Issuu on Google+

CURSO 2009 - 2010

publicación anual COORDINADA polo endl do CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA - MONDEGO - SADA Rúa Miguel Pereiro Tacón s/n 15168 Mondego (Sada) A CORUÑA Tfno 981621025 Fax 981622573 ceip.barrie.maza.sada@edu.xunta.es

-1-


INDICE Páxinas Editorial

3

Día contra a violencia de xénero

4

Magosto

5

Samaín

6

Mondego Solidario

7

Concurso Postais de Nadal

8

Festival de Nadal

9

Fomento da lectura

10

E ti por que les?

11

Día da Paz

12

Para mellorar o mundo-3º-4º curso

13

O Antroido

14

O Antroido de Infantil

15

Debuxos Antroido-E.Infantil

16

Enterro da sardiña

17

Banda deseñada do Antroido-2º curso

18

Dia internacional da muller-5º curso

19

A amizade- 3º curso

20

Non comprendo… 2º curso

21

Visita a Sta Cruz- 2º curso

22

Debuxos de Ed. Infantil

23

Clube de lectura

24

Día do libro

25

A imprenta-4º curso

26

Exposición “ Comida sa”-5º curso

27

Banda deseñada-2º e 5º curso

28

Banda deseñada-Ed. Infantil

29

4º Recicla con arte

30

Os maios

31

Uxío Novoneyra

32

Concursos Letras Galegas 2010

33

Traballos premiados

34

DESPEDIDAS

51

-2-


EDITORIAL

Dende o ENDL agradecemos un curso máis a colaboración prestada por todos os membros da comunidade educativa : profesorado,alumnado, ANPA e persoal non docente para que un novo número das “ NOVAS DE MONDEGO” MONDEGO vexa a luz. Xa imos pola sexta edición. Un curso dá para moito ; suceden tantas cousas que daría para facer tantas páxinas coma xornadas escolares.Pero,como iso non é factible,trataremos de reflectir nelas un resumo dos momentos ou actividades máis salientables ou entrañables e que de seguro lembraremos de bo grado : a celebración do Samaín e o Magosto,o día contra a violencia de xénero,a campaña de recollida de xoguetes e alimentos para Cáritas,o festival de Nadal,o día da paz, a tolemia do Antroido,a construción dos maios,as letras galegas adicadas nesta edición ao poeta courelá UXÍO NOVONEYRA,as visitas e excursións realizadas, o clube de lectura,o día do libro, os festivais,os concursos, o traballo das “patrullas patrullas verdes” verdes en prol dun centro máis ecolóxico e moito,moito máis…

Todo iso pasará xa a formar parte da historia do noso colexio.

Esperamos que vos guste…

ENDL

-3-


Nos murais, o alumnado escribiu frases contra a violencia : • NON QUEREMOS MÁIS MORTES ´ • FORA O MACHISMO NON MATAR MÁIS MULLERES ASÍ POR ASÍ • FORA A VIOLENCIA DE XÉNERO e moitas outras ...

O alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria realizou estes fermosos murais para condenar a violencia de xénero.Ese día portamos todos un laciño violeta coma o da imaxe.

-4-


NO OUTONO CELEBRAMOS O MAGOSTO

En Novembro fixemos o magosto.Asamos as castañas,comémolas, disfrazámonos e sobre todo PASAMOLO MOI BEN. ASÍ REPRODUCIRON O MAGOSTO OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1ª CURSO

-5-


TAMÉN CELEBRAMOS O SAMAÍN... SAMAÍN

Saímos polo entorno para recoller froitos de outono. Baleiramos e decoramos cabazas ...

E estas exposicións foron o resultado dos nosos traballos.

-6-


-7-


FESTIVAL DE NADAL 2009/10 O día 22 de decembro festexamos a chegada do Nadal cun Festival cheo de actividades variopintas.Entregáronse os premios do Concurso de Postais aos seguintes alumnos e alumnas:

Ed. Infantil 3 A – India García Vázquez Ed. Infantil 3 B – Claudia Gómez Fernández Ed. Infantil 3 C – Uxía Fernández Fernández Ed. Infantil 4- A – Michael Antonio Acevedo Ed. Infantil 4 B – Abigail Barrul Hernández Ed. Infantil 4 C – Jacobo Castro Sánchez Ed. Infantil 5 A – Carla Villca Rodríguez Ed. Infantil 5 B – Celia Alo nso Expósito Ed. Infantil 5 C – Inés Naya Martínez 1º A – Tom ás Fernández Ultengo 1º B – Alvaro Bello Alvariño 2º A- Alejandro Rosende Pampín 2º B – Alexia Vázquez Millet 3º A – Selene Santo s Rodríg uez 3º B – Rocío Escribano Sánchez 4º A – Vida L obillo Fernández 4º B – Alberto Herreras 5º A – Candela Alonso Garcia 5º B – Antía Vizoso Moldes 5º C - Nerea Coronado Sánchez 6º A – Lara Montoto Dablanca 6º B – Lucía Díaz García

ESTA FOI A POSTAL GAÑADORA NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Carlota Fiaño SalinasSalinas- 5º A

NORABOA A TODAS E TODOS OS QUE GAÑARON E GRAZAS AOS DEMAIS POR PARTICIPAR

-8-


NO FESTIVAL DE NADAL…

Bailamos,cantamos panxoliñas,representamos obras e fixemos ¡¡ FESTA

RACHADA

NAS

AULAS !!

E TAMÉN ADORNAMOS O COLE RECICLANDO...

No Nadal fixemos varios beléns e árbores con materiais reciclados para non deteriorar o medio ambiente. Tamén decoramos a árbore do corredor principal con obxectos realizados por nós .Ao rematar as festas replantámola de novo.

¡¡VIÑERON ¡¡VIÑERON OS REIS !!

As SS MM percorreron todas as aulas do centro para traernos ilusión e algúns agasallos a todas as nenas e nenos.

-9-


FOMENTAMOS A LECTURA

O colexio continúa co proxecto do PLAN LECTOR .Tiveron unha grande acollida entre o alumnado as MOCHILAS VIAXEIRAS e o CLUBE DE LECTURA grazas ao labor realizado polo Equipo da Biblioteca , que soubo transmitirlles o gusto pola lectura.. E GRAZAS Á LECTURA O ALUMNADO ESCRIBE DESTE XEITO...

- 10 -


- 11 -


30 XANEIRO – DÍA DA PAZ O día 30 de xaneiro conmemoramos O DIA DA PAZ.Confeccionamos un gran mural con poemas e frases feitos polo alumnado na aula de INFORMÁTICA. A

PAZ É ALGO MÁXICO

¿Quen me sabería dicir que é a paz? Eu creo… que é un mundo novo que ten a porta pechada para os que non comprenden o que é : as guerras, a xente que non pensa nos demais, e ata é capaz de poñer bombas nos trens e avións esa xente, esa xente é capaz de non saber comprender á xente que traballa e se esforza. Os que saben pe rdoar, son bos coa xente que lles rodea, teñen un gran corazón e teñen paz interior. NURIA IBAÑEZ -5º C

A paz é ter amigos A paz chega, as familias son felices, todos os nenos disfrutan as guerras vanse. A paloma da paz voa que voa que non se irá xamais

Elisa Vázquez-5º C

VIVA A PAZ A paz ,a paz,que bonita é a paz, a paz ,vai e ven no corazón voa e ven se tes bo corazón.

A FERMOSA PAZ A pomba da paz, é unha pomba real traenos alegria hai que aproveitar.

A pomba, a pomba, pobre pomba pobre se eu fora ela a paz no mundo gaña pero o mal perde.

O dia da paz é un día xenial estamos felices canta bondade. Acaban as guerras que se vaian xa ai ,que bonita é a paz.

Martiño Negreira-5º C

MARÍA CASAL REGUEIRA

O TRINTA DE XANEIRO 5ºC

O trinta de xaneiro , xa está a chegar cando empece o día , todos queren paz.

A POMBA DA PAZ A pomba da paz que linda está coas súas brancas plumas, o trinta de Xaneiro a PAZ traerá. O trinta de Xaneiro terremotos non haberá porque a pomba da paz virá. A pomba da paz o trinta e un de Xaneiro moi feliz se ira. Laura A. Vargas-5º C

A PAZ A paz e o amor son o mellor a guerra na terra unha pena o amor e o cariño moi bonitiño a pomba de paz oxala dea paz. Xuntemos as mans para que Deus dea paz temos que pedir un desexo o trinta de xaneiro paz ,amor e cariño. Paloma Sobrino -5º C

A POMBA A POMBA VOA COA PAZ, SEN MEDO A VOAR, COA PAZ VAI SEN MAIS.

A PAZ HABERÁ PERO, A GUERRA NON TERMINARÁ

O trinta de xaneiro, omba leva na pata a ppomba unha carta para Marta Marta O trinta de xaneiro todos nas súas casas fan sempre tartas. CRISTINA BRAÑA 5º-C.

ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º C

Christian Sanmiguel – 5º C

- 12 -


QUE FARรAN OS RAPACES DE 3ยบ B e 4ยบ A PARA MELLORAR O MUNDO?

- 13 -


CELEBRAMOS O ANTROIDO

Estes foron os murais realizados no Entroido onde destaca o seu colorido e tamaño. O rei Momo,abaixo,foi o encargado das “mandas”. Participaron na súa elaboración diferentes membros da comunidade educativa.

¡¡CANTO TRABALLAMOS, PERO PAGOU A PENA!!

O ANTROIDO VISTO POLO ALUMNADO DE 1º C

- 14 -


O PROFESORADO E ALUMNADO DE E.INFANTIL ELABORARON OS SEUS DISFRACES

Os vistosos traxes de indios e indias,confeccionáronos con bolsas de lixo para que logo poidan reciclarse. ¡¡Cantos papeis de cores tiveron que pegar!!

E á cultura exipcia,como se observar, non lle faltou detalle...

pode

Os de 4 A aproveitaron para investigar sobre Exipto...

- 15 -


O ENTROIDO VISTO POLO ALUMNADO DE INFANTIL – 5 ANOS

- 16 -


- 17 -


NO ENTERRO DA SARDIÑA QUEIMAMOS OS MECOS FEITOS POR NÓS

As autoridades eclesiásticas presentes no acto

As pranxideiras que acompañaron á pobre sardiña

Os mecos de ED. Infantil

Estoutros tampouco se libraron da queima

E así rematou a sardiña ,camiño da fogueira,polos excesos cometidos durante o Antroido de 2010

- 18 -


8 MARZO- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,o alumnado do 3º ciclo realizou dous murais:un que rememoraba a todas aquelas mulleres galegas que na súa época e malia os moitos atrancos que atoparon,destacaron en todos os eidos sociais e culturais.

Estoutro mural recolle a importancia da muller no mundo das artes plásticas.

- 19 -


O ALUMNADO DE 3ยบ CURSO BUSCA E OFRECE VERDADEIRA AMIZADE

- 20 -


CONTOS DE 1ยบ CURSO BASEADOS NA PELรCULA VISTA NO PLANETARIO

- 21 -


- 22 -


O acivro e o Sistema Solar visto polos pequerrechos de 3 anos

- 23 -


CLUBE DE LECTURA “O MUNDO DE MAXÍN”: COMPARTINDO LECTURAS Dentro das actividades de animación á lectura que organiza a Biblioteca, o curso pasado creouse no noso colexio un Clube de Lectura para os rapaces e as rapazas de Cuarto, Quinto e Sexto. Este curso continuouse con el, sumándose máis nenos e nenas interesados en compartir as súas lecturas. O Clube de Lectura xorde coa intención de poñer en común as opinións, gustos, ou expectativas sobre o que se vai ler; ás veces, tamén se comparten críticas porque non todas as lecturas son do agrado de todos e todas. Tamén, gústanos indagar sobre os autores e as autoras dos libros elexidos. Este curso as lecturas elexidas foron: • • •

“O misterio dos fillos de Lúa" para Cuarto “Si quieres pasar miedo” e “o misterio das badaladas” para Quinto “O Nicolasiño” para Sexto

Este ano tamén temos a grande satisfacción de poder contar co autor dun dos libros lidos: Xavier P. Docampo, que estará con nós no mes de xuño para comentar o seu libro “o misterio das badaladas”. Temos que agradecer de forma encarecida que se prestase a compartir con nós un tempo do que non está sobrado. Grazas Xabier!

Nas imaxes aparecen os grupos de 4º,5º e 6º con Toñuca e Charo,profesoras encargadas do Clube.

- 24 -


23 ABRIL-DÍA DO LIBRO Continuando coas actividades adicadas á lectura,na semana do 23 de abril, Día do libro, o alumnado do centro participou nunha lectura colectiva e dramatizacións na Biblioteca,este ano coa temática da diversidade.Léronse varios contos populares de diferentes lugares do mundo.Nas imaxes,os actos celebrados na biblioteca.

- 25 -


- 26 -


COMIDA SA E SAUDABLE

Esta exposición foi realizada polo alumnado de 5º C no mes de maio, aproveitando unha actividade transversal sobre a importancia dunha boa alimentación e a inclusión na dieta de máis froitas , verduras e produtos da horta en xeral. Motivados polo tema,realizaron eles mesmos os traballos de decoración dos devanditos produtos : mazás,ceboletas,patacas,cenorias,tomates,Kiwis,cabazas,plátanos... Ademais de decoralos dándolles apariencia humana, fixeron tamén uns carteliños moi divertidos que convidaban a comer máis produtos saudables.Aproveitando estes personaxes,tramaron unha obra de teatro para representala no festival de xuño. Por se non son lexibles os carteliños da imaxe,eiquí vos queda unha pequena mostra da imaxinación destes rapaces e rapazas: COME PEPINO E

CENORIA,CENORIÑA,

MEDRARÁS COMA

CANDO TE COMO

UN PINO

ESTÁS MOI BOIÑA

SE QUERES ESTAR SANIÑ SANIÑA COME MOITA FROITIÑA

PATACA,PATACONA COME MOITAS E NON SEXAS LAMBONA

SE MOITO QUERES MEDRAR, FROITA TÉS QUE TOMAR

SE QUERES ESTAR

O PLÁTANO CANARIO DEBES COMER A DIARIO

O POMELO É TAN

SE COMES PEMENTO

SA

BO COMA A

MORRÓN SERÁS

COME MOITA MAZÁ

LARANXA E O LIMÓN

UN CAMPIÓN

NESTE ANO XACOBEO COME CABAZAS ARREO

COME MOITO TOMATE E NON SEXAS REPUGNANTE

- 27 -


BANDA DESEÑADA DE 2º CURSO

BANDA DESEÑADA DE 5º CURSO

- 28 -


BANDA DESEÑADA REALIZADA POLO ALUMNADO DE E.INF-5 B TRALA SÚA VISITA AO PLANETARIO

- 29 -


- 30 -


CELEBRACIÓN DOS MAIOS No colexio realizamos dous maios tradicionais,un en cada unha das entradas principais e o alumnado encargouse de recoller o fiúncho e as flores para decoralos. Durante estas semanas o colexio arrecendía dun xeito diferente, parece que anunciaba a CHEGADA DA PRIMAVERA. Así de fermosos quedaron os nosos MAIOS.

CARTEL E MAIO REALIZADOS POLO ALUMNADO DE ED.INFANTIL 4-C

- 31 -


LETRAS GALEGAS 2010

Uxío Novoneyra -Ilustre courelán(1930-1999)

O día 12 de maio, todos os centros educativos do concello de Sada participamos na I FESTA DA LINGUA co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas. O evento estivo organizado polas coordinadoras dos ENDL do Colexio Sada e Contornos,CPI de Mosteirón,IES Isaac Díaz Pardo e CEIP Pedro Barrié de la Maza,en colaboración coas concelleiras de Educación e de Cultura do Concello. Realizouse un percorrido polo Paseo Marítimo e rematou o acto na Casa da Cultura,por mor da choiva.Exerceu de presentadora do acto a actriz galega Isabel Risco. Un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º do noso centro recitou a “Letanía de Galicia” do autor homenaxeado. ESTA FOI A PANCARTA QUE FIXEMOS NO NOSO CENTRO

- 32 -


CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2010 Como vén sendo habitual,o noso alumnado participou masivamente nos concursos convocados co gallo da celebración das LETRAS GALEGAS.MOITAS GRAZAS.

CARTEL GAÑADOR ABSOLUTO- (Elisa Vázquez,María Casal e Silvia Veiga -5º C)

MELLOR FRASE : “ Nacemos galegos,falemos galego”( David,Alex,Oscar e Luís -5º B)

CARTEL REALIZADO POLO ALUMNADO DE ED.INFANTIL 4-C SOBRE UXIO NOVONEYRA

- 33 -


GAÑADORES DOS CONCURSOS DAS LETRAS

GALEGAS 2010

Sentimos non poder reproducir todos os traballos premiados por falta de espazo e sobre todo polo baixo presuposto de que dispoñemos.De tódolos xeitos estarán todos a vosa disposición en formato PDF na web da Biblioteca a finais de xuño.Aquí deixamos a relación de premiados tanto no concurso de carteis coma nas tres modalidades do concurso literario.

POESÍA

RELATO

1ºnivel-non presentados

1ºnivel-Lara Cao Porta-1ºA

2ºnivel-Alba Durán-2º B

2ºnivel-Alba Méndez-2ºB

3ºnivel.Celso Brais Cadahía-3ºB

3ºnivel-Kenya Pérez-Galmán-3ºA

4ºnivel-Amara Fontao -4ºA

4ºnivel-Alejandro Babío-4ºB

5ºnivel-Carlota Fiaño-5ºA

5ºnivel-Selena Fraguío-5ºB

6ºnivel-María Álvarez Vázquez-6ºA

6ºnivel-Jhonatan Pinillos-6ºA

DEBUXO E BANDA DESEÑADA ED. INFANTIL 3 anos-

Martina Rivas Soto-3B

ED. INFANTIL 4 anos-

Andrea Porral del Río-4 A

ED. INFANTIL 5 ANOS-

Lucía Naveira Gabeiras-5 A

1ºnivel-

Xián Mosquera Caínzos-1ºB

2ºnivel-

Mª de los Ángeles Vázquez-2ºA

3ºnivel-

Sara García Babío-3ºB

4ºnivel-

-deserto-

5ºnivel-

Silvia García Antelo-5ºA

6ºnivel-

Lara Montoto Dablanca-6ºA

CONCURSO DE CARTEIS 1ºnivel- (Miguel,Ainhara,Aldán,Ainhoa e Victoria)- 1ºA 2ºnivel3ºnivel4ºnivel-

(Alex,Alejandro,Andrea e Lidia) (Kevin,Daniel e Brenda) (Laura,Samaira,Marcos e Nilton)

5ºnivel-

(Rubén,Paula,Sara,Antía e Iago)

6ºnivel-

(Brais Boquete e Manuel Vicente)

- 34 -

-2ºA -3ºB -4ºB -5ºB -6ºA


OS RELATOS PREMIADOS

Lara Cao Porta- 1ยบ A

- 35 -


Alba Méndez -2º B

- 36 -


Kenya Pérez-Galmán -3º A

- 37 -


Alejandro Babío Prada-4º B

- 38 -


Selena Fraguío Núñez- 5º B - 39 -


- 40 -


- 41 -


POESÍAS PREMIADAS

Alba Durán – 2º B

Cel so Br ais Ca da hía . 3º B

- 42 -


Amara Fontao Saavedra – 4º A

- 43 -


Carlota Fiaño Salinas – 5º A

- 44 -


María Álvarez Vázquez – 6º A

- 45 -


DEBUXOS E BANDA DESEÑADA PREMIADOS

Martina Rivas Soto – Ed. Inf. 3 -B

Andrea Porral del Río – Ed. Inf- 4 - A

- 46 -


Lucía Naveira Gabeiras – Ed. Inf- 5 -A

- 47 -


Xián Mosquera – 1º B

Mª de los Ángeles Vázquez- 2º A

- 48 -


Sara García Babío – 3º B

Silvia García Antelo – 5º A

- 49 -


Lara Montoto Dablanca – 6º A - 50 -


DESPEDIDAS

Para rematar esta sexta edición da revista e dar comezo ás merecidas vacacións estivais, adicamos esta derradeira páxina ás persoas que por un ou outro motivo rematan a súa estadía en MONDEGO. En primeiro lugar e ,por cuestión de idade, comezamos polas profesoras que van cambiar de aires:algunhas, de forma voluntaria,casos de Charo ou Teresa Babío; outras, porque os concursos de traslados ou a provisionalidade así o esixen,casos de Tania Vidal, Cristina Nieto, Mónica García, Esther Rivas, Mª Dolores Díaz, Eva Otero, Carlos Cabo ou Cristina Lage .A todas elas e a el desexámoslles moita sorte nos seus novos destinos e que non se esquezan de nós.

Unha agarimosa lembranza especial para CHARO por traballar máis dunha década neste centro,primeiro en Infantil e máis tarde en Primaria e a TERESA BABIO que estivo catro anos.

¡GRAZAS E MOITA SORTE COMPAÑEIRAS! E por último,tamén nos deixa unha nova xeración de alumnos e alumnas que rematan 6º de Primaria e se incorporan á Secundaria noutros centros.Para todos eles desexarlles o mellor na súa nova singladura e que as súas aspiracións cheguen a bo porto.De seguro que máis dunha vez lembrarán as súas andainas por Mondego...

¡¡ ATA SEMPRE RAPAZAS E RAPACES.PASÁDEO BEN EN MADRID ¡!

- 51 -


UNHA NOVA XERACIÓN QUE se vai...

- 52 -


revista escolar