Issuu on Google+

IES AS MARIÑAS

Xestión de recursos e aplicacións nas aulas ABALAR Grupo de traballo Rede Abalar.

Coordinador do Proxeto: Juan Antonio Colao Barbas Páxina 1 de 14


Índice

1.

Título e Introdución ............................................................................................................... 3

2.

Xustificación. ......................................................................................................................... 4 2.1.1 Características de partida .......................................................................................................... 4 2.1.2 Importancia do proxeto. ........................................................................................................... 4

3.

Obxectivos da formación e de repercusión na práctica docente. .......................................... 5

4.

Programa de contidos e actividades coa súa temporalización .............................................. 6

5.

Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. ..................... 8

6.

Organización de recursos Humanos ...................................................................................... 9

7.

Criterios para a avaliación ................................................................................................... 11

8.

Temporalización: calendario e horario. ............................................................................... 12

9.

Necesidades de orzamento ................................................................................................. 13

10.

Indicación expresa de que para este grupo de traballo non foi recibida ningunha outra achega económica e que non se ten solicitada..................................................................14

Páxina 2 de 14


1.

Título e Introdución O título do proxecto será “Xestión de recursos e aplicacións nas aulas ABALAR”. O obxectivo do presente documento é a planificación do grupo de traballo de temática Abalar. É esta unha modalidade fundamental de formación do profesorado que se desenvolverá nos propios centros educativos para fomentar a súa autonomía pedagóxica e organizativa, favorecendo e estimulando o traballo en equipo dos profesores e profesoras, e respondendo ás necesidades específicas do grupo de docentes implicados no proxecto.

Páxina 3 de 14


2.

Xustificación.

2.1.1

Características de partida Nestes últimos anos o centro experimentou un avance significativo na implicación do profesorado nas TIC, condicionado en gran medida polas instalación de canón e ordenadores nas aulas para uso do profesorado, instalación de cableado ethernet (por parte da Consellería), instalación nunha das aulas de informática dunha pizarra dixital e a implantación das aulas Abalar nos primeiros e no segundo curso da ESO. Durante o curso 2010-2011 realizouse no centro un PFAC de moodle, dándose a coñecer unha nova ferramenta, que foise reforzando nestes curso para poder ser implantada e usada polo profesorado. Esta remodelación e loxicamente as ganas que tiña o profesorado fai que exista un interese crecente na utilización destes novos medios e recursos, que e necesario alimentar dende estos proxetos. Nestes dous últimos anos, nesa vontade, elaboráronse e desenvolvéronse dous PFAC coa finalidade de coñecer as posibilidades que Abalar e a rede ofrece aos docentes.

2.1.2

Importancia do proxeto. Consideramos indispensable esta formación primeiro, pensando nos profesores que se incorporan este curso as aulas Abalar e se atoparán con un novo sistema operativo, programas e ferramentas que non coñecían e segundo porque a presenza das TICs ofrecen unha alternativa á docencia orientada á interactividade, a colaboración e á motivación.

Páxina 4 de 14


3.

Obxectivos da formación e de repercusión na práctica docente. 1- Coñecer a filosofía da Web 2.0 e reflexionar sobre as posibilidades destes novos recursos tecnolóxicos no marco da educación formal. 2- Manexo do sistema operativo Ubuntu. Manexo de ficheiros e carpetas, configuración básica, repaso do software instalado. 3- Familiarizarse e coller seguridade cos compoñentes da aula: proxector dixital, pizarra dixital, carro de carga, netbooks, Internet, servidor de recursos e integralos na vida da aula. 4- Orientar ao profesorado sobre ferramentas TIC con utilidade na aula, que axuden a realizar actividades de aplicación directa na aula. Wikis, Blogs, etc. 5- Emprego didáctico de webs dinámicas dos centros con aulas virtuais. 6- Aprender a buscar e catalogar recursos didácticos para as distintas áreas. 7- Aprender o emprego didáctico de programas de edición de audio e vídeo para realizar proxectos de aula nas distintas materias. 8- Achegarse ao emprego didáctico de programas na nube encamiñados á edicion de materiais e documentos en blogs, wikis e outras aplicacións na web.

Páxina 5 de 14


Programa de contidos e actividades coa súa temporalización

4.

Horario/tempo

Modalidade

Contidos

Mes /data

Trimestre

Amósase neste apartado unha proposta de contidos:

Mércores, 5 de decembro

Introdución á competencia dixital e repercusión na aula Abalar, Escola 2.0.. Coñecemento básico dos elementos da aula Abalar. Repaso do protocolo organizativo para o uso dos recursos nas aulas Abalar. Introdución ó sistema operativo Ubuntu 10.4.

Docencia

2 horas

Mércores, 12 de decembro

Posta en común de obxectivos e tarefas. Manexo de ficheiros e carpetas, configuración básica, repaso do software instalado.

Traballo de grupo

2 horas

Mércores,19 de decembro

Manexo de ficheiros e carpetas, configuración básica, repaso do software instalado. Familiarizarse e coller seguridade cos compoñentes da aula: proxector dixital, pizarra dixital, carro de carga, netbooks, Internet, servidor de recursos e integralos na vida da aula.

Traballo en grupo

2 horas

Mércores, 9 de xaneiro

Servidor de recursos e repositorio Abalar. Pizarra dixital interactiva.

Traballo de grupo

Mércores, 16 de xaneiro

Ferramentas Web 2.0 para creación de actividades de aula, Blogs e wikis.

Docencia

2 horas

Luns 21, xaneiro

de

Traballo colaborativo en Internet: elaboración e dinamización dunha wiki educativa.

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 23 de xaneiro

Traballo colaborativo en Internet: elaboración e dinamización dun blogue educativo.

Traballo de grupo

2 horas

Mércores,28 de xaneiro

Procura de materiais para a súa publicación en blogues e wikis educativos.

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 6 de febreiro

Procura de materiais para a súa publicación en blogues e wikis educativos.

Traballo de grupo

2 horas

Luns, 18 febreiro

de

Posta en común da estrutura dos blogues e wikis cara a súa publicaciòn no portal educativo do centro.

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 20 de febreiro

Ferramentas Web 2.0 para creación de actividades de aula: programas de edición de vídeo baseados no software libre.

Docencia

2 horas

Páxina 6 de 14


Horario/tempo

Modalidade

Contidos

Mes /data

Trimestre 2º

Mércores, 27 de febreiro

Elaboración de material de vídeo didáctico I

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 6 de marzo

Elaboración de material de vídeo didáctico II

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 13 de marzo

Ferramentas Web 2.0 para creación de actividades de aula: programas de edición de audio baseados no software libre.

Docencia

2 horas

Luns, 18 marzo

de

Edición de audio para a súa inserción nos vídeos didácticos creados I

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 20 de marzo

Edición de audio para a súa inserción nos vídeos didácticos creados II

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 3 de abril

Elaboración de material audiovisual e inserción nos blogues e wikis educativos I

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 10 de abril

Elaboración de material audiovisual e inserción nos blogues e wikis educativos II

Traballo en grupo

2 horas

Mércores, 17 de abril

Recursos na rede: programas de publicación de documentos na rede e a súa inserción en blogues e wikis educativos.

Docencia

2 horas

Luns, 22 de abril

Emprego dos programas de publicación de documentos na rede I: elaboración de materiais e publicación.

Traballo en grupo

2 horas

Mércores, 24 de abril

Emprego dos programas de publicación de documentos na rede II: elaboración de materiais e publicación.

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 8 de maio.

Inserción de publicacións nos blogues e wikis educativos.

Traballo en grupo

2 horas

Mércores, 15 de maio.

Posta en común

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 22 de maio.

Avaliación do obradoiro e elaboración da memoria

Traballo de grupo

2 horas

Mércores, 29 de maio.

Avaliación do obradoiro e elaboración da memoria

Traballo de grupo

2 horas

50 horas Nota: este programa pode sufrir variación de contido e temporalizacións, segundo a evolución do grupo.

Páxina 7 de 14


5.

Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. Cada unha das sesións será de 2 horas e impartiranse cinco sesións de docencia, podendo adicar parte do tempo desas sesións de docencia en elaborar algún tipo de material relacionado cos contidos conceptuais explicados ata ese día. Ao final de cada sesión,realizarase unha posta en común, e previsión do traballo a realizar nos traballos en grupo e sesións posteriores. Como as actividades con docencia directa son 10 horas o resto de sesión será en traballos en grupo, organizados o longo da actividade. O caso particular do noso centro onde parte do profesorado imparte clases en horario de adultos fará necesario que existan diferentes horarios de traballo para as actividades en grupo.

Páxina 8 de 14


6.

Organización de recursos Humanos No referido á organización e reparto das tarefas que son necesarias para o desenvolvemento desta actividades serán: Asesor do CEFORE, encárgase de:  Colaborar para a redacción do proxecto, e manter un contacto permanente cos profesores que integran o proxecto.  Asesorar na elaboración de orzamentos e na redacción da memoria final do proxecto.  Coordinar a fase da docencia.  Asistir a reunións do grupo, como mínimo unha vez ao trimestre. Coordinador do grupo encargase de:  Coordinar a redacción do proxecto.  Contactar co/a xefe de estudos, cos integrantes do grupo, cos relatores, co asesor do CEFORE e outras persoas que poidan intervir no desenvolvemento da actividade.  Organizar o funcionamento do grupo.  Manter informado ao Asesor do progreso e das actividades desenvolvidas polo grupo.  Manter informado ao grupo de forma permanente daquelas cuestións de interese para o desenvolvemento da actividade.  Repartir entre os membros do grupo as enquisas de avaliación dos docentes, recollelas e entregalas ao asesor.  Redactar as actas das reunións do grupo grande e recoller as actas dos pequenos grupos.  Recoller os traballos individuais dos profesores.  Coordinar a redacción da memoria. Relatores.  Considérase imprescindible a participación de docentes expertos na utilización didácticas das TIC e do deseño de novas situacións de ensino/aprendizaxe.

Páxina 9 de 14


Recursos materiais. Para levar a cabo este proxecto son necesarios os seguintes recursos materiais:  Aula Abalar  Materiais funxibles (DVD's, CD's...)

Páxina 10 de 14


7.

Criterios para a avaliación A avaliación realizarase despois de cada sesión analizando a consecución dos obxetivos, a información dada polo docente, a elaboración de diferente material, etc. Así mesmo realizarase unha avaliación final onde se determinara a calidade dos recursos obtidos, o grao de implantación na aula e mellora das dinámicas nos proceso de ensinanza e aprendizaxe.

Páxina 11 de 14


Temporalización: calendario e horario.

8.

Amósase neste apartado o calendario e temporalización prevista, sesións de dúas horas:

DECEMBRO 2011 L

M

Mi

X

V

3 10 17 24 31

4 11 18 25

5 12 19 26

6 13 20 27

7 14 21 28

XANEIRO 2012 S 1 8 15 22 29

D 2 9 16 23 30

L 7 14 21 28

M 1 8 15 22 29

MARZO 2012 L

M

Mi

X

4 11 18 25

5 12 19 26

6 13 20 27

7 14 21 28

V 1 8 15 22 29

Mi 2 9 16 23 30

X 3 10 17 24 31

V 4 11 18 25

FEBREIRO 2012 S 5 12 19 26

D 6 13 20 27

L

M

Mi

X

4 11 18 25

5 12 19 26

6 13 20 27

7 14 21 28

ABRIL 2012 S 2 9 16 23 30

D 3 10 17 24 31

L 1 8 15 22 29

M 2 9 16 23 30

Mi 3 10 17 24

X 4 11 18 25

V 5 12 19 26

V 1 8 15 22

S 2 9 16 23

D 3 10 17 24

S 4 11 18 25

D 5 12 19 26

MAIO 2012 S 6 13 20 27

D 7 14 21 28

L

M

6 13 20 27

7 14 21 28

Mi 1 8 15 22 29

X 2 9 16 23 30

V 3 10 17 24 31

As sesións impartiranse os días sinalados de 16:00 a 18:00, segundo a temporalización de contidos do apartado 4. Nota: este programa pode sufrir variación de contido e temporalizacións, segundo a evolución do grupo.

Páxina 12 de 14


9.

Necesidades de orzamento Contarase con 1000€ a repartir entre docencia (600 euros) e na compra de memorias USB para cada profesor implicado (250 euros) onde se cargará un autoexecutable do sistema operativo que se emprega nos ordenadores Abalar e os programas instalados nos ordenadores do profesor, para que o profesorado dispoña dunha imaxe do ordenador que ten na aula en calquera momento, ademais de programas ou aplicacións libres que poidan ser de interese. Ademais, a cargo do orzamento entregarase a cada profesor carpetas con material para seguir as docencias (50 euros), ademais de material funxible que se empregará ao longo do curso como DVD's grabables (100 euros). Exemplo:

Docencia Docencia: 10 horas x 60 €

600€

Material: 

Memorias USB.

250 €

Carpetas

50 €

Material funxible 100 €

Total

1000€

Páxina 13 de 14


10. Indicación expresa de que para este grupo de traballo non foi recibida ningunha outra achega económica e que non se ten solicitada Faise constar que este grupo de traballo non recibiu ningunha outra achega económica para o desenvolvemento do mesmo, é asi mesmo faise constar que non se ten solicitada ningunha outra achega económica de ningún tipo para o grupo.

Páxina 14 de 14


Gt abalar ies as mariñas