Page 1

Actividade T3.

Imaxinación tangrámica

Seguramente é esta unha das mellores fases do traballo porque nela os nenos poñen en xogo toda a súa capacidade para copiar, crear, pintar, verbalizar, ... dun modo libre, sen complexo nin atadura de ningún tipo. Creatividades: Coas pezas do tangram que queiran teñen que compoñer formas reais ou imaxinadas, poñéndolles sempre o nome do que representan. Poden facelas debuxando as pezas nun folio ou ben recortalas do papel para, despois, pegalas. Para as creatividades poden utilizar pezas repetidas e non teñen por que axustarse exactamente ás normas do tangram. Adoitan facerse con tangrams de papel recortando varios modelos do mesmo tamaño. Algúns exemplos:

Paiaso

Caracol Murais: Utilizando pezas do tangram en papel e pintando despois.

Dragón

Pomba


Forma e series: tendo en conta as cores, as formas…

Serie con romboides

Serie con triángulos

Comparando formas ... cara á medida. A comparanza entre as distintas pezas do tangram permítenos avanzar experimentalmente na construción do coñecemento da medida de superficies. Neste caso dánselles aos nenos as distintas formas nas que estea contida un número exacto de veces a peza do tangram que queiramos utilizar como unidade de medida. Non hai que esquecerse de que tanto as figuras que se lles dan como o tangram teñen que ter a mesma escala porque de non ser así resúltalles imposible realizar a actividade. ¿Cántos triángulos pequenos caben en cada unha das seguintes figuras?

Con un triángulo pequeno do tangram compróbase as veces que cabe en cada unha das figuras mostradas. ¿Cántos cadrados caben en cada una de estas figuras?


Experimentalmente, utilizando como unidade de medida o cadrado do tangram, chegan á conclusión das veces que cabe en cada unha das tres figuras. ¿Cántos romboides caben en cada unha das dúas figuras seguintes?

Un proceso semellante pódese seguir para medir lonxitudes dos lados das figuras que se mostran ben sexan por comparación con un lado do triángulo pequeno do tangram ou medindo directamente coa regra, pero sen esquecerse de dicirlles, primeiro, como se mide, como se trazan liñas coa regra e cales son as unidades de medida en cada caso (cm, mm, decimais…).

Imaxinación tangrámica  

Figuras con tangram

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you