Page 40

TRISTE VIDA E PEOR MORTE Aínda que fun cuidadosamente educado en medicina e círurxía, nunca practiquei ningunha das dúas. Fun enviado ó Vietnam xunto cos meus compañeiros da facultade e outros mozos próximos á miña idade. Ó non haber barcos suficientes, moitos fomos trasladados a bordo de barcos mariñeiros. Na viaxe coñecín a Michael e a George, fixémonos bos amigos, xogabamos á baralla, bebiamos ron e practicabamo-lo tiro. Pero Deus quixo que non chegásemos ao Vietnam e unha tormenta asolagounos repentinamente, o barco naufragou e só sobrevivimos o capitán e mais eu, que nos aferramos a un barril.

Fomos acollidos nun poboado mariñeiro arxentino alleos á guerra durante varios anos, ata que fomos repatriados ó noso estado, cando nos encontramos cun mercantes que se dirixían alí. Cando chegamos fomos fusilados por desertores. Miguel Trigo Baulo 3ºC ESO

microrrelatos2  
microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement