Page 22

Non podo durmir, Rita, dáme medo o barullo do vento. Sinto que algo vai suceder, non sei que pode estar pasando afora, este ruido non me deixa durmir e faime tremer todo o corpo; Quero abrazarte, sentirme a gusto e saber que vas estar aquí para protexerme… O barullo converteuse en silencio e de súpeto escoitouse o meu nome no vento, levanteime como alma que leva o vento, desapareceume o medo porque eu sabía que era el o que me estaba a chamar, el estaba ali, quen me ía quitar tódolos medos. Vanesa Leiro Chaves 1ºA Bach

microrrelatos2  
microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement