Page 1

I CONCURSO DE SUDOKUS DO BARONCELI Qué é un sudoku? Un sudoku é un pasatempo, un crebacabezas que se inventou en Xapón en 1986 e en pouco tempo acadou popularidade internacional. Un sudoku preséntase coma unha táboa de 9×9, composta a súa vez por subtáboas de 3×3 denominadas rexións, caixas ou bloques. Algunhas celas xa conteñen números, coñecidos como números dados.

Como se xoga? É moi fácil. O obxectivo deste pasatempo é encher as celas baleiras, cun número en cada unha delas, de tal forma que cada columna, cada fila e cada rexión conteña os números 1-9 só unha vez. Así que tes que tirar de lóxica. Lembra: non se debe repetir ningunha cifra nin nunha mesma fila, nin nunha mesma columna nin nunha mesma rexión.

Como participo no concurso? Na primeira fase, tes que levar cada venres o sudoku, e traelo resolto o luns, á Biblioteca. Cada semana darémosche un novo sudoku: cantos máis traias resoltos, máis puntos acumularás. A fase final do concurso, que xa explicaremos ó seu debido tempo, celebrarase no último trimestre: mentres tanto, lembra traer o teu sudoku cada luns para ir sumando puntos.

Que gaño? O gañador do concurso terá como premio un fantástico sudoku electrónico táctil, ou outro agasallo de valor equivalente.


I CONCURSO DE

SUDOKUS DO BARONCELI

XOGA E GAÑA!

Bases I Concurso de Sudokus do Baronceli  

Bases I Concurso de Sudokus do Baronceli