Issuu on Google+

NORMATIVA PARA TÓDOLOS ALUMNOS DO CENTRO * *

* *

* *

*

*

*

En canto cheguen ao Colexio deben pasar ao patio e non quedarse no aparcamento. Entrar e sair polas portas laterais correspondentes tanto en horario habitual como de actividades extraescolares. En canto sone o timbre de entrada que se coloquen na entrada correspondente. Subir de forma ordenada e tranquilamente, sin empuxar nin levantar a voz e iren directos á aula. Da mesma forma ao sair. Deberán traee o material necesario para as clases do día e prestar atención ás explicacións do mestre. É o deber de todos respetar aos Profesores e compañeiros, polo que se cuidará a linguaxe na comunicación, evitando as palabras mal sonantes, e os berros, e dirixíndonos aos demáis con educación. Os alumnos e alumnas non poderán saír do recinto escolar en horas lectivas a non ser acompañados dun familiar ou persoa responsable e sempre con autorización previa do profesor titor correspondente. Durante os recreos usarán os aseos da planta baixa.Facendo uso deles dunha forma ordenada e permanecendo neles o tempo indispensable. Os alumnos e alumnas de primaria non poderán estar no patio dos de Educación Infantil.

*

Tódolos alumnos e alumnas deberán cuidar o material do Colexio e o entorno

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAIS * * * * * *

*

Asistir a todas as reunións ás que sexan convocadas para recibir a información correspondente. Preocuparse de que os alumnos/as asistan diaria e puntualmente a clase nas debidas condicións de hixiene. Responsabilizarse de que os alumnos realicen na casa as tarefas de reforzo que os profesores lles manden. Visitar, polo menos, dúas veces ao trimestre, ao titor/titora. Colaborar co funcionamento do Centro, participando nas eleccións dos seus representantes no Consello Escolar. É conveniente avisar ao mestre de Educación Física de toda circunstancia importante que deba terse en conta á hora das clases (lesións cardíacas,asma,alerxias,etc...) e cando, por algunha causa transitoria, o alumno/a non poda participar activamente na clase. No impreso de matriculación deste Centro -no apartado correspondente- é moi importante que os pais comuniquen calquera observación que consideren relevante con respecto ao seu fillo (na vista, oído, se padece algunha enfermidade crónica, se non se lle pode administrar algunha menciña, etc...) e a ser posible poñerse en contacto co titor/a desde o primeiro día de clase para comunicarllo persoalmente.


*

Do mesmo xeito se o neno/ nena acude ao comedor do centro deberase comunicar se non poden comer algún tipo de alimento, tanto se é por motivos de saúde ou por motivos relixiosos, e terán que presentar un papel que o certifique.


Normas xerais