Page 1

O saco roto Corría o ano 2015, e a crise económica aínda imperaba no país, e a xente víase inexorablemente impregnada do seu escuro tinte. Ninguén estaba para celebracións... Agás as corruptas mentes dos nosos políticos. Estes non paraban de axitarnos collidos dos pés pra ver si caían moedas ó chan. Xa non sabían o que ían a facer para sacarnos máis cartos. Cada día que pasaba facíase máis evidente a imperiosa necesidade dun cambio no sistema. O único que os cidadáns podían facer era resignarse ca dura realidade. Polo visto, iso non era suficiente para o alcalde de Ribeira. Tiña uns contactos na NASA, e xa levaban uns meses tramando o seu ambicioso plan. Consistía en capturar unhas formas de vida que habitaban nos lagos de metano de Titán.

Estes seres foran descubertos fai moi pouco e, como e comprensible, a NASA xa tiña preparada unha misión ca fin de capturar varios exemplares destinados á investigación, pero iso é fariña doutro costal. Obviamente, se alguén conseguira facerse con eles antes, terían un valor altísimo no mercado negro, pero ninguén esperaba que iso fose a suceder. Se estades a pensar que a construción da nave e a contratación do equipo serían economicamente inalcanzables para o alcalde, equivocádesvos. Ademais do seu salario correspondente, tiña roubado cantidades astronómicas de cartos en varios casos de corrupción, os cales non veñen ao caso.


Cando chegou o momento do lanzamento, o alcalde estaba sorprendentemente tranquilo, coma quen vai mercar patacas. O foguete despegou sen problemas. Tardou seis meses en chegar. Debido á flagrante carencia de escrúpulos, non se lle ocorreu mellor idea ca empregar un barco de pesca convencional (roubado do porto de Ribeira) para apañar as criaturas. Houbo de tardar outros tres meses tan só deixando limpos eses lagos, e por suposto outros seis na viaxe de volta. Aterrou sen problemas na súa base secreta atopada nunha remota rexión de Francia (detalle que esquecín mencionar antes). Chegado este punto preguntarédesvos como foron capaces de burlar todos os radares que vixían o ceo constantemente. Empregou un material que facía a nave invisible ao radar. Cambiando de tema, o alcalde xa tiña concertada unha reunión para tratar cos compradores, que eran uns terroristas chinos. O seu interese nas criaturas radicaba nas posibles aplicacións das mesmas na guerra biolóxica. Estaban dispostos a ofrecerlle un millón e medio de euros por cada exemplar. O trato xa estaba cerrado, cando de pronto, apareceron ducias de helicópteros da policía rodeándoos. Non o podían crer. A operación estaba seguida dende o principio por un equipo especializado da interpol, e pilláronos cas mans na masa. Como se decataron as autoridades? Moi fácil. Preto da base secreta había unha casa onde vivía unha vella que o vira todo, e como non o viu anunciar na televisión, sospeitou. Chamou á policía e estes en seguida informaron a organismos superiores. E diredes, porque non os arrestaron xa antes do despegue? Pois simplemente porque necesitaban probas do delito, e mandar un foguete ao espacio non se considera como tal. Ao final, os terroristas foron interrogados para ver si colaboraban na detención da banda, e o alcalde foi condenado a pagar unha indemnización de vinte millóns de euros e a trinta e cinco anos de cárcere. Por outra parte, os exemplares foron entregados a laboratorios de todo o mundo para que investigaran os seus posibles usos na cura de enfermidades ou como fonte de enerxía. Moralexa: a avaricia rompe o saco.

O saco roto