta proposta positivamente a EGAP. Reclamamos que dado o elevado número de renuncias e abandonos non xustificados dos solicitantes da formación do ano pasado pola “sorpresa” de ter que facer un exame final presencial, excepcionalmente, non se penalizase na formación deste ano aos mesmos, reclamación que foi asumida polo resto das centrais sindicais. A EGAP manifestou que ía a estudar a súa viabilidade. Pedimos á EGAP con respecto aos locais dos exames e á DXX con relación aos xulgados, que adoitasen as medidas necesarias para que os programas e as versións dos mesmos instalados nos locais dos exames e nos xulgados fosen compatibles cos requirimentos exixidos polas aplicacións utilizadas nos cursos. Manifestamos tamén o rexeitamento á celebración de cursos presenciais e mixtos, tanto polo custe que supoñen como pola súa escasa aceptación entre os funcionarios. Despois dun debate sobre as modificacións a introducir nos cursos, acordouse: o curso de “A Nova Oficina Xudicial” se celebrará no cuarto trimestre na modalidade de teleformación; elimínase o curso de “Inglés básico” na modalidade presencial, para ser substituído por un curso de “Habilidades sociais” na modalidade de teleformación; o “Curso de apoio á promoción ao corpo de tramitación” amplíase ao corpo de xestión; o “Curso para titores interinos (xulgados de instrución)” esténdese a todos os ordes xurisdicionais; queda pendente de avaliar a impartición do curso “Conversa en inglés” na modalidade presencial ou substituílo por outro curso. Tamén se informou que no curso de “Visión xeral das TIC en Xustiza e impacto da NOX”, o exame será a través de medios informáticos nas sedes dos xulgados como proxecto experimental. Cando a reunión estaba a piques de rematar, o Subdirector Xeral de Xustiza (supoñemos que para evitar enfrontamentos) informounos que os cursos de “Proceso civil e reformas procesuais 2009”, “Execución civil e reformas procesuais 2009”, “Proceso penal e reforma procesual NOX”, “Proceso contencioso-administrativo e reforma NOX” e “Proceso laboral e reforma NOX” serán obrigatorios para os funcionarios dos respectivos ordes xurisdicionais. Terán unha duración de 4 horas presenciais (2 por día, en dous días) que se impartirán polo sistema de videoconferencia nas horas do horario flexible de mañá, e 10 horas de teleformación. Non se impartirán en algunha das pequenas vilas, polo que os funcionarios destinados nelas terán que desprazarse a outras localidades próximas con dereito a dietas de locomoción. No obstante se presentará un proxecto definitivo na semana seguinte a Semana Santa.


Con respecto a este último punto, CCOO defenderá con rotundidade que os cursos se impartan na parte fixa do horario, e que non se gaste o presuposto da formación neste tipo de cursos, xa que entendemos que son de reciclaxe e non propios de formación, polo que debería de habilitarse unha partida orzamentaria distinta.

FORMACIÓN CONTINUA PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2010 CURSO

Edicións

Horas

Prazas

Modalidade

14

14

420

Presencial

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Especial atención ao poder de autoorganización da CCAA nesta materia

1

30

50

Tf

xuño/xullo

Dereito civil de Galicia

1

25

50

Tf

xuño/xullo

Proceso civil e reformas procesuais 2009 (Obrigatorio)

14

20

1050

Mixto

marzo/abril/maio

Execución civil e reformas procesuais 2009 – (Obrigatorio)

10

20

960

Mixto

marzo/abril/maio

Procedemento concursal

1

25

50

Tf

xuño/xullo

Rexistro civil. Expedientes

1

25

50

Tf

xuño/xullo

Proceso penal e reforma procesual NOX – (Obrigatorio)

10

14

1000

Mixto

A execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación

1

25

50

Tf

xuño/xullo

Violencia de xénero e familiar. Tramitación

1

30

50

Tf

xuño/xullo

Xulgados de garda e xulgados de instrución. Xestión do servizo de garda

1

30

50

Tf

setembro/outubro

Tramitación nos xulgados de menores

1

30

50

Tf

setembro/outubro

Proceso contencioso-administrativo e reforma NOX – (Obrigatorio)

7

14

170

Mixto

marzo/abril/maio

Proceso laboral e reforma NOX – (Obrigatorio)

7

14

230

Mixto

marzo/abril/maio

Tratamento psiquiátrico ambulatorio involuntario

1

12

Avances en patoloxía forense

1

12

Xénero e igualdade na Administración de Xustiza

1

20

Prevención de riscos laborais

1

25

50

Tf

Formación de mandos intermedios da oficina xudicial

1

30

20

Mixto

Inglés básico

2

50

40

Presencial

A Nova Oficina Xudicial

Datas aprox.

marzo/abril/maio

marzo/abril/maio

30 Presencial

xuño

30

Presencial

novembro

50

Tf setembro/outubro setembro/outubro

novembro maio


Conversa en inglés

2

50

40

Presencial

xuño

Inglés básico

2

50

100

Tf

outubro

Inglés medio

2

50

100

Tf

novembro

Curso básico de protección de datos

1

25

50

Tf

novembro

Sinatura dixital

1

25

50

Tf

novembro

Word básico

1

25

50

Tf

outubro

Open office Calc básico

1

25

50

Tf

outubro

INFOREG 4.O

1

25

150

Tf

xuño/xullo

Programa MINERVA

6

25

300

Tf

setembro/outubro

Formación nos sistemas de información no ámbito de Xustiza – Monitor Informático.

1

50

50

Mixto

Visión xeral das TIC en Xustiza e impacto da NOX. (20horas)

14

20

350

Presencial

Curso de apoio á promoción ao corpo de tramitación

1

30

Curso para titores de interinos (xulgados de instrución)

1

20

marzo/abril/maio

50 Tf

outubro

Tf

novembro

50

26-03-2010. Nota informativa nº 26  

CCOO de Xustiza Comisión paritaria de formación do 25 de marzo de 2010