Page 15

Eu era entón moi novo, moi pobre e estaba moi namorado. Cada vez que pasaba pola rúa na que estaba, non podía evitar dirixir a miña mirada a aquela ventá, porque sabía que detrás dela se agochaba o que eu máis quería. Un día arrisqueime a entrar no seu edificio. A porta do seu piso estaba entreaberta, e non puiden resistir a tentación de pasar. Cando cheguei a súa habitación petei na porta, pero non se produciu ningún son no seu interior. Empuxeina lentamente ata que me atopei diante del. Alí estaba o piano. Cada vez que, as agochadas, entraba alí para tocalo, a música que emitía inundaba cada un dos poros da miña pel, enchéndoos de sentimentos que me facían tremer. Agora sinto exactamente o mesmo, sinto como os meus dedos tocan con sensibilidade e harmonía as teclas que soan tan ben.

Hai quen di que é imposible pasar a vida namorado dun obxecto, en realidade, din que é imposible namorarse dun obxeto, pero eu dígoche que sí é posible. Creo que fun e serei o único home do mundo que pasou ata o último segundo da súa vida namorado con tanta intensidade. Silvia Fernández Chaves 4ºB ESO

Eu era entón moi novo, moi pobre, e estaba moi namorado. E a vida dá tantas e tantas voltas que agora que teño os meus anos son moi vello, moi rico e estou moi só. Ángela Lago Baúlo 4ºC ESO

microrrelatos2  

relatos,historias

microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement