Page 4

Dezaseis de Xullo de 1833. Este é un memorable aniversario para mín. Hoxe cumpro 323 anos! 323 anos dende que nacín , 323 anos nos que conseguín ver todo o visible, percorrer todos os océanos do planeta, conseguín ver nacer e crecer aos meus 54 fillos, conseguinnos ver emerxer da terra e trasladarse cara o mar igual que fixen eu 323 anos atrás. A xente dí que os da miña familia somos moi lonxevos e , o certo é que eu son a máis nova dos meus irmáns. Ben, aínda non me presentei, chámome Xilda e son unha tartaruga mariña . Miguel Palacios 3ºA ESO

Dezaseis de xullo de 1833. Este é un memorable aniversario para mín. hoxe cumpro trescentos vintetrés anos!. E xa son moitos, o malo é que a miña familia non o vai celebrar conmigo. Meu pai… mellor non falar del e miña nai, non sei nada dela. Tamén se podería dicir que hai douscentos anos que estou na escuridade desta tumba, chea de bechos e arañas, sen poder sair para ver outra vez a miña nai. Quixera poder descansar algún día! A historia da miña morte e algo moi tráxico. Meu pai sempre lle pegaba a miña nai e un día saín a defendela pero saín mal parada. Agora non sei que será deles pero xa non podo sabelo. Manoli Quevedo Noya 3ºD ESO

microrrelatos2  
microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement