Issuu on Google+

novas da xustiza

Número 114 20 novembro 2009

Calendario laboral Sumario

Calendario laboral. Festas locais Calendario laboral ......... 1 Festas locais

Festas laborais de carácter local para o ano 2010

Nova Oficina xudicial ..... 21 Implantación en Galicia

Oposicións ..................... 23 Tramitación, quenda interna

CCOO na internet ........... 24

No Diario Oficial de Galicia número 227, do 19 de novembro de 2009, publicouse a Resolución do 2 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2010, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón: Edita

- Para descargar a resolución, preme aquí CCOO de Xustiza de Galicia


2

Novas da Xustiza

ANEXO I Calendario laboral 2010

Provincia: A Coruña. 1. Abegondo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro. 2. Ames: 13 de maio, Ascensión; 24 de xuño, San Xoán. 3. Aranga: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Santa Cruz. 4. Ares: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 25 de maio, Voto de Chanteiro. 5. Arteixo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, Santiago Apóstolo. 6. Arzúa: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme. 7. Baña, A: 22 de xaneiro, San Vicenzo; 9 de setembro, Virxe do Bo Suceso. 8. Bergondo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, festas. 9. Betanzos: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque. 10. Boimorto: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de maio, San Cidre.

20 de novembro de 2009

11. Boiro: 16 de xullo, Virxe do Carme; 31 de agosto, San Ramón de Bealo. 12. Boqueixón: 22 de xaneiro, San Vicenzo; 13 de maio, Ascensión. 13. Brión: 13 de maio, Ascensión; 27 de setembro, Santa Minia. 14. Cabana de Bergantiños: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. 15. Cabanas: 11 de novembro, San Martiño; 30 de novembro, Santo André. 16. Camariñas: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme. 17. Cambre: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, festas.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

3

18. Capela, A: 5 de agosto, Nosa Sra. das Neves; 16 de agosto, festas. 19. Carballo: 24 de xuño, San Xoán Bautista; 25 de xuño, San Xoán Bautista. 20. Cariño: 16 de xullo, Virxe do Carme; 24 de agosto, San Bartolomeu. 21. Carnota: 11 de outubro, Festas; 7 de decembro, festas. 22. Carral: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, festas. 23. Cedeira: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, Santa Ana. 24. Cee: 16 de xuño, Santo Adrán; 16 de agosto, San Roque. 25. Cerceda: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. 26. Cerdido: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 28 de xuño, Festas. 27. Cesuras: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. 28. Coirós: 7 de xaneiro, San Xiao; 16 de febreiro, Martes de Entroido. 29. Corcubión: 16 de xullo, Festas; 24 de setembro, festas. 30. Coristanco: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de agosto, festas. 31. Coruña, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de outubro, Virxe do Rosario. 32. Culleredo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de decembro, Santo Estevo. 33. Curtis: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Nosa Sra. dos Remedios. 34. Dodro: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de setembro, Virxe do Bo Parto e do Leite. 35. Dumbría: 24 de xuño, San Xoán; 10 de decembro, Santa Baia.

37. Ferrol: 7 de xaneiro, San Xiao; 5 de abril, Nosa Sra. de Chamorro. 38. Fisterra: 5 de abril, Luns de Pascua; 8 de setembro, festas. 39. Frades: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de setembro, San Miguel. 40. Irixoa: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, San Lourenzo. 41. Laracha, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Virxe dos Milagres de Caión.

20 de novembro de 2009

36. Fene: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 6 de agosto, San Salvador.


4

Novas da Xustiza 42. Laxe: 16 de agosto, San Roque; 17 de agosto, Virxe do Carme. 43. Lousame: 24 de xuño, San Xoán; 10 de agosto, San Lourenzo. 44. Malpica de Bergantiños: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de xuño, Venres de Corpus. 45. Mañón: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de decembro, Festa do Marisco. 46. Mazaricos: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de xuño, festas. 47. Melide: 29 de xuño, San Pedro; 16 de xullo, Virxe do Carme. 48. Mesía: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de agosto, San Salvador. 49. Miño: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro. 50. Moeche: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de abril, San Xurxo. 51. Monfero: 15 de febreiro, Luns de Entroido; 16 de febreiro, Martes de Entroido. 52. Mugardos: 7 de xaneiro, San Xiao; 2 de xuño, Voto de Chanteiro. 53. Muros: 29 de xuño, San Pedro; 16 de xullo, Virxe do Carme. 54. Muxía: 5 de abril, Festas; 13 de setembro, festas. 55. Narón: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 23 de novembro, Día de Narón. 56. Neda: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 8 de setembro, Santa María. 57. Negreira: 9 de xullo, San Cristovo; 20 de setembro, Santa Margarida. 58. Noia: 16 de xullo, Virxe do Carme; 24 de agosto, San Bartolomeu.

20 de novembro de 2009

59. Oleiros: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. 60. Ordes: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, festas. 61. Oroso: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de setembro, Santa Eufemia. 62. Ortigueira: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xullo, Santa Marta de Ortigueira. 63. Outes: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de setembro, San Miguel. 64. Oza dos Ríos: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, San Isidro. 65. Paderne: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de agosto, festas.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

5

66. Padrón: 5 de abril, Luns de Pascua; 6 de maio, San Xoán do Raio. 67. Pino, O: 29 de xuño, San Pedro; 22 de xullo, A Magdalena. 68. Pobra do Caramiñal, A: 23 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros; 20 de setembro, Luns de Nazareno. 69. Ponteceso: 13 de setembro, Festas; 14 de setembro, festas. 70. Pontedeume: 8 de setembro, Festas; 10 de setembro, festas. 71. Pontes de García Rodríguez, As: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de xullo, Virxe do Carme. 72. Porto do Son: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de setembro, Festa do Loreto. 73. Rianxo: 16 de xullo, Virxe do Carme; 17 de setembro, Venres de Guadalupe. 74. Ribeira: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xullo, Festa da Dorna. 75. Rois: 5 de abril, Luns de Pascua; 15 de maio, San Isidro Labrador. 76. Sada: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque. 77. San Sadurniño: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de xullo, Santa Isabel. 78. Santa Comba: 29 de xuño, San Pedro e San Paulo; 30 de xuño, San Marcial. 79. Santiago de Compostela: 13 de maio, Ascensión; 16 de agosto, San Roque. 80. Santiso: 24 de xuño, San Xoán; 15 de setembro, Santa Cruz. 81. Sobrado dos Monxes: 24 de maio, Luns de Pías; 29 de xuño San Pedro.

83. Teo: 13 de maio, Ascensión; 11 de novembro, San Martiño. 84. Toques: 15 de maio, San Isidro Labrador; 2 de setembro, San Antolín. 85. Tordoia: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de maio, festas. 86. Touro: 5 de abril, Luns de Pascua; 24 de xuño, San Xoán. 87. Trazo: 16 de setembro, Santa Eufemia; 21 de setembro, San Mateo. 88. Val do Dubra: 6 de abril, Feira de Abril; 6 de agosto, Festa do Emigrante.

20 de novembro de 2009

82. Somozas, As: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, festas.


6

Novas da Xustiza 89. ValdoviĂąo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, festas. 90. Vedra: 20 de setembro, DĂ­a do Patio; 10 de decembro, Santa Baia. 91. Vilarmaior: 15 de febreiro, Luns de Entroido; 16 de febreiro, Martes de Entroido. 92. Vilasantar: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, festas. 93. Vimianzo: 22 de xaneiro, San Vicenzo; 9 de agosto, festas do verĂĄn.

20 de novembro de 2009

94. Zas: 16 de xullo, Virxe do Carme; 26 de xullo, Santa Margarida.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

7

ANEXO II Calendario laboral

Provincia: Lugo. 1. Abadín: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de setembro, Santa María - festas locais. 2. Alfoz: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de decembro, ponte da Constitución. 3. Antas de Ulla: 24 de xuño, San Xoán; 8 de setembro, Virxe dos Remedios. 4. Baleira: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de agosto, San Cristovo. 5. Baralla: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de agosto, San Vitorio. 6. Barreiros: 24 de agosto, San Bartolo; 27 de agosto, San Cosme. 7. Becerreá: 24 de xuño, San Xoán; 14 de setembro, Santo Ecce-Homo. 8. Begonte: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro. 9. Bóveda: 1 de setembro, San Xil; 15 de setembro, Divino Ecce-Homo. 10. Burela: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de xuño, luns das festas patronais.

12. Castro de Rei: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de agosto, San Roque e Doce Nome de María. 13. Castroverde: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, Santiago Apóstolo. 14. Cervantes: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de maio, Os Remedios. 15. Cervo: 16 de xullo, Virxe do Carme; 16 de agosto, San Roque. 16. Corgo, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán.

20 de novembro de 2009

11. Carballedo: 26 de xullo, San Xaquín; 16 de agosto, San Roque.


8

Novas da Xustiza 17. Cospeito: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Festas Virxe do Monte. 18. Chantada: 24 de agosto, Festa da Empanada; 18 de outubro, San Lucas. 19. Folgoso do Caurel: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de abril, Luns de Pascua. 20. Fonsagrada, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de setembro, festas patronais da Fonsagrada. 21. Foz: 16 de xullo, Festividade do Carme; 10 de agosto, San Lourenzo. 22. Friol: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de xullo, Santa Isabel. 23. Guitiriz: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. 24. Guntín: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de xullo, luns das festas. 25. Incio, O: 10 de maio, Santa Cruz; 15 de maio, Santo Eufrasio. 26. Láncara: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de agosto, Luns de San Roque. 27. Lourenzá: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 30 de agosto, Luns do Conde Santo. 28. Lugo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán. 29. Meira: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto. 30. Mondoñedo: 13 de setembro, Festa dos Remedios; 18 de outubro, San Lucas. 31. Monforte de Lemos: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 21 de setembro, San Mateo. 32. Monterroso: 16 de febreiro, Martes de antroido; 29 de setembro, San Miguel. 33. Muras: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 28 de xuño, San Pedro.

20 de novembro de 2009

34. Navia de Suarna: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de setembro, Virxe das Dores. 35. Negueira de Muñiz: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, Nosa Sra. da Veiga. 36. Nogais, As: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de agosto, Festa do Turista. 37. Ourol: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de maio, Nosa Señora de Fátima. 38. Outeiro de Rei: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de xullo, Santa Isabel. 39. Palas de Rei: 28 de xaneiro, San Tirso; 14 de setembro, Festa do Ecce-Hommo. 40. Pantón: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de agosto, Festa de Ferreira.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

9

41. Paradela: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de setembro, San Miguel. 42. Páramo, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de xuño, Feiras de Primavera. 43. Pastoriza, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de outubro, San Lucas. 44. Pedrafita do Cebreiro: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de setembro, Santa María a Real do Cebreiro. 45. Poboa do Brollón, A: 7 de xuño, luns seguinte ao Corpus Christi; 27 de agosto, San Vitorio. 46. Pol: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, Festa do Emigrante. 47. Pontenova, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de outubro, Luns das Feiras da Pontenova. 48. Portomarín: 30 de xuño, San Pedro; 6 de setembro, Luns das Festas do Cristo da Victoria. 49. Quiroga: 5 de abril, Luns de Pascua; 11 de novembro, San Martiño. 50. Rábade: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto, Nosa Sra. da Asunción. 51. Ribadeo: 16 de agosto, San Roque; 8 de setembro, Sta. María do Campo. 52. Ribas de Sil: 16 de agosto, San Roque; 7 de decembro, San Ambrosio. 53. Ribeira de Piquín: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de abril, San Xurxo. 54. Riotorto: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro. 55. Samos: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de xullo, San Benito.

57. Saviñao, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de agosto, Festas Patronais. 58. Sober: 8 de setembro, Romaría de Cadeiras; 20 de setembro, Virxe do Carme. 59. Taboada: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de agosto, Luns das Festas Patronais. 60. Trabada: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque. 61. Triacastela: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Mamede. 62. Valadouro, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de setembro, Sta. María.

20 de novembro de 2009

56. Sarria: 24 de xuño, San Xoán Bautista; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.


10

Novas da Xustiza 63. Vicedo, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 2 de agosto, Santo Estevo. 64. Vilalba: 31 de agosto, San RamĂłn; 1 de setembro, Sta. MarĂ­a. 65. Viveiro: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque. 66. Xermade: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de agosto, Luns de Santa MarĂ­a.

20 de novembro de 2009

67. Xove: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 30 de agosto, Festa Patronal de San Bartolo.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

11

ANEXO III Calendario laboral

Provincia: Ourense. 1. Allariz: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de xuño, Venres do Boi. 2. Amoeiro: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 3. Arnoia, A: 15 de xaneiro, San Amaro; 30 de xullo, Festa do Pemento. 4. Avión: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de agosto, Luns de San Roque. 5. Baltar: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de maio, A Ascensión. 6. Bande: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de agosto, San Roque. 7. Baños de Molgas: 6 de agosto, San Salvador; 8 de setembro, Os Milagres. 8. Barbadás: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 9. Barco de Valdeorras, O: 24 de maio, Santa Rita; 14 de setembro, Día do Cristo. 10. Beade: 3 de febreiro, San Brais; 2 de xullo, Santa Isabel.

12. Blancos, Os: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de setembro, Nosa Señora das Dores. 13. Boborás: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de xuño, San Antón. 14. Bola, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio, Santa Cruz en Veiga. 15. Bolo, O: 16 de agosto; 13 de decembro. 16. Calvos de Randín: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 9 de agosto.

20 de novembro de 2009

11. Beariz: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque.


12

Novas da Xustiza 17. Carballeda de Avia: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de maio, Luns de Lodairo. 18. Carballeda de Valdeorras: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de abril, Nosa Señora da Encarnación. 19. Carballiño, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de setembro. 20. Cartelle: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de maio, Luns de Pentecoste-Festa das Marabillas. 21. Castrelo de Miño: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de agosto, A Virxe das Neves. 22. Castrelo do Val: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 8 de setembro, Nosa Señora dos Remedios. 23. Castro Caldelas: 20 de xaneiro, San Sebastián; 8 de setembro, Nosa Señora dos Remedios. 24. Celanova: 1 de marzo, San Rosendo; 16 de agosto, San Roque. 25. Cenlle: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque. 26. Chandrexa de Queixa: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de xullo, Romaría de Chandrexa de Queixa. 27. Coles: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 28. Cortegada: 26 de xullo, Santa Ana; 11 de novembro, San Martiño. 29. Cualedro: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de xullo, O Carme. 30. Entrimo: 2 de agosto; 16 de agosto. 31. Esgos: 2 de febreiro, As Candelas, Patroa de Esgos;16 de febreiro, Martes de Entroido.

20 de novembro de 2009

32. Gomesende: 13 de maio, Nosa Señora da Guía; 13 de agosto. 33. Gudiña, A: 25 de febreiro, Beato Sebastián de Aparicio; 24 de agosto, San Bartolomeu. 34. Irixo, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de maio, Virxe de Fátima. 35. Larouco: 8 de setembro, Santa María dos Remedios; 13 de decembro, Santa Lucía. 36. Laza: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 24 de xuño, San Xoán. 37. Leiro: 3 de maio, Santa Cruz; 29 de xuño, San Pedro. 38. Lobeira: 22 de xaneiro, San Vicente; 8 de setembro, Viso Pequeno.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

13

39. Lobios: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto. 40. Maceda: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, Festas Patronais de Maceda. 41. Manzaneda: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de agosto, As Neves. 42. Maside: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de agosto. 43. Melón: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de maio. 44. Merca, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de maio, Espírito Santo. 45. Mezquita, A: 5 de agosto, A Virxe das Neves; 11 de novembro, San Martiño. 46. Montederramo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de agosto, San Roque. 47. Monterrei: 26 de xullo; 16 de agosto. 48. Muíños: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de outubro, San Francisco. 49. Nogueira de Ramuín: 16 de agosto, San Roque;11 de novembro, San Martiño. 50. Oímbra: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 26 de xullo, Santa Ana. 51. Ourense: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 52. Paderne de Allariz: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 53. Padrenda: 24 de xuño, San Xoán de Crespos; 16 de agosto, San Roque. 54. Parada de Sil: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de agosto, San Ramón Nonato. 55. Pereiro de Aguiar, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 56. Peroxa, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

58. Piñor: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 59. Pobra de Trives, A: 24 de agosto, San Bartolomeu; 14 de setembro, Santo Cristo da Misericordia. 60. Pontedeva: 1 de outubro, San Breixo; 11 de novembro, San Martiño. 61. Porqueira: 16 de xullo, O Carme; 11 de novembro, San Martiño. 62. Punxín: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de abril, San Wintila (luns).

20 de novembro de 2009

57. Petín: 18 de xaneiro, Santo Antón; 26 de xullo, Santa Ana.


14

Novas da Xustiza 63. Quintela de Leirado: 8 de setembro, A Virxe dos Remedios; 11 de novembro, San Martiño. 64. Rairiz de Veiga: 24 de xuño, San Xoán; 24 de setembro, Nosa Señora da Mercé (festa da Saínza). 65. Ramirás: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro. 66. Ribadavia: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro. 67. Riós: 16 de agosto, San Roque (patrón de Riós); 15 de setembro, Romaría da Virxe das Dores na Trepa. 68. Rúa de Valdeorras, A: 11 de xuño, San Antón; 9 de agosto, festas do verán. 69. Rubiá: 13 de maio, A Ascensión; 24 de agosto, San Bartolomeu. 70. San Amaro: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de xullo, San Amaro. 71. San Cibrao das Viñas: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 72. San Cristovo de Cea: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de setembro, Festas da Saleta. 73. San Xoán de Río: 24 de xuño, San Xoán; 6 de agosto, festa do verán. 74. Sandiás: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de abril, Luns de Pascua. 75. Sarreaus: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 13 de setembro, festas patronais. 76. Taboadela: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 77. Teixeira, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de novembro, Santa Catalina. 78. Toén: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

20 de novembro de 2009

79. Trasmiras: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. 80. Veiga, A: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro. 81. Verea: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 82. Verín: 12 de febreiro; 17 de febreiro, Mércores de Cinza. 83. Viana do Bolo: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de agosto, San Roque. 84. Vilamarín: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

15

85. Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril, San Xurxo; 22 de xullo, Santa María Magdalena. 86. Vilar de Barrio: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Natividade de María. 87. Vilar de Santos: 5 de abril, Luns de Pascua; 5 de agosto, Virxe das Neves. 88. Vilardevós: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de agosto, San Roque. 89. Vilariño de Conso: 15 de febreiro, Luns de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 90. Xinzo de Limia: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de xullo. 91. Xunqueira de Ambía: 29 de abril, San Pedro; 16 de agosto, San Roque. 92. Xunqueira de Espadañedo: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de xullo, luns seguinte

20 de novembro de 2009

á Festa Patronal Santa Isabel.


16

Novas da Xustiza

ANEXO IV Calendario laboral

Provincia: Pontevedra. 1. Agolada: 29 de xuño; 30 de xuño, San Pedro e San Paulo. 2. Arbo: 3 de febreiro, San Brais; 16 de agosto, San Roque. 3. Baiona: 16 de xullo, Virxe do Carme; 20 de xullo, Santa Liberata. 4. Barro: 18 de xuño, Festa do Viño; 1 de outubro, Romaría de San Breixo. 5. Bueu: 16 de xullo, Virxe do Carme; 11 de novembro, San Martiño. 6. Caldas de Reis: 24 de xuño, San Xoán; 16 de agosto, San Roque. 7. Cambados: 16 de xullo, Virxe do Carme; 16 de agosto, San Roque. 8. Campo Lameiro: 29 de setembro, San Miguel; 30 de setembro, San Xerónimo. 9. Cangas: 26 de marzo, Venres das Dores; 30 de agosto, Luns do Cristo. 10. Cañiza, A: 24 de maio, Festa das Pascuiñas; 15 de outubro, Festa de Santa Tareixa

20 de novembro de 2009

11. Catoira: 5 de xullo, San Pedro; 12 de xullo, Santo Antonio de Padua. 12. Cerdedo: 24 de xuño, San Xoán Bautista; 26 de xullo, Luns do Ecce-Homo. 13. Cotobade: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 23 de agosto, San Roque e Santo Antón. 14. Covelo: 24 de maio, Festa das Pascuiñas; 26 de xullo. 15. Crecente: 13 de maio, Virxe de Fátima; 29 de xuño, San Pedro. 16. Cuntis: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, Virxe do Carme. 17. Dozón: 6 de agosto, San Salvador; 6 de setembro, Virxe da Pena de Francia.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

17

18. Estrada, A: 24 de xuño, Festas Patronais de San Paio; 25 de xuño. 19. Forcarei: 30 de agosto, Luns das Dores; 11 de novembro, San Martiño. 20. Fornelos de Montes: 5 de abril, Luns de Pascua; 12 de agosto, San Lourenzo. 21. Gondomar: 12 de xullo, Santo Antonio; 16 de agosto, San Roque. 22. Grove, O: 16 de xullo, Virxe do Carme; 11 de novembro, San Martiño do Grove. 23. Guarda, A: 16 de xullo, Virxe do Carme; 23 de setembro, Santa Tegra. 24. Illa de Arousa, A: 7 de xaneiro, San Xulián; 16 de febreiro, Martes de Entroido. 25. Lalín: 20 de setembro; 21 de setembro, Festas patronais. 26. Lama, A: 28 de xullo, San Xoaquín e Santa Ana; 5 de agosto, Nosa Señora das Ermidas. 27. Marín: 16 de xullo, Virxe do Carme; 8 de setembro, Nosa Señora do Porto. 28. Meaño: 5 de abril, Luns de Pascua; 13 de decembro, Santa Lucía. 29. Meis: 5 de abril, Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas); 16 de agosto, San Roque. 30. Moaña: 16 de xullo, Nosa Señora do Carme; 11 de novembro, San Martiño. 31. Mondariz: 24 de maio, Virxe da Franqueira; 16 de agosto, San Roque. 32. Mondariz-Balneario: 11 de febreiro, Nosa Señora de Lurdes; 24 de maio, Romaría Santuario da Franqueira. 33. Moraña: 19 de xullo, Santa Xusta; 13 de decembro, Santa Lucía. 34. Mos: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de xuño.

36. Nigrán: 24 de xuño, San Xoán; 29 de xuño, San Pedro. 37. Oia: 24 de maio, Virxe do Mar; 29 de setembro, San Miguel. 38. Pazos de Borbén: 15 de xaneiro, San Amaro; 13 de abril, Luns de Pascua. 39. Poio: 24 de xuño, San Xoán; 24 de setembro, Nosa Sra. da Mercé. 40. Ponteareas: 7 de xuño, luns seguinte á Festa de Corpus Cristi; 29 de setembro, San Miguel Arcanxo. 41. Ponte Caldelas: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 1 de setembro, Mércores da Festa das

20 de novembro de 2009

35. Neves, As: 29 de xullo, Santa Marta; 5 de agosto, Nosa Señora das Neves.


18

Novas da Xustiza Dores. 42. Pontecesures: 7 de xaneiro, San Xulián; 5 de xullo, Festa do Carme. 43. Pontevedra: 17 de febreiro, Mércores de Cinza; 5 de abril, San Cibrán. 44. Porriño, O: 12 de xullo, San Bieito; 27 de setembro, Santísimo Cristo da Agonía. 45. Portas: 7 de xaneiro, San Xiao; 5 de abril, Luns de Pascua. 46. Redondela: 12 de abril, Luns do Cristo; 3 de xuño, Xoves da Coca. 47. Ribadumia: 5 de abril, Luns de Pascua; 10 de decembro, Santa Eulalia. 48. Rodeiro: 14 de xuño, Santo Antonio; 8 de setembro, Nosa Señora do Faro. 49. Rosal, O: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 26 de xullo, Santa Ana. 50. Salceda de Caselas: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de xullo, Luns do Cristo. 51. Salvaterra de Miño: 14 de xuño, Santísimo Cristo da Vitoria; 10 de agosto, San Lourenzo. 52. Sanxenxo: 5 de abril, Luns de Pascua; 25 de agosto, San Xenxo. 53. Silleda: 12 de xullo, luns seguinte á Festa de Silleda; 23 de agosto, Festa da Empanada. 54. Soutomaior: 5 de abril, Luns de Pascua; 6 de agosto, San Salvador. 55. Tomiño: 16 de agosto, San Roque; 13 de setembro, Luns do Alivio. 56. Tui: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de abril, Luns de San Telmo. 57. Valga: 3 de febreiro, San Brais; 26 de xullo, Santa Ana.

20 de novembro de 2009

58. Vigo: 29 de marzo, Reconquista da Cidade; 16 de agosto, San Roque. 59. Vilaboa: 16 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño. 60. Vila de Cruces: 9 de agosto; 10 de agosto, Festas Patronais da Nosa Sra. da Piedade. 61. Vilagarcía de Arousa: 22 de maio, Santa Rita; 16 de agosto, San Roque. 62. Vilanova de Arousa: 15 de xaneiro, Santo Amaro; 16 de setembro, Virxe da Pastoriza.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

19

Calendario laboral 2010 Decreto 350/2009, do 2 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2010 na Comunidade Autónoma de Galicia. O artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas das festas de ámbito estatal, as comunidades autónomas teñen facultades de opción ou substitución por outras que por tradición lles sexan propias. En virtude destas facultades, na nosa comunidade autónoma, e ao coincidir con domingo, o 25 de xullo, Santiago Apóstolo, Día Nacional de Galicia, e o 15 de agosto, a Asunción, facendo uso da posibilidade establecida no artigo 45.3º do Real decreto 2001/1983, optouse pola súa substitución polos días 17 de maio, Día das Letras Galegas, e 19 de marzo, día de San Xosé, que pola súa significación xa foron implantadas como festas laborais noutras ocasións, seguindo, deste xeito, o criterio de festas laborais para conmemorar todo o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura. Segundo o establecido na Constitución española e no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia, asumidas e asignadas polo Decreto 117/1982, do 5 de outubro, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar e logo de deliberación do Consello

DISPOÑO: Artigo 1º Conforme o establecido no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, de non se producir modificación no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 serán as seguintes:

20 de novembro de 2009

da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xullo de dous mil nove,


20

Novas da Xustiza 1 de xaneiro Aninovo 6 de xaneiro Día de Reis 19 de marzo San Xosé 1 de abril Xoves Santo 2 de abril Venres Santo 1 de maio Festa do Traballo 17 de maio Día das Letras Galegas 12 de outubro Día da Hispanidade 1 de novembro Todos os Santos 6 de decembro Día da Constitución 8 de decembro A Inmaculada 25 de decembro Nadal As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable. Artigo 2º Conforme o disposto no artigo 37.2º do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables dúas festas locais, que serán determinadas polo/a xefe/a territorial da Consellería de Traballo e Benestar en cada unha das delegacións territoriais da comunidade autónoma, por proposta do órgano municipal competente dos respectivos concellos, e publicaranse nos boletíns

20 de novembro de 2009

oficiais de cada provincia e no Diario Oficial de Galicia. Artigo 3º De acordo co que dispón o artigo 48.7º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as festas laborais sinaladas nos artigos precedentes terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.


FSC-CCOO Novas da Xustiza

21

A nova Oficina xudicial

O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se crean as dúas comisións enca rgadas do deseño e da implantación da nova Oficina Xudicial en Galicia

Publicado en www.xunta.es

Santiago, 19 de novembro de 2009.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou hoxe que coa futura implantación da Nova Oficina Xudicial en Galicia, iniciamos “un dos maiores retos” dos últimos anos para acadar unha organización “eficiente” dos xulgados na Comunidade Autónoma. Un proxecto que é “unha responsabilidade”, dixo, e que exixe a coordinación de todas as administracións públicas e, tamén, da Xunta de Galicia con todos os actores da Xustiza: xuíces, fiscais, avogados e representantes dos traballadores, para transformar un modelo “antigo e amortizado”, noutro baseado nas responsabilidades, nos obxectivos e nas “competencias claras”. En rolda de prensa, o mandatario galego deu conta do decreto que aprobou o Consello da Xunta segundo o que se crean e regulan as dúas comisións que se encargarán do deseño e da implantación da Nova Oficina Xudicial en Galicia. Feijóo, apuntou que, con ela, Galicia se incorpora “inmediatamente” ao novo sistema de organización xudicial a través dun tamente imprescindible”, matizou. Segundo detallou, o obxectivo é “especializar a cada un dos actores principais de cada xulgado para tentar axilizar o colapso que vive a Xustiza en Galicia e en España”. Os xulgados, concretou, van ser divididos en tres unidades. Así, haberá unha unidade de apoio directo ao xuíces para executar as funcións xurisdicionais, polo que se van dedicar en exclusiva ao ditado das sentenzas e contarán con persoal de apoio nesta labor. No que atinxe aos servizos comúns procesuais, estes dependerán do secretario do xulgado que estarán encargados de todo o traballo burocrático. Por último, crearanse, ademais, unidades administrativas de xestión de edificios, dos equipamentos e da xefatura de persoal do

20 de novembro de 2009

novo modelo organizativo “difícil pero absolu-


22

Novas da Xustiza xulgado. O que persegue o Goberno con esta medida é, en palabras do presidente, apoiar aos xuíces para que poidan ditar as sentenzas e que non teñan que distraerse en traballos que non son plenamente xurisdicionais, e especializar aos secretarios na xestión de todo o traballo burocrático do xulgado, para o que haberá unha unidade administrativa. O titular da Xunta explicou que se vai traballar “en paralelo” con dous calendarios “que se solapan entre si”. Na primeira fase, constituiranse 43 novas unidades xudiciais co obxectivo posto no ano 2010. Pola contra, a segunda fase que se inicia “desde xa”, consistirá na presentación do Plan estratéxico para a implantación da Nova Oficina Xudicial, e do seu despregue “total” en Galicia, para o que requiriu da coordinación de todos os actores implicados. Un despregue de acordo ás especificidades de Galicia “Temos que coordinarnos co Estado, e farémolo; estamos coordinados e coordinarémonos cos xuíces, cos fiscais, os avogados, os procuradores e cos funcionarios”, remarcou Feijóo, quen avogou por que o despregue da nova organización da Oficina Xudicial se que faga “de acordo co territorio propio da comunidade autónoma” e “tendo en conta as especificidades de Galicia”, que conta con 45 partidos xudiciais, dos cales e o 64 por cento teñen tan só un ou dous xulgados. O mandatario galego sinalou que os custes de incrementar estes proxectos teñen unha relación directa coa dispersión, e lembrou que cando Galicia plantexaba a “imperiosa necesidade” de valorar este factor no novo modelo de financiamento “non era un plantexamento retórico; senón, contrastado con datos e con cifras”. “Estamos ante unha operación difícil pero imprescindible porque estamos a funcionar como hai decenas e decenas de anos”, dixo, para engadir: “Ou cambiamos as formas de funcionamento interno potenciando a figura xurisdicional do xuíz, a figura procesual e burocrática do secretariado e as figuras administrativas, ou seguiremos mesturando competencias e colap-

20 de novembro de 2009

sando o funcionamento dos xulgados”.

Referencia do Consello da Xunta, ao final do boletín


FSC-CCOO Novas da Xustiza

23

Oposicións

Tramitación, quenda de promoción interna Relacións definitivas de aprobados

Acuerdo de 18 de noviembre de 2009, del Tribunal Calificador Único, Promoción Interna, por el que se hace pública la valoración definitiva de méritos y se convoca a la realización del Idioma Autónomico. 18 de noviembre de 2009 Documentos asociados Acuerdo de 18 de noviembre del Tribunal Calificador Único (PDF. 28KB) (versión HTML)

Anexo II Propuesta aprobados con número de orden (PDF. 100KB) (versión HTML) Anexo III Solicitud exención de la realización de la práctica tutelada en Organo Judicial. (PDF. 53KB) (versión HTML)

20 de novembro de 2009

Anexo I Definitiva valoración méritos (PDF. 59KB) (versión HTML)


24

Novas da Xustiza

CCOO na internet Contacto

A nosa páxina web A CORUÑA Raquel e Estrela 981.18.20.32 saxgccoo@gmail.com

FERROL Manolo e Chus 981.33.73.97 mariajesusotero@gmail.com

SANTIAGO Chus 981.54.03.63 mariajesusotero@gmail.com

OURENSE Carlos e Justo 988.68.71.92 jclamela@yahoo.es

PONTEVEDRA Belén 986.80.39.79

Estamos na internet nas seguintes direccións: http://ccooxustiza.blogspot.com/ http://ccoojusticia.blogspot.com/

http://ccooenmugeju.blogspot.com/

belenpontevedraccoo@gmail.com

VIGO Mercedes e Pablo

20 de novembro de 2009

986.81.78.35 ccoogalicia@yahoo.es

Se queres publicar un artigo ou un comentario LUGO

no boletín, se queres realizar unha consulta ou

José Antonio

unha suxestión ou se queres recibir o boletín

982.40.21.95

remítenos un correo electrónico a

ccoo.xustiza@gmail.com

ccoo.xustiza@gmail.com


INFORMACIÓN AOS MEDIOS Consello da Xunta

A XUNTA CREA AS DÚAS COMISIÓNS QUE SE ENCARGARÁN DO DESEÑO E A IMPLANTACIÓN DA NOVA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA ƒ ƒ

Trátase do proxecto de reforma organizativa nos xulgados e tribunais galegos máis importante dos dous últimos séculos A Consellería de Presidencia proxecta unha implantación progresiva da reforma, que busca dinamizar, axilizar e mellorar a calidade dos servizos xudiciais

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se crean e regulan as comisións e grupos de traballo que se encargarán do deseño e implantación en Galicia da Nova Oficina Xudicial, no que é o proxecto de reforma organizativa nos xulgados e tribunais máis importante dos dous últimos séculos. Coa finalidade de crear os foros onde se desenvolverá o dito proceso, o decreto constitúe unha comisión superior e unha comisión técnica, así como grupos de traballo, que contando co asesoramento de expertos servirán para organizar a participación dos diversos sectores da xustiza durante a reforma. O Goberno galego prevé para os estudos das comisións e dos grupos de traballo unha planificación temporal de 18 meses, ao cabo dos cales se aprobará o Plan Estratéxico para a Implantación da Nova Oficina Xudicial. As características singulares da distribución dos nosos órganos xudiciais –dos 45 partidos xudiciais, 29 teñen só un ou dous xulgados- condicionan o deseño do plan estratéxico, no cal se contará coa participación de todos os sectores implicados na implantación dos futuros servizos de execución e de ordenación do procedemento. O que persegue esta importante reforma é dinamizar, axilizar e mellorar a calidade dos servizos xudiciais a través dunha distribución máis racional, coherente e eficiente do traballo. Trátase, en definitiva, de substituír as actuais secretarías xudiciais por unha estrutura de unidades mellor dimensionadas e máis especializadas. Así, crearanse en primeiro lugar as unidades de apoio directo, encabezadas polo xuíz e enfocadas cara ás funcións máis estritamente xurisdicionais e xulgadoras. Tamén estarán os servizos comúns procesuais, co secretario á cabeza e dirixidas a asumir o peso principal do traballo burocrático. Finalmente, haberá unidades administrativas, cuxa principal encomenda será a de xestionar os edificios xudiciais e o equipamento de medios materiais, así como levar a xefatura de persoal. Implantación progresiva A Xunta proxecta unha implantación progresiva da Nova Oficina Xudicial, estratificada en dúas fases. A curto e medio prazo porase en marcha a parte da Gabinete de Comunicación San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: gabinete@xunta.es


INFORMACIÓN AOS MEDIOS Consello da Xunta

reforma que non suscita dúbidas en canto ao seu modelo organizativo, e que pasa pola constitución de 43 novas unidades –entre servizos comúns procesuais e unidades técnico-administrativas e unidades de apoio ás presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados-, recollidas en proxectos de decreto para a súa creación que actualmente ultima a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Na segunda fase faranse efectivas as reformas de maior calado, que suporán a substitución das actuais secretarías pola organización baseada nas unidades procesuais de apoio directo e servizos comúns de ordenación de procedemento e de execución. Estrutura do decreto O decreto aprobado hoxe polo Consello da Xunta recolle a creación das comisións, a súa composición, funcións e funcionamento. A Comisión autonómica para a implantación da Nova Oficina Xudicial contará con 14 membros, dos cales un será o presidente; haberá cinco vogais da Administración autonómica; cinco da Administración de xustiza; dous en representación das corporacións profesionais; e un secretario pertencente á Dirección Xeral de Xustiza. A Comisión técnica para a implantación da Nova Oficina Xudicial contará cun presidente; cinco vogais da Administración autonómica; un secretario pertencente á Dirección Xeral de Xustiza; e 13 membros en representación da Administración de xustiza (dous do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; un da Fiscalía Superior; un secretario de Goberno; catro secretarios coordinadores; e cinco das organizacións sindicais).

Gabinete de Comunicación San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: gabinete@xunta.es


Novas da Xustiza nº 114