Page 16

Eu era entón moi novo, moi pobre e estaba moi namorado. Ela era perfecta, loira de ollos azuis, qué podía esperar de algo así? Nin o meu nome sabía. Ela ollábame, pero non sabía moi ben que se reflectía na súa mirada. Tal vez unha nota no seu caderno... Non!... “direillo á cara” repetíame unha e outra vez, pero cando o ía facer... voltábame atrás. Acordeime dos meus dotes coa guitarra e comecei a facer unhas liñas que soasen coa intensidade do seu sorriso e a dozura da súa cara. Arrisqueime e, para abraiala, esperei a atopala no parque onde eu sabía que ía pasear todos os días. Tan pronto como a vin, agarreina da man sen que o silencio se rompese e senteina ó meu carón. Ela quedou queda. Agarrei a guitarra e comezou a soar, xunto coa miña voz o compás. Ela non dicía nada, pero esta vez sorprendeume a súa mirada... parecía dicirme algo... sentíame un Enrique Iglesias nese intre.

Eu era entón moi novo, seguía sendo moi pobre e estaba felizmente agarrado a ela. Ah! Por certo, chamábase Marta. Melania Varela Fd 1º Bach A

microrrelatos2  

relatos,historias

microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement