Page 1

ccoo informa http://ccooxustiza.blogspot.com/

Número 25/2010

26 de marzo de 2010

Comisión paritaria de interinos Nota informativa da reunión celebrada o día 25 de marzo A Dirección Xeral de Xustiza trasladou aos sindicatos os listados das bolsas de interinos que fará públicas o próximo xoves día quince de abril na web do Empregado Público. O criterio para ordenar estas listas, foi -no caso dos aspirantes que presentaron instancias para varios corpos- o de "mellor posto" na bolsa. As posibles reclamacións contra a baremación final, só poderán realizarse a través dun recurso de Reposición, aínda que de forma excepcional e única e exclusivamente para aqueles erros materiais, sen posibilidade de interpretación que xa houbesen sido acreditados documentalmente, a Consellería admite que se aleguen ditos erros polas organizacións sindicais anta do vindeiro luns 29 de marzo para que se poidan corrixir antes da publicación das listaxes. Varios temas quedaran pendentes das anteriores reunións: 1.- SITUACIÓN EN QUE QUEDARÁN OS INTERINOS QUE ACTUALMENTE TRABALLAN NUN CORPO PARA O QUE NON TEÑEN TITULACIÓN: A Consellería mantivo o criterio de que cesaran de forma inmediata ao entrar en vigor as novas listaxes. CCOO insistirá en que os afectados non cesen ata que chegue o momento regulamentario. 2.- PRAZO DENDE O QUE EMPEZARÁN A CONTAR OS 18 MESES PARA O CESAMENTO. COMISIÓNS OBREIRAS ten manifestado -dentro e fóra das reunións- que o feito de que este prazo estea xa a correr, só pode producir situacións inxustas. Ademais, non entendemos que sen publicarse as listas, este prazo xa empezase a contar e que, de feito, finalice o próximo mes de setembro. Fronte á oposición frontal ou a tibia defensa do resto de sindicatos, COMISIÓNS OBREIRAS conseguiu reabrir este debate, aínda que por falta material de tempo, se pospón para a próxima reunión, como así consta recollido na acta. NOVIDADES NO SISTEMA DE CHAMAMENTOS. Comezará a funcionar un novo sistema de chamamentos que consistirá, basicamente, en que, unha vez que as comisións paritarias de interinos decidan semanal ou quincenalmente as prazas a ofertar, estas serán publicadas na páxina web do Empregado Público. Os funcionarios interinos aos cales corresponda, elixirán -vía web- as prazas que desexen ocupar. No caso de que haxa coincidencias, a praza adxudicarase a quen teña mellor posto na lista (instáurase así unha especie de mini-concurso para a ocupación de prazas) e sempre tendo en conta que as prazas correspondentes á zona de preferencia do interino, serán de obrigatoria elección.


26-03-2010. Nota informativa nº 25  

CCOO de Xustiza Nota informativa da reunion da comision paritaria de interinos celebrada o 25 d emarzo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you