Issuu on Google+

novas da xustiza

Número 33/2009 13 de xullo de 2009

Concurso de traslados Sumario

Concurso de traslados Aprázase a súa publicación ata o día 15 de xullo

Concurso de traslados .. 1 Aprázase a súa publicación

Xurisdición social .......... 2 Informe sobre o plan preventivo de reforzo para a xurisdición social

Oposicións ..................... 4 Xestión, promoción interna Secretarios xudiciais

Formación ..................... 6 Convocada a Comisión Paritaria

O Ministerio de Xustiza remitiunos o venres 10 de xullo a seguinte comunicación:

Lingua galega ................. 7 O manifesto cidadán a prol da linga bota a andar

Visto na rede ................. 11 Instrucións

Edita CCOO de Xustiza de Galicia

Se comunica que la publicación en el Boletín Oficial del Estado de la Orden de 24-6-2009, por la que se aprueba la relación de excluidos y se anuncian los lugares donde estarán a disposición de los interesados los Anexos III del concurso de traslados anunciado por Orden JUS/782/2009, de 10 de marzo (BOE 31-3-2009), se aplaza hasta el día 157-2009. Toda la información relativa a dicho concurso enviada anteriormente no es válida a ningún efecto. Los nuevos ficheros se remitirán, si es posible, antes del día 15. CONCURSOS


2 Novas da Xustiza

Reforzos

Xurisdición Social. Reforzo Informe sobre o plan preventivo de reforzo para a Xurisdición Social

INFORME SOBRE EL PLAN PREVENTIVO DE REFUERZO PARA LA JURISDICCIÓN SOCIAL

Los diecinueve partidos judiciales que más retraso acumulan recibirán el apoyo de 35 magistrados, además de secretarios judiciales y personal funcionario. Esta medida permitirá también reducir el creciente gasto del Estado en salarios de tramitación. Comenzará el día 1 del próximo mes de octubre y tendrá una duración inicial de seis meses con posibilidad de prórroga.

13 de xullo de 2009

El Consejo de Ministros ha recibido un Informe del Ministro de Justicia sobre el Plan Preventivo de refuerzo para agilizar la carga de trabajo en los tribunales de la jurisdicción social. También permitirá un ahorro considerable al Estado en el pago por salarios de tramitación. Mediante este Plan Preventivo, que no descarta otro tipo de medidas individualizadas para supuestos concretos, los diecinueve partidos judiciales que más retraso acumulan contarán con el apoyo de 35 magistrados, además de secretarios judiciales y personal funcionario. Este personal no quedará adscrito a un único órgano judicial determinado, sino que se les asignará una determinada proporción de la carga de trabajo debida a procesos por despido. El plan tiene una duración inicial de seis meses, a partir del 1 de octubre de 2009, y una previsión económica aproximada de 950.000 euros, con posibilidad de


FSC-CCOO 3 Novas da Xustiza

prórroga según los resultados alcanzados. Esta iniciativa del Ministerio de Justicia cuenta con mecanismos propios de control y ajuste, que permitirán medir sus efectos y desviar actuaciones concretas hacia aquellos elementos cuya respuesta no se ajuste a las previsiones. En principio, con una media aproximada de cien asuntos resueltos al mes por cada uno de los 35 jueces de refuerzo, podrían resolverse 3.500 asuntos. Así, sólo en los seis meses iniciales del Plan se podrán resolver unos 21.000 procesos, lo que supone el 42 por 100 de los procesos por despido registrados en el primer trimestre de este año.

Respuesta ágil Con esta medida el Gobierno pretende ofrecer una respuesta ágil y efectiva, que permita reducir el número de procesos judiciales por despido en trámite y conseguir, en la medida de lo posible, que la tramitación del proceso no supere el plazo de sesenta días que genera la obligación del pago de salarios de tramitación por parte del Estado. El notable incremento de la litigiosidad laboral y el progresivo aumento de las tasas de pendencia y congestión que estos tribunales vienen registrando en los últimos meses han generado efectos colaterales como el aumento del gasto que supone el pago por el Estado de los citados salarios de tramitación. Así, en el período 2002-2008 se han tramitado una media anual de 902 expedientes de pago de salarios de tramitación, con un importe medio anual de 5.514.513,5 euros. En los últimos cuatro años esa cifra ha superado los siete millones de euros en cada ejercicio.

Si estos juzgados funcionaran según los valores medios nacionales del año 2008, el Estado se ahorraría más de dos millones y medio de euros anuales, lo que representa un 45 por 100 del gasto medio anual por este concepto y más de un 30 por 100 del importe abonado en 2007.

Fonte: www.la-moncloa.es

13 de xullo de 2009

El estudio comparado de los distintos órganos del orden jurisdiccional social ha permitido localizar algunos partidos judiciales donde esta situación produce singulares efectos. De este modo, se detecta que, en términos totales, el 75 por 100 de los expedientes de pago de salarios de tramitación se concentran en los Juzgados de lo Social de Barcelona, Las Palmas, Elche, Madrid, Sevilla, Málaga y Valencia.


4 Novas da Xustiza

Oposicións

Xestión, promoción interna O Tribunal Delegado de Cataluña podería estar a incumprir as bases da convocatoria de Xestión quenda de promoción interna, publicadas no BOE do 20 de novembro de 2008

CCOO EXIGE AL TRIBUNAL ÚNICO DE GESTIÓN PROMOCIÓN INTERNAQUE ORDENE A LOS TRIBUNALES DELEGADOS QUE DEBE APLICAR EXCLUSIVAMENTE LA NORMATIVA PUBLICADA CON ANTERIORIDAD AL 20 DE NOVIEMBRE DE 2008

SR. PRESIDENTE DEL TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO DE GESTIÓN PROCESAL Y ADMINISTRATIVA DEL TURNO DE PROMOCIÓN INTERNA Madrid, 10 de julio de 2009 Hemos conocido que por el Tribunal Delegado de Cataluña podría estarse incumpliendo, en relación con la calificación del segundo ejercicio de las pruebas selectivas 2008 correspondientes al acceso al Cuerpo de Gestión por el turno de promoción interna, la base 2.6 de la Orden JUS/3338/2008 de 10 de noviembre, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso por los sistemas generales de acceso libre y promoción interna, en el Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa.

13 de xullo de 2009

Dicha base establece de forma taxativa lo siguiente: “El programa que ha de regir en la fase de oposición se contiene en la Orden JUS/2543/2006 de 28 de julio (BOE de 3 de agosto). El contenido del temario para todos los ejercicios de la oposición se ajustará a la normativa publicada en el BOE a la fecha de la presente convocatoria, aún cuando no hubiese entrado en vigor” No puede ningún Tribunal Delegado pretender aplicar en la corrección de los ejercicios la normativa publicada en el BOE con posterioridad al 20 de noviembre de 2008 porque eso incumple claramente con las bases de las pruebas selectivas y estaría, si se estuviera produciendo, vulnerando el derecho de igualdad de todos los opositores que han preparado dichas pruebas selectivas con las reglas iguales para


FSC-CCOO 5 Novas da Xustiza

todos, tal y como se expresan en de la Orden citada. Por ello, desde el Sector Federal de Administración de Justicia de CCOO reclamamos de ese Tribunal Único de Gestión Procesal y Administrativa del turno de promoción interna se dicten las órdenes precisas a todos los Tribunales Delegados para que respeten escrupulosamente que la normativa a aplicar en cualquiera de los ejercicios de la fase de oposición de las pruebas selectivas para ingreso en el Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa por el turno de promoción interna sea lo establecido en la citada base 2.6 de la Orden JUS/3338/2008 de 10 de noviembre, publicada en el BOE de 20 de noviembre de 2008.

Secretarios Xudiciais Valoración provisional de méritos da fase de concurso da promoción interna e iníciase o prazo de 10 días para formular alegacións

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o seguinte acordo do Tribunal para as oposicións ao corpo de Secretarios Xudiciais, promoción interna

Documentos asociados Acuerdo de 8 de julio (PDF. 93KB) (versión HTML) Relación provisional de valoración de méritos. (PDF. 39KB) (versión HTML)

13 de xullo de 2009

Acuerdo del Tribunal Calificador Único por el que se hace pública la valoración provisional de méritos de la fase de concurso de la promoción interna y se inicia el plazo de 10 días para formular alegaciones.


6 Novas da Xustiza

Formación

Cursos de formación no ano 2009 A Dirección Xeral de Xustiza convoca a Comisión Paritaria de Formación para elaborar a programación de cursos para o ano 2009

A Dirección Xeral de Xustiza remitiu aos sindicatos a convocatoria da Comisión Paritaria de Formación coa seguinte orde do día:

De orde do director xeral de Xustiza, convócase a Comisión Paritaria de Formación para o próximo día 15 de xullo (mércoles) ás 12,30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na Rúa Madrid, 2-4, Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día: PROGRAMACIÓN CURSOS ANO 2009 Á maior brevidade confirmarase o número da sala donde terá lugar a xuntanza e remitirase a correspondente documentación. Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.

13 de xullo de 2009

A xefa de Persoal Gloria López Xuíz


FSC-CCOO 7 Novas da Xustiza

Lingua galega

O manifesto cidadán a prol da lingua bota a andar Presentouse publicamente en Vigo o texto, que reclama o protagonismo da cidadanía na defensa do idioma e o regreso do PP ao consenso

O que non ía ser máis ca unha roda de prensa para presentar o manifesto converteuse nun novo acto cívico a prol da lingua, e nun moi interesante debate que durou máis de dúas horas e no que participaron numerosos lingüistas e persoas da cultura, pero sobre todo cidadáns de todos os ámbitos. O auditorio da Casa Galega da Cultura de Vigo acolleu o acto, no que os promotores do texto, representados por Antón Baamonde, Manuel Bragado e Xabier P. Docampo, reclamáronlle ao PP e á Xunta que regresen ao consenso lingüístico baseado na Constitución, no Estatuto e na Lei de Normalización, e que os populares racharon hai uns meses: "Gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é

13 de xullo de 2009

Publicado en www.vieiros.com


8 Novas da Xustiza

unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país". O manifesto, que xa foi asinado por máis de 1.300 persoas, avoga por "recuperar o discurso da razón", en palabras de Manuel Bragado, creando un "argumentario novo" que bote abaixo os discursos difundidos por Galicia Bilingüe, o PP e algúns medios de comunicación, e que parecen ter callado nunha parte da sociedade galega. Entre eles a propia falacia do bilingüísmo, e a presunta imposición do galego, esgrimida por persoas que, di o manifesto, "disimulan o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán". O texto continúa afirmando que "os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas". No acto avogouse por acadar novos espazos para o galego, "ampliando o perímetro da defensa da lingua", e outorgando, sobre todo, protagonismo á cidadanía. Como di o texto, "a sociedade galega que sente aprecio cara á súa lingua debe reclamar unha volta do PP a un terreo común, independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente". De feito, unha das intervencións máis aplaudidas polos asistentes ao acto, foi o dun mozo que, en castelán, denunciou que era "inaceptábel" a actitude do goberno fronte ao galego. Entre as restantes intervencións, destacaron as de Henrique Monteagudo, que analizou e criticou a estatexia de Núñez Feijoo, posta de manifesto claramente este xoves no Consello da Cultura Galega. Tamén a de Antón Rodríguez Reixa, que pediu que non se ceda un só milímetro na protección legal da lingua. E, de igual xeito, as de Camiño Noia, María Xosé Queizán, Xosé Guntín, Carlos Callón ou Gonzalo Navaza.

13 de xullo de 2009

Un millón de sinaturas a prol do galego Tamén falou Alfonso Álvarez Gándara, decano do Colexio de Avogados de Vigo, que propuxo comezar unha mobilización social en favor da lingua que se podería expresar coa recollida dun millón de sinaturas. Manuel Bragado non descartou esta opción (alén de que a cifra sexa máis simbólica que outra cousa), e apuntou como iniciativa posíbel a recollida de sianturas en outono de cara a presentar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento. O manifesto, que recolleu máis de mil apoios individuais nunha semana, continúa agora a súa marcha, e está previsto que en setembro se presente publicamente en Compostela. 


FSC-CCOO 9 Novas da Xustiza

Opinión

“Como galego sinto vergoña” Manuel Bragado cre que o PP rompeu o marco de convivencia

Publicado en www.galicia-hoxe.com

"Sinto vergoña, como cidadán deste país, que un presidente como Núñez Feijóo teña tan escasa consideración co esforzo colectivo que viñemos facendo todos no consenso do galego". Así de contundente se amosaba onte o editor Manolo Bragado pouco despois de presentar en Vigo a iniciativa popular Galego. Patrimonio da humanidade, da que é impulsor xunto ao filósofo Antón Baamonde e o pedagogo e escritor Xabier P. Docampo. Bragado, "satisfeito e sorprendido" polo eco que a iniciativa está a ter, con máis de 1.300 sinaturas en poucos días, asegura que a situación actual co idioma é "de emerxencia" pero, sobre todo, ten é "medo e preocupación" polo "marco de convivencia" do país o que tras o ronsel de "desatinos" que se produciron nas últimas semanas na política lingüística da Xunta. "Xa non se trata da modificación do Decreto do Galego ou da modificación do acceso á función pública. O que parece é que se quere cambiar o noso marco xurídico actual. E se se pretende iso, que se diga claramente".

Pero hai máis, subliña Bragado: "Un concelleiro do PP en Vigo, Ignacio López-Chaves presentou hai uns días unha moción na que lle protestaba ao alcalde (Abel Caballero) porque subvencionaba a Mesa, unha asociación, dicía, que fomenta a imposición. Cando se comeza a acusar de delito de imposición e de ser inimigos da liberdade aos que fomentamos o uso dunha lingua que está indubidablemente en inferioridade respecto do castelán, sobre todo nos usos públicos, estamos falando da convivencia e iso preocúpame". Tamén cre que, de cara ao futuro, "hai que ser prudentes" e, nese sentido, "reconstruír o consenso arredor da lingua é unha prioridade política e social". Entre outros motivos,

13 de xullo de 2009

Estamos, engade, "ante o primeiro retroceso no fomento do galego" na historia da autonomía. Declaracións do presidente Alberto Núñez Feijóo no Consello da Cultura como as que nos relataron onte, é un menoscabo en toda regra á cultura propia do país. É algo do que non tiñamos precedente".


10 Novas da Xustiza

porque ese consenso "foi entre os partidos, senón entre outras moitas entidades". Trátase dun proceso que se iniciou hai vinte anos e agora, teme que se ese proceso "construído durante tanto tempo e organizado por todos" se poda "facer cachizas en apenas nuns meses, como sucede desde que o PP chegou á Xunta. Pero eu confío en que haxa unha reconsideración". Para Bragado, o texto da iniciativa -"breve e claro para concitar as máximas adhesións"- é "importante porque é unha chamada ao consenso, para recuperar o compartido. E no caso de que non obteñamos resposta, non desbotamos que co tempo se transforme nunha iniciativa popular lexislativa". 

Texto do manifesto

Publicado en http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org

Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man. A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

13 de xullo de 2009

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Porén, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país. A sociedade galega que sente aprecio cara á súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común, así como mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.


FSC-CCOO 11 Novas da Xustiza

Visto na rede

Menos mal que puxeron as instruci贸ns

13 de xullo de 2009

Publicado en www.microsiervos.com


12 Novas da Xustiza

CCOO na internet Contacto

A nosa páxina web

A CORUÑA Raquel e Estrela 981.18.20.32 saxgccoo@gmail.com

FERROL Manolo e Chus 981.33.73.97 mariajesusotero@gmail.com

SANTIAGO Chus 981.54.03.63 mariajesusotero@gmail.com

OURENSE Carlos e Justo 988.68.71.92 jclamela@yahoo.es

Estamos na internet nas seguintes direccións: http://ccooxustiza.blogspot.com/

PONTEVEDRA Belén 986.80.39.79 belenpontevedraccoo@gmail.com

http://ccoojusticia.blogspot.com/

13 de xullo de 2009

VIGO Mercedes e Pablo 986.81.78.35 ccoogalicia@yahoo.es

LUGO José Antonio 982.40.21.95 ccoo.xustiza@gmail.com

Se queres publicar un artigo ou un comentario no boletín, se queres realizar unha consulta ou unha suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a ccoo.xustiza@gmail.com


Novas da Xustiza nº 33/2009