Page 14

Eu era entón moi novo, moi pobre e estaba moi namorado. Vivía na zona pobre de Pontevedra, en Loureiro Crespo; asistía a clases no instituto público na zona centro. A rapaza da que estaba namorado era moi fermosa, incluso me ruborizaba cando me falaba, levaba máis de dous meses agardando para declararlle o meu amor, pero non era capaz, non tiña a valía suficiente. Un sábado pola noite, estaba decidido a falar con ela, pero era tarde, ela saudoume, pero estaba tan aburrido que non a puiden saudar, só a observei, creo que estaba furioso, pero non con ela, senon comigo mesmo. Era a rapaza da miña vida, era bela, comprensiva, boa rapaza e sobre todo unha rapaza coa que podías falar, pasalo ben, compartir as túas cousas máis íntimas. Dende ese día aliviei as miñas penas coa droga, agora estou aquí loitando coa morte, tirado debaixo dunha ponte. Adeus.

Eu era entón moi novo, moi pobre e estaba moi namorado. Xa sei que non pasou nen sequera un ano, pero madurei moito... demasiado. As buxainas e as canicas pasaran a algo secundario. Seguía xogando á consola, si, pero iso era porque o vicio estendíase polo meu corpo como unha droga tan repulsiva que me dába noxo a mín mesmo. Pero non podía evitalo. Aquel verán foi moi especial. Pero non para ben. Para mal. Para fatal. Aquel amor dos catorce anos correume as entrañas ata que o sabor amargo chegoume á boca. O sabor amargo da derrota. Estaba comprometida. Comprometida. A palabra resoaba na miña cabeza. Non podía vivir. Quizais a coitela que sostiña nas mans fora a única saída. Quizais.... Pero mentres a coitela estivese no Super, e non tivera diñeiro para comprala, o plan a tomar por saco.

Rubén González González 3ºD ESO

Guillermo Álvarez Otero 2ºC ESO

microrrelatos2  
microrrelatos2  

relatos,historias

Advertisement