Issuu on Google+

A Voz da Sangriña

Fundada en 1.979 polos alumn@s do C.E.I.P A Sangriña

Edición Única Ano 2.010


Colaboradores:

Dende 1.983 R/ Concepción Arenal, 10 A Guarda Teléfono: 986 61 34 31

LIBRERÍA CERVANTES Rúa Vicente Sobrino, 3 A Guarda Teléfono: 986 61 17 62


EDITORIAL

Que rápido pasa o tempo! Parece que foi onte cando empezabamos cargados de moreas de ilusións e xa estamos rematando o curso. Un curso no que, coma sempre, traballamos arreo ¡en tantas cousas! E tamén disfrutamos coas pequenas cousas que fan que cada curso sexa diferente: novos proxectos, novas saídas, novas experiencias… Noticia moi importante para nós, foi o estreno da nova aula para a nosa Biblioteca. Tod@s puxemos o noso granciño de area para que quedase moi chula e Pepiño poidese sentirse moi moi cómodo. Para rematar, non queremos esquecernos da nosa lingua, que vive momentos moi delicados, aínda que temos a completa seguridade de que nada nin ninguén nos fará deixar de usala. Desexámosvos moitas lecturas para as vosas merecidas vacacións.

ATA SETEMBRO!!!

ÍNDICE

Ed. Infantil Ed. Primaria 1º Ed. Primaria 2ºA/2ºB

4/5/6/7/8/9 10/11 12/13/14/15

Ed. Primaria 3º

16/17

Biblioteca Escolar

18/19

Ed. Primaria 4ºA

20/21

Ed. Primaria 4ºB

22/23

Ed. Primaria 5ºA/5ºB

24/25/26/27

Ed. Primaria 6º

28/29

Ed. Física (Vancouver)

30/31

Convivencia San Xerome

32/33

Os carteis do curso

34


04


05


06

ENTROIDO


07


08

07


09


e lugar e t s e BAS d to hai. I R C S s os E o lapis can o m o S os tod m a t s ga MarĂŠanse de tanto que os hai que afiar, seguiremos escribindo durante todo o verĂĄn, por ver se nos contratan un ano mĂĄis.

10


Alumnos/as 1ยบ 11


2º A/ 2º B Os nenos e nenas de 2º queremos contarvos moitas das cousas que fixemos neste curso que está a piques de rematar.

O primeiro que imos contar é que nos separaron en dous grupos con dúas profes: Begoña e Mari. Aínda así, estamos moitas veces xuntos facendo unha chea de actividades como ides ver. Todos sabedes quen é PEPIÑO, si! Si!, o noso moucho da Biblio. Pois a profe Mari inventou unha canción e cantámola no festival de Nadal. Esta é a letra:

12

Teño unha mascota chula

vixiando o que facemos.

que me anima a lere (BIS)

Ai lala ai lala ai lala laralala

e que se chama Pepiño (BIS)

laralala.

Pepiño da Noite.

Pepiño deixame libros

Ai lala ai lala ai lala laralala

que teño ganas de lere (BIS)

laralala.

tamén deixame traballos (BIS)

¿Sabedes quen é Pepiño?

que quero investigare.

Pois... Pepiño é un moucho (BIS)

Ai lala ai lala ai lala laralala

que pasea polo cole, (BIS)

laralala.


Empezamos este curso cunha actividade que nos gustou moito, tanto que, se as profes se esquecen, recordámosllo... a HORA DE LER. Todiños os días, depois do recreo lemos en silenzo, por parellas, na Biblioteca, no libro de lectura colectivo, no caderno de poesías... - temos que decir que nos ENCANTA.

O outro día tivemos unha sorpresa, veu a clase a profe LUCÍA de Infantil co seu ordenador e un micrófono. Sabedes para que? Pois... PARA GRAVAR A NOSA CANCIÓN DE PEPIÑO!!! E díxonos que se ía

colgar na páxina do cole. ENTRADE! XA VEREDES QUE BEN CANTAMOS!!! 13


Pero… o curso dura moito e fixemos moitas máis cousas: fomos a Vigo dúas veces a ver dúas obras de teatro….PRECIOSAS, no Entroido disfrazámonos de cociñeiros (as profes tamén), fixemos o Magosto, celebramos o DIA DA PAZ facendo unha árbore cos compis de 1º que pegamos no corredor, lemos poesías o día do libro,

plantamos árbores, xuntámonos moitas veces para facer traballos de plástica…

Como marzo é o mes da poesía (dixeron os profes!) ensináronnos a rimar e despois de ler moitas poesías e practicar un pouco, saíronnos estas tan feitiñas A QUE VOS GUSTAN?

14


Seguriño que nos esquecemos de algo. Ah! Si!

Din as Profes que traballamos como leóns e lemos, escribimos e calculamos... MOI MOI MOI MOI BEN.

ATA O VINDEIRO CURSO QUE XA SEREMOS DE 3º!

15


( cantar de cego )

I II

VI VII

III VIII IV IX V

X XI

16


I

VI

VII II

VIII III IX

IV

V

X

XI

Alumn@s de 3ยบ

17


Outro curso que remata! Que rápido pasa o tempo! Por iso, as mestras e mestres que formamos o Equipo da Biblioteca, queremos resumir en imaxes e palabras todo o que se fixo dende a Biblioteca:

Aló polo mes de outubro, puxemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS que viaxan cada semana á casa dalgún neno ou nena, con moito éxito entre as familias tal como nos contan nos cadernos viaxeiros.

Para conmemorar a Semana Internacional das Blibliotecas, no mes de outubro organizamos toda a semana SESIÓNS DE CONTACONTOS no que o alumnado de maior idade actuou para os pequerrechos, a través de contos, poesías, pequenas obras... Foi un exitazo!

Quixemos continuar co contacto que iniciamos o curso pasado coa Biblioteca Municipal e, promoveuse un novo encontro co alumnado de 6º curso no que se lle explicou os distintos servizos que presta.

No Entroido, mandamos a imaxe de Pepiño ás familias para que nos axudasen a disfrazalo e, temos que dicir que nas nosas familias hai verdadeiros artistas, senón, mirade a foto!!!

Inauguramos un novo servizo da Biblioteca: A LUDOTECA para xogar nos recreos.

18


Lectura de poesías o Día do Libro

O mes de abril, adicado á poesía, fixemos unha CADEA DE POESÍA que foi percorrendo todas as aulas e, que lemos o 23 de abril, DÍA DO LIBRO, na xuntanza que fixemos no salón de actos.

Iniciamos un CONTO VIAXEIRO que nos quedou moi moi precioso e foi a excusa para volvernos a xuntar de novo a lelo. Outras actividades: fixemos marcapáxinas, editamos por vez primeira

para o alumnado e as familias, renovamos o contrato da Biblio, expuxemos libros de

Actualizamos a páxina do Centro na parte de Biblioteca con todo o que iamos facendo... http://centros.edu.xunta.es/ceipasangrina/

e, deixamos para o final unha noticia importante: ESTRENAMOS NOVA AULA PARA A BIBLIOTECA!!!! Todo o cole, alumnado e profesorado, colaborou, baixando libros e axudando no que fixese falta, e, aínda que faltan cousas, o resultado é este:

Esta é a nova Biblioteca!!!

Proxectos Futuros:moitos.... pero iso é outra historia......

19


Os alumnos de 4º dentro do Proxecto Lector fixemos varias actividades. Unha delas foi “ O MURAL DOS SUPERHEROES”

Na actividade de comic fixemos un libriño coas fichas realizadas sobre os comics e tamén cos comics feitos por nós.

O traballo realizado neste curso foi elaborar un caderno con fichas, contos,

poesías

e

debuxos

relacionados co mar e o seu mundo titulado: “MERGULLATE NO MAR DAS PALABRAS”

20


Para realizar o mural, primeiro pensamos cada un nun superheroe e buscamos información na aula de informática para elaborar unha ficha autobiográfica.

Na clase ordeamos a información, a reunimos e fixemos fichas en papeis de cores cos datos máis importantes: nomes, superpoderes, familia, inimigos...

Tamén buscamos fotos ou

debuxamos

superheroes engadir

á

os

para ficha.

Con todas as fichas fixemos un mural. 21


A VOLTA AO MUNDO DE 4ºB Os nenos e nenas de 4ºB fixemos unha volta ao mundo virtual. Viaxamos por algúns continentes na busca de monumentos, castelos, estatuas e outras curiosidades e agora sabemos un pouquiño máis deles.

En Brasil descubrimos o Cristo Redentor,que mide 38 m. Parece alta, verdade? pois que saibades que está enriba dunha montaña de 731 m. (máis de dúas veces o noso Monte Tegra), claro, foi unha das sete maravillas do mundo moderno.

Estivemos tamén en Agra, na India, visitando o Taj-Mahal. O seu nome significa “Poema de amor en pedra” e que realmente foi construido por Shan Jahan en honor da súa esposa preferida. Tardaron 23 anos en rematalo,do 1631 ao 1654.

E este gato tan repoludiño está máis cerca do que pensades, pois podémolo ver no noso país, en Barcelona.Pesa unhas dúas toneladas pero a pesar diso, xa se moveu por distintos puntos da cidade. O seu autor é Botero e se lle botades unha ollada en Internet descubriredes que na meirande parte da súa obra inclúe xente con sobrepeso.

22


Mirade esta escultura da dereita. Imaxinádevos diante dun bloque de mármore, cun cicel na man? Parece imposible que algo tan perfecto se poida facer cuns poucos instrumentos coma este. É o Moisés de Miguel Ángel e está en Roma. Parece que en calquera momento vaise levantar e botar a andar.

E este edificio da esquerda non quedou así por un tremor de terra. Está situado en Praga e se chama a “casa danzante”. Os materiais elididos para a construcción da fachada pretenden imitar as vestiduras dunha bailarina…pois semilla que si.

Este castelo de nome impronunciable (Neuschwanstein) está en Alemania. Din que é o castelo da Bela Durminte e durmir nel non é ningún problema pois conta con 360 habitacións. O seu nome significa “Novo cisne de pedra” e se o mirades ben, realmente é un cisne.

De momento, aquí rematamos a nosa ruta. Nós seguimos na clase con esta viaxe a piques de finalizar. Esperamos que vos gustase!!!

23


Aventuras Atlรกnticas Ons

24


“Aventuras Atlánticas” Capítulo I : Unha tarefa pendente… “… Para as Illas Atlánticas visitar, Unha tarefa deberedes facer: Un cómic orixinal teredes que achegar, Que entre centos de coles deberemos escoller. Non queremos máis dun folio, Coas illas, un traballo relacionado… Ordenado, limpo, e sen embrollo. Asdo.: Corvo Mariño Cristado.” Desta forma, os rapaces e rapazas de 5º recibimos a notificación para poder participar no proceso de selección dunha viaxe especial ás Illas Atlánticas. Capítulo II: As regras do xogo. Unha vez aceptados, recibimos a visita de dúas rapazas chamadas Ana e Bea. Explicáronnos moitas cousas das Illas Atlánticas, e coñecemos a ese “Corvo Mariño” que nos tiña intrigados. Unha presentación no encerado dixital, e uns xogos amenos máis tarde, comprendemos o que podiamos e non podiamos facer o día da excursión… A ver se conseguimos lembrar tantas normas! Capítulo III: Ondiñas veñen e vaaaaan…. de camiño a Ons 8:10 da mañá. Emoción, intriga, dor de barriga..... Berros, présas, carreiras polo corredor, crema solar e mochilas con moitos bocatas. O autobús xa agarda por nós ¿A que hora chegaremos? 9:30. Chegamos ao peirao de Bueu. Reunión cos amigos do Sinde e outros coles. Xa temos fame. Manda truco! Profe, onde está o baño? 9:45. ¿Que é esa carraca flotante?¿Temos que subir dentro? ¿Onde está a pasarela? E se caemos ao “abismo”? 10:00 Unha vez calmados, e subidos ao barco sen contratempos é a hora de embadurnarnos con crema solar. O profe parece unha pantasma... 10:05 Mareos en cuberta. 10:06 Máis mareos... 10:07 – “Onde está o baño?” 10:08 – “Teño frío, cando chegamos...?”

25


Capítulo IV: A Illa do Tesouro Mariño Cristado 45 minutos despois, e uns contratempos imprevistos máis tarde debido a un peirao ocupado que non nos permitía atracar, conseguimos amarrar o noso “Falcón Milenario” particular. Desembarcamos. Mareos, tambaleos varios, primeiro bocata e quinta excursión ao baño... Ás monitoras xa coñecidas, Ana e Bea, se engadiron Marta e Suso. Deciden repartirnos en grupos para facer un percorrido polos principais lugares da illa. Para iso, seremos “exploradores” cunha folla de ruta moi particular: en cada parada, deberemos resolver uns enigmas para completar un puzzle que nos explicará os diferentes ecosistemas presentes no lugar. Comeza a camiñata. Que pasada de vistas! Aquí respiramos tranquilidade... E que limpo está todo! Vaia, non temos Play Station! Menos mal que as probas que nos prepararon os guías son do máis simpático. Que guapos estamos con estas gorras! ¿E estes cascabeis? Este tío está tolo! ¿Que os poñamos nas orellas? Nin que foramos gatos! Anda que os nosos pais non se ían meter con nós se nos viran con estas pintas! ¿Chegaremos ao Burato do Inferno? Vaia, din que está moi lonxe e non hai tempo. Ufff! Menos mal!, con ese nome.. igual a algún de nós nos deixaban alí! De volta ao “campamento base” casi 2 horas e media máis tarde, toca “repostar” combustible. É o bautizado “Momento Bocata (c)”. Unha hora máis tarde, tras facer convivencia xogando cos amigos do resto dos coles que nos acompañan, os profes optaron por facer unha escapada ao faro. ¿E a praia? ¿Non será máis divertida? O faro está moi lonxe! Unha mágoa... tanto camiñar e non podemos entrar no recinto do faro. Dende abaixo parecía máis pequeno. Menuda bombilla debe haber dentro! Epílogo Mar revolto. Parece que vai chover, o tempo estropéase por momentos. Outra vez hai que loitar co “abismo” no momento de saltar ao barco. De novo, todos salvos. Mágoa que o día estea acabando... Arrancamos camiño a Bueu. Menudas ondas! Isto parece o “Dragón Khan Marítimo”. En fin, definitivamente parece que chegamos ao porto. Algo mareados... pero foi bonito mentres durou. Mañá, de novo toca volver á rutina cotiá. As matemáticas nos esperan!

26


27


OS MELLORES MOMENTOS:

O MELLOR DESTE CURSO FOI: PROXECTO: ”UNHA POESÍA CADA DÍA”. Durante segundo trimestre, todos os días, lemos poesías; eran moi variadas e entretidas e, como non, tamén xogamos a ser poetas. Empezamos facendo pareados, inventando mentiras en verso, e cando nos fomos soltando e perdéndolle o medo, conseguimos converter os contos tradicionais en poemas. Sentímonos moi orgullosos co resultado. Fixemos poemas variados que recollemos nun libro que titulamos ” Poemas variados” , xogamos a facer acrósticos cos nosos nomes, co do colexio.... e como non, tamén caligramas. A experiencia ó principio nos resultou difícil, pero agora, estamos moi ledos porque somos capaces de facer as nosas propias poesías, con facilidade. Escribimos poemas que quedaron recollidos nuns libros que titulamos:” Pareados mariños” , “Poemas no fondo do mar”,” e “ Poemas o meu pobo mariñeiro”

Estas son algunha das nosas poesías: O NOSO QUERIDO COLEXIO Con moi poucos anos, ó cole chegamos. E con once e doce, nos marchamos. Intentamos sempre estudar e aprobar. Para saber e o instituto poder pasar. A Sangriña, botarémola de menos. Sempre moito, moito a quixemos. Ás nosas mestras e mestres lembraremos. Nunca deles nos esqueceremos Grandes momentos vivimos. Rindo, cantando , xogando nos coñecimos. Imos marchar, unha nova etapa imos empezar. Ñañaras...! ! Outros nenos ocuparán o noso lugar. Ata mais ver, novos amigos imos facer!. 28


A GUARDA Cando Á Guarda cheguei, unha cousa observei: Un monte moi curioso e un río caudaloso. Cando a alameda vin, rápido a ela corrín. máis tarde o porto baixei, cos meus amigos, alí xoguei.

no Tempo”, dentro da Wiki que creamos. A información metiámola desde a aula de informática e mesmo desde a nosa casa. Agora estamos rematando a Idade Media e seguiremos con outra etapa. O mellor é que nos divertimos un montón investigando, lendo, redactando e sobre todo aprendendo, sen estudiar, o noso pasado. Tamén fomos visitar o Castro do Tegra! As nosas informacións quedan reflexadas No curso “ Viaxamos no tempo”.

O MONTE A min gústame o monte, e non me da corte. De noite gústame máis, Porque medo terás. O monte está talado, non me esta gustando, teñen que parar de talar parar o monte salvar. PROXECTO LECTOR: “QUE DE AVENTURAS XURDEN DO MAR!” Foi un proxecto baseado sobre todo na lectura. Eramos detectives en busca da resposta a moitas preguntas. Tivemos que ler moito para poder atopar as solucións e ademais, aprendemos un montón de cousas relativas ó mar e todo o relacionado con el. PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: “VIAXAMOS NO TEMPO”. É un proxecto que estamos realizando, os ne@s de 5º e 6º de primaria, sobre a Prehistoria e Historia. No 1º trimestre, empezamos a investigar as tres etapas da prehistoria. Buscamos información en internet, nos libros... Ó rematar o trimestre sabiamos todo de “pe a pa” No 3º trimestre empezamos a estudiar a seguinte etapa: A Idade Antiga;o principio foi un rollo, pero despois de investigar e as explicacións de Mª José, quedóusenos todo. Mentres os nenos de 5º investigaban sobre os Castros. Decidimos empezar a traballar e por a información no curso “Viaxamos

UNHA FENOMENAL EXPERIENCIA : PLENO MUNICIPAL ESCOLAR O pasado mes de decembro , desde o Concello, recibimos unha invitación especial: participar nun Pleno Escolar. . . O principio, pareceunos algo aburrido e moi difícil pero, pronto nos puxemos a traballar. Eliximos os nosos representantes: como alcalde Víctor, e concelleiros Leandro, María e Ángela.. Por fin chegou o día; todos estabamos moi nerviosos. Ó chegar o Concello atopámonos cos compañeiros dos outros colexios ( Solanas, Sinde, Somascos e San Xerome), que eran a oposición. Fomos recibidos polo alcalde e algúns concelleiros. A sala de Plenos impoñía, e aínda nos puxo máis nerviosos do que estabamos. Sentámonos cada un no lugar correspondente e inmediatamente empezou a sesión. A experiencia, aínda que nos custou bastante preparala, foi moi boa, posto que aprendemos moito, compartimos ideas , vimos onde os políticos fan os plenos, como funcionan.... é sobre todo resultou divertida. Encantaríanos repetila algún día! Se queredes saber máis de nos, non o dubidedes, quedades todos invitamos a visitar a páxina: www.centros.edu.xunta.es/ceipasangriña.

29


VANCOUVER 2010 Este ano, os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a ocasión de seguir, dende a distancia, a celebración dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de inverno que se celebraron na cidade canadiense de Vancouver. Empezamos, na clase de Educación Física, coñecendo as modalidades deportivas que se levan a cabo e pouco a pouco fomos descubrindo un interés especial que nos atraía. Pero o que máis nos sorprendeu, e chamou a atención, foi descubrir a capacidade de esforzo que poñen en xogo os deportistas paralímpicos a pesar das súas limitacións. Por iso propuxémonos facerlle chegar a nosa felicitación polo seu esforzo e as súas ganas de superación. Puxémonos en contacto coa Federación Española de Deportes para Cegos que nos facilitou a dirección de correo electrónico da Técnica de Esquí do Equipo Paralímpico. Remitímoslle a seguinte carta: ¡Hola Jon! Somos un grupo de niños/as, de un Colegio de Educación Primaria, que vivimos en una localidad llamada A Guarda de la provincia de Pontevedra, justo donde el río Miño se encuentra con el océano Atlántico. Aunque estamos situados en la zona noroeste tenemos un clima que nos impide disfrutar de algo que tu conoces muy bien y que nosotros solo podemos ver por la tele, la nieve. La última vez que “nevó” aquí, un poco, aún no habíamos nacido, fue en 1.987. Solo podemos recordarlo por una fotografía que hay en el cole y cada año esperamos volver a disfrutar de ese momento. En Educación Física nuestro profe nos habla de todos los deportes para que conozcamos un poco de cada uno. Este año lo hicimos de las olimpiadas de invierno. Descubrimos las distintas modalidades que se practican, de las que nunca habíamos oído hablar, sus normas y quedamos maravillados por las instalaciones en las que se desarrollaron. Pero lo que más nos impresionó fue cuando nos explicó que también se iban a celebrar las Paralimpiadas, en las que deportistas con diferentes limitaciones tendrían que competir. Así supimos, que por España participaríais: Jon Santacana, Gabriel Gorce, Úrsula Pueyo, Anna Cohí y Andrés Boira y vuestros guías: Miguel Galindo, Félix Aznar, Raquel García y Aleix Suñé y de vuestras discapacidades que hacen mucho más meritorio el esfuerzo que realizáis. Este año televisión ofreció una mejor cobertura de los juegos y pudimos veros participar. Seguro que en cada uno de vuestros descensos, en la distancia, estábamos apoyándoos y con la ilusión de que obtuvierais un buen resultado. Cada día aparecían en el tablón de anuncios los resultados que se habían producido y se celebraban con gran alegría. Queremos con nuestra carta felicitaros por vuestra participación y en especial a ti que conseguiste tres medallas fantásticas. Gracias por habernos hecho vibrar y saber que, a pesar de los problemas que la vida nos pone en el camino, con esfuerzo y mucha ilusión se puede salir adelante y lograr grandes éxitos. Nos gustaría, si fuera posible, que nos mandaras un autógrafo para conservar como recuerdo de vuestros éxitos y desearos que consigáis muchos más. Un saludo: (Firmas dos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria Dous días despois empezaron a chegar as respostas: Apreciado Gil: Al leer la carta me he emocionado, iniciativas como esta que realizáis dan sentido al trabajo que hacemos. Les envío la carta a todos los chicos y estoy seguro que os harán llegar una nota, vuestros chicos se lo merecen. Por mi parte felicitarte ya que estas iniciativas lo que hacen es inculcar unos valores tan necesarios en los jóvenes de hoy en día. Por mi parte a parte de ayudar en hacer llegar la carta, te ofrezco poder colaborar si te parece en el futuro a traves de un programa que llevamos tiempo haciendo desde una asociación que es lo que llamamos "dia paralimpico en la escuela". Entra en la web de www.playandtrain.org y entra en el blog, ahi veras de lo que te hablo. Ademas vamos a venir a realizar algunas acciones a vuestra tierra Galicia. Espero que mantengamos el contacto Un saludo para ti y tus chicos Sylvana Mestre

30


Hola a todos/as alumnos de primaria del C.E.I.P A SANGRIÑA y su profesor de Educación física. Soy Raquel García, guía del equipo paralímpico español. Acabo de leer vuestra carta y, me ha hecho muchísima ilusión ver como desde Pontevedra seguís este deporte y nos habéis apoyado, como muy bien decís, desde la distancia. Ya se sabe que en España el esquí no es un deporte primordial como lo puede ser el fútbol, baloncesto, etc...pero gracias a gente como vosotros cada vez este deporte es más valorado en este país. Agradeceros vuestro apoyo y seguimiento, y espero que sigáis así, poniendo interés por todo el deporte español que poco a poco intenta subir un escalón más. Un abrazo. Raquel Garcia Borreguero.

Hola a todos! En primer lugar GRACIAS!. Soy Miguel, el guía de Jon Santacana. Me ha emocionado mucho la carta que habéis mandado. Nada de lo que hemos conseguido en Vancouver tendría sentido sin gente con vosotros, que se alegran por los éxitos de un pequeño y humilde equipo que trabaja sin descanso para conseguir desarrollar un deporte tan complicado como el esquí. Me parece fundamental la labor que estáis haciendo con los chavales, sobre todo en edades tan tempranas. Con acciones como la vuestra hacéis que el deporte tenga sentido y sobre todo que gente tan joven se interese por el deporte paralímpico, que al fin y al cabo sigue siendo deporte. Yo estoy acabando CCAFD en la Universidad de Zaragoza y sé la importancia de la educación, y más en concreto de la educación física, que no siempre está reconocida.... pero como habéis demostrado, también sirve para educar en valores, algo que cada vez cuesta más inculcar a los chavales. Por supuesto y sin ninguna duda os mandaremos una foto firmada para que la pongáis en el colegio y así recordéis lo que hemos conseguido, no sólo nosotros sino todo el equipo... Nos tenéis a vuestra entera disposición para lo que queráis. Un abrazo muy fuerte. Hola, soy Gabriel, uno de los deportistas que visteis en Vancouver. Os hago llegar mi más sincera alegría por saber que hay gente que nos sigue desde todas partes; es una satisfacción comparable a la que se tiene ganado un premio en una carrera. Os transmito mis sensaciones ya que, debo deciros que este ha sido mi debut en cuanto se refiere a citas paralímpicas, y la verdad es que, aunque mis resultados -confieso- pudieron ser mejores, me quedo satisfecho porque sé que soy muy joven y que aún me quedan muchos años por delante para demostrar lo que valgo. Con todo esto os reitero mi agradecimiento por esta carta tan emotiva que nos habéis enviado a todos nosotros, y os invito a seguir apoyándonos este próximo ciclo de 4 años hasta Sochi 2014, porque creo que va a dar mucho de que hablar. ¡¡¡Muchas gracias por todo y hasta pronto!!! Gabriel Gorce Yepes

Tamén recibimos a felicitación do Presidente do Comité Paralímpico Español que nos agasallou con gorras para tódolos alumno/as.

31


32


33


Os carteis do curso

34


Colaboradores:

R/ San Roque nº 2 Salcidos (A Guarda) Teléfono: 649 980 745

Asociación de nais e pais do CEIP A Sangriña A Guarda

Catering Comedor Escolar 35


C.E.I.P. A Sangriña Educación Primaria Promoción 2.004-2.010

Romina

Victor

Xairo

Alexandra

Leandro

Silvia

María

Adrián

Jennifer

Germán

Noelia

Eric

Angela

Noé

Bernabé


Revista 2010