Page 1

ccoo informa http://ccooxustiza.blogspot.com/

Número 21/2010

15 de febreiro de 2010

Temas varios tratados na Mesa de traballo celebrada o día 11 de febreiro entre a Administración e os sindic atos Concurso de traslados Como xa tiña solicitado o noso sindicato con anterioridade, a Administración aceptou incluír na relación de prazas vacantes a ofertar no vindeiro concurso de traslados as dos Xulgados de Paz.

Retribucións A Consellería comprometeuse a aboar no mes de abril os atrasos correspondentes ao cuarto punto (27,11 €/mes no ano 2008 e 27,66€/mes no ano 2009) a aqueles funcionarios que lles correspondan. Non obstante albergamos serias dúbidas de que este compromiso se cumpra.

Creación de novos xulgados Solicitouse información sobre a opinión que ten a Consellería ao respecto da proposta do TSX de creación dos Xulgados do Social número 4 de Pontevedra e de 1ª Instancia número 13 de A Coruña para este ano 2010. A Administración contestou que compartía o criterio de creación do Xulgado de 1ª Instancia número 13 de A Coruña, pero non se manifestou respecto do Social número 4 de Pontevedra. Dende CCOO lle lembramos ao Director Xeral a urxencia de crear o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 4 de Vilagarcía de Arousa e do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Sarria, xa que a súa carga de traballo xustifícao sobradamente.

Reforzos Por primeira vez tras anos de reclamalas, a Administración deunos traslado da relación das prazas de reforzo que existen na Comunidade, coas datas do seu inicio e adquirindo o compromiso de consolidar como prazas fixas algunhas delas. CCOO esixiu que se consolidasen todas as que teñan unha antigüidade igual ou superior a dous anos, xa que entendemos que ditas prazas despois dun período de tempo tan elevado non poden considerarse reforzos senón necesidades estruturais.

Ampliación dos cadros de persoal A Dirección Xeral de Xustiza deunos traslado, para alegacións, da proposta de ampliación dos cadros de persoal de determinados xulgados.

15-02-2010. Nota informativa nº 21  

CCOO de Xustiza

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you