Page 1

Sito Miñanco Juan Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, nacido en Cambados en 1955, é un empresario e, no seu momento,contrabandista galego. Pertence a unha familia de mariñeiros de Cambados, de orixe humilde, coñecida coma os Miñancos. A inicios da década de 1980 iniciouse no contrabando de tabaco cunha das tres compañías tabaqueiras máis fortes, a ROS (iniciais de Ramiro Martínez Señorans, Olegario Falcón Piñeiro e o propio Sito. En 1983 estivo 6 meses na prisión da Parda (Pontevedra) e outros dous en Carabanchel (Madrid), onde estableceu contacto co colombiano Fabio Ochoa. En 1986 accede á presidencia do Xuventude Cambados, o equipo de fútbol local, que daquela xogaba en Preferente, e en tres anos consegue que ascenda a Segunda División B. Deixou a presidencia do club precisamente logo de conseguir o ascenso, en 1989. Foi detido en Pozuelo de Alarcón en 1994 por introducir en España 2,5 toneladas de cocaína en 1990, e foi condenado pola Audiencia Nacional a 20 anos de prisión por tráfico de drogas, evasión de divisas e falsedade de documentos. O 8 de xullo de 1997 foi detido en Vigo, preto do Estadio de Balaídos, polo desembarco de 6 toneladas de resine de cannabis. De novo foi detido en Madrid o 16 de agosto de 2001 logo do apreixamento dun alixo de 5 toneladas de cocaína en alta mar, preto da Güiana Francesa. Nese momento estaba en liberdade condicional logo de cumprir 7 dos 20 anos aos que fora condenado. En febreiro de 2010 foi trasladado á prisión de Huelva e desde aquela fecha non saíu máis do cárcere.

sito miñanco  

Sale 3 días de la carcel con permiso de un juez, a pesar de que tiene riesgo de fuga.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you