Page 1

novas da xustiza

Número 147 19 de xaneiro de 2010

T a m é n e s t a m o s n a i n t e r n e t e n http://ccooxustiza.blogspot.com/

Nova Oficina xudicial Sumario

A nova Oficina xudicial ....... 1 Alegacións de CCOO á Orde

A negociación da implantación da nova Oficina xudicial en Galicia (II)

pola que se determina o complemento autonómico transitorio (CAT)

Oposicións - Interinos ........ 5 Información sobre oposicións e bolsas de interinos

Revista de prensa ............... 6 A RAG péchalle a porta ao “decretazo”

Haiti .................................... 7 Solidariedade con Haití

Servizos .............................. 8

Taboleiro de avisos ............. 9

Anexo Orde pola que se determina o CAT

Nesta segunda entrega sobre o estado da negociación para a Edita

implantación da nova Oficina xudicial en Galicia publicamos, deseguido as alegacións presentadas por CCOO ao borrador

CCOO de Xustiza de Galicia

da Orde pola que se determina o importe do complemento autonómico

transitorio

do

persoal

ao

servizo

da

Administración de xustiza e se aproban outras medidas para manter o seu réxime retributivo, borrador que reproducimos ao final do boletín 


2

Novas da Xustiza

Alegacións de CCOO á Orde pola que se determina o Complemento autonómico transitorio para o 2010

Sr. Conselleiro de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza Edificio Administrativo Xunta de Galicia- San Caetano Santiago de Compostela

O pasado día 23 de Decembro fomos convocados, a petición da propia Plataforma Sindical, á Comisión de Seguimento do Acordo entre a Xunta de Galicia e as Organizacións Sindicais sobre o importe do complemento transitorio autonómico (CAT) dos funcionarios ao servizo da administración de Xustiza en Galicia. O motivo da petición da Plataforma era iniciar a negociación dun novo acordo entre a Administración e os Sindicatos, xa que o anterior finaliza o 31 de decembro de 2009. Non obstante vostedes, en vez de trasladarnos algunha proposta ou cronograma de negociación, o único que fixeron foi informarnos da súa intención de prorrogar o acordo en vigor, non mostrando ningunha intención de negociar un novo acordo que elimine as diferenzas retributivas que existen entre as distintas Comunidades Transferidas con respecto a Galicia. Por se isto fose pouco, instan ás Organizacións Sindicais a que avalemos coas nosas siglas a prorróga do actual acordo, sen comprometerse por escrito a negociar un novo acordo ao longo do ano 2010. Ese mesmo día remítennos por correo electrónico un borrador de "Orde pola que se determina o importe do complemento autonómico transitorio do persoal ao servizo da Administración de xustiza

19 de xaneiro de 2010

e se aproban outras medidas para manter o seu réxime retributivo". Esta Orde divídese en dúas partes moi diferenciadas. Unha primeira versa sobre a prorróga do Acordo Retributivo actual e unha segunda, sobre a inclusión no CAT das retribucións aboadas con base no R.D 1909/2000 e como consecuencia da sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección sétima, do Tribunal Supremo no recurso n.º 164/2007. No que se refire á prorróga do actual Acordo Retributivo queremos trasladarlles as seguintes alegacións: Para CCOO é totalmente innecesaria a publicación dunha Orde deste tipo para a prorróga do Acordo Retributivo. Todos os acordos asinados dende o ano 2001, e que hoxe forman


FSC-CCOO Novas da Xustiza

3

parte do CAT, víronse consolidados sen necesidade de publicación de ningunha Orde. É por iso que CCOO non avalará coas súas siglas tal Orde. Para este Sindicato a Negociación da nova Oficina xudicial vai intimamente ligada co CAT-futuro Complemento Especifico- e non imos permitir que os funcionarios da administración de Xustiza de Galicia cobren ata 250 € menos que funcionarios doutras Comunidades por realizar o mesmo traballo. CCOO esixe a negociación inmediata do CAT, futuro complemento especifico. Dende CC.OO consideremos un mal comezo da Negociación da Nova Oficina Xudicial a actual posición da Xunta de Galicia. Como xa dixemos en reiteradas ocasións, a reforma da Oficina xudicial co consenso dos traballadores é posible, pero sen eles é irrealizable. No que se refire á segunda parte do proxecto de Orde, inclusión no CAT das retribucións aboadas con base no R.D. 1909/2000, as alegacións son as seguintes: Non entendemos a urxencia de incluír as retribucións que se cobran actualmente por penosidade nos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos, saídas a prisións, Servizos Comúns de Apoio ou no Servizo Común de Apoio do TSX, no Complemento Transitorio, eliminando os conceptos polos que se cobraban antes. Sobre todo tendo en conta que o resto de territorios do Estado -tanto Comunidades Transferidas coma o propio Ministerio de Xustiza, que foi o autor do informe no que vostedes se basean para incluír os complementos no CAT- van seguir mantendo a actual estrutura de nómina. A sentenza do Tribunal Supremo non derroga o artigo 12 do Real Decreto 1909/200, por iso non entendemos porqué se introducen na Orde as cantidades que se cobran nos Servizos de Apoio, xa que estas se cobran polo artigo antes mencionado. Para incluír estes Complementos no CAT debe cumprirse cos seguintes puntos xa que, no caso contrario, este Sindicato recorrerá xudicialmente esta Orde: A Xunta de Galicia tense que facer cargo, a partir do sexto mes de baixa laboral dun traballador, do pagamento do CAT. Actualmente, a MUGEJU non se fai cargo do pagamento daquel por ser un complemento transitorio, non obstante tal e como vén un prexuízo ao traballador. Ao CAT débeselle aplicar a suba salarial que marquen os presupostos xerais do Estado. Actualmente esa suba aplícaselle ao Complemento Transitorio do Posto (Penosidade, Saídas a Prisións, etc) Os 10 € de produtividade débense consolidar no CAT. Con respecto ás cantidades recollidas no Proxecto de Orde hai numerosos erros queremos pensar que involuntarios- que prexudicarían ao traballador, facendo que a suba do 4º punto fose gratis para a Administración a conta deste. A xeito de exemplo:

19 de xaneiro de 2010

recollido hoxe en nómina si que se fai cargo. De non admitir esta alegación se provocaría


4

Novas da Xustiza Os Xestores e Auxilios Xudiciais do SCNE deben cobrar 138,6 €, non obstante no Proxecto de Orde aparecen 110,94 € Os Tramitadores do SCNE deben cobrar 55,44 €, non obstante no Proxecto de Orde aparecen 27,72. No Servizo Común de Apoio dos Decanatos deben cobrar 97,02 €, non obstante no Proxecto de Orde aparecen 69,33 Estamos seguros que estes erros foron involuntarios, no caso contrario non nos quedaría mais saída que utilizar as medidas que consideremos oportunas, tanto xurídicas coma sindicais. CCOO é un sindicato que aposta pola modernización da administración de Xustiza, pola mellora do Servizo Público e pola defensa dos dereitos dos traballadores aos cales representamos. Por eles consideramos imprescindible unha verdadeira negociación da nova Oficina Xxudicial e, por ende, da negociación do CAT, futuro complemento transitorio, para así evitar a discriminación económica dos traballadores da nosa Comunidade fronte aos traballadores doutras Comunidades Autónomas Transferidas. Santiago, 30 de decembro de 2009 Asdo. Pablo Valeiras Ríos.

19 de xaneiro de 2010

Responsable Sector Xustiza de CC.OO en Galicia.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

5

Oposicións - Interinos

Oposicións: Auxilio xudicial. Valoración de méritos

Segundo acabamos de coñecer a relación definitiva de valoración de méritos das oposicións do CORPO DE AUXILIO XUDICIAL publicarase a finais de xaneiro e, antes do 12 de febreiro, convocarase os opositores, que no seu día o solicitaran, á celebración da proba optativa de idioma autonómico e de dereito foral.

Listaxes de interinos. Órganos centrais (Madrid)

A Xerencia de Órganos Centrais da Administración de Xustiza informa de que continúa co proceso de baremación das bolsas de emprego interino convocadas con data 11/09/2009, estimando que non poderán publicarse os listados provisionais de admitidos e excluídos con anterioridade ao 1 de maio de 2010.

No Boletín Oficial de Aragón do 18/01/2010 aparece publicada a convocatoria das bolsas de funcionarios interinos, así como as normas que rexen a devandita convocatoria. O prazo de presentación de instancias é de 20 días hábiles a partir da publicación da convocatoria.

19 de xaneiro de 2010

Bolsas de interinos: Aragón


6

Novas da Xustiza

Revista de prensa

A Real Academia Galega péchalle a porta ao decretazo A Academia advirte que a proposta é lesiva para a lingua e que pode infrinxir a legalidade. Pide a súa retirada e que se abra un diálogo para chegar a un verdadeiro consenso. Informe completo da RAG (.PDF) Publicado en www.vieiros.com

A proposta de decreto lingüístico para o ensino non universitario é, simplemente, inaceptábel. A emenda a totalidade non vén dende unha organización política ou social, quen así se expresa é a máxima autoridade lingüística: a Real Academia Galega. O posicionamento claro desta institución deixa o Goberno na máis absoluta soidade. O documento de 13 páxinas, aprobado por todos os académicos, é contundente dende o primeiro punto: “As Bases que se analizan poderían producir un retroceso no proceso de normalización, que infrinxe a lexislación vixente e maila xurisprudencia emitida polos altos Tribunais e que tampouco se sustenta na mellor organización do proceso pedagóxico senón, unicamente, en promesas electorais que son de dubidosa legalidade e que, por esa razón, non parecen validables polas urnas”. O texto, no que hai abundantes referencias á lexislación vixente, insiste en que as bases do Goberno son incoherentes con Plan Xeral de Normalización e que poden vulnerar o Estatuto de Autonomía e incluso a Constitución española. Fronte á proposta da Consellaría de Educación, a RAG recomenda abrir “un diálogo franco con vontade de concordia definitiva, porque a sociedade está cansa da duración das discordias lingüísticas e de que toda a melloría do enfermo pareza perigsa. Todas as forzas políticas deberían facer un esforzo de pacificación e construír un diálogo sobre bases que

19 de xaneiro de 2010

garantan a plena normalización do galego e a plena competencia oral e escrita ao final de cada ciclo nas dúas (ou tres) linguas”. A RAG lembra que o galego é a lingua propia do país e que os cidadáns “esperan que o seu Goberno sexa o primeiro e inequívoco defensor. Por iso se asombran e mobilizan cando perciben xestos que, polo menos, parecen ir en dirección contraria”. A máxima institución académica fai fincapé na necesidade dunha discriminación positiva “mentres a lingua galega non sexa o centro de gravidade do modelo bilingüe e estea asegurado o respecto e fomento do uso da lingua propia e cooficial desta Comunidade Autónoma para corrixir positivamente unha situación histórica de desigualdade co castelán”.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

7

Haití

Solidariedade coas vítimas do terremoto de Haití

La Confederación Sindical de CCOO, a través de su Red de Fundaciones de Paz y Solidaridad queremos manifestar nuestra solidaridad con los miles de personas muertas, desaparecidas, heridas en Haití, ha abierto una cuenta corriente que permitirá la recogida de aportaciones para la ayuda urgente que necesita el país.

Los ingresos se pueden realizar en la cuenta abierta por la Fundación Paz y Solidaridad Serafín Aliaga 2038/1001/38/6001114785. Ante la catástrofe y la desesperación que se está viviendo en Haití, CCOO hace un llamamiento a todos los trabajadores y trabajadoras y a la sociedad en general para ayudar y apoyar una solución urgente ante la grave situación actual; pero también para exigir a las instituciones políticas y económicas internacionales que se den pasos y avances en el corto y en el medio plazo, en la mejora de la situación socioeconómica de Haití, sus índices de pobreza y la falta de acceso a la atención sanitaria, educativa y social que vienen sufriendo los haitianos y haitianas. La magnitud del terremoto que ha sembrado la devastación y el caos en Haití, especialmente en su capital Puerto Príncipe, está afectando (como siempre pasa en estos desastres) a las personas más desfavorecidas de la sociedad haitiana y está produciendo una situación económica y social aún

Estamos hablando del país más pobre de todo el Hemisferio Oeste, con el 85% de la población viviendo en la pobreza (más de la mitad de sus 10 millones de habitantes sobrevive con menos de 1 dólar al día), con una renta per cápita anual de 380 euros, con una tasa de mortalidad infantil de 60 niños y niñas por cada 1.000 nacimientos y con una ínfima o nula cobertura de los servicios sociales básicos y con una fuerte inestabilidad política y social que motivo desde 2004 la presencia de 9.000 cascos azules de la ONU.

19 de xaneiro de 2010

más insostenible que ya padecía el país.


8

Novas da Xustiza

Servizos CCOO

Oferta de servizos para afiliadas e afiliados

19 de xaneiro de 2010

Comisións Obreiras conta cunha ampla oferta de servizos para os afiliados con empresas e organizacións coas que CCOO estableceu condicións vantaxosas

Para ampliar a información, preme aquí


FSC-CCOO Novas da Xustiza

9

Taboleiro de avisos

Cursos de formación a distancia 2010

Mutualidade: Cambio de entidade médica

O prazo de inscrición comeza o

O prazo para solicitar o cambio or-

3 de xaneiro e finaliza o 25 de

dinario é do 1 ao 31 de xaneiro e

xaneiro

surtirá efectos dende o 01/02/2010

Listaxe de cursos e ficha de

Máis información, aquí

solicitude, aquí Listaxe de cursos e ficha de solicitude, aquí

Axentes (Auxilio), preme aquí

Auxiliares (Tramitación), preme aquí

Oficiais (Xestión), preme aquí

Escala pechada a 09-03-2003 O Ministerio ten outra escala, pechada a 11-04-2009 e contabilizada por días, pero non é publica

19 de xaneiro de 2010

Escalas (ano 2003)


10

Novas da Xustiza

CCOO na internet Contacto

A nosa páxina web A CORUÑA Raquel e Estrela 981.18.20.32 saxgccoo@gmail.com

FERROL Manolo e Mati 981.33.73.25 matildeav1@gmail.com

SANTIAGO Mati 981.54.03.63 matildeav1@gmail.com

OURENSE

Estamos na internet nas seguintes direccións:

Carlos e Justo 988.68.71.92 jclamela@yahoo.es

http://ccooxustiza.blogspot.com/ http://ccoojusticia.blogspot.com/

PONTEVEDRA

http://ccooenmugeju.blogspot.com/

Belén 986.80.39.79 belenpontevedraccoo@gmail.com

VIGO Mercedes e Pablo 986.81.78.35

19 de xaneiro de 2010

ccoogalicia@yahoo.es

Se queres publicar un artigo ou un comentario LUGO José Antonio 982.40.21.95 ccoo.xustiza@gmail.com

no boletín, se queres realizar unha consulta ou unha suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a ccoo.xustiza@gmail.com


Orde do … de ... de 2009 pola que se determina o importe do complemento autonómico transitorio do persoal ao servizo da Administración de xustiza e se aproban outras medidas para manter o seu réxime retributivo Mediante o Real decreto 2397/1996, do 22 de novembro (BOE do 17 de decembro), traspasáronselle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos que, dentro do territorio de Galicia, desempeñaba a Administración do Estado sobre o persoal ao servizo da Administración de xustiza. O réxime retributivo do Persoal ao servizo da Administración de xustiza está regulado no título VI do libro VI da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), que diferenza conceptos salariais de determinación estatal (retribucións básicas —soldo e trienios—, complemento xeral do posto e complemento de garda) e conceptos salariais de determinación autonómica. Son o complemento específico e a produtividade os conceptos que lle corresponde determinar ás Comunidades Autónomas con competencia. Segundo o artigo 519.3 da LOPX a contía individualizada do complemento específico fixarase ... polo órgano competente da comunidade autónoma, previa negociación coas organizacións sindicais nos seus respectivos ámbitos, ao elaborar as relacións de postos de traballo. Ante a demora na aprobación das relacións de postos de traballo e coa finalidade de suplir a ausencia do complemento específico, as Comunidades Autónomas con competencia foran aprobando complementos autonómicos de carácter transitorio. Así en Galicia, a través dos Acordos de 29 de maio de 2006 e 31 de xullo de 2008 —publicados respectivamente pola Resolucións da Dirección Xeral de Xustiza do 31 de maio de 2006 (DOG nº 244 do 07.06.2006) e do 8 de setembro de 2008 (DOG nº 244 do 17.12.2008)— aprobouse a implantación do complemento transitorio autonómico, que ten efectos dende o 1 de xaneiro de 2006. Como expresamente indica o acordo asinado o 31 de xullo de 2008, con vixencia ata o 31 de decembro de 2009, este complemento integrarase e consolidarase como parte esencial do compoñente do complemento específico, cando se aproben as correspondentes relacións de postos de traballo. Por outra banda, da execución da Setenza do 17 de xullo de 2007, da Sección VII da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, recaída no recurso contencioso-administrativo nº 164/2007, xurde un cambio do réxime retributivo deste persoal. Cambio determinado pola entrada en vigor do Real Decreto 1033/2007, do 20 de xullo, polo que se determinan os postos tipos das unidades que integran as oficinas xudiciais e outros servizos non xurisdicionais e as súas correspondentes valoracións para os efectos do complemento xeral do posto. E como consecuencia, pola perda de determinadas retribucións recoñecidas ata agora en artigos do Real decreto 1909/200 quedan derrogados. Isto provocaría que o novo réxime retributivo empeorará as retribucións do persoal de determinadas unidades, así como o dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial en determinados casos. Establecer solucións transitorias para evitar estes efectos é a segunda finalidade desta orde, que a tal efecto substitúe as percepcións salariais que quedaron sen soporte xurídico por percepcións amparadas no complemento de produtividade do novo réxime legal. Tendo en conta o anterior, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,


DISPÓN:

Primeiro. Obxecto 1. O obxecto da presente orde é determinar para o exercicio 2010 o importe do complemento transitorio autonómico que, en substitución do complemento específico do posto, se pagará mensualmente aos funcionarios ao servizo da Administración de xustiza. 2. Tamén é obxecto da orde aprobar programas de actuación e aplicar o complemento de produtividade para determinades unidades e funcións, coa finalidade de evitar aos afectados un empeoramento das condicións retributivas como consecuencia da aplicación do complemento xeral do posto regulado no Real Decreto 1033/2007. Segundo. Ámbito de aplicación 1. O ámbito de aplicación desta orde comprende o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial en servizo activo e que ocupen postos de traballo incluídos nos cadros de persoal dos centros de destino da Administración de xustiza en Galicia. 2. Así mesmo, comprende o persoal interino que desempeñe os ditos postos e os que realicen funcións de reforzo nos xulgados, tribunais, fiscalías e demais unidades da Administración de xustiza. 3. Os médicos forenses e o persoal destinado no Instituto de Medicina Legal para os que se establecerá o complemento específico, no que consolidarán o complemento autonómico transitorio que viñan percibindo ata o 31 de decembro de 2009, quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde. Terceiro. Contía do complemento transitorio autonómico Os funcionarios dos corpos de xestores e tramitadores procesuais e administrativos e de auxilio xudicial comprendidos no seu ámbito de aplicación percibirán en concepto de complemento autonómico transitorio a cantidade de 445 euros mensuais.

Cuarto. Contía adicional en determinadas unidades 1. En concepto de complemento autonómico transitorio asignarase mensualmente unha cantidade adicional de 20,00 euros por funcionario aos xestores, tramitadores e auxiliares destinados nos xulgados de violencia contra a muller de A Coruña e Vigo e nos xulgados de instrución con competencia en materia de violencia de xénero de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra.


2. En concepto de complemento transitorio autonómico, para evitar o empeoramento das súas condicións retributivas por mor da aplicación do Real decreto 1033/2007, nos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos, como adicional á contía prevista no apartado terceiro desta orde, os funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial percibirán mensualmente 110,94 euros e os do corpo de tramitación 27,72 euros. 3. En concepto de complemento transitorio autonómico, para evitar o empeoramento das súas condicións retributivas por mor da aplicación do Real decreto 1033/2007, os funcionarios integrados nos Servizos Comúns de Apoio dos Decanatos dos Xulgados, como adicional a contía prevista no apartado terceiro desta orde, percibirán mensualmente 69,33 euros. Quinto. Complemento de produtividade por saídas a centros penitenciarios 1. Nas unidadesº que, por ter atribuídas funcións que impliquen saídas habituais a centros penitenciarios, en aplicación do derrogado artigo 8.2.c) do Real decreto 1909/2000, modificado polo Real decreto 1267/2001, tivesen recoñecido o devengo de puntos do complemento de destino, aplicarase un programa de actuación para evitar un empeoramento das condicións retributivas, que continuará aplicándose a un funcionario por corpo e unidade como máximo sempre que se acredite a efectividade das saídas aos centros penitenciarios, que deberán ser tres ou máis durante o mes. 2. As cantidades que se devengarán de conformidade co previsto no apartado anterior serán 67,96 € se se trata dun funcionario do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, 59,64 € se se trata dun funcionario do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e 51,32 se se trata dun funcionario do Corpo de Auxilio Xudicial. 3. A súa acreditación realizarse de xeito rotativo, mensual, mediante certificación expedida polo secretario xudicial. Sexto. Complemento de produtividade no Servizo Común de Apoio do Tribunal Superior de Xustiza 1. Os funcionarios con destino no Servizo Común de Apoio do Tribunal Superior de Xustiza, que estivesen percibindo cantidades en concepto de puntos do complemento de destino por aplicación do artigo 8.2.d) do Real decreto 1909/2000, modificado polo Real decreto 1267/2001, serán beneficiarios dun programa de actuación para evitar o empeoramento das súas condicións retributivas. 2. En aplicación do dito programa cando sexan adscritos a un posto de traballo fora da sede do Tribunal Superior de Xustiza percibirán 249,64 euros mensuais se son funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, 194,16 euros mensuais se son funcionarios do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e 138,69 euros mensuais se son funcionarios do Corpo de Auxilio Xudicial. Cando os funcionarios permanezan prestando servizo no Tribunal Superior de Xustiza non percibirán ditas cantidades.


3. Estas cantidades só poderán percibirse por un período non superior aos seis meses na sede da unidade á que se desprazaren para prestar servizo. Se excede dito período, o devengo das ditas cantidades requirirá resolución expresa da Dirección Xeral de Xustiza. Sétimo. Complemento de produtividade por exercicio conxunto doutra función 1. Polo exercicio conxunto doutra función, ademais das propias do posto de traballo de que sexa titular, pagaranse 55,48 euros aos funcionarios de auxilio xudicial que por substitución ou atribución de funcións realicen ás que correspondan a un funcionario do mesmo corpo con destino en unidade diferente. 2. As substitucións por prazo non superior aos dez días e as motivadas por vacacións retribuídas non darán dereito ao percibo do concepto retributivo previsto nesta disposición transitoria. 3. A percepción prevista no apartado primeiro desta disposición transitoria será incompatible coa aplicación do previsto no punto 4 do apartado noveno da Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionariosao servizo da Administración de xustiza en Galicia (DOG nº 93 do 15 de maio de 2008). Oitavo. Dereito á percepción 1. O dereito á percepción económica do complemento autonómico transitorio será mensual, segundo o réxime previsto para o complemento específico e deixarase de percibir nas situacións previstas legalmente respecto do complemento específico. 2. Se o período de desempeño do posto de traballo fose inferior ao mes ou o funcionario realizase unha xornada reducida con minoración de salario, a contía do complemento autonómico transitorio será proporcional ao período ou á xornada efectivamente desempeñados. 3. O dereito á percepción dos complementos de produtividade establecidos nesta orde rexerase polo previsto no punto anterior e pola disposición derradeira primeira da orde desta consellería de 2 de decembro de 2009 pola que se aproba un programa de actuación para fomentar a produtividade do persoal ao servizo da Administración de xustiza (DOG nº 241 do 11.12.2009).

Disposición específico

transitoria

primeira.

Consolidación

como

complemento

O complemento autonómico transitorio integrarase e consolidarase como parte esencial do compoñente do complemento específico, cando se aproben as correspondentes relacións de postos de traballo.


Disposición derradeira primeira. Efectos económicos 1. Esta orde terá efectos económicos dende o 1 de xaneiro de 2010. 2. A percepción do complementos autonómico transitorio manterase mentres non se produzan os procesos de integración dos funcionarios nas relacións de postos de traballo aprobadas conforme o disposto na Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Sen prexuízo do establecido na disposición derradeira anterior, a presente orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, ... de ... de 2009

ALFONSO RUEDA VALENZUELA Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

19-01-2010. Novas da Xustiza nº 147  

Boletin informativo de CCOO de Xustiza

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you