Page 1

O Entroido 2012 O Entroido celébrano en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa pódense atopar na adoración de Baco ou Dionisos. En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perdura hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradición ancestrais con elementos máis novos. Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados: homes vestidos de mulleres, mulleres vestidas de home, de curas, de monxas… moitas veces os que non tiñan disfraz, vestíanse coa roupa do lado do revés. O entroido celébrase entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á coresma.

A comida do Entroido Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber sen límites, e en Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas, chourizos, doces


Entroido na Illa de Arousa O Entroido na Illa celébrase como unha festa moi grande.Todo o mundo, sobre todo os nenos pequenos, pásao en grande. Neses días de Entroido toda a Illa esta na rúa ensinando os seus magníficos disfraces. A xente da illa cando se trata de facer un disfraz sempre pensan moito de que ir porque hai moita competencia entre nós, sempre queremos ser os mellores, por eso todos os da Illa gastamos moitos cartos nos nosos disfraces, aínda que sexa para poñelo dous días. A gastronomía é como en todos os lugares, non faltan nin as filloas, rosquillas, orellas, chourizos, cocidos...

O vello Entroido na Illa de Arousa Nos tempos de antes os vellos celebrábano doutra maneira que agora, pero non moi diferente. Antes a xente non gastaba nin a metade dos cartos que gastamos agora, non estaban coas nosas parvadas, nin tiñan os cartos que temos hoxe en día,aínda que agora con isto da crise... pero iso é outro cantar. Os disfraces eran feitos por eles, facíanos con sabas, roupa que non servira,obxectos vellos... Despois comían en familia ou entre amigos íntimos e por suposto comían a comida típica. Cando acababan de comer facían a dixestión e saian á rúa a ensinar os seus magníficos disfraces e bailaban, rían e gozaban do día no Campo.

“Nos tempos de antes”

-segundo unha veciña da Illa-, “iamos en pequenos grupos de amigos e familiares próximos, moi parecido aos de agora. Eran dous días pero eran os máis importantes, por exemplo, como o luns de entroido e o sábado de carrozas agora. Bailabamos no tombo do campo ao ritmo das comparsas e tamén había un pequeno baile para os máis vellos da Illa no que agora é o auditorio. Os meus primeiros entroidos non eran moi importantes xa que naquela época non estaban os tempos para festas (…)Non se celebraba igual que agora, nestes tempos os nenos teñen


moita liberdade. Antes estabas ata as 6 da tarde e se te queixabas unhas chapladiñas recibías. A verdade que a Guerra Civil repercutiu na xente que non disfrutaba moito, por medo a que lle pasara algo malo. No sei con exactitude desde cando se celebra o Entroido, pero cando eu era pequeno celebrábase aínda que non era gran cousa.Celebrabamolo coa familia, comiamos con todos e cando acababamos os mais novos iamos cos amigos.A comida cambiou moi pouco, só que as filloas eran mais gordas e facíanse de sangue.Os disfraces non eran gran cousa faciámolos con cousas que había pola casa: trapos, sabas. Eran para tapar a cara e así poderrnos meter con xente coñecida e que non nos coñeceran. Había comparsas formadas polas persoas da vila, pero non contaban cos mesmos recursos cos que contan agora, non podían vir comparsas doutros sitios xa que non había a ponte. O disfraz de liborio creárono as mulleres da zona das Rubas que son as organizan todo, case todos os anos grazas a elas celébrase ese día. Cada ano elíxena un personaxe típico que se acaba queimando” Cada ano o Entroido vai gañando mais forza na Illa e en Galicia.Os disfraces son cada vez máis competitivos, a festa dura máis e na mentalidade da xente está que o Entroido e unha das festas máis importantes da Illa.

Rocio Falcón e Ismael Dios

entroido  

Este documento e unha reportaxe sobre o entroido na Illa de Arousa, o mellor CARNAVAL DE TODOS!!!

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you