Issuu on Google+

ccoo informa http://ccooxustiza.blogspot.com/

Número 17/2010

26 de xaneiro de 2010

CCOO solicita a convocatoria da Mesa Sectorial Para comezar a negociación da nova Oficina xudicial

SR. DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA Praza de Europa nº 5 4 andar. Santiago de Compostela

Na Mesa Sectorial de Negociación, celebrada o pasado 23 de decembro, déusenos traslado, para realizar alegacións, dos Proxectos de Decreto polos que se regulan os Servizos Comúns Procesuais Xerais, as Unidades Técnico-Administrativas e as Unidades de Apoio a Presidencias de Tribunais e Decanatos dos Xulgados. A posta en funcionamento destes Servizos Comúns e Unidades Administrativas forma parte da "Primeira Fase de Implantación da Nova Oficina Xudicial (NOX)" Tamén se nos fixo entrega, para realizar alegacións, dos borradores de Orde sobre o importe do Complemento Transitorio do persoal da Administración de Xustiza en Galicia e do Complemento Especifico do Imelga (ambas as dúas ordes foron publicadas, sen previa negociación). Durante a reunión, ante a esixencia de CC.OO, vostede comprometeuse a convocar unha Mesa Sectorial Monográfica unha vez finalizado o prazo de presentación de alegacións por parte das Centrais Sindicais para tratar estas e comezar así a verdadeira negociación da NOX. Por todo o antes exposto solicitamos a convocatoria de xeito inmediato dunha Mesa Sectorial para tratar as alegacións presentadas polas organizacións sindicais sobre a NOX. Nesta reunión queremos que vostede nos explique por que se publicaron as Ordes que regulan o complemento autonómico transitorio (CAT) dos funcionarios da administración de Xustiza de Galicia e o complemento especifico do Imelga sen previa negociación coas organizacións sindicais. Sobre todo tendo en conta que hai varios puntos de dubidosa legalidade, que se trasladará aos servizos xurídicos de CCOO para un posible recurso.


Aproveitamos para recordarlle o seu compromiso de transmitirnos á maior brevidade a información detallada do estado da totalidade dos cadros de persoal, coas vacantes existentes, reforzos, adscricións provisionais, comisións de servizo, número e localización do persoal interino e calquera outra situación que afecte aos procesos de redistribución e reordenación de efectivos. Tamén é imprescindible a entrega por parte da Administración das cargas de traballo, estudos de pendencia, datos estatísticos, etc... Santiago, 22 de xaneiro de 2009 Asdo. Pablo Valeiras Ríos. Responsable Sector Xustiza de CCOO en Galicia.

Máis información no noso boletín diario “N o v a s d a X u s t i z a ” e na páxina web http://ccooxustiza.blogspot.com/ Se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a ccoo.xustiza@gmail.com


26-01-2010. Nota informativa nº 17