Issuu on Google+

novas da xustiza

Número 58 02 setembro 2009

Formación Sumario

Formación ..................... 1

Formación continua. 1ª convocatoria Aberto o prazo de matrícula para os cursos que se realizan en outubro

Primeira convocatoria do plan de formación continua

O día 1 de setembro ábrese o 1º prazo de matrícula para os cursos que se realizan en outubro. O segundo prazo de matrícula será na segunda metade do mes de setembro para os cursos que se realizan en novembro e decembro.

Edita

A información sobre estes cursos será actualizada e ampliada na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/

CCOO de Xustiza de Galicia

Deseguido, achegamos arquivos coa seguinte información: - Resolución de publicación do plan de Formación Continua 2009 - Resolve as túas dúbidas - Convocatoria e prazos de matrícula - Baremo para ponderar formación e antigüidade 


Nº 153 앫 Xoves, 6 de agosto de 2009 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Resolución do 30 de xullo de 2009 pola que se publica o Plan de formación continua dos empregados públicos da Administración de xustiza en Galicia para o ano 2009 e se aproban as bases para a participación nestas accións formativas. A Administración pública en xeral e en particular a Administración de xustiza de Galicia debe contar cuns servizos áxiles, accesibles e próximos aos cidadáns, e que dean resposta ás súas demandas e problemas. Para cumprir este obxectivo, os empregados públicos son o principal activo e deben converterse no factor decisivo para lograr una Administración máis doada, áxil e eficaz. Desde esta perspectiva, a Escola Galega de Administración Pública pretende potenciar a modernización, calidade e profesionalización da Administración a través da formación e o perfeccionamento dos empregados públicos. O IV Acordo de formación continua nas administracións públicas subscrito entre as organizacións sindicais representadas na Comisión Xeral para a Formación Continua e as Administracións Públicas, sinala que a formación continua de todos os empregados públicos constitúe unha necesidade imprescindible para conseguir os obxectivos permanentes de eficacia e de modernización. O plan de actividades correspondente ao ano 2009 da EGAP recibiu o informe favorable da Comisión Autonómica de Formación Continua, foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2009 e recolle a previsión de que a EGAP asumirá a partir do ano 2009 a organización dos cursos de formación continua para o cadro de persoal da Administración de xustiza de Galicia, tanto os que viña xestionando en parte a propia EGAP como os que xestionaba directamente a Dirección Xeral de Xustiza. Este plan de formación continua está destinado ao persoal da Administración de xustiza en Galicia por proceder os fondos que o financian das cotizacións dos traballadores públicos que prestan servizos nesta Administración. Esta resolución pola que se publica o dito plan de formación ten, polo tanto, carácter informativo e queda condicionada a execución das accións nela contidas á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria. As convocatorias das accións formativas e a apertura dos prazos de matrícula realizaranse a través da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es e na páxina web www.xudicial.xunta.es. O plan de formación estrutúrase en accións formativas de carácter xeral e específico, referidas todas elas ás seguintes áreas: dirección e xerencia pública, economía e finanzas, recursos humanos, recursos

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

13.215

materiais e tecnolóxicos, procesos de traballo, normativa e organización autonómica, específicas do sector competencial, idiomas, coñecementos transversais e outros. As accións formativas de carácter xeral teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizar funcións e tarefas en calquera posto de traballo ao longo da súa carreira profesional. Correspóndese con funcións, coñecementos e habilidades que son xenéricas e constitúen as bases da organización e o funcionamento da Administración. As accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades formativas cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo que se desempeña e que inclúen contidos basicamente sectoriais que afectan competencias específicas. RESOLVO: Publicar o Plan de formación continua dos empregados públicos da Administración de xustiza en Galicia composto polos cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases, características e contidos detallados no anexo I desta resolución. Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2009. Pablo Figueroa Dorrego Director da Escola Galega de Administración Pública ANEXO I Bases para a participación nas accións formativas Primeira.-Requisitos dos participantes. A) Poderán participar nas accións formativas anunciadas nesta resolución os funcionarios e as funcionarias dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos que se establezan para ser destinatarios en cada un das accións do anexo II na respectiva convocatoria. B) Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado e deberase comunicar de inmediato esta incidencia á EGAP. Segunda.-Desenvolvemento das actividades de formación. A) Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web da EGAP, http://egap.xunta.es.


13.216

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

B) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou en varias sesións presenciais das actividades. Cando un alumno teña coñecemento de que foi seleccionado nun curso que teña coincidencia horaria con outro para o cal xa fora seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o alumno non poderá participar noutros cursos durante o prazo dun ano desde que se detecte este feito. Terceira.-Solicitudes. A) O persoal que desexe participar nos cursos publicados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática que está dispoñible na zona de matrícula na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es. Non son admisibles outras formas nin modelos de solicitude de matrícula. B) Con carácter previo á matrícula é necesario formalizar o rexistro dunha conta na zona de matrícula da EGAP para solicitar cursos de formación, dándose de alta como novo usuario. Nesta alta previa faise recomendable facilitar conta de correo electrónico e teléfono móbil para recibir mensaxes de convocatorias, selección de candidatos e outra información relativa ás actividades de formación da EGAP. C) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecida no punto anterior ou sexan presentadas fóra de prazo. D) As solicitudes non poden realizarse ata que se convoquen as actividades e se abran os prazos de matrícula. Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización dos prazos de presentación de solicitudes. E) O prazo de presentación de solicitudes será determinado na convocatoria dos distintos cursos que se fará a través dun anuncio na páxina web da EGAP, http://.egap.xunta.es, e na páxina web www.xudicial.xunta.es. F) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do enderezo de correo electrónico matricula.egap@xunta.es, o fax 881 99 73 88, ou ben a través do teléfono que se facilitará na páxina web da EGAP, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes. G) As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. H) No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas para os efectos da selección, poderán remitir á EGAP unha copia do formu-

Nº 153 앫 Xoves, 6 de agosto de 2009 lario de matrícula e a devandita documentación por fax ao número 881 99 73 88 ou correo electrónico ao enderezo local.egap@xunta.es, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. I) No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos nalgún curso, poderá completarse o número de alumnos asignados a eles mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP, con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das novas persoas candidatas. Cuarta.-Criterios de selección. A) Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG nº 7, do 10 de xaneiro) e, de ser o caso, os criterios específicos que se establezan para cada acción formativa nas respectivas convocatorias. Para os efectos do previsto no punto segundo, liña 4ª da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 80% estará vencellado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 20% restante á antigüidade na Administración de acordo coa fórmula que se vai empregar, a cal se publicará na páxina web da EGAP. Se hai empate, desfarase de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo. B) Aplicarase o criterio de non preferencia para aqueles solicitantes que nas convocatorias do ano 2008 incorresen nalgunha das incidencias que nelas se regulaban, como a renuncia fóra de prazo e abandono non xustificados e a falsidade ou ocultación de datos persoais. Estes solicitantes só accederán ás actividades de quedaren prazas vacantes. C) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito. D) Nos cursos que teñan varias edicións, terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que teña o seu posto de traballo nelas. E) A EGAP poderá solicitar en calquera momento aos centros directivos dos cales dependan os solicitantes ou á xefatura de persoal da entidade correspondente documentación acreditativa da veracidade dos datos contidos na solicitude e, en especial, un informe acreditativo da adecuación do perfil do soli-


Nº 153 앫 Xoves, 6 de agosto de 2009 citante ao contido do curso nas accións formativas específicas. F) Así mesmo, poderá ser solicitado o asesoramento dos profesores na materia dos cursos cando sexa conveniente para unha mellor selección e a homoxeneización do grupo de alumnos, para o que poderán ser establecidas probas previas de nivel. Quinta.-Publicación das relacións do persoal seleccionado e renuncias. A) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es unha relación provisional das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 59.6º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, para unha maior difusión serán informados da súa selección a través do correo electrónico e mensaxe telefónica os que faciliten eses datos na alta de matrícula. As persoas que non figuren nesta relación ocupan un posto máis afastado na lista de reservas, ou ben foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria. B) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de admitidos no curso. C) O persoal preseleccionado só poderá renunciar ao curso por causas xustificadas sempre que se acredite o feito alegado a través da documentación pertinente. A renuncia, xunto co documento acreditativo, debe ser comunicada por escrito á EGAP, por fax ao número 881 99 73 88 ou correo electrónico local.egap@xunta.es, cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso co fin de cubrir a vacante. A renuncia fóra de prazo ou non acreditar documentalmente a causa que a produce suporá a exclusión do seleccionado nas convocatorias durante o prazo dun ano contado desde a data de finalización do curso, de acordo co disposto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008, pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública. D) Non serán admitidos en ningún caso cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas. Sexta.-Asistencia aos cursos. A) Durante a realización das actividades formativas levarase un control permanente de asistencias a través dos sistemas que se establezan para o efecto en que os alumnos e profesores deben facer constar como incidencia as ausencias dentro de cada sesión. Isto implica que o persoal que participe nos cursos terá que anotar como incidencia a hora de chegada ou saída, no caso de non coincidir coa duración oficial do curso, para poder acreditar o tempo que faltou. De non facelo así e realizarse un control de asistencia extraordinario, perderá o dereito a recibir o certificado.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

13.217

B) É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, que se acreditará documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou a persoa responsable do curso nun prazo máximo de 10 días despois de que este finalice e que, en ningún caso, poderá superar o 15% das horas lectivas. A ausencia aínda xustificada superior ao 15% do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma. C) A falta de asistencia dun número de horas superior ao 15% das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada determinará non só a perda do dereito ao certificado acreditativo da participación no curso senón que os participantes poderán ser excluídos das convocatorias das actividades formativas da EGAP durante o prazo dun ano contado desde a finalización do curso. Sétima.-Certificados. A) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de asistencia e de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos. B) Outorgaráselle o correspondente certificado de asistencia ao alumnado que participe con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas. C) Outorgaráselle certificado de aproveitamento ao alumnado dos cursos que así estableza a convocatoria. A expedición deste certificado requirirá cumprir o mínimo de asistencia establecido para esa actividade, así como a superación do sistema de avaliación da aprendizaxe axeitado a cada actividade, mediante diferentes instrumentos, do cal se terá coñecemento antes do comezo ou durante o desenvolvemento da actividade formativa. En caso de non superar as probas establecidas tampouco se facilitará certificado de asistencia. D) Para que quede coñecemento e constancia no seu expediente, as persoas participantes nos cursos terán que facilitarlles unha copia das certificacións recibidas aos servizos de persoal do centro directivo ao cal estean adscritos. Oitava.-Especialidades dos cursos de teleformación. Requirimentos técnicos e certificados. A) As persoas solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun teléfono de contacto e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos: -Ordenador con conexión á internet. -Navegador de internet. -Conta de correo electrónico especificada na solicitude.


13.218

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Nº 153 앫 Xoves, 6 de agosto de 2009

Tamén se requirirán coñecementos de manexo de ordenadores a nivel de usuario, de internet, de navegadores e de correo electrónico. B) Con carácter xeral os cursos na modalidade de teleformación realízanse na modalidade de cursos con certificado de aproveitamento. Para poder acadar este certificado nos cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade. Se non se cumpren estes requisitos en ningún caso se expedirá o certificado de aproveitamento nin o de asistencia. Estes requisitos son: -Lectura detallada dos contidos do curso. Cada curso ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma. Para verificar este requisito poderá establecerse para cada actividade un tempo mínimo de conexión de forma global ou por módulos. -Adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar como aprobadas no momento en que se determine na plataforma. En cada curso determinarase o sistema de superación das actividades e a posibilidade ou non de repetilas. -Realización e superación das probas de avaliación que se establezan. A superación da actividade será determinada polo correspondente titor do curso, que informará da superación do sistema de avaliación por parte dos alumnos á EGAP. C) Ao inicio do curso, publicarase na propia plataforma de teleformación o programa do curso sinalando as probas de avaliación que se establecen para esa actividade, así como as datas en que estas terán

lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestes cursos as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final. Novena.-Facultades da EGAP. A) A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e a xestión dos cursos, e pode suprimir algún, ampliar novas edicións da programación ou programar outros cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Así mesmo, correspóndelle á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución. B) A execución material das accións queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto. C) No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente. D) A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e os contidos dos cursos, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento dos cursos serán anunciadas na páxina web da escola.

ANEXO II Cursos presenciais Curso

Prazas/ edición

Edicións

Horas/ edición

Datas previstas

Lugares

Implantación da nova oficina xudicial

35

7

30

Outubronovembro

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela

Entomoloxía forense

30

1

12

Outubro

Santiago de Compostela

Aspectos prácticos en valoración dano corporal

30

1

12

Novembro

Santiago de Compostela

Teleformación e mixtos Curso

Prazas

Horas

Datas estimadas

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Especial atención ao poder 100 de autoorganización da CC.AA. nesta materia

30

Novembro

Modificacións procesuais para a efectiva implantación da nova oficina xudicial

30

Novembro

100

Curso de xurisdición penal. Principais guías de tramitación procesual

100

40

Novembro

A execución civil, aplicación supletoria nas demais ordes xurisdicionais

100

35

Novembro

A execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación

100

30

Novembro

Proceso abreviado e procesos especiais na xurisdición contencioso-administrativa. Réxime de recursos

100

20

Novembro

O procedemento concursal

100

35

Novembro

Violencia doméstica e familiar. Tramitación

100

30

Novembro

A xurisdición civil. Medidas cautelares, incidentes no proceso familiar

100

30

Novembro

Xulgados de garda e xulgados de instrución. Xestión do servizo de garda

100

30

Novembro

Rexistro civil

100

25

Novembro


Nº 153 앫 Xoves, 6 de agosto de 2009

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

13.219

Curso

Prazas

Horas

Datas estimadas

Dereito civil de Galicia

100

25

Novembro

Certificado dixital

100

25

Outubro

Básico de protección de datos

80

25

Outubro

Itinerario de habilidades sociais e xestión de persoas

80

25

Outubro-novembro

Prevención de riscos laborais

80

25

Outubro

Formación de formadores TIC

80

25

Outubro

Xénero e igualdade

80

20

Outubro

Base de datos Access

80

30

Outubro

Folla de cálculo Excel básico

80

25

Outubro

Folla de cálculo Excel avanzado

80

25

Outubro

Presentacións eficaces

80

25

Outubro

Procesador de textos Word básico

80

25

Outubro

Procesador de textos Word avanzado

80

25

Outubro

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA Orde do 29 de xullo de 2009 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería. De conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º da mesma lei, esta consellería DISPÓN: Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde. Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I. Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificios administrativos de San Caetano 15771 Santiago de Compostela), nas súas delega-

cións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II. Cuarto.-Os/as aspirantes deberán unirlle á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen. Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutra administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes. Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno. Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia,


PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2009 PARA   O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA  DE GALICIA               

RESOLVE AS TUAS DÚBIDAS

ONDE PODO INFORMARME ? 

 

   

ƒ

A páxina web http://egap.xunta.es/ da Escola Galega de Administración Pública  esta permanentemente operativa sen prexuízo do uso doutros medios de  información.  

ƒ

Dende a páxina web http://www.xudicial.xunta.es/. 

ƒ

Publicación no DOG. (ver DOG nº 153 do 6 de agosto do 2009). 

A QUÉN VAI DIRIXIDO ESTE PLAN DE FORMACIÓN ? 

 

Funcionarios e funcionarias dos corpos xerais e médicos forenses ao servizo da  Administración de xustiza en Galicia.   

 

     

 

COMO ME PODO INSCRIBIR NESTAS ACTIVIDADES ? 

 

1. Alta previa     Se é a primeira vez que solicita cursos da EGAP, é imprescindible rexistrar unha conta  na zona de matrícula da EGAP na páxina web https://egap.xunta.es/matricula/.    Neste formulario da zona de matrícula (Fig. 1) terá que facer clic en “1. REXISTRAR  UNHA CONTA NA EGAP PARA SOLICITAR CURSOS DE FORMACIÓN” e cumprimentar o  formulario de alta cos seus datos.    Unha vez feito isto, xa pode solicitar os cursos que teñan o prazo aberto de matrícula.      15707 Santiago

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es 1 de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es


Plan de Formación Continua 2009 para o persoal da   Administración de Xustiza de Galicia.   RESOLVE AS TUAS DÚBIDAS 

 

  Fig. 1 ‐ Zona de matrícula.     

2. Matrícula*  (*para as persoas que xa realizaron a alta previa )  Deben entrar na zona de matrícula https://egap.xunta.es/matricula/  e introducir o  seu NIF e o contrasinal que indicou na alta previa. Desta forma accédese a unha zona  privada onde poderá seleccionar os cursos aos que se pode matricular. (Fig. 2)  Agora xa poden realizar a matrícula facendo clic nos desplegables que van aparecendo  e seleccionando o que é do seu interese ata que aparece o botón de PRESOLICITAR.   Ao premer PRESOLICITAR, verán un esbozo da súa matricula. Se cometen un erro,  corríxeno e se están de acordo, pican o botón de MATRICULA que enviará a súa  solicitude á EGAP.        Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es 2


Plan de Formación Continua 2009 para o persoal da   Administración de Xustiza de Galicia.   RESOLVE AS TUAS DÚBIDAS 

 

  Fig. 2 – Solicitude de cursos.      ƒ

Non son admisibles outras formas nin modelos de solicitude de matrícula. 

ƒ

De se produciren cambios en "datos persoais" ou "datos administrativos", faga clic  en modificar datos usuario (é moi importante actualizar os seus datos así como  cumprimentar os campos optativos do número de teléfono móbil e enderezo de  correo electrónico, de ser o caso para recibir notificacións). 

ƒ

As persoas solicitantes incluídas no artigo 45 de 7/2004, galega para a igualdade  de mulleres e homes, e as persoas discapacitadas que teñen un grao igual ou  superior ao 33% de minusvalía deberán facer constar este dato no espazo  reservado aos efectos na zona de matrícula e logo remitir a local.egap@xunta.es  ou ó fax  881 99 73 88 unha copia da matrícula acompañada da fotocopia que  acredite tal situación. 

    Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es 3


Plan de Formación Continua 2009 para o persoal da   Administración de Xustiza de Galicia.   RESOLVE AS TUAS DÚBIDAS 

   

3. Prazos de matrícula e convocatoria  O prazo de presentación de solicitudes será determinado na convocatoria dos  distintos cursos que se fará a través dun anuncio na páxina web da EGAP.       

COMO SE SELECCIONAN OS PARTICIPANTES DESTAS ACTIVIDADES  FORMATIVAS ?  Os criterios de selección serán os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola   Galega de Administración Pública (ver DOG nº7 do 10 de xaneiro do 2008) e, de ser o  caso, os criterios específicos que se establezan para cada acción formativa nas  respectivas convocatorias publicadas na páxina web da EGAP.       

COMO SEI SE ESTOU SELECCIONADO PARA UN CURSO ?  A EGAP publicará na súa páxina web tanto a relación provisional como a definitiva, das  persoas seleccionadas para cada curso.  Así mesmo, para unha maior difusión, informarase aos seleccionados a través do  correo electrónico e mensaxe telefónica se facilitaron estes datos na alta de matrícula.         

PODO RENUNCIAR AOS CURSOS ?  Só se poderá renunciar a un curso por causas xustificadas sempre que se acredite a  través da documentación pertinente que debe ser comunicada por escrito á EGAP, por  fax ao 881 99 73 88 ou correo electrónico local.egap.@xunta.es cunha antelación de 3  días hábiles anteriores ao inicio do curso.  A renuncia fora de prazo ou non acreditar documentalmente a causa, suporá a  exclusión so seleccionado nas convocatorias durante un ano.          Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es 4


Plan de Formación Continua 2009 para o persoal da   Administración de Xustiza de Galicia.   RESOLVE AS TUAS DÚBIDAS 

 

 

   

CANDO TEÑO DEREITO AO CERTIFICADO ? 

   

  A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados. O certificado que corresponda a  cada curso estará determinado na convocatoria da acción formativa. 

  Certificado de Asistencia  Outorgaráselle ao alumnado que participe con regularidade e dedicación no  desenvolvemento dos cursos e asista polo menos o 85% do total das horas. A EGAP  poderá realizar as probas que considere oportunas.   

 

Certificado de Aproveitamento  Outorgaráselle ao alumnado que cumpra o mínimo de asistencia establecido para esa  actividade e supere as probas de avaliación que se establezan.   

   

 

ESPECIALIDADES DOS CURSOS DE TELEFORMACIÓN     Algúns dos cursos realizaranse a través de internet na plataforma de teleformación que  se estableza, polo que os solicitantes deben ter coñecementos básicos de informática a  nivel usuario e dispor de equipos informáticos cos seguintes requirimentos técnicos:  ƒ Ordenador con conexión á internet.  ƒ Navegador de internet.  ƒ Conta de correo electrónico especificada na solicitude.   

Certificados  Con carácter xeral serán de aproveitamento e para ter dereito a eles é necesario:  ƒ Lectura detallada dos contidos do curso cumprindo o tempo mínimo de conexión  que se estableza.  ƒ Realización e superación das actividades no prazo establecido.  ƒ Realización e superación das probas de avaliación finais que serán, salvo que se  determine outra cousa, presenciais.    Se non se cumpren estes requisitos en ningún caso se expedirá o certificado de  aproveitamento nin o de asistencia.      En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán  dirixirse á EGAP a través dos teléfonos 981 546 340 e 981 54 63 23 ou enderezo de  correo electrónico matricula.egap@xunta.es.    Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es 5


PLAN DE FORMACIÓN 2009 PARA EMPREGADOS DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA.

CONVOCATORIA E PRAZOS DE MATRÍCULA 1ª convocatoria: PRAZO MATRÍCULA: DO 1 AO 10 DE SETEMBRO

(a partir do 1 de setembro poderase realizar a matrícula dos seguintes cursos a través da zona de matrícula da EGAP https://egap.xunta.es/matricula/)

CURSOS PRESENCIAIS CURSO

PRAZAS EDIC.

EDICIÓNS

HORAS EDIC.

LUGAR

DATAS DOS CURSOS

IMPLANTACIÓN DA NOVA OFICINA XUDICIAL

35

7

30

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra,Vigo, Ferrol e Santiago

setembro/outubro/novembro/decembro (ver ficha do curso)

TELEFORMACIÓN CURSO Certificado dixital Básico de protección de datos Itinerario de habilidades de comunicación social e xestión de persoas Xénero e igualdade Prevención de riscos laborais

prazas 100 80 80 80 80 80 80

HORAS 25 25 25 25 25 25 30

DATAS DO CURSO 1-31 outubro 1-31 outubro 15 out./15 nov. 1-31 outubro 1-31 outubro 1-31 outubro

Folla de cálculo básico

80

25

1-31 outubro

Folla de cálculo avanzado

80

25

1-31 outubro

Formación de formadores TIC Base de datos

1-31 outubro


Os cursos na modalidade de teleformación son cursos con certificado de aproveitamento. Para poder acadar este certificado é necesaria a realización e superación das probas de avaliación que se establezan. A EGAP informará a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación da modalidade, datas concretas e das horas da proba final.

2ª convocatoria: PROXIMAMENTE se abrirá o prazo ao longo do mes de setembro TELEFORMACIÓN

CURSO Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Especial atención ao poder de autoorganización da CCAA nesta materia Modificacións procesuais para a efectiva implantación da nova oficina xudicial Curso de xurisdición penal. Principais guías de tramitación procesual A execución civil aplicación supletoria nas demais ordes xurisdicionais Proceso abreviado e procesos especiais na xurisdición contenciosa administrativa. Réxime de recursos O procedemento concursal A execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación Violencia doméstica e familiar. Tramitación A xurisdición civil. Medidas cautelares, incidentes no proceso familiar Xulgados de garda e xulgados de instrución. Xestión do servizo de garda Rexistro civil Dereito civil de Galicia Presentacións eficaces Procesador de textos básico Procesador de textos avanzado

prazas

HORAS

DATAS DO CURSO

100

30

1-30 novembro

100 100 100 100 100 100 100 100 100 100 100 80 80 80

30 40 35 20 35 25 30 30 30 25 25 25 25 25

1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30 1-30

novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro novembro

Os cursos na modalidade de teleformación son cursos con certificado de aproveitamento. Para poder acadar este certificado é necesaria a realización e superación das probas de avaliación que se establezan. A EGAP informará a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación da modalidade, datas


concretas e das horas da proba final.

Convocatoria especial de médicos forenses PRAZO MATRÍCULA: pendente

FORMACIÓN PRESENCIAL DE MÉDICOS FORENSES CURSO

DATAS previstas

edicións

prazas

HORAS

MODALIDADE

Semioloxía das asfixias

1

30

12

Presencial

Outubro

Aspectos prácticos en valoración dano corporal

1

30

12

Presencial

Novembro


BAREMO PARA PONDERAR FORMACIÓN RECIBIDA E ANTIGüIDADE NA ADMINISTRACIÓN PARA ACTIVIDADES FORMATIVAS DA EGAP Desenvolvendo a Resolución de 4 de xaneiro de 2008 na que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas de EGAP, na que atinxe ó punto 4º dos Criterios xerais de selección, establécese un baremo para ponderar as horas de formación recibidas ou recoñecidas pola EGAP nos últimos dous anos, coa antigüidade na Administración. O baremo consta de 100 puntos e se plasma do seguinte xeito: 1. Horas de Formación: •

Máximo de 80 puntos no caso de non ter recibida ninguha formación nos dous últimos anos, puntuación irá decrecendo gradualmente ata acadar os 0 puntos no caso de ter recibido 240 horas ou máis de formación nos dous últimos anos nas actividades formativas da EGAP.

Aos efectos deste cómputo dos dous anos naturais tomaránse como datas de referencia a data inicial do prazo de matrícula e como data final a data do último día dos cursos realizados ou homologados.

2. Antigüidade: 2.1. 4 puntos por trienio ate un máximo de 5 trienios. 2.2. Cando se trate de persoal do que non se teñan datos relativos aos trienios, calcularáse da seguinte forma: •

4/3 puntos por ano completo traballado ate un máximo de 15 anos de antigüedade.

Ademais, e conforme ó punto 4º dos Criterios específicos da devandita Resolución, haberá unha puntuación adicional dun 20 % para aquelas persoas que estean gozando ou gozasen, nos últimos dous anos de: - Licenza de maternidade. - Permiso de paternidade. - Redución de xornada ou excedencia para o coidado de familiares.


2 Novas da Xustiza

CCOO na internet Contacto

A nosa páxina web

A CORUÑA Raquel e Estrela 981.18.20.32 saxgccoo@gmail.com

FERROL Manolo e Chus 981.33.73.97 mariajesusotero@gmail.com

SANTIAGO Chus 981.54.03.63 mariajesusotero@gmail.com

OURENSE Carlos e Justo 988.68.71.92 jclamela@yahoo.es

Estamos na internet nas seguintes direccións: http://ccooxustiza.blogspot.com/

PONTEVEDRA Belén 986.80.39.79 belenpontevedraccoo@gmail.com

http://ccoojusticia.blogspot.com/

2 de setembro de 2009

VIGO Mercedes e Pablo 986.81.78.35 ccoogalicia@yahoo.es

LUGO José Antonio 982.40.21.95 ccoo.xustiza@gmail.com

Se queres publicar un artigo ou un comentario no boletín, se queres realizar unha consulta ou unha suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a ccoo.xustiza@gmail.com


Novas da Xustiza nº 58