Page 24

Adeus Asasina! Esperten, esperten! E saiu coma un lóstrego cara á porta. Estaba só a dous metros, un metro, medio metro… Parou, quedárase petrificado diante da porta, sen poder pasar. Que pasa?. Non o sabía. A asasina seguía alí, sen inmutarse, nin sequera se movía, pero sabía que fora ela a que impedía que os seus músculos reaccionaran. Sabíao. Deime a volta lentamente, sabendo que estaba no medio dunha decisión crucial, un paso: a vida; outro paso: a morte. O meu corpo xiraba en sentido contrario que o cerebro. Alcei os ollos e soou un forte ruído. Caín cara a atrás, sabendo que non tivera opción, non quería vivir sen ver outra vez a faciana da asasina, asi que recibín a morte. Estela Chaves Falcón 3ºESO Av

microrrelatos2  
microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement