Issuu on Google+

ccoo informa http://ccooxustiza.blogspot.com/

Número 3/2009

30 decembro 2009

Selección de titores Cursos prácticos para os aprobados para o corpo de Tramitación, promoción interna Produtividade A Xerencia de Galicia do Ministerio de Xustiza deunos traslados da convocatoria de selección de titores do curso selectivo de acceso ao corpo de Tramitación procesual e administrativa, promoción interna. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 14 de xaneiro de 2010 As prácticas desenvolveranse do 8 ao 12 de febreiro de 2010, dentro do horario de obrigada permanencia. As solicitudes deberán remitirse por correo postal ou electrónico á Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia. Máis información en http://ccooxustiza.blogspot.com/

Formación continua a distancia 2010 O prazo de inscrición comeza o 3 de xaneiro e péchase o 25 de xaneiro A secretaría de Formación da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO mantén a súa oferta de formación continua a distancia para o ano 2010 composta de cursos de carácter gratuíto, que se enmarcan dentro do Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas. Listaxes de cursos e ficha de solicitude en: http://www.fsc.ccoo.es/comunes/temp/recursos/99922/305315.pdf


30-12-2009. Nota informativa nº 3