Page 1


AS FAMILIAS FORON AS PROTAGONISTAS NA ESCOLA DE AREAS


MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN NO PROXECTO :

“O PROTAGONISTA E A SÚA FAMILIA”!!


RA I E R O M E D A L ESCO

n í a m a S o s o m a r b e l e C O 31 de Outubro recibimos a visita dos nenos e nenas de Portela A. Representamos o conto “Corre, corre, cabaciña”, preparamos merendas de medo... e moito máis!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL No primeiro trimestre apareceu na escola unha galiña cos seus pitiños (acompañados polo pai e a nai de Xabi)


A Í R E B R A B A N A I C N URXE No terceiro trimestre sementamos céspede nunha botella de auga coa nosa foto. Nos saíron uns pelos verdes divinos!

DE FLOR EN F No mes de maio pintamos na nosa clase o xardín do artista Monet. Quedounos tan ben, que se nos instalou unha comunidade de abellas a libar nas flores. A ver que facemos agora!

LOR


OS MEUS PROXECTOS DESTE CURSO 2017-18 •

1º TRIMESTRE: A miña familia e máis eu

Neste proxecto traballamos como eixe central, a FAMILIA de cada un dos alumn@s: unidade familiar, papel de cada un dos membr@s, parentesco máis próximo e os diferentes tipos de familia que se amosan na sociedade actual. Por outra banda, outro enfoque deste proxecto, foi o coñecemento de un mesmo (características físicas, emocionais e persoais).

2º TRIMESTRE: As peixeiras Neste trimestre, escollemos traballar a profesión das PEIXEIRAS, moi coñecida na zona de Xinzo que é onde se atopa a nosa aula de Portela. Antigas peixeiras da zona explicáronnos a súa labor de anos atrás, así como tamén acudiron peixeiras actuais para amosar o seu traballo de hoxe en día, instrumentos empregados e as diferenzas de venta ambulante co pasado.


3º TRIMESTRE: As abellas Para rematar os proxectos do curso, as ABELLAS acompañáronnos todo este 3º Trimestre. Aprendemos moitas cousas sobre elas. Viñéronnos a dar charlas profesionais especializados neste tema e acudimos a visitar APÍPOLIS onde nos convertemos por un día en Apicultores en contacto directo cas abellas. •


Mentres estivemos traballando o proxecto “A miña familia e máis eu”, celebramos tres festas moi especiais. Nelas reunimos ás familias dos peques e das peques que foron protagonistas nese mes!

Vimos as árbores xenealóxicas de todas e todos e despois... fixemos actividades chulísimas!

Na 1ª festa estivemos coas familias de:

VALERIA,

ABRAHAM, NEREA e LUCAS

Elaboramos uns cadros da nosa familia preciosos!


Na 2ª festa tivemos con nós ás familias de:

OLALLA, XACOB, IRIA e FABIÁN

Preparamos unha manualidade que foi todo corazón

Na 3ª festa viñeron as familias de:

BRAIS e

ALBA

Creamos uns botes dos desexos… que seguro que se cumpren!


Powered by TCPDF (www.tcpdf.org)


O alumno e as alumnas de San Mateo convertéronse este ano nuns trepidantes axuda

das

investigadores. súas

familias,

Durante o 1º trimestre coa mergulláronse

coñecemento

no da súa

propia familia

e do

paso do tempo mediante

os

recordos da súa primeira infancia.

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO PATRIMONIO No 2ºTrimestre, o alumnos e alumnas saíron a descubrir o Patrimonio Cultural da parroquia de San Mateo de Oliveira e os seus arredores.


Tamén lle dedicamos tempo á natureza plantando diversos arbustos e plantas.

Ao longo do 3º Trimestre entrounos moita curiosidade polo mundo das abellas despois dunha divertida e emocionante visita a APÍPOLIS.

...seguimos ampliando

os

nosos

coñecementos grazas á visita dun apicultor na escola de Moreira, onde puidemos

buscar

a

abella Raíña, degustar o mel,

ver

própole

a e

pole,

a

mesmo

coñecer como elaborar as

trampas

para

avespas asiáticas.

as


A MÚSICA E A INFANCIA Asi mesmo, a nivel psicolóxico desperta, estimula e desenvolve as emocións e os sentimentos.

“Potencia así o seu rendemento na escola”

Nas últimas décadas a comunidade científica ven mostrando gran interese por investigar os efectos beneficiosos da música nas e nos cativos e nos nenos e nenas. A iniciación musical pode e debe comezar na casa, por esto ao longo deste artigo vos facilitarei unha serie de libros cd, a modo de bibliografía, que considero que son moi proveitosos para tod@s.

“Desenvolve as emocións e os sentimentos” Entoar cancións e escoitar música con eles, ademais de producir cambios a nivel fisiolóxico, desenvolve un forte vínculo afectivo que estimula a súa intelixencia emocional.

Os estudos reflicten que a música favorece a capacidade dos nenos e nenas cara a atención e a concentración, e potencia asi o seu rendemento na escola. A música estimula a memoria, a análise, a síntese e o razoamento, e por tanto a aprendizaxe en toda a súa dimensión.

“a educación musical é transversal ao resto de áreas educativas” Por outra banda, a educación musical é transversal ao resto das áreas educativas, e por tanto, favorece a adquisición das habilidades, destrezas, aptitudes e actitudes precisas para o desenvolvemento das diferentes competencias clave.

A seguir, vouvos dar unha relación de libros cd de diferentes editoriais que os mestres e mestras de música empregamos nas escolas, tanto pola súa adecuación ao plano educativo, como porque aos nen@s lles encantan.


“13 Lúas” pola Asociación de gaiteiros galegos e editado pola Xunta de Galiza

“Canta o cuco” de Uxía Senlle e Magin Blanco e editado por Galaxia

“Na punta do pé” de Pedeslán e editado por Kalandraka

“Entroidanzas” de Pedeslán e editado por Kalandraka

“Pelo gato 24” desde a Asociación de gaiteiros galegos e editado pola Xunta de Galiza

“Tic Tac” de Pablo Díaz e editado por Kalandraka

“Canta connosco!” de Migallas e editado por Kalandraka

“A nena e o grilo nun barquiño” de Magin Blanco e editado por Fol Música

“Gatuxo” de Magin Blanco e editado por Fol Música

“De roda en roda: Músicas e danzas do mundo” de varios autores e editado por Galaxia

“Brinca vai” de Paco Nogueiras e editado por Kalandraka

“Radio bulebule” de Paco Nogueiras e editado por Kalandraka

“Tic Tac Toc” de Pablo Díaz e editado por Galaxia

“Pan de Millo” de Migallas e editado por Kalandraka

E moitos e moitos máis….


PSICOMOTRICIDADE Ao longo deste curso realizamos moitos xogos e actividades saudables nas cales os nenos e nenas conxugaron diversión, xogo en equipo, esforzo e deportividade.

Para recordar todo o traballo realizado por estes pequenos deportistas faremos un percorrido polas diferentes aulas do cole:

Realizamos xogos con pelotas (Pías).

Xogamos con aros (Portela B).

Practicamos cos zancos (Moreira).

Divertímonos co paracaídas (Ribadetea).


Coñecemos xogos populares (Parada).

Fixemos actuacións deportivas (Areas).

Superamos retos difíciles (San Mateo).

Aínda que despois de tanto exercicio, tamén tivemos tempo para relaxarnos (Portela A).

A través do xogo o alumando explorou, asumiu retos, colaborou cos seus compañeiros e compañeiras, puxo en práctica a concentración, ademais da creatividade, e realizou un desenvolvemento motriz baseado na curiosidade e na emoción; aspectos fundamentais para a consecución dunha aprendizaxe alegre e satisfactoria.


A ARTE DENDE OS OLLOS DOS MÁIS PEQUECHOS Neste curso os nenos e nenas de todas as aulas, levaron a cabo coas mestras de apoio, un proxecto en común sobre a ARTE. Comezamos a nosa andanza cun referente no mundo da arte e tamén unha gran loitadora pola igualdade: FRIDA KAHLO.

“UN MUNDO POR DESCUBRIR”

No segundo trimestre achegámonos a figura do grandísimo artista JOAN MIRÓ, investigando a súa faceta de escultor.

“O MUNDO DA ARTE A TRAVÉS DE MIRÓ”


Nesta última etapa do curso experimentamos cun movemento artístico chamado LAND ART, que emprega elementos da natureza nas diferentes manifestacións artísticas. Creamos un museo aberto nos nosos patios.

“LAND ART”

Foi unha experiencia moi divertida na que aprendemos moitas cousas.

¡¡ Grazas as familias pola vosa colaboración e tamén o resto do profesorado por facilitarnos a nosa labor!! Como diría Mª Carmen Diez Navarro no seu libro 10 IDEAS CLAVE: “Non podemos intentar meter a arte no neno, a arte sairá del se o permitimos”.


CRA A PICARAÑA

Departamento de Orientación

PAUTAS DE ACTUACIÓN NAS DIFICULTADES DE ARTICULACIÓN. A continuación se presentan diferentes pautas xerais para favorecer o desenvolvemento da linguaxe oral nos/as nenos/as. Valoralas favorece o progreso na adquisisción dunha axeitada maduración articulatoria.  Non rifarlle se comete erros na súa fala e evitar cometarios o expresións faciais que       

 

 

amosen desaprovación, amosar unha expresión neutra. Falar lentamente con entonación e pronuncia normal. Non pronunciar esaxeradamente. Non reaccionar ante as dificultades articulatorias con impaciencia e ansiedade sen adiantarse nin rematar as palabras coas que amosa dificultade. Respectar o ritmo persoal do/a neno/a cando se está a expresar. Non interrompelo, ainda que tarde en contestar. Non imitar a súa forma de falar nin rir as incorreccións. Evitar esixencias para que articule con exactitude e non forzar ó neno/a a repetir palabras nas que amosa dificultades. Usar unha linguaxe clara evitando os diminutivos e expresións infantís. Empregar un método de corrección indirecta, cando o neno/a remate de falar, darlle o modelo correcto, repetindo a frase articulada axeitadamente. Por exemplo, se di: “o can ten zame”, debemos contestarlle, “sí, o can ten fame”. Reforzar os progresos de xeito positivo con apertas, palabras de ánimo e agarimos. Darlle importancia, que sinta que o que conta é importante. Aproveitrar os momentos de lecer para conversar de xeito relaxado e que o neno/a poida expresarse con tranquilidade, introducindo a importancia da quenda de palabra en temas nos que se sinta cómodo/a e lle interesen. Realizar xogos que estimulen a expresión oral como: adiviñas, refráns, cancións infantís, contos,... Aproveitar situacións cotiás (comidas, vestido, baño, ir á compra,...) para favorecer a expresión oral. Ademáis destes aspectos debemos prestar especial atención á respiración, á alimentación e ó uso do chupete, para previr problemas articulatorios:

 Respiración: É necesario favorecer un patrón respiratorio correcto evitando a inspiración

bucal. Tamnén debemos ensinarlles ós/ás nenos/as a sonarse axeitadamente, mantendo limpas as vías respiratorias.  Alimentación: Evitar na medida do posible os alimentos excesivamente troceados e esmagados. É importante que os/as nenos/as mastiguen alimentos sólidos para fortalecer os músculos (lingua, labios e maxilares) implicados na respiración.  Uso do chupete: É preciso eliminar progresivamente o chupete e o biberón, xa que o uso prolongado, pode provocar malformacións nas arcadas dentais e no padal, que repercuten negativamente na articulación.

Carlota Rey Regueiro Mestra de Audición e Linguaxe


RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN XA ESTÁN AQUÍ AS VACACIÓNS!!!!!

Despois dun curso no que traballamos moito, agora tócanos descansar e desfrutar dos meses de verán: FAMILIA, AMIGO, PRAIA, EXCURSIÓNS, XOGOS….. Aquí vos deixo algunhas recomendacións para o verán:

 Adicar máis tempo a estar cos vosos fillos e realizar diversas actividades xuntos.

 Darles autonomía nas actividades diarias e que fagan eles sós, aquelas cousas das que son capaces: vestirse e desvestirse, axudar nas tarefas do fogar: por a mesa, recollela,…..  Acostumarse a esperar, non se pode satisfacer as súas necesidades e desexos no mesmo momento que eles demanden, se non se poden facer.  Falar moito con eles de temas variados, explicándolles as cousas. Gústalles coñecer o por que das cousas e teñen capacidade para entendelas perfectamente, empreguemos unha linguaxe normal. Pedirémoslle tamén, que conten o que fan noutros lugares, cos avós, no parque, etc.  Falar en voz baixa para elo os país tendes que falarlles en voz baixa e non gritar.  Repasar o que traballamos duranto o curso.


PONLLE PILAS AO TEU BOCATA! Todos os alumnos e as alumnas do CRA a Picaraña

desenvolveron

durante este curso escolar un proxecto

de

alimentación

saudable pertencente ao Plan Proxecta da Xunta de Galicia, para dar a coñecer a campaña "Ponlle pilas ao teu bocata" que consiste na promoción do consumo de conservas de produtos do mar na etapa infantil, tendo en conta os seus beneficios.

Nas diferentes aulas realizáronse numerosas actividades e obradoiros de cociña que lle serviron ao alumnado para achegarse a estes produtos ademais de coñecer todas as súas propiedades nutricionais.


Os alumnos e alumnas tamén participaron no obradoiro

itinerante

"Ponlle pilas ao teu bocata", que consistiu na

elaboración

de

bocadillos a base de conservas

de

atún,

sardiña e mexillón xunto con diferentes vexetais, e tamén nunha explicación dos contidos en relación aos valores nutricionais dos peixes e mariscos enlatados.


BIBLIOTECA ESCOLAR Aos nenos e nenas do CRA A Picaraña gústanos moito ler, por iso Golfo nos envía contos a miúdo.

Tamén lemos a prensa e ata escribimos as nosas propias noticias.


Golfo tamén nos enviou conservas de pescado e de marisco para que elaboraramos os nosos propios bocadillos.

Así quedaron algúns dos marcapáxinas que fixemos o día do libro


Revista definitiva 2018  
Revista definitiva 2018  
Advertisement