Page 1

PRESENTADO POLO ALUMNADO DE 6ยบ DE EI CURSO 2019-2020


Os Espertos en “CONXURATIS” 6º C de EI


Os Espertos en “ESCOBATIS” 6º B de EI


Os Espertos en “CONCURSATIS” 6º A de EI


Contan as mestras, e non imos dicir cales, que no colexio vive unha bruxa cun sombreiro estrafalario, un gato chamado Rufo e unha araña de nome Maraña.

Z

Z

Z

Maruxa, que así se chamaba a bruxa, dorme de día e, por iso, as veces, óense ruídos estraños que semellan ronquidos...


Cando un día a bruxa Maruxa espertou, preparou o almorzo como de costume, que consistía en: morcego, ollo de mosca, e por último unha cunca de beberaxe de bruxas. Non lle quedaba outra que meterse na cociña e preparar máis, xa que apenas quedaban unhas gotas no fondo.

Pensou... unha, dúas e tres veces o que precisaba para a receita: ✓ Flores frescas ( que recollería do patio da escola

e ... o resto mercaríaas na botica de Xoán de Zourolandia),

✓ lingua de sapo ✓ cabeiro de vampiro ✓ dentes de monstros ✓ ás de morcego

✓ peidos de mosquito ✓ mans de zombi ✓ mocos de nenos ✓ e

un chisco de sangue de dragón.


Cando a beberaxe estivera lista, ademais de servirlle de almorzo enerxético, podería converter os nenos e nenas da escola en bonecos e para iso precisaba do libro das meigas estrafalarias onde estaban todos os conxuros:

Meu dito meu feito !!!

“Mosquitos

e dragóns

CONXURO PARA CONVERTER OS NENOS E NENAS EN BONECOS

convertede estes nenos lambóns en bonecos papóns”


A bruxa Maruxa estaba entusiasmada, xa tiña rematada a súa apócema. Decidiu facer a súa maxia de día, para que todos os nenos estiveran na escola.


Ao día seguinte, sen durmir en toda a noite, esperou impaciente a que os nenos chegasen. Ás agachadas, para que non a descubrisen, intentou botarlles a apócema pero, estaba tan incriblemente cansa que tropezou e caeulle a ela enriba.


Entón, de súpeto, os nenos viron como a bruxa Maruxa convertíase nunha ra grande e noxenta.

Contan que, a miúdo, ven o gato Rufo e a araña Maraña outeando ao redor da escola. Pero a pobre bruxa Maruxa, convertida en ra, desapareceu e non volveu nunca máis!!

E Tris, tras, trus, o conto da bruxa Maruxa fixo PUF!

FIN

Profile for rodríguez lopez

CONTO DE MEDO POLO SAMAÍN  

Conto realizado polo alumnado de 6º de EI do CEIP Emilia Pardo Bazán (Curso: 19-20)

CONTO DE MEDO POLO SAMAÍN  

Conto realizado polo alumnado de 6º de EI do CEIP Emilia Pardo Bazán (Curso: 19-20)