Page 1

Guía didáctica do curso Formación Inicial Plan Proxecta


GUÍA DIDÁCTICA DO CURSO: Formación Inicial Plan Proxecta

ÍNDICE: 1.

Presentación

2.

Descrición do curso.

3.

Coordinación e titorización.

4.

Obxectivos.

5.

Competencias profesionais do profesorado.

6.

Contidos.

7.

Metodoloxía.

8.

Seguimento e desenvolvemento do curso.

9.

Temporalización do curso.

10.

Descrición da Plataforma.

11.

Comunicación.

12.

Avaliación.

13.

Aplicación práctica nas aulas.

14.

Requirimentos para seguir o curso.

1


1. PRESENTACIÓN: Benvida/o ao curso de Formación inicial para o Plan Proxecta na súa 1º edición, organizado conxuntamente polo Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de proporcionar aos e ás docentes as ferramentas precisas para elaborar de xeito correcto dende o punto de vista metodolóxico os proxectos dirixidos ao Plan Proxecta. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores-UE colabora tamén na organización do curso e impartición de módulos específicos. Para un mellor aproveitamento do curso, aconsellamos ler detidamente esta Guía didáctica para coñecer a dinámica e estrutura do curso, así como forma de comunicación e avaliación. 2. DESCRICIÓN DO CURSO O curso está dividido en catro partes: un módulo inicial (módulo 0) de presentación do curso e dos/as asistentes. Un primeiro módulo no que se presenta a metodoloxía e técnicas do traballo por proxectos. No segundo módulo daranse pautas para a publicación dos proxectos na web e uso das distintas ferramentas asociadas ás TICs. No terceiro, analízanse os fundamentos específicos de cada un dos programas, bifurcándose en tres submódulos (un específico de Galicons.net, un específico de Consumópolis e outro propio de Cooperación galega: o mundo que queremos). Por último, traballarase na avaliación e procederase ás conclusións finais do curso. 3. COORDINACIÓN E TITORIZACIÓN Coordinadora:

2


 Esther Álvarez Fernández. Titores/as:  Cristina Justo Suárez  Mª Asunción Piñeiro Fernández  Ana Otero Junquera  José Leonardo Fariña García  Estíbaliz Táboas Pazos 4. OBXECTIVOS  Dotar das ferramentas metodolóxicas precisas para desenvolver o traballo por proxectos.  Formar ás persoas participantes nas metodoloxías de traballo e temáticas específicas de Plan proxecta, programas Galicons.net, Consumópolis e Cooperación galega: o mundo que queremos.  Promover unha aprendizaxe cooperativa na que compartir boas prácticas e xenerar sinerxias de traballo. 5. COMPETENCIAS PROFESIONAIS Tendo en conta que a figura do e da docente constitúe un elemento clave no proceso de ensino-aprendizaxe, tanto máis, canto máis aberto e flexible sexa o currículo, é preciso que posúa ou adquira unhas competencias que lles permitan responder ás necesidades do alumnado. Este curso pretende favorecer a adquisición e/ou desenvolvemento de competencias profesionais docentes tales como: animar situacións de aprendizaxe alternativas e creativas, implicar ao alumnado na súa

3


aprendizaxe e no seu traballo, empregar as novas tecnoloxías e organizar a formación continua.

6. CONTIDOS  Módulo 0: Presentación do curso de Formación Inicial para o Plan Proxecta.

o Guía didáctica.  Tarefa 1: foro de presentación dos participantes.

 Módulo 1: O traballo por proxectos. Metodoloxía e técnicas de traballo.

o Guía metodolóxica e materiais complementarios.  Tarefa 2: Estrutura do proxecto.

4


 Módulo 2: Publicación de contidos na Web.

o Guía básica e materiais complementarios.  Tarefa 3: aplicacións prácticas.

 Módulo 3: Fundamentos específicos de cada programa (tres itinerarios, a seguir un segundo o programa no cal se participa)

3.A. Programa Galicons.net: procedementos, obxectivos e boas prácticas. o Documento

descritivo

e

materiais

complementarios

(exemplos de boas prácticas). 3.B. Programa Consumópolis: procedementos, obxectivos e boas prácticas.

5


o Documento

descritivo

e

materiais

complementarios

(exemplos de boas prácticas). 3.C. Programa Cooperación galega: o mundo que queremos: procedementos, obxectivos e boas prácticas. o Documento

descritivo

e

materiais

complementarios

(exemplos de boas prácticas).

 Módulo 4: Avaliación e conclusións.

o Documento sobre avaliación de proxectos.  Tarefa 5: Avaliación.  Tarefa 6: Foro de conclusións.

7. METODOLOXÍA A metodoloxía proposta para realizar o curso que se describe nesta guía, parte dunha idea participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso, será imprescindible a participación nos foros de debate ou opinión, enriquecéndose así o alumnado das achegas de todas as persoas participantes, construíndo entre todos e todas unha aprendizaxe

6


significativa baseada nas experiencias de cada quen nas aulas, en gran parte do curso, e das experiencias vitais noutras ocasións.

8. SEGUIMENTO E DESENVOLVEMENTO DO CURSO O curso consta de 4 módulos máis un módulo introdutorio, que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o calendario presentado na temporalización do mesmo. Cada módulo contén unhas tarefas que poden ser de traballo individual ou participación en foros, uns materiais complementarios que se poderán comentar no foro común do módulo, e o foro común do módulo de opinión ou debate. As tarefas que non consistan na participación nun foro, deberán enviarse á titora, sendo as datas sinaladas meramente orientativas de cara á distribución do traballo de forma equitativa ao longo das semanas de duración do mesmo. 9. TEMPORALIZACIÓN DO CURSO MÓDULO / OBRADOIRO Módulo 0 Módulo 1 Módulo 2 Módulo 3(A,B ou C) Módulo 4

DATA INICIO 13NOV 19 NOV 26 NOV 3 DEC 10 DEC

DATA FIN 18 NOV 25 NOV 2 DEC 9 DEC 17 DEC

HORAS 2 10 8 5 5

10. DESCRICIÓN DA PLATAFORMA:

7


Entre as ferramentas e recursos máis habituais que se utilizarán na plataforma atópanse os seguintes (para máis información podes consultar o manual de moodle presente no Módulo 0):

documento pdf. Como esta guía didáctica na que podes atopar toda a información necesaria para un mellor aproveitamento do curso.

Foros. Como medio de comunicación ideal para publicar mensaxes e manter discusións públicas sobre diferentes temáticas ou opinións. Cabe destacar que ao longo de esta guía especificaranse as diferentes funcións dos tipos de foros. Participantes. Acceso ao listado da información de todos e todas as participantes (alumnado, titoras, coordinación) e permite intercambiar mensaxes a través da propia plataforma. Contido do módulo (formato web), permite ler os contidos do curso na pantalla do ordenador, sempre con conexión a internet. Consultas, tarefa similar a estrutura dun cuestionario que debe completar o alumnado para que a titora poda verificar os coñecementos sobre un tema concreto. Arquivo de Word onde descargar a tarefa correspondente en cada módulo. Acceso que permite o envío de tarefas e consulta da calificación das mesmas. Arquivo en formato vídeo VLC.

8


11. COMUNICACIÓN Ofrécense varias ferramentas de comunicación permanentes tanto entre o alumnado, coma entre o alumando e as titoras, tal e como se describen a continuación. Titorías: a través do sistema de mensaxería da propia plataforma, o alumnado poderá poñerse en contacto coa súa titora, para clarificar calquera aspecto vinculado aos contidos, tarefas, aplicación práctica, así mesmo servirá para resolver calquera dúbida e consulta sobre o desenvolvemento do curso. Ademais para información ou noticias de interese colectivo, as Titoras publicaranas no “Foro de Novas” presente no módulo 0 que está vinculado ao correo electrónico de todo o alumnado participante. Participación entre o alumnado e a titoría: En primeiro lugar, no “MODULO 0” será imprescindible que o alumnado e os/as titores/as se presenten ao resto dos/as compoñentes do curso nun FORO DE PRESENTACIÓN. Unha vez feitas as presentacións, a dinámica do curso continuará a través dos foros presentes nos diferentes módulos, que se poderán empregar para diferentes funcións, que se sinalan a continuación: 

Foro de presentación dos participantes (no módulo 0, xa mencionado)

Foros que constitúen tarefas do curso: no que a titoría formulará un tema de discusión e análise no que todos e todas deben participar.

9


Foros xerais de cada módulo: Permite tanto ao alumnado como ás titoras abrir diferentes temas de discusión, así como amosar materiais de interese ou comentar calquera aspecto sobre o curso. Ademais os e as participantes deberán intervir nas conversas creadas.

12. AVALIACIÓN Neste curso avaliarase a participación activa do alumnado, e a súa implicación no desenvolvemento do mesmo. Terase en conta a reflexión compartida sobre os contidos e tarefas presentados, a través dos foros que se habilitarán en cada módulo, así como a realización das tarefas. Avaliaranse tres ámbitos e cada unha suporá un terzo da puntuación total alcanzábel. As tres partes son:  Tarefas (actividades e foros)  Participación nos foros xerais de cada módulo  Elaboración do borrador de proxecto. Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse consultar cantas dúbidas poidan xurdir ao respecto coas titoras do mesmo, para flexibilizar ou aclarar calquera tema referente tanto aos prazos, como as tarefas, avaliación, etc. 13. APLICACIÓN PRÁCTICA NAS AULAS Este curso concibiuse coa idea de optimizar e fomentar a aplicación práctica do traballo por proxectos nas aulas, dotando das ferramentas técnicas necesarias para o correcto desenvolvemento dos proxectos, relacionados co currículo propio de cada etapa.

10


14. REQUERIMENTOS PARA SEGUIR O CURSO  Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a Internet para acceder a PLATEGA.  Dispor dun navegador actualizado (Firefox, Google Chrome, Internet Explorer).  Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese

descargar

na

páxina

web

http://get.adobe.com/es/reader/  Ferramenta de reprodución multimedia VLC.

11

Guia didactica fipp  

Guía do curso Formación inicial para elaboración de proxectos dirixidos ao Plan Proxecta

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you