Issuu on Google+

FORMACIÓN EN CENTROS

CURSO-OBRADOIRO C: 2010-11

CEIP DE MONFORTE DE LEMOS

Tf. 982400442 Código: 27016662 ceip.monforte@edu.xunta.es

COORDINADOR: José Antonio Casas Rodríguez jcasas@edu.xunta.es

Páxina 1 de 7


1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO O CEIP de Monforte de Lemos acada coa concesión deste plan Abalar un longo camiño en favor das TIC; o centro leva anos traballando para adaptase as novas tecnoloxías e o seu profesorado deu mostras de interese for formarse neste senso. Aínda que sabemos que este proxecto vai máis alá do simple manexo de ferramentas informáticas en si mesmas: debe levarnos ao emprego de novas metodoloxías de ensino-aprendizaxe baseadas en criterios útiles para integrarnos nunha sociedade altamente dominada polas tecnoloxías para a que debemos estar preparados seleccionando esa información sendo críticos con ela. Partimos desta situación:

• Centro con ordenadores nas aulas con conexión a internet. • Aula de informática con EDI. • Portátiles conectados a rede Wifi a disposición do profesorado. • Canóns en distintas dependencias do centro ( biblioteca, multiusos, aula de música, zona de infantil ...)

• Biblioteca informatizada. • Páxina Web do centro útil cunha intranet que se emprega por parte do profesorado.

• Profesorado formado e actualizándose nas novas tecnoloxías propias da Web 2.0.

• Comunicación coas familias e profesorado empregando o e-mail • Actividades extraescolares na aula de informática ... • Proxecto de dinamización TIC ... Esperamos que o Proxecto Abalar sexa unha motivación máis para seguir a traballar por un novo xeito de ensinar, cunhas metodoloxías axeitadas ao que a sociedade nos esixe.

Páxina 2 de 7


2. OBXECTIVOS. 1. Establecer protocolos e principios de organización e uso didáctico das TIC nas aulas Abalar. 2. Deseñar actividades e tarefas empregando programas coñecidos ou os presentes nos netbook 3. soporte

Catalogar e elaborar materiais didácticos para as aulas Abalar tendo como os recursos e información en internet

4. Impulsar proxectos de aula integrando contidos e tarefas dunha temática curricular de interese tendo as TIC como elemento/recurso de traballo ( Actividades sinxelas con base en internet ) 5. Introducir nas programacións de aula obxectivos e actividades con soporte TIC.

3. PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES •

Organización da aula: establecemento de protocolos.

Elementos da aula Abalar: •

EDI.

Netbook

Armario de carga

Rede wifi.

Servidor de contidos: programa de catalogación de contidos.

Busca e catalogación de recursos: Buscadores, marcadores sociais ...

Ferramentas colaborativas: Google, Blogger, redes sociais, wikis.

Sistema operativo UBUNTU. Páxina 3 de 7


Información e catalogación de recursos WEB.

4. METODOLOXÍA E PROCEDEMENTOS. As sesións serán na súa maior parte de dúas horas, aínda que alternaremos con algunha sesión de tres horas en función do contido ou da actividade. As sesións de docencia irán seguidas de traballo en pequenos grupos ou de xeito individual cunha posterior posta en común. Intentarase que a formación se faga de xeito colaborativo onde cada participante poña en común as súas experiencias para enriquecer a aprendizaxe. A docencia, que na súa maior parte será impartida polo coordinador, será o punto de partida do traballo do curso-obradoiro. Faremos algunha sesión onde se recompile e clasifique o traballo realizado e fagamos unha reflexión dos avances acadados e das dificultades atopadas. Faremos as sesións na aula de informática na que dispoñemos dunha pizarra dixital e outras nalgunha aula abalar cando xa estea montada. Tamén empregaremos a aula de música, na que dispoñemos dun canón e de certa comodidade.

5. TEMPORALIZACIÓN

50 HORAS : entre novembro do 2010 e maio do 2011 fóra do horario lectivo PLANIFICACIÓN Sesión

Data

Contidos

Método de traballo

Horario

1.

Mércores 17/11/10

Análise do proxecto do curso obradoiro.

Grupo clase

17h – 19h ( 2 h )

2.

Mércores 24/11/2010

Introdución á competencia dixital

Docencia

17h – 19h ( 2 h )

3.

Mércores 1/12/2010

Organización da aula Pequenos grupos e Abalar e protocolos. posta en común

17h – 19h ( 2 h )

4.

Mércores 12/01/2011

S. O. Ubuntu.

17h – 19h ( 2 h )

Docencia

Páxina 4 de 7


5.

Martes 18/01/2011

Ubuntu

Traballo individual e 18h – 20h ( 2 h ) posta en común.

6.

Xoves 20/01/2011

Open office

Traballo individual e 17h – 19h ( 2 h ) posta en común

7.

Martes 25/01/2011

Uso de Blogs na docencia

Pequeno grupo. Posta en común

18h – 20h ( 2 h )

8.

Xoves 27/01/2011

Uso avanzado do buscador e marcadores sociais.

Pequeno grupo. Posta en común

17h – 19h ( 2 h )

9.

Martes 1/02/2011

Os Netbook

Docencia

18h – 20h ( 2 h )

10. Xoves 3/02/2011

Programas instalados Grupo clase nos netbook.

11. Mércores 9/02/2011

Traballo con algún programa instalado.

12. Martes 15/02/2011

Contidos educativos. Traballo individual e 18h – 20h ( 2 h ) Busca e catalogación posta en común

13. Xoves 17/02/2011

Contidos educativos. Traballo individual e 17h – 19h ( 2 h ) posta en común Elaboración.

14. Mércores 23/02/2011

Sesión de reflexión Grupo clase do acadado e as dificultades atopadas

17h – 20h ( 3h )

15. Martes 1/03/2011

O EDI

Docencia

18h – 20h ( 2 h )

16. Xoves 3/03/2011

EDI. Práctica individual.

Traballo individual e 17h – 19h ( 2 h ) posta en común.

17. Mércores 16/03/2011

Análise de boas Grupo clase prácticas na Web 2.0

18. Mércores 23/03/2011

Traballo de investigación en Internet: webquest.

Traballo individual e 17h – 20h ( 3h ) posta en común.

19. Mércores 30/03/2011

Espazo Abalar. Implicacións

Grupo clase

17h – 19h ( 2 h )

20. Mércores 6/04/2011

O servidor de contidos

Docencia

17h – 19h ( 2 h )

17h – 19h ( 2 h )

Traballo individual e 17h – 20h ( 3h ) posta en común

Páxina 5 de 7

17h – 19h ( 2 h )


21. Mércores 4/05/2011

Xestor de recursos educativos

Práctica individual e 17h – 19h ( 2 h ) posta en común.

22. Mércores 11/05/2011

Avaliación do obradoiro. Recompilación

Grupo clase

17h – 19h ( 2 h )

23. Mércores 25/05/2011

Avaliación e redacción da memoria

Grupo clase

17h – 20h ( 3h )

6. AVALIACIÓN. •

Análise e valoración das producións do grupo.

Grao de satisfacción do grupo co traballo realizado.

Repercusión na práctica educativa.

Organización dos recursos humanos e materiais.

Propostas de mellora.

Faremos sesións de recompilación e de reflexión sobre o traballo a realizado para poder solventar posibles erros e reconducir o traballo proposto.

7.XESTIÓN ORZAMENTARIA •

600 € Que se adicarán na súa totalidade a docencia.

A docencia será impartida polo coordinador do proxecto.

O centro aportará o material necesario.

O COORDINADOR

A DIRECTORA

Páxina 6 de 7


Asdo. José A. Casas Rodríguez

Asdo. María Núñez Gutiérrez

Monforte de Lemos, 10 de novembro de 2010

Páxina 7 de 7


proxecto abalar