Issuu on Google+

ccoo informa http://ccooxustiza.blogspot.com/

Número 7/2010

12 xaneiro 2010

Sobre a reforma dos Rexistros Civís Novamente, o Ministerio de Xustiza volve facer gala da súa falta de transparencia ao ocultar aos traballadores o contido e alcance dos proxectos de reforma do Rexistro Civil

O Goberno debateu no Consello de Ministros do pasado venres, 8 de xaneiro, o anteproxecto de Lei do novo Rexistro Civil, que trasladou o Ministro de Xustiza É moi lamentable que os traballadores e os seus representantes coñecésemos esta noticia pola prensa e non directamente polo Ministerio de Xustiza, ao que se lle vén demandando dende a primeira reunión co mantida, o pasado 30 de abril, e reiteróuselle continuamente aos máximos responsables do Ministerio de Xustiza que nos dea información precisa sobre a reforma do Rexistro Civil e as consecuencias desta Sempre negaron que estivese ultimado un proxecto de reforma aínda que seguían traballando niso. Por iso, argumentaban que non podían dar máis información. E que cando houbese un proxecto, nolo trasladarían Iso foi novamente falso. O Ministerio de Xustiza non trasladou o seu anteproxecto aos sindicatos, pero si llelo notificou aos medios de comunicación Esta forma de proceder vénse repetindo tamén con este novo equipo de forma reiterada e é autenticamente unha actitude intolerable, porque desta reforma se derivan cuestións moi importantes para os equipos de funcionarios nos rexistros civís, que o Ministerio de Xustiza ten obriga de discutir cos sindicatos representativos, e debe negociar todas as cuestións que supoñan unha modificación nas condicións de traballo do persoal afectado e nos seus equipos CCOO reclamará o Ministerio de Xustiza na reunión da mesa sectorial, que se celebrará mañá 12 de xaneiro, explicacións sobre esta reforma. E volverá esixir que non se produzan reducións de persoal nos Rexistros Civís.


12-01-2010. Nota informativa nº 7