Issuu on Google+

Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

Alberto Blanco Fajin Javier Cordeiro Silva Santiago Fernández Santiso José Manuel García Mouriz Venres, 11-novembro-2011


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

Índice ƒ Especie nº 1: Juglans regia…………………………………………………………………p. 2 ƒ Especie nº 2: Corylus avellana l.……………………………………………………p. 3 ƒ Especie nº 3: Quercus robur ………………………………………………………………p. 5 ƒ Especie nº 4: Ginkgo biloba …………………………………………………………….…p. 6

-1-

1


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

ƒ Especie nº 1: Juglans regia XÉNERO / ESPECIE

Nogal, Nogueira Juglans regia

RECOLLEITA

CONSERVACIÓN

• A finais de setembro recolleita de sementes á man (aquelas que están no chan). Importante que a árbore estea libre de pragas e enfermidades para non ter problemas despois na sementeira.

• As sementes de Juglans regia son de baixa duración, recoméndase o seu almacenaxe en sitios secos con contidos de humidade inferiores o 12% e ben ventilados.

• Faise unha selección das sementes, elixindo aquelas que teñan un maior tamaño, as mellor conservadas e descartando as que estean podes para poder obter unha mellor xerminación.

• Secamos as sementes extendéndoas nunha zona seca, con pouca humidade e boa ventilación durante dúas semanas.

LETARGOS E TRATAMENTOS • Presenta Letargo interno. • Tratamentos: Estratifícanse en capas separadas nun recipiente hermético con area húmida, consérvanse nunha cámara frigorífica a unha temperatura de 2-4º C durante 90 días. Para este proceso empregamos 30 noces cun peso de 256 gramos, será o Lote 1. Reservamos unha igual cantidade de noces (30), cun peso de 254 gramos, será o Lote Control: Lote 2, que tamén sementaremos para observar si hai diferencias con respecto as que estratificamos en area. Este Lote 2 o conservamos no interior dun envase hermético na cámara frigorífica durante o mesmo tempo que as anteriores.

SEMENTEIRA • Si a sembra se fai no outono úsase semente da recollida. • Si a sembra se realiza na primavera hai que estratificar a semente. • As sembras en viveiros fanse en liñas separadas dependendo da finalidade da plantación (15-20 cm) e a unha profundidade de 6-8 cm. Colócanse deitadas coa sutura vertical para favorecer a emisión do talo. • En viveiros, transcorrido un ano haberá que darlle unha maior distancia entre marcos e entre noces.

-2-

2


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

ƒ Especie nº 2: Corylus avellana l. XÉNERO / ESPECIE

RECOLLEITA

Corylus avellana L. (Avellano,Abeleira,Avellaner)

• Caracteríscas dos froitos: Froitos secos, non abrideiros, en forma de noz globosa ou ovoide, con cuberta leñosa de cor pardo-vermella, picudos no ápice; rodeados inferiormente por un capuchón foliáceo deflecado irregularmente na terminación; conteñen unha soa semente de sabor moi agradable.

Familia:Betuláceae. Xénero:Betuláceas. Especie: Corylus avellana L. A abeleira é un arbusto ou pequena árbore que raramente sobrepasa os 6 m de altura e se ramifica abundantemente dende a cepa, non presentando un tronco principal definido.

CONSERVACIÓN •

O almacenamento do froito realízase en casca e dentro de silos normalmente ventilados e protexidos de oscilacións térmicas importantes. Cada dous ou tres días deben ser coidad osamente revoltas e ao cabo de 15 días golpéanse para separar a cúpula ou se axitan en cribas para que adquiran unha cor vermella brillante. Despois de golpeadas, sepáranse cun anciño apropiado.

A semente pódese conservar seca durante un ano en almacéns a temperatura ambiente ou ben a 5º centígrados sen que descenda o seu poder xerminativo.

• Florece de xaneiro a abril, a veces en pleno inverno e maduran as abelás dende finais de xullo ata outubro. • Recóllense a man directamente da árbore ou do chán cando son cultivadas en plantacións con forma de matogueira. E cando se plantan en forma de árbore o proceso pode mecanizarse en parte.

LETARGOS E TRATAMENTOS • A semente estratificase para romper a latencia fisiolóxica, que consiste en colocar as sementes entre estratos que conservan a humidade, comunmente area ou ben turba ou vermiculita, en frío ou calor . • A estratificación fría é aquela onde se manteñen as sementes a temperaturas baixas (4 a 10 °C), asemellando as condicións de inverno, por un período que oscila entre 20 e 60 días, chegando inclusive ata 120 días. As estratificacións faranse en area húmida con temperaturas de 3 a 5 °C, durante períodos que fluctúan entre 30, 60 e 90 días, que xeran taxas de xerminación de 48, 64 e 96%, respectivamente.

SEMENTEIRA • A sementeira normalmente faise en recipientes como bandexas de plástico flexible negro con alvéolos, pero tamén se pode realizar directamente no chan. Se a sementeira se realiza no chan, este debe estar moi ben preparado, amolecido, solto e enriquecido con humus ou turba e area. A época de sementeira varía; adoita realizarse en primavera, pero cando as sementes presentan letargo interno e non as sometemos a tratamentos desinhibidores, convén realizar as sementeiras no outono, pois deste xeito estamos a estratificalas en parte. • O espazo entre sementes debe ser o suficientemente ancho para permitir o libre e completo desenvolvemento da

-3-

3


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

Follas caducas, rugosas, con nervación ben marcada, moi anchas, de contorno redondeado, acorazonadas na base e estreitadas nunha punta máis ou menos alongadas no ápice. Flores masculinas solitarias na axila de cada bráctea dos amentos ou espigas.

Flores femininas agrupadas na terminación das podallas laterais, en numero de 1 a 5 formando glomérulos escamosos.

• A abelá de calidade tense que recoller rapidamente e con menos do 7% de humidade, no caso contrario é necesario secala en condicións axeitadas, estendéndoas, non dispoñéndoas nunca en capas de máis de 40 cm de espesor. • As abelás que permanecen aínda coa envolvida adherida demostran que son imperfectas e deben separarse inmediatamente. Posteriormente tamén deben ser removidas cada dous ou tres días para evitar o ataque de fungos.

O tipo de conservación que realizamos coa semente da abeleira, é en neveira (5º C). En dous lotes: Lote 1: Composto de 25 sementes, cun peso de 46 gramos. Lote 2: Composto de 43 sementes cun peso de 82 gramos. Lote 3: (control). Composto de 43 sementes cun peso de 82 gramos.

• A semente de abeleira pode estratificarse en area húmida durante o inverno para evitar que as sementes perdan o seu poder xerminativo por deshidratación. • Nos usamos para romper este letargo a estratificación fría. Para elo introdúcense as sementes nunha neveira a 5º C, clasificadas en lotes e dentro de bolsas herméticas.

plántula con iluminación.

bastante

• As sementes deposítanse a unha profundidade dunha vez e media o tamaño da semente. • Por termo medio, en 2-6 semanas completaron a xerminación, sempre e cando se vencese a latencia.

Os tres lotes foron introducidos no interior de bolsas herméticas dentro da neveira.

-4-

4


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

ƒ Especie nº 3: Quercus robur XÉNERO / ESPECIE Roble, Carballo Quercus robur

RECOLLEITA

CONSERVACIÓN

• O froito do Quercus son as landras. Estas maduran en outono. • Podemos realiza-la recolleita dende o outono ata o inverno. Esta recolleita das sementes pode facerse en árbores libres de enfermidades e pragas e que caeron ó chan por si mesmas, ou podemos tamén facer un vareado da árbore.

• As sementes de Quercus requiren a seguinte conservación durante o inverno: temperatura entre 0º e 2ºC, unha humidade relativa elevada (90%) e unha boa aireación. Con estas condicións poden conservarse ben durante 6 ou máis meses.

• Realizaremos unha selección das landras máis grandes e en mellor estado. É importante que non teñan a cuberta danada ou raxada xa que non obteríamos unha boa xerminación. • Limpeza: separamos á man as cúpulas e ramiñas que están adherida s ás landras.

• Introducimos as landras nun recipiente de auga para comprobar se son viables (se flotan non son aptas). • Despois de secas, almacénanse as landras viables en 3 lotes nunha neveira entre 0º e 2º C: Lote 1: 16 sementes (89gr) en area húmida nun bote non hermético. Lote 2: 16 sementes (89gr) en area (a estratificar), nunha bolsa transpirable. Lote control: 16 sementes (87gr) en bolsa transpirable.

LETARGOS E TRATAMENTOS • Estas sementes soen ter unha boa xerminación tanto se sementen en outono como en primavera ou despois dunha conservación en area húmida ou en seco, non tendo necesidade de tratamentos previos.

SEMENTEIRA • Pode realizarse: No outono, con semente recen recollida, sempre e cando non haxa risco de ataque de roedores ou outros animais. Cubrirémolas cunha capa de follas de palla hasta pasar as xeadas fortes, retirándoa despois. A profundidade soe oscilar entre 4cm nos solos compactos e 8 cm nos solos soltos. Na primavera: se as landras xerminaron, podaremos as racillas, obtendo así plantas cun sistema radicular ben formado. A profundidade que empregamos é 2-3cm. • Sementeira en viveiro: 25 landras por metro lineal ou 100-125 botellas por m2. As landras máis pesadas sementarémolas a unha maior profundidade para así acadar plantas máis altas e fortes.

-5-

5


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais

ƒ Especie nº 4: Ginkgo biloba XÉNERO / ESPECIE

RECOLLEITA

CONSERVACIÓN

Ginkgo biloba (Árbol das pagodas)

• Os froitos do ginkgo maduran a finais do verán ou principios do outono. Recóllense a man directamente da árbore ou do chan.

• A semente de ginkgo pódese conservar seca durante un ano en almacéns secos a temperatura ambiente ou ben a 5º centígrados sen que descenda o seu poder xerminativo.

Familia:Ginkgoaceae. Xenero:Ginkgo. Especie:G.biloba.

O froito está formado por unha améndoa, envolta nunha cuberta carnosa de olor moi desagradable.

Este xénero comprende unhas sola especie,Ginkgo biloba. Non hai exemplares silvestres, son cultivares. É unha especie dioica ten exemplares masculinos e femininos. Polo tanto precisase das dúas

• Os froitos recén collidos pódense deixar secar,unha vez secos eliminase a cuberta carnosa por frotación. • Tamén se pode eliminar a través de frotación e lavados sucesivos sen estar seca.

• O tipo de conservación que realizamos coa semente do ginkgo, foi en neveira,(5º C).

LETARGOS E TRATAMENTOS • A semente de ginkgo pódese sementar sen tratamento previo algún, xerminando parte dela esa primavera e o resto pa seguinte. • Nos usamos para romper este letargo a estratificación fría, que consiste en manter as sementes cunhas temperaturas en tres e seis grados, de dous a tres meses na maioría das plantas e sobre de 1 mes nas coníferas.

SEMENTEIRA • Para realizar a sementeira é aconsellable por as sementes a remollo en auga moi quente antes de facela. • A sementeira debe facerse na primavera,e as sembras poderanse facer en eiras de Viveiro en regos separados de 15-20 cm.A razón dunhas 50 sementes por metro lineal, cunha profundidade de 2-3 cm. • Este tamén pode ser plantado en bandexas ou outros recipientes dentro de substratratos. respectando profundidade de sementeira.

En dous lotes: Lote 1: Composto de 41 sementes, cun peso de 54 gramos. Lote 2: Composto de 41 sementes cun peso de 52 gramos.

-6-

6


Asignatura:Producción de planta Práctica: Sementes de arbores e arbustos forestais árbores para a súa reproducción, inda que o seu polen desprázase grandes distancias. Os froitos dos exemplares femininos representan un problema para a súa implantación,debido a caída destes sobre das ruas e o seu desagrada ble olor no seu proceso de maduración ..

Este segundo método foi o que nós usamos para a eliminación da súa polpa.

Os dous lotes foron introducidos no interior de bolsas herméticas dentro da neveira.

• Para elo metémos as sementes nunha neveira a 5 grados centígrados,clasificadas en lotes e dentro de bolsas herméticas.

-7-

7


Práctica de sementes