Page 1

CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

MEMORIA: CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA

Coordinadora:

Isabel Cota Muñiz

Colaboradoras permanentes:

Mª Carmen Fernández González Antonia Roncero Martín.

• Blog:http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arborevermella.php

Verín, 20 Xuño, 2011

1


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

• COMPOSICIÓN.

NÚMERO

IES TABOADA CHIVITE

DE

PARTICIPANTES.

PROFESORADO RESPONSABLE E COLABORADOR:

Funcionou un primeiro grupo integrado por 25 alumnos de ESO todos os xoves ás 16:30. Houbo un segundo grupo formado por alumnos de 2º de Bacharelato, ex-alumnos e exprofesores do centro (un total de 14 participantes). Encontrámonos unha vez por trimestre para asistir ó teatro, á presentación dun libro e para comentar libros e películas. Os dous grupos estiveron coordinados por Dª Isabel Cota Muñiz, profesora de Lingua Inglesa, coa colaboración permanente de Dª Mª Carmen Fernández González, profesora de Lingua Galega e de Dª Antonia Roncero Martín, profesora de Lingua Castelá e Literatura quen, a pesar de non estar este ano no centro, seguiu traballando connosco e asistindo ás sesións. Contamos coa axuda e participación nalgunhas sesións de D. Víctor Romero, do Dpto. de Plástica e D. David Rodríguez Rivada, do Dpto. de Música. Aínda que non estivo este ano connosco no centro, acompañounos nas sesións con alumnos de Bacharelato e ex-alumnos o profesor de Lingua Castelá e Literatura D. Francisco Javier Fontenla García, agora con destino definitivo en Ourense. Tivemos a sorte de seguir contando coas sabias ideas e suxestións dende a distancia de Dª Mónica Pazos Martínez, profesora de Lingua Galega, que ademais foi a protagonista dunha das sesións. Tamén este ano aínda que lonxe (dende o seu actual destino na provincia de Zaragoza) perto grazas ás novas tecnoloxías, estivo connosco a profesora de Lingua Castelá e Literatura Dª Teresa Losada Romero,

cuxo

marabilloso

blog (Robando

Rosas http://las-rosas-de-las-

avenidas.blogspot.com) foi fonte de inspiración e protagonista dalgunha das sesións.

Expresamos tamén o noso agradecemento a Dª Virginia Calviño Baltar, profesora de filosofía, que estivo destinada no noso centro e actualmente é docente no IES Ribeira do Louro de Porriño, polas súas suxestións: libros, longametraxes, curtas, exposicións... polas súas aportacións sempre tan enriquecedoras. Con ela e o seu instituto, o IES Ribeira do Louro de Porriño, puxemos en marcha o concurso “Adiviña quen é”. O club de lectura tivo tamén unha vinculación especial coa Axenda 21 do noso instituto (blog: http://bioquimchivite.blogia.com), que ten como coordinador a D. Javier Rodríguez García, do Dpto. de Ciencias. A Axenda 21 é un programa para desenvolver a sostibilidade a nivel planetario e gran parte dos seus obxectivos dependen case en exclusiva do papel 2


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

das comunidades locais, das actitudes e comportamentos dos cidadáns. É preciso concienciar o noso alumnado e inculcarlles valores que os convirtan e cidadáns comprometidos coa vida do seu planeta, e pensamos que os cidadáns sensibles ante os problemas de sostibilidade do seu medio ambiente tamén o son ante a cultura en todas as súas manifestacións. Este ano o club de lectura colaborou coa Axenda 21 levando á xuntanza de centros vinculados con ela, que se celebrou o 26 de Maio en Pontevedra, o proxecto Fucsia, talladas, estampados, boca. Igualmente, o club de lectura colaborou con e recibiu a axuda da Biblioteca Escolar, da que é responsable Dª Paula Castro Rocha. Toda a información sobre o Club de lectura A

Árbore Vermella está no blog da biblioteca do instituto (http://bibliochivite.blogia.com) no apartado Club de lectura A Árbore Vermella : (http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php)

3


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

• ACTIVIDADES REALIZADAS: - 30 de Setembro. - 14 de Outubro. - 21 de Outubro. - 25 de Outubro. - 28 de Outubro. - 4 de Novembro. - 11 de Novembro. - 18 de Novembro. - 25 de Novembro. - 2 de Decembro. - 10 de Decembro. - 10 de Decembro tarde-noite. - 13 de Xaneiro. - 20 de Xaneiro. - 27 de Xaneiro. - 3 de Febreiro. - 10 de Febreiro. - 11 de Febreiro. - 17 de Febreiro. - 24 de Febreiro. - 3 de Marzo. - 17 de Marzo. - 24 de Marzo. -31 de Marzo. - 7 de Abril. 4


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

- 14 de Abril. - 28 de Abril. - 5 de Maio. - 12 de Maio. - 19 de Maio. - 25 de Maio. - 26 de Maio. - 2 de Xu単o. - 11 de Xu単o.

5


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

30 de Setembro: Actividade con ex-profes e ex-alumnos. Asistimos á representación da obra teatral Por el placer de volver a verla, de Michel Tremblay.

http://bibliochivite.blogia.com/2010/092201-por-el-placer-de-volver-a-verla.php

Por el placer de volver a verla é o título da obra de teatro de Michel Tremblay interpretada polo noso admirado Miguel Ángel Solá e a súa muller, a tamén estupenda actriz Blanca Oteyza (fai click aquí), que quixemos ver o ano pasado co grupo de alumnas de 2º de Bacharelato, mais a súa xira galega chegou unicamente a Vigo e Pontevedra e somentes unha das profesoras coordinadoras do club puido vela. No comezo deste curso Por el placer de volver a verla volta de novo a Galicia, a Ourense, Santiago, A Coruña... e o grupo de ex-alumnos e exprofes poderemos gozar coa maxistral parella de actores, a quen algunha das profes que coordina o club xa vira hai tempo nunha desas obras imprescindibles: Os diarios de Adán e Eva, de Mark Twain.

6


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

14 de Outubro: Comezou o club de lectura co noso alumnado de ESO. Percorremos o centro deténdonos nos carteis anunciadores e nas árbores feitas polo profesor de plástica, Víctor e os seus alumnos. Logo lemos poemas (de Benedetti e dos propios alumnos).

http://bibliochivite.blogia.com/2010/101401-o-club-comeza-de-novo.php

Enriba tedes unhas fotos tomadas o primeiro día no club este ano , antes de comezar a sesión. Estivemos observando encantados e comentando o traballo que Víctor e os seus alumnos de deseño grafico dixital están a facer: carteis anunciadores, unha árbore vermella cuxas raíces trepan polas escaleiras do centro ata chegar á biblioteca.... Os paneis da biblio comezan a cobrar de novo vida grazas a eles... E ademais sábennos "captar". Polo voso traballo, a vosa creatividade, a vosa ilusión...O noso máis profundo agradecemento.

7


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/092901-desde-los-afectos-de-benedetti.php

Este ano, como xa dixemos nun artigo anterior, dedicaremos a primeira sesión do club de lectura a ler textos escritos polos alumnos, ver unha presentación que resume o feito o curso pasado e tamén a ler / ver dous poemas de Mario Benedetti perto da data na que o escritor tería cumprido 90 anos. Trátase de Desde los afectos (grazas, Lucía, pola túa recomendación e grazas Teresa por telo no teu blog) e No te salves, recitado de xeito incrible por Miguel Ángel Solá.

21 de Outubro: Dedicamos a sesión a falar de Valados, a obra de Agustín Fernández Paz. Falamos de todo tipo de muros, os visibles e os invisibles. O luns seguinte, 25 de Outubro, asistimos á videoconferencia de Agustín Fernández Paz na Casa da Cultura de Verín.

8


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/100401-valados.php

Helena vive nunha rúa de casas idénticas cun pequeno xardín, diferente da de Xoel, estreita e con casas antigas, por onde pasa para buscalo e ir xuntos ó colexio. Polas tardes, reúnense no eido baixo o gran carballo: é o seu refuxio segredo. Unha mañá atopan na rúa moi pouca xente conversando en voz baixa. As fiestras están pechadas e reina un raro silencio. Na escola, Violeta, a mestra, está seria e incluso dúas bágoas escorréganlle pola faciana. Á mañá seguinte algúns comercios aparecen pechados e con verbas ofensivas nas portas. Algunhas persoas camiñan con presa mentres grupos de homes alardean en voz alta. Hai un mal aire que parece envelenar a vila enteira, coma se unha pantasma invisible lles tivera roubado o sorriso a uns para dárllelo a outros. Esa noite, os pais de Helena prohíbenlle seguir xogando con Xoel ou ir polo seu barrio. Ten que facer outros amigos entre os seus veciños. A pantasma ergue muros invisibles que separan as persoas. Cando Helena e Xoel se atopan falan agora de fiestras con cristais rotos, de miradas de desprezo, de discursos apaixoados na radio con palabras como "ilegais" ou "segregación". Eles prometen seguir sendo amigos sempre e gardan unha caixiña metálica cun cartón coas iniciais dos seus nomes nun burato xunto o carballo... POR ENRIBA DE TÓDALAS FRONTEIRAS, POR ENRIBA DE MUROS E VALADOS, SI OS NOSOS BERROS SON IGOALES, COMA UN IRMÁU CHE FALO... De derrubar muros e valados fala Irmaus, o poema de Celso Emilio Ferreiro do que Agustín Fernández Paz toma estes versos para o comezo da súa obra Valados.(Aquí tedes o poema cantado por Fuxan os Ventos)

9


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

No club de lectura lfalaremos de Valados, de como derrubalos. Veremos Los muros que no han caído e a presentación Los muros en el mundo ó tempo que escoitamos The Wall, de Pink Floyd e escoitaremos a Eduardo Galeano lendo o texto Muros (Aquí parte 1 e aquí parte 2). Tamén de valados, de raias fala este precioso texto escrito pola nosa compañeira Antonia,

http://bibliochivite.blogia.com/2010/102601-videoconferencia-de-agustinfernandez-paz.php

Onte os alumnos que asisten ó club de lectura tiveron a oportunidade de asistir a unha videoconferencia na Casa da Cultura de Verín. Agustín Fdez.Paz, o autor de Valados, unha das obras que os nosos alumnos lerán este curso e á que xa lle adicamos unha sesión de presentación, falounos desta historia, dos muros visibles e invisibles que enchen as nosas vidas. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas ó autor, que respostou coa sensibilidade, proximidade, afabilidade... que o caracterizan. Enriba tedes fotografías tomadas antes e durante a videoconferencia.

10


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

28 de Outubro: O noso compañeiro Isaac César González Abellás, profesor de Historia, deunos unha interesantísima charla sobre a nosa comarca no Antigo Réxime. (Recentemente publicou o libro La Comarca de Monterrei en

el Antiguo Régimen) http://bibliochivite.blogia.com/2010/092302--la-comarca-de-monterrei-en-elantiguo-regimen-nova-publicacion-de-isaac-cesar-g.php

O noso compañeiro Isaac César González Abellás, profesor de Xeografía e Historia no noso centro, publicou en agosto deste ano a súa tesina de licenciatura, un interesantísimo traballo de investigación que busca a reconstrucción da sociedade e economía da comarca de Monterrei entre os séculos XVI e XVIII.

11


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

No club de lectura teremos o pracer de escoitar, contado por el mesmo, de que trata o seu libro, as dificultades que atopou na súa elaboración e as anécdotas máis entretidas. http://bibliochivite.blogia.com/2010/102801-cando-a-historia-e-a-nosa.php

Que a Historia é ás veces infranqueable é indubidábel. Mais se quen cha conta é César, o libro transfórmase en algo vivo e recoñecíbel. E se ademais che permite ir da súa man polos corredores do tempo, podes ver incluso os teus bisavós, os bisavós dos teus bisavós e recoñerte.

4 de Novembro:

O noso gran proxecto este ano foi Fucsia, talladas,

estampados, boca, realizado a partir da lectura do poemario de Celso Fernández Sanmartín. Traballamos con esta obra fundamentalmente na segunda avaliación, mais nunha das primeiras sesións deste curso houbo un

12


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

“avance”. Os alumnos entraron e contacto coa figura do poeta e contacontos.

http://bibliochivite.blogia.com/2010/091702-celso-fernandez-sanmartin-poeta-econtacontos.php

Se o pasado curso foron as obras do poeta Carlos Negro Makinaria e Cultivos Transxénicos as que, no eido da poesía, foron as principais protagonistas das sesións do club de lectura A árbore vermella, este ano grandes e pequenos descubriremos o poeta, recopilador de historias e contacontos de Lalín Celso Fernández Sanmartín. Aquí e aquí podedes ver a Celso Fernández Sanmartín, autor das obras Divagacións iú, O tigre das cenorias, Sen Título, Propiamente son captivo e Fucsia, talladas, estampados, boca (aquí entrevista co poeta sobre este poemario), contando Historia dunha emigrante e O estandarte. Aquí tedes unha entrevista que se lle fixo despois da súa participación na Festa da Narración Oral de Madrid, na que foi o único representante galego. Esta entrevista foi feita despois dunha contada sobre a emigración na casa de América.

13


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Estoutra entrevista publicouse en laopiniondezamora.es. Este artigo fala do seu espectáculo Bicoca de boca en boca ou contos que non falten. As coordinadoras do club de lectura tivemos a oportunidade de descubrir a Celso Fernández Sanmartín na súa faceta de contacontos en xuño de 2009 na xuntanza de clubs de lectura en Santiago de Compostela. Este ano nós e os nosos rapaces e rapazas agardamos gozar moitísimo coa súa poesía.

11 de Novembro: Falamos de Saramago, falecido a finais do curso anterior. Vimos A Flor Máis Grande do Mundo e lemos O Conto da Illa Descoñecida. http://bibliochivite.blogia.com/2010/062101-saramago-ata-sempre..php

Esta semana faleceu o noso querido e admirado José Saramago, ese marabilloso escritor, ese ser humano comprometido, e queremos adicarlle, como pequena homenaxe, este artigo, a través do cal pretendemos acercar este grandísimo home e escritor ó noso alumnado. O club de lectura A árbore vermella xa rematou, así que a primeira sesión do vindeiro ano estará adicada a José Saramago e rematará cun 14


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

fado (aquí tedes a letra), o que cantaron a dúo Mariza e Miguel Poveda para conmemorar a entrada de España e Portugal (Saramago naceu en Portugal e pasou boa parte da súa vida en Lanzarote, onde serán esparexidas parte das súas cinzas) na Comunidade Económica Europoea hai 25 anos. Aquí tedes un vídeo, emitido en Informe Semanal, titulado El viaje de Saramago. En rtve.es temos un especial, con vídeos e cortes radiofónicos, sobre o escritor portugués. Este é un especial de El País titulado: Saramago, el hombre que nunca se escondió, que inclúe as seguintes seccións: - SU VIDA

- SU OBRA

- IN MEMÓRIAM

- SU PENSAMIENTO

- ENTREVISTAS

- FOTOGALERÍA

Este é un blog adicado a Saramago, con textos do Premio Nóbel portugués e vídeos nos que aparece. Aquí tedes citas de Saramago que nos dan unha clara visión de Saramago home. Este é o blog de Saramago. Neste vídeo podedes ver unha reflexión súa. Este é o seu conto A flor máis grande do mundo. Este outro vídeo leva por título Saramago. Este é El cuento de la isla desconocida, que leremos no club.

18 de Novembro: Visitamos o blog Robando Rosas, de Teresa Losada. Fixémoslle unha morea de preguntas online e lemos dous textos marabillosos escritos por ela.

15


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/091701-robando-rosas-un-blogmarabilloso.php

As rosas, eses anaquiños de rubí que salpican tantas mesas, igrexas, matorrais ou mesmo manos esperanzadas, caracterízanse por seren fermosas, cheiraren ben e teren espiñas. Cando un as busca, debe ter coidado para non mancarse con elas, xa que lles gusta moito o sangue dos atrevidos e dos despistados. Son caprichosas, elas mesmas deciden a cor coa que se visten, mais son coma as mulleres de boa percha: poñan o que poñan triunfan. Ás veces unha rosa pode ser unha caricia oportuna, unha mirada cómplice, unha aperta desgarradora. Outras, a rosa que un busca pode ser unha palabra necesaria, unha frase que che remove os adentros, un texto que che regala unha nova cor coa que ollar o mundo. Este ano, no club de lectura, faremos un magnífico ramo coas rosas que máis nos gustaron do xardín da nosa amiga Teresa Losada. A escolla foi dura. Paseamos entre as rosas,queriamos collelas todas. Ó final,o "donoso escrutinio" de Teresa axudounos e, con todo, canto nos custou decidir! De todos os xeitos, podedes disfrutar do arrecendo de cada unha delas visitando Las rosas de las avenidas. Estes son os artigos dos que, polo momento iremos gozando no club:

16


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Amar la imperfección, Estar mal, Entroido, Ahora que ya no estoy yo, Lo dionisíaco y lo apolíneo, Poetas muertos y versos del capitán, Máikel, Problema y solución, Abriles robados, Escribir, Credo. Ademais, empregaremos o seu blog para a sesión cos máis grandes dedicada a Origen. Moitas grazas, Teresa, polo teu blog incrible. Moitas grazas, tamén, por ter dedicado tanto tempo a dar resposta polo miudo a todas as curiosidades que os membros do club tiñamos sobre ti e o teu blog (click aquí para acceder ás preguntas que lle fixemos e ás respostas de Teresa). Millóns de bicos!!!!!

http://bibliochivite.blogia.com/2010/112501-grazas-teresa.php

O noso agradecemento de corazón, Teresa, pola sesión de onte no club de lectura A Árbore Vermella, unha das máis especiais que tivemos, e polo artigo que nos dedicas (click tamén aquí). GRAZAS!!!!!

17


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

25 de Novembro: Sesión guiada polo noso compañeiro do Departamento de Música David Rguez. Rivada sobre as pezas musicais favoritas de alumnos e profesores. http://bibliochivite.blogia.com/2010/112301-musica-no-club-de-lectura.php

Despois do éxito do curso pasado, repetimos este ano a experiencia de dedicar unha sesión do club á escoita das nosas pezas favoritas. Esta é a nosa selección: Teresa Losada escolleu Cigarettes (aquí está a letra), dunha novísima compositora chamada Russian Red (desta mesma cantante recomendounos They don’t believe e a versión que fai de Girls just want to have fun de Cindy Lauper). Tamén lle encanta Moriría por vos ( aquí está a letra), de Amaral e, dentro do eido da música clásica, o Canon de Pachelbel (Pachelbel), a Aria de Bach (Bach) e o Lago dos cisnes de Tchaikovski (fai click aquí). Gústanlle tamén a Teresa bandas sonoras. Encántalle o Vals de Amelie e Os Chicos do Coro. A Isabel gustaríalle escoitar Desafinado (aquí a letra), de Antonio Carlos Jobim e Newton Mendoça. Non é moi entendida, pero gústalle a Bossa Nova. David suxírenos a Balada nº 3 de Chopin (clickeade aquí para acceder a unha análise desta peza que fixo David) (David ten un artigo dedicado a Chopin no seu blog). Tamén nos recomenda pezas de Nach Scratch como Ángel (letra aquí) e Sr Libro y Sr Calle (letra aquí) Irene, de 3º ESO, suxírenos Kiss the rain, de Yiruma. Entre as suxestións de Antonia está Romeo e Xulieta, de Prokofiev.

18


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Lucía, de 1º ESO, recoméndanos Tú y sólo tú de XRIZ. A Juan, de 1º ESO, gústanlle Sólo para ti, de Camila e Quisiera poder olvidarme de ti, de Luis Fonsi. Sofía, tamén de 1º ESO, suxire Mi historia de amor, de Blaze. A suxestión de Javier Fontenla é Naturaleza Muerta, de Mecano. Mario Sergio suxire Arise, de Flyleaf e For Those Who Wait, de Fireflight.

MOITííííííííííííííSIMAS GRAZAS, DAVID, por todo o teu traballo e polo magníficamente que transmites a túa sabedoría.

2 de Decembro: Colaboramos con Víctor Romero, do Departamento de Plástica, no seu proxecto, que xa ten anos de percorrido, de facer entre nenos e nenas, profesores e profesoras, unha tea solidaria. Escoitamos historias de mulleres ó tempo que cosiamos e tamén escoitamos música. http://bibliochivite.blogia.com/2010/113001-ler-e-coser.php

19


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

O noso compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, invítanos todos os anos en torno ó 25 de Novembro, día internacional de loita contra a violencia de xénero, a alumnos e profesores do centro a coser todos xuntos. Imos xuntando retais e facendo unha tea que une a rapaces e rapazas, homes e mulleres nuha tarefa común que pon de manifesto a nosa igualdade. A tea foi crecendo ano tras ano, facéndose enorme. Na vindeira sesión do club de lectura imos colaborar con esta marabillosa idea de Víctor cosendo todos xuntos e lendo historias de mulleres, as historias que tedes na presentación que aparece enriba. Agardamos que os nosos rapaces e rapazas gocen cosendo e escoitando e tamén que entre neles a mensaxe de tolerancia e igualdade que queremos transmitir.

http://bibliochivite.blogia.com/2010/120201-ler-coser-e-escoitar-musica.php

Enriba tedes unha presentación de diapositivas feita coas fotos tomadas durante a sesión dedicada a coser e ler (e escoitar pezas musicais, sobre todo de música clásica, Lago dos cisnes, Canon de Pachelbel, Romeo e Xulieta de Prokofiev...) da que falabamos no artigo inmediatamente anterior a este.

20


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

10 de Decembro: Visitounos Mónica Pazos, quen nos fixo un agasallo incrible.Tróuxonos unha morea de libros atopados en librarías de vello de Bos Aires e Montevideo. Primeiras edicións de Luis Seoane...

http://bibliochivite.blogia.com/2010/121101-visita-de-monica-pazos-martinez.php

Grazas, Mónica, pola túa xenerosidade, por todo o que compartiches onte connosco, por todo o que sempre compartes connosco.

21


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/101601-artigos-de-monica-pazos-martinez.php

A nosa compañeira e amiga Mónica Pazos, coeditora de Cartas á nai, é, como un lector comenta a un dos deus artigos na revista dixital Terra e tempo, un pozo de sabedoría. Ademais é un ser extraordinariamente humilde e sempre disposto a compartir. Compartir coas coordinadoras do club de lectura A Árbore Vermella e todos os seus integrantes é algo que fai a cotío. Se temos descuberto moitos libros, se temos asistidos a actos culturais interesantísimos é grazas a ela. Recentemente Mónica viaxou a Bos Aires e, amante como é dos libros e das librarías, en librarías de vello de alá descubriu verdadeiras xoias, edicións de obras de autores como Castelao, que teremos o privilexio de ver, de tocar, de apalpar próximamente no club ó tempo que Mónica nos fala, nos conta. Tedes a continuación algúns dos artigos publicados por Mónica na revista Terra e Tempo: A XERACIÓN DOS 80 UNHA LECTURA DE SCÓRPIO, DE RICARDO CARVALHO CALERO LERMOS A NOSA BANDA DESEÑADA INÉS DE CASTRO, UNHA MULLER GALEGA DO SÉCULO XIV CASTELAO, ILUSTRADOR DE LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS

22


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

10 de Decembro tarde-noite: Xuntanza de ex-alumnos e ex-profesores. http://bibliochivite.blogia.com/2010/121001--a-arbore-vermella-xuntanza-con-exalumnos-e-profesores.php

Recentemente algúns ex-alumnos e profesores que formamos parte do club de lectura A Árbore Vermella quedamos para falar das nosas vidas, do club, das nosas lecturas, das nosas pelis (todos quedamos en que veríamos Origen (fai click aquí) e falamos sobre ela)... Para compartir. Foi unha tarde memorable. Grazas Javi, Claudia, Lara, Mª Xesús, Mario... Bicos vermellos.

23


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

13 de Xaneiro: Primeiro día lendo na biblioteca poemas de Fucsia, talladas,

estampados, boca. http://bibliochivite.blogia.com/2011/011302-fucsia-talladas-estampadosboca.php

Hoxe foi o primeiro día do Club de Lectura A Árbore Vermella adicado á obra de Celso Fdez. Sanmartín Fucsia, Talladas, Estampados, Boca... e resultou verdadeiramente fascinante.Experimentamos distintos xeitos de recitar (por exemplo un "runrún" continuo para a franxa inferior, adicada á moda, que acompaña como "soniquete" de fondo á poesía da parte superior, que fala da natureza, das maceiras e cerdeiras de antes, das hortas... e que se intenta recitar con intensidade. Fai click aquí e aquí.) e ademais fixemos unha primeira aproximación ó noso proxecto de romper a distancia que separa as dúas franxas...moda con follas, con nubes...con menos baleiro e máis "verdade".

24


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

20 de Xaneiro: Nova sesión adicada a Fucsia, talladas, estampados, boca, de Celso Fernández Sanmartín http://bibliochivite.blogia.com/2011/012001-concurso-adivina-quen-efucsia-talladas....php

Na sesión de hoxe do club de lectura Iria e Lucía, gañadoras da segunda edición do concurso ADIVIÑA QUEN É, recibiron o seu agasallo (primeira e última presentacións de diapositivas que tedes enriba). Falamos na sesión da autora viguesa Mª Xosé Queizán e os rapaces e rapazas tiveron nas súas mans algunhas das obras da escritora galega (grazas, Mónica, por ternos deixado todos estes 25


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

poemarios, obras teatrais e novelas).Tedes fotografías na segunda presentación de diapositivas. Por outra banda, seguimos co libro de poemas de Celso Fdez.Sanmartín Fucsia, talladas, estampados, boca. Algunha alumna xa nos trouxo a súa obra (pediamos "romper"a barreira entre natureza e moda, e na terceira serie de fotos tedes a Marta coa preciosa camiseta que fixo). Na cuarta presentación tedes un traballo feito por Víctor, profesor de plástica, a partir dun dos poemas de Celso Fdez. Sanmartín. Por último, seguimos gravando os rapaces lendo Fucsia, talladas, estampados boca. Len simultaneamente as dúas franxas do libro. Facede click aquí e aquí.

27 de Xaneiro: Recordamos o Día da Paz, que se celebraba 3 días despois, o 30 de Xaneiro. http://bibliochivite.blogia.com/2011/011801-30-de-xaneiro-dia-da-paz.php

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz (aquí imaxes de Gandhi e aquí frases célebres atribuidas a el ou sobre el) e , para conmemorar esta data, queremos invitar os alumnos que asisten ó club de lectura A Árbore Vermella en particular, e a todo o alumnado do IES Taboada Chivite en xeral, a participar na seguinte actividade:

26


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Enriba do artigo tedes varias imaxes que reflicten situacións relacionadas coa guerra e a violencia e se facedes click aquí podedes acceder a máis fotografías. Teríades que escoller unha e escribir un texto que conte a historia detrás dela ou un poema.... Todos os vosos escritos serán publicados no blog da biblioteca. Teríades que darllos ás coordinadoras do club de lectura ou envialos ó enderezo electrónico ribeirachivite@gmail.com (co voso nome, o nome do instituto e o voso curso e grupo) ata o día 28 de Xaneiro. Facede click aquí para acceder http://periodismohumano.com.

á

sección

"en

conflicto"

da

páxina

web

Facede click aquí para ver acurtametraxe de Fernando León de Aranoa Buenas noches Ouma, incluida dentro do proxecto Invisibles, producido por Javier Bardem (produciu cinco curtametraxes para un proxecto de sensibilización sobre os conflitos e enfermidades olvidadas da ONG Médicos sin Fronteras). Ós pequenos protagonistas da historia se lles coñece como os night commuters. Todos comparten o mesmo desexo: fuxir dos militares que os secuestran para convertilos en nenossoldado. Moitísimas grazas ós compañeiros do IES Ribeira do Louro (grazas, Virginia) pola vosa suxestión.

3 de Febreiro: Sesión sobre Nach Scratch. Lemos as súas marabillosas letras e escoitamos este gran artista do hip-hop guiados polo profesor de música David Rodríguez Rivada. http://bibliochivite.blogia.com/2011/020101-nach-scratch-no-club-delectura.php

27


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Este xoves, día 3 de febreiro, no Club de lectura A árbore vermella, o profesor de música David falaranos do cantante de hip hop Nach Scratch (web oficial) e do seu traballo Un día en suburbia (2008). En primeiro lugar, comentaranos as principais características do hip hop: a) na música que se escoita: (DJ) * o "break" como ritmo base (é a célula principal do estilo, e nela o percusionista cambia o ritmo cun redoble ou cun solo); * o "DJ" (Disc Jockey), que é a figura que selecciona os breaks e os sons; os sons gravados tamén serven para facer referencias (películas, cancións, épocas, lugares do mundo...); * o "scratch", que é un efecto do vinilo producido cando se move ritmicamente o disco contra a agulla; * as estruturas máis utilizadas son o REMIX (utilización de fragmentos de diferentes estilos nunha soa canción) e a SAMPLEDELIA (consiste en cortar e pegar fragmentos doutras cancións, polo que tamén se lle chama "cut´n´paste"); b) na letra que se le e escoita: (MC) * os "rapeos": a través de longos textos contan historias complexas, normalmente ambientadas nun entorno urbano moi duro; * o "MC" (Master of Ceremonies), que é quen escribe / improvisa as rimas sobre eses breaks; c) na música que se baila: (B-BOYS) * o BREAKDANCE é un tipo de baile no que os B-BOYS fan todo tipo de posturas seguindo o ritmo do break. Os principais pasos ou figuras son: LOOKING (axitar bruscamente todo o corpo), BREAKING (xirar sobre o chan), BODY POPPING (simular os movementos dun robot) e o MOON WALK (desprazarse hacia atrás coma se estivera camiñando de frente); d) nos graffiti: como a principal forma de expresión gráfica do HIP HOP. En segundo lugar, veremos cinco temas do disco (xa no seu blog persoal comentou brevemente todos os temas do CD, pero hoxe escoitaremos e analizaremos cinco deles): Mil vidas, Quiz Show, Ángel, Sr Libro y Sr Calle y Héroes. Ademais, veremos fragmentos doutros temas para ver algúns dos recursos que fan realmente grande a este cantante (Efectos vocales, Nada ni nadie e Vive mientras puedas). Esperámosvos: será unha sesión chea de flow, enerxía e letra, moita letra. Para aqueles que non poidades vir, os materiais que manexaremos nesta sesión están neste enlace.

28


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/020401-grazas-david.php

Moitííííííííííííííísimas grazas, David, pola sesión de onte (sobre Nach Scratch e o hip hop) no club de lectura A árbore vermella. Que traballo tan interesante, minucioso, pormenorizado o teu!!!!!!! Grazas por todo o tempo que nos dedicaches, que foi moito, non só o da sesión. Calquera que entre no artigo que fixeches para o noso blog pode comprobalo. Grazas polo teu agasallo de onte e por todos os agasallos que tantas veces nos fas.

10 de Febreiro: Sesión sobre Shaun Tan e dúas das súas obras, A árbore

vermella, que da nome ó noso club e que moitos alumnos novos descoñecían e a excepcional A cousa perdida (vimos a curta de animación baseada en A

cousa perdida, gañadora dun Óscar este ano).

29


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/021001-obras-de-shaun-tan-no-clubde-lectura.php

Hoxe os nenos e nenas que viñeron ó club de lectura gozaron motísimo con dúas obras de Shaun Tan convertidas en curtametraxes: A árbore vermella e A cousa perdida. Tamén mencionamos Emigrantes, obra que unha das profesoras coordinadoras do club está traballando nas súas clases e da que falaremos máis polo miudo no club proximamente. Facendo click aquí accederedes ó artigo do blog que usamos nesta sesión.

30


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/102101-a-arbore-vermella.php

A Árbore Vermella é, probablemente, unha das obras ilustradas máis fermosas que coñecemos. O seu autor, Shaun Tan, é un australiano duns trinta e poucos anos que comezou facendo ilustracións de ciencia ficción. É Barbara Fiore Editora quen nos trae esta xoia e tamén outras do mesmo autor, como Emigrantes ou A Cousa Perdida. (Podes ver aquí a curtametraxe de animación The Lost Thing e se fas click aquí accederás ó trailer).

A Árbore Vermella cóntanos, brevísimamente, un día na vida dunha rapaza que, ó espertar, sinte que peso do desánimo éncheo todo e que ninguén a comprende, pero... Iso é o importante deste libro de Shaun Tan, que hai un pero e un despois para eses momentos de desánimo. A beleza das ilustracións conmove e impacta. O texto, apenas unha liña por ilustración, é dunha sinxeleza e un candor que nos fai sentir o mesmo que esa nena, ser esa nena. Utilízase un formato de letra similar ó das antigas máquinas de escribir. Abrir cada páxina do libro é transportarnos a un mundo máxico onde a cor gris no é somentes gris e a gama de vermellos énchenos de esperanza e consolo. Este libro amósanos o comezo e o transcurso dun día triste, como os que tantas veces temos, e nos invita a esperar polo miragre alí onde só cremos que hai frustración.

31


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

11 de Febreiro: Asistimos con alumnos, exalumnos e exprofes á presentación de Abelcebú, de Carlos Negro, na libraría Aira das Letras, de Allariz. http://bibliochivite.blogia.com/2011/021201-presentacion-de-abelcebu-decarlos-negro-en-aira-das-letras.php

En artigos anteriores falabámosvos de Abelcebú, a última obra de Carlos Negro (fai click tamén aquí). Recentemente un grupo de profesores e alumnos de A árbore vermella tivemos a oportunidade de asistir á presentación deste diccionario do demo na libraría Aira das Letras e....que ben o pasamos!!!! Houbo moitas palabras, definicións do máis curioso feitas por Carlos Negro e polos asistentes, noticias con sorna, pan, licor café, chourizo.... Moitas grazas, Carlos.

32


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

17 de Febreiro: Proxectamos e lemos o precioso álbum gráfico de Jimmy Liao La noche estrellada.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/021501--la-noche-estrellada-dejimmy-liao-na-arbore-vermella.php

Esta semana leremos/veremos unha das obras máis fermosas do incrible artista que é Jimmy Liao. Facendo click aquí iredes ó artigo que sobre esta obra e outros álbumes publicamos neste mesmo blog.

33


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/100801-contos-no-club-de-lectura-lanoche-estrellada-historia-da-resurreccion-do-papaga.php

"E se as historias para os nenos fosen lectura obrigatoria para os adultos?", di Saramago en A flor máis grande do mundo, que tamén lemos e vimos no club. No club de lectura leremos contos para nenos de todas as idades que queren aprender: La noche estrellada, de Jimmy Liao (fai tamén click aquí e aquí). A obra de Liao fala de amizade, de morriña da infancia, das perdas que ocasiona o crecemento, da aprendizaxe da soidade. Retrata o invisible do ser humano, iso que denominamos ’mundo interior’. O libro comeza con esta dedicatoria:"Dedicado ós nenos que non logran sintonizar co mundo." O título en inglés desta obra é "Starry,starry night", que son as palabras coas que comeza a canción Vincent (fai tamén click aquí), de Don McLean, unha preciosa homenaxe a Vincent Van Gogh, homenaxe que tamén lle fai Jimmy Liao a través das súas imaxes.

34


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

24 de Febreiro: Levamos o poemario Fucsia, talladas estampados, boca a un lugar que, como nos diría máis adiante o seu autor, é moi axeitado para lelo: o río. http://bibliochivite.blogia.com/2011/022502--fucsia-talladas-estampadosboca-no-rio.php

Primeiro foi a lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca, de Celso Fernández Sanmartín (fai click aquí e aquí). Logo os deseños. Onte cos nosos deseños xa convertidos en prendas reais, unha sesión de fotos, vídeos e lectura de poemas no río....Participamos, non só o club de lectura, senón tamén os alumnos de plástica e deseño gráfico dixital de Víctor, que viviron todo o proceso. Houbo risas, versos, auga, camiño.... Click aquí para ver as fotografías e os vídeos.

35


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/031501--fucsia-talladas-estampadosboca-no-rio-ii.php

Nun artigo anterior falabamos da nosa experiencia levando postos ó río os deseños feitos a raíz da lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca e lendo á beira da auga ou dentro dela (AQUÍ están as fotos e os vídeos). Algún dos vídeos gravados aquela tarde foron editados por Víctor, profesor e plástica, e os seus alumnos de deseño gráfico dixital (arriba tedes a Mercedes lendo e tamén podedes ver a Marita , Juan , Leila e Antonia recitando). AQUÍ tedes unha presentación sobre o "Proxecto Fucsia".(Nota: non foi posible que se visen os vídeos insertados na presentación ó subila a rede, mais se facedes click enriba de cada un dos poemas, accederedes a eles)

36


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

3 de Marzo: Ambientando o instituto ó estilo Fucsia, talladas, estampados,

boca. http://bibliochivite.blogia.com/2011/031601-o-instituto-ambientado-oestilo-fucsia-talladas-estampados-boca-.php

Para saber máis sobre o noso "proxecto fucsia" , baseado na obra de Celso Fernández Sanmartín, fai click aquí, aquí, aquí, aquí e aquí.

37


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

17 de Marzo: Visitounos Celso Fernández Sanmartín e despois os alumnos escribiron a súa valoración da visita nun artigo do blog. http://bibliochivite.blogia.com/2011/032401-visita-de-celso-fernandezsanmartin.php

O pasado xoves visitounos Celso Fdez Sanmartín, e foi unha experiencia única. Os rapaces plasmaron por escrito os sentimentos que neles provocou o grande poeta e contacontos. Moitas grazas. Moitas grazas, Antonia, poetisa máxica. Moitííísimas grazas, Miguel. AQUÍ tedes fotos da visita de Celso Fernández Sanmartín. AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ , AQUÍ, vídeo. No artigo anterior tedes enlaces a todos os artigos publicados neste blog relacionados con Fucsia, talladas, estampados, boca.

38


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Podedes visitar tamén o álbum O proxecto Fucsia en fotos, que recolle fotografías que resumen todo o acontecido ó redor de Fucsia, talladas, estampados, boca.

24 de Marzo: Co grupo de exalumnos e exprofes comentamos Brooklyn

Follies, de Paul Auster. http://bibliochivite.blogia.com/2010/091601--brooklyn-follies-de-paulauster.php

No Club de lectura A árbore vermella leremos, co grupo de ex-alumnos e profesores, Brooklyn Follies, unha deliciosa novela de Paul Auster. Paul Auster é un escritor e director (de cine) moi coñecido e respectado na actualidade. Pese a ese recoñecemento (que moitas veces non é habitual en xente con auténtico talento), a súa obra ten unha calidade enorme. Fai novelas nas que constrúe cunha axilidade pasmosa: coma o alfareiro que en dous segundos fai unha xarra co que xusto antes era una masa marrón, Auster crea antecedentes, enche as vidas dos seus personaxes con acontecementos non sempre verosímiles pero sempre, sempre divertidos, rechamantes. Nunca creará un ser que algún de nós poidera ter coñecido. Nesta novela, un home canso da súa vida decide voltar ó seu barrio natal, e alí coñece a toda unha chea de seres que lle farán retomar a marcha, unirse á procesión da que decidira deixar de ser partícipe.

39


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Historias de amor, de odio, negocios, timos, reencontros, vida e morte, paixón... "Follies", ou como dicía a dulce Violeta da "Traviatta" verdiana lembrando ó seu namorado Alfredo: "Follia, follia" (loucuras). Aquí tedes un artigo no blog de David sobre o autor e aquí un enlace á súa obra.

31 de Marzo: Proxección/lectura de El monstruo del lago soledad con música en vivo interpretada ao piano por David Rguez. Rivada.

http://bibliochivite.blogia.com/2010/090801-el-monstruo-del-lagosoledad.php

El monstruo del lago soledad, de José Orna (este é o seu blog, "Mi refugio") é un precioso álbum gráfico. Ás coordinadoras parécenos unha obra que merece moitísimo a pena. Agardamos que a vós tamén, especialmente cando a vexades ó tempo que David Rguez. Rivada, profe de música, acompaña en vivo as imaxes ó piano. 40


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

7 de Abril: Sesión de conto. Conto de Gianni Rodari, Cando en Milán

choveron chapeus e fermoso conto ilustrado feito polo noso compañeiro Víctor Romero, do Dpto. de Plástica, Verde. http://bibliochivite.blogia.com/2011/040701-conto-de-rodari-para-ler-noclub-de-lectura.php

Nunha vindeira sesión do club de lectura A árbore vermella leremos o conto Cando en Milán choveron chapeus ,de Gianni Rodari, incluido no libro Contos para xogar. Dámoslle moitas grazas a Miguel Pereira pola súa suxestión. Por certo, que vos gustaría a vós que chovese do ceo? Escoitade a Juan Luis Guerra (AQUÍ a letra). Outros enlaces pertencentes a películas e musicais nos que "choven" cousas máxicas ou suceden cousas fabulosas "chovendo" son os seguintes:

41


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

a) na película musical Mary Poppins literalmente "chove" do ceo unha muller agarrada a un paraugas, que utiliza o mesmo medio de transporte cando remata a película e marcha; cliquea aquí, desde o minuto 1:47 b) na película Pedro e o dragón Elliot, o personaxe que axuda a superar os seus problemas ó protagonista (Pedro) é un dragón que lle chega do ceo e que marcha tamén voando; cliquea aquí, desde o minuto 4:40; c) na película Magnolia hai unha escena marabillosa na que choven rás; cliquea aquí ( e fai tamén click aquí); d) na película musical Cantando baixo a chuvia, como o propio título indica, hai uns personaxes que utilizan a chuvia coma escenario para cantar e bailar; cliquea aquí; e) con carácter xeral, moitas civilizacións indíxenas de EEUU utilizan a música para conxurar ós seus deuses e conseguir que chova; cliquea aquí; f) no Antigo Testamento, Deus castiga ós homes cun diluvio universal, polo que neste contexto a chuvia é un arma de destrución; cliquea aquí. g) Perpetuum Jazzile fan choiva coas súas mans. Así, vemos que a chuvia pode traer cousas fantásticas, boas ou malas, pero que sempre é máxica e está relacionada co noso imaxinario poético. Por certo, Marta, de 2º ESO B, díxonos que lle gustaría que caesen árbores de Víctor do ceo despois de ler o seu conto, Verde.

42


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/040801-verde.php

Infinitas grazas, Víctor, polo teu abraiante conto ilustrado, Verde, que compartiches connosco onte no club de lectura (arriba tedes unha imaxe). Quedamos coa boca aberta, non só pola historia e as imaxes, que son incribles, senón por todo o que nos contaches... os porqués, os comos, os de onde. Agradecémosche con todo o corazón as túas palabras: verde

cando eu estudaba no Instituto non me gustaban as clases de literatura, porque o único que faciamos era aprender nomes de autores, obras e características, e non me preguntedes cales porque non lembro ningún. Non teño recordo de ningunha lectura ou dun momento no que disfrutar de ler...

43


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

...e de feito nunca cheguei a ter moita afición pola lectura, e nunca fun capaz de ler poesía, porque as poucas veces que o intentei non notei que tivese nada que ver comigo. (si recordo algunha profesora que me fixo sentir un cariño especial pola nosa lingua, do que inconscientemente nunca máis me desprendín.)

agora, as veces que vou ó club de lectura, ainda que son profe, síntome máis un alumno e consigo apreciar a lectura como algo do que disfrutar e compartir. Sempre volto para casa con boa sensación e con ganas de facer algo: debuxar, ler, pensar... ata descubrín que alguns poemas dos que se len me gustan, porque os sinto máis próximos.

tamén fun capaz de aventurarme a escribir, e comecei por un conto, algo con poucas palabras e con imaxes, debuxos que compartín cos meus alumnos e que traballei con eles. Aprendin o difícil que é escoller esas poucas palabras e o difícil que é contar unha historia que diga algo que mereza a pena. (pensando que tiña comezado polo máis fácil vin que non era tal) Dinme conta despois que o que escribía inconscientemente tiña moito que ver comigo, que era eu a cor verde, cos meus claros e escuros. E non fun capaz de rematar o último debuxo ata que as cores voltaron a aparecer na aula e en min. Alí está o que aprendín dos meus alumnos e das miñas compañeiras. Por certo, Marta, de 2º ESO B, díxonos que lle gustaría que caesen árbores de Víctor do ceo despois de ler o seu conto.

44


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

14 de Abril: Fomos á MITEU e vimos a obra teatral Historia de Pura e

Angelita, pequeno divertimento mordaz.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/040901-o-club-de-lectura-namiteu.php

O vindeiro xoves, 14 de abril, o club de lectura A árbore vermella xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistirán a unha representación teatral no teatro Principal de Ourense dentro da MITEU. Trátase de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela: Érase unha vez, no ano 1959, nunha vila galega dúas irmás agardaban a chegada da súa sobriña Marina. Así empeza este conto, que non é de princesas nin de perdices, máis ben de mulleres e de gatos. «Historia de Pura e Angelita» é un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se acocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas. Estamos seguros de que o pasaremos moi, moi, moi ben!!!!!!!

45


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/042601-o-club-de-lectura-e-o-grupode-teatro-na-miteu.php

Como vos diciamos nun artigo anterior, o club de lectura A árbore vermella, xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistimos recentemente a unha representación teatral no marco da MITEU. A verdade é que a selección de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, foi todo un acerto. Un nivel actoral excelente, unha obra de teatro con "moita miga"..... Pasámolo moi moi ben antes, durante e despois (os nenos estaban encantados e non quixeron marchar sen un autógrafo das actrices protagonistas). A repetir o vindeiro ano!!!!

46


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

28 de Abril: Lectura de textos de Absurdos Sentimientos, obra da novísima autora de Verín Hilda Fernández, e percorrido pola biografía e obra de Ana Mª Matute.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/042602--absurdos-sentimientos-dehilda-fdez.-rguez.php

Hilda Fernández Rodríguez (este é o seu blog absurdos sentimientos e este é o seu blog fenestras de pedra) é unha moi, moi nova escritora cun presente, mais sobre todo, cun futuro luminoso por diante. É alumna de 1º de Bacharelato no noso veciño instituto, o IES García Barbón, e acaba de publicar a súa primeira obra, Absurdos sentimientos. Nesta obra, a autora comunícanos as súas sensacións, emocións e a súa particular visión do mundo a través dos relatos con tintes poéticos que nela se suceden. O club de lectura A árbore vermella terá o pracer de recibir a Hilda Fernández o vindeiro xoves 5 de Maio, pero antes, o xoves 28 de Abril, leremos relatos seus na sesión do club de lectura. AQUÍ podedes ler algúns dos seus escritos.

47


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/042801-ana-maria-matute.php

"La Literatura ha sido, y es, el faro salvador de muchas de mis tormentas ", dixo Ana Mª Matute (click aquí) ó recibir hoxe o Premio Cervantes (é a terceira muller galardoada con este premio). Fantasía, imaxinación, que opón a árida actitude que se nega a ver a dimensión espiritual do material, emoción, sentimento...inundaron hoxe o discurso da autora que nunca perdeu a inocencia. Dende aquí podedes acceder a artigos xornalísticos sobre a grande escritora barcelonesa. Este é o discurso de Ana Mª Matute ó ingresar na R.A.E. Estas son citas de Ana Mª Matute. Aquí está o seu conto favorito, El niño al que se le murió el amigo. Teresa Losada escribe en Robando Rosas sobre Ana Mª Matute. Aquí e aquí tedes uns breves vídeos nos que podedes ver e escoitar á escritora durante a cerimonia de entrega do Cervantes. O vindeiro xoves no club de lectura leremos os relatos dunha novísima escritora, que está a dar os seus primeiros pasos no mundo da literatura, e o discurso de aceptación do Cervantes

48


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

de Ana Mª Matute. Unha fermosa traxectoria que comeza e un camiño longo, mais que preserva moito da súa nenez, daranse a man.

5 de Maio: Visitounos Hilda Fernández Rodríguez. http://bibliochivite.blogia.com/2011/050601-grazas-hilda.php

49


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Moitas grazas,Hilda, pola tarde de onte no club de lectura... Polas palabras, os versos, a túa voz lendo... Grazas de todos os rapaces e rapazas que alí estaban. Para eles es, tamén, un estímulo, un referente.

12 de Maio: Xosé Manuel, profesor de Filosofía do IES García Barbón, deunos unha charla sobre un tema fascinante, o I Ching. http://bibliochivite.blogia.com/2011/050301-charla-sobre-o-i-ching.php

O xoves 12 de Maio teremos a sorte de contar con Xosé Manuel, profesor de filosofía do IES García Barbón, para que nos fale dun tema fascinante, o I Ching. O I Ching, ou Libro das Mutacións, é o máis antigo e profundo dos libros clásicos de China. É un libro de sabedoría cuxo uso tradicional era o de dar resposta ás importantes preguntas que os hombes de estado lle formulaban (agora todos podemos disfrutar da súa sabedoría). Crese que describe a situación presente de quen o consulta e predí o modo no que se resolverá no futuro se se adopta ante ela a posición correcta. É un libro adivinatorio e tamén un libro moral, á vez que pola súa estrutura e simboloxía é un libro filosófico.

50


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

As dúas grandes ramas do pensamento Chino, o Confucionismo e o Taoísmo, teñen no Libro das mutacións as súas raíces comúns. Moitísimas grazas a Xosé Manuel por abrirnos esta porta, por invitarnos e axudarnos a descubrir este mundo.

http://bibliochivite.blogia.com/2011/051201-grazas-xose-manuel.php

Moitas grazas a Xosé Manuel, profe de filosofía do IES García Barbón, por ternos descuberto o fascinante mundo do I Ching, do Ying e o Yang, da sabedoría oriental. O I Ching "falounos" do noso club de lectura, de expansión como a das ondas nas augas, dun estado de puro Yang... Luz, forza.... Grazas, unha vez máis, a todos os rapaces e rapazas que compartistes esta sesión, unha das derradeiras deste ano.

51


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

19 de Maio: No círculo de ramas feito por Víctor e convertido nun bosque atravesado por un río para repartir entre os rapaces o agasallo que nos enviou o poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín: unha morea de Fucsia, talladas, estampados, boca. Un detalle polo que lle estamos infinitamente agradecidos. Ademais, nesta sesión varios alumnos leron os seus escritos á beira do noso río simbólico. http://bibliochivite.blogia.com/2011/052001-entrega-dos-agasallos-decelso-fernandez-sanmartin-no-circulo-rio-.php

Este ano, como sabedes por artigos anteriores sobre A árbore vermella, lemos o poemario de Celso Fdez. Sanmartín Fucsia, talladas, estampados, boca. A lectura e todo o que saiu dela convertíronse nunha experiencia inesquecible que puidemos compartir co autor da obra. El, extremadamente xeneroso, enviounos un agasallo: edicións de Fucsia para todos os rapaces. Onte foi a entrega do agasallo. Nun principio tiñamos pensado voltar ó río, onde lemos parte de Fucsia e vivimos unha tarde na que gozamos especialmente desa lectura, mais o mal tempo non nos permitiu unha nova camiñata ata o río. Porén, a solución resultou fantástica: fomos ata o círculo de ramas feito xa hai tempo por Víctor e os seus rapaces e rapazas, xa case convertido nun pequeno bosque e nel, a tea solidaria que todos os anos fai Víctor, profe de Plástica e os seus alumnos (este ano o club de lectura tamén lle adicou unha sesión - fai click tamén aquí) convertiuse nun río. Á beira dese río simbólico todos recollemos os nosos 52


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

poemarios. Logo recitamos todos xuntos poemas de Fucsia e escoitamos a Marta, Mercedes (click tamén aquí), Lucía, Vicky lendo textos seus... Que grandes escritoras. Máis vídeos: Camiñando cara o círculo-río - Extendendo a tea-río - Recollida agasallo Fucsia 1 Recollida agasallo Fucsia 2 - Lendo Fucsia a dúas voces 1 - Lendo Fucsia a dúas voces 2 . MOITAS GRAZAS, Celso. MOITAS GRAZAS a todos os nenos e nenas.

25 de Maio: Asistimos, na Biblioteca Municipal de Verín, xunto com outros clubs de lectura da comarca, a unha charla do escritor Xosé Carlos Caneiro. http://bibliochivite.blogia.com/2011/052601-o-club-de-lectura-asiste-aunha-charla-de-xose-carlos-caneiro-na-biblioteca-muni.php

Os rapaces e rapazas do club de lectura asistiron onte a unha charla na Biblioteca Municipal de Verín, que reuniu clubes de lectura do concello, dada polo escritor Xosé Carlos Caneiro, quen reflexionou sobre o mundo da literatura, falou da súa obra e do "oficio" do escritor e recitou algún poema. Moitas grazas desde A Árbore Vermella pola invitación.

53


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

26 de Maio: Levamos o proxecto Fucsia, talladas, estampados, boca á xuntanza de centros vinculados coa Axenda 21 que se celebrou en Pontevedra. O noso compañeiro David, de Música, e os seus alumnos tamén levaron un proxecto sobre o ruido. http://bibliochivite.blogia.com/2011/052701-na-xuntanza-axenda-21-enpontevedra.php

O proxecto do club de lectura Fucsia, talladas, estampados, boca, foi presentado onte na Xuntanza de Centros Educativos vinculados coa Axenda 21 que tivo lugar en Pontevedra. Nerea, alumna de 4º ESO C, foi quen fixo unha descrición do proxecto ante o público presente no auditorio do Pazo de Congresos de Pontevedra e despois proxectouse unha presentación que resumía o feito. A continuación ela e os seus compañeiros de 4º ESO C presentaron o traballo que fixeron co seu profesor de música, David: un estudo sobre o ruido e os seus efectos e sobre outros conceptos con el vinculados: silencio, harmonía... Remataron a súa presentación interpretando con láminas a peza "Fiesta Pagana", de Mago de Oz. Premendo aquí accederedes ás fotos. Moitas grazas, alumnos/as de 4º ESO C.

54


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

2 de Xuño: Remata o club de lectura por este curso, unha vez máis con música (canto) e lectura. Foi un ano novamente intenso mais moi moi ledo. http://bibliochivite.blogia.com/2011/053102-derradeiro-dia-do-club-delectura-cos-alumnos-de-eso.php

Día de despedida no que lemos textos escritos por profes e alumnos do club e escoitamos cancións interpretadas con voz e piano tamén por profes do club (somos admiradores de Os Miserables, do musical e da obra de Victor Hugo). Queremos dar as grazas dun xeito especial a Javi Fontenla, ex-profe de Lingua Castelá e Literatura do Centro, quen nos enviou un fermoso agasallo, un texto escrito por el sobre o "lado escuro" na literatura (pero que tamén contén destellos de luz), que permite que os alumnos escoiten falar de autores como: Bécquer, Maupassant, Fiodor Dostoievski, Edgar Allan Poe, Emily Brönte, Dashiell Hammett , Graham Greene , H. P. Lovecraft e Ernesto Sábato. (Fai click aquí). Grazas, grazas, Javi, polas palabras tan fermosas que nos dedicas. Moitas grazas tamén a David pola súa sorpresa en forma de poema, pola súa interpretación ó piano das pezas de Os Miserables e por suxerirnos a escoita de El idioma de los Dioses, de Nach Scratch.

55


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

No club de lectura Eduardo Galeano xa é unha voz familiar que nos lembra a dignidade. Remataremos escoitando as súas palabras sobre razón e corazón.( a partir do minuto 7:55 deste vídeo) A GOZAR DO VERÁN!!!!! E NON VOS ESQUEZADES DE LER!!!!!!!!!

http://bibliochivite.blogia.com/2011/060201-ata-o-vindeiro-curso-.php

Moitísimas grazas a Jordi, Sofía, Esther, Alba, Sabela, Miguel, Alejandra... porque escribides de marabilla e compartides connosco o que vos sae de dentro. Moitísimas grazas a Javi, polo seu escrito que nos enriquece a moitos niveis. Moitísimas grazas a David, pola lectura e a música. Moitísimas grazas, Antonia, por traernos a Neruda e recitalo tan magníficamente. Moitísimas, eternas grazas a todos vós, os nenos e nenas que facedes posible, unha e outra tarde, A árbore vermella. GOZADE MOITO DO VERÁN!!!!!!! BICOS !!!!!!!!!

56


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

11 de Xu単o: Reunimonos con ex-alumnos e ex-profes por derradeira vez este curso. http://bibliochivite.blogia.com/2011/061201-xuntanza-con-ex-alumnos-eex-profes.php

57


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

E ADEMAIS............................... * Creamos, conxuntamente co IES Ribeira do Louro, o concurso Adiviña

Quen É, que tivo catro edicións. Os rapaces de ambos os dous centros descubriron a Saramago, Mª Xosé Queizán, Chomsky e Ernesto Sábato. http://bibliochivite.blogia.com/2010/092304-concurso-quen-e-proxectoconxunto-ies-ribeira-do-louro-ies-taboada-chivite-.php

Atréveste a descubrir a identidade desta figura misteriosa? Fai click aquí. Se acertas a identidade do personaxe participarás no sorteo de tres agasallos. Envía unha mensaxe co teu nome e apelidos, o teu curso e grupo, o nome do teu instituto (Ribeira do Louro ou Taboada Chivite)(o nome do instituto debe aparecer en asunto) e, por suposto, o nome da figura misteriosa, ó seguinte enderezo: ribeirachivite@gmail.com

58


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Os agasallos sortearanse entre as respostas correctas recibidas entre o 15 e o 30 de Outubro de 2010.

http://bibliochivite.blogia.com/2010/110201-concurso-adivina-quen-eproxecto-ribeira-do-louro-taboada-chivite-.php

Rematou o prazo para participar en "Quen é?", o concurso organizado polos institutos Ribeira do Louro e Xesús Taboada Chivite. A figura oculta era a de Saramago, e as gañadoras foron.... No IES Xesús Taboada Chivite María Pérez Lage e Iria Prieto Domínguez, de 1º ESO D. No IES Ribeira do Louro Ana Díaz Freiría, Beatriz Domínguez González e Liliana Mariño Silva de 1º de Bacharelato. PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES E A SEGUIR FACÉNDOO NA PRÓXIMA EDICIÓN, QUE SERÁ MOI PRONTO!!!!!!!!!!!!!!!!

59


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

Mª Xosé Queizán:

http://bibliochivite.blogia.com/2010/111501-nova-edicion-de-adivina-quene-proxecto-ribeira-do-louro-taboada-chivite-.php e tamén: http://bibliochivite.blogia.com/2011/011101-concurso-adivina-quen-e-mxose-queizan.php

Noam Chomsky:

60


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/030201-concurso-adivina-quen-e-3edicion.php e tamén: http://bibliochivite.blogia.com/2011/050202-concurso-adivina-quen-e-3edicion-noam-chomsky.php

Ernesto Sábato:

http://bibliochivite.blogia.com/2011/051701-concurso-adivina-quen-eultima-edicion-deste-curso.php

* Demos unha charla sobre a nosa Árbore Vermella, compartindo a nosa experiencia coas asistentes a un curso organizado polo CFR de Verín sobre cooperativismo:

61


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/040602-a-arbore-vermella-no-cursosobre-cooperativismo-organizado-polo-cfr-de-verin.php

Onte, día 5 de Marzo, o club de lectura A árbore vermella tivo a immensa sorte de poder compartir o seu traballo, a súa experiencia, cos profesores asistentes ó curso sobre cooperativismo que está a ter lugar no CFR de Verín. Moitísimas grazas por ternos invitado. Enriba tedes a presentación de power-point que usamos (ó subila a rede non se poden ver os vídeos directamente pero si se manteñen os hipervínculos) e AQUÍ está o noso guión. MOITÍSIMAS GRAZAS a todas as profesoras asistentes. Moitas grazas Ana, Loli, Sofía.... Fixéstenos sentir unha enorme satisfacción.

* Os nosos alumnos e outros alumnos do centro que non poden asistir habitualmente ó club de lectura escribiron textos a partir de iniciativas impulsadas desde o club: 62


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/050201-a-paz.php

Con moito retraso, pero máis vale tarde que nunca, colgamos os textos escritos por alumnos sobre a paz. Premede AQUÍ para acceder ó artigo publicado neste mesmo blog no que falabamos dunha actividade que fariamos despois do Día da Paz. Moitas grazas a Elisa, profe de Lingua Castelá e Literatura e, por suposto a todos os alumnos e alumnas que escribistes uns textos tan interesantes.

* Levamos as nosas novelas gráficas musicalizadas (La Fuga, El Monstruo del

Lago Soledad) a centros de ensino da provincia de Pontevedra.

63


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/042201-albumes-graficos-conmusica.php

O proxecto de poñerlle música a novelas gráficas comezou o curso pasado no club de lectura. Descubrimos La Fuga, de Pascal Blanchet. La Fuga tivo tanto éxito que xa saiu do noso club de lectura. Unha das profesoras coordinadoras do centro xunto con David, profe de música do IES Taboada Chivite, que foi quen buscou as pezas axeitadas ás imaxes e as interpretou ó piano, levaron A Fuga á Casa da Cultura de Verín, invitados pola plataforma Queremos Galego. Estivemos no IES Rosais 1 de Vigo (GRAZAS!!!, Carmen) e no IES Pedro Floriani de Redondela (GRAZAS!!!!, María). Tamén na EPA de Vigo (GRAZAS!!!, Ángela). Recentemente visitamos o IES Ribeira do Louro de Porriño (o noso club de lectura e o IES Ribeira do Louro crearon o concurso Adiviña Quen É). A acollida foi incrible. Alí presentamos non só La Fuga, tamén El Monstruo del Lago Soledad, que musicou David (por certo, proximamente será a estrea no noso club de lectura de El pez que sonreía, de Jimmy Liao (click tamén AQUÍ)). Moitas grazas a Virginia, pola invitación e a David Barros, profe de música do IES Ribeira do Louro, que foi quen gravou e subiu á rede o vídeo que tendes enriba. Grazas, grazas, pola vosa calurosa acollida.

* Acompañamos os nosos alumnos artistas nunha exposición das súas obras na Casa do Escudo de Verín.

64


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2010/092303-exposicion-na-casa-doescudo-de-verin-con-cadros-pintados-por-alumnos-que-asiste.php

Leyla, Pilar, Irene, Iago, María, alumnos do IES Taboada Chivite de Verín que asisten ó club de lectura son rapaces ós que lles interesa a arte en todas as súas vertentes. Onte na Casa do Escudo de Verín eles e todos aqueles que pintan, fan escultura...na escola de artes e oficios recibiron diplomas nun acto no que os asistentes aplaudimos e recoñecemos o seu traballo e o seu talento. Aquí tedes uns sonetos que David Rguez Rivada escribiu pensando neses cadros: SONETO I - Cuadro de Iago (Abstracto) Por más que la busqué nunca la hallaba, por más que prometiese acompañarme; pues no hay ejército que no se alarme habiendo roto lazos que anhelaba. Seguí mis intuiciones, mi delirio, bebí en el cáliz sucio de las drogas, amé sin fe, abrazado a varias sogas que me apretaron mucho: ¡qué martirio! Al fin, rendido, abandoné las calles que tantos besos falsos me ofrecieron; al fin, llorando, entre madera rota, roida y carcomida entre estos valles, perdida entre recuerdos que crecieron: mi amiga de la infancia, mi pelota.

65


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

SONETO II - Cuadro de Leyla (Grifo) La noche acrivillaba entre mordiscos centelleantes, grietas del firmamento, a campesinos que en ese momento no habían hecho ofrendas, los muy ariscos. El padre de los dioses no perdona, por mucho que se llore arrepentido, es Zeus un ser por todos conocido experto en castigar... pobre Gorgona. Rugiendo entre los vientos penitentes, preñando de odio y miedo corazones, matando tras su paso por el monte, respira fuerte aquel que cose mentes, engulle sangre ajena a borbotones, preside el ciego Grifo el horizonte.

SONETO III - Cuadro de Pilar (Chica vigilando) Las lágrimas aún caían por su cara, huidiza del cruel castigo paterno, sedienta de venganza iría al Averno si allí encontraba cura a su tara: "-Nenúfares silvestres, si me oís, dadme cobijo hoy, pues os prometo que aun antes de que muera este soneto seréis recompensados, ¿qué decís? -"Contentos aceptamos protegerte, salvándote de una muerte segura." Pasó el tiempo, la moza se olvidaba del trato. Mas Fortuna, por ventura, con un apuesto joven la citaba al tiempo que, entre juncos, vio a la Muerte.

MOITO ÁNIMO, PARABÉNS E A SEGUIR PINTANDO... E LENDO!!!! * Recibimos agasallos: A árbore vermella de madeira de Javier Díaz, de

Plástica, a árbore vermella real que tanto nos coida Javier Rodríguez, de Ciencias, os libros enviados por Celso Fernández Sanmartín que xa mencionamos, o conto Verde, de Víctor ( e o seu constante apoio, traballo, presenza), os textos e a música de David (e o seu constante apoio, traballo, 66


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

presenza), os textos dos nosos alumnos e a súa asistencia infatigable. GRAZAS a todos os rapaces e rapazas que todos os xoves participades nesta aventura gratificante e enriquecedora chamada A árbore vermella. Sen vós nada disto sería posible. http://bibliochivite.blogia.com/2010/112401-cadros-sobre-a-arborevermella.php

67


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/040702-coa-nosa-arbore-vermella.php

A nosa รกrbore vermella vai medrando, en todos os sentidos. A que nos regalou Javier, do Dpto de Ciencias, estรก, grazas รณs seus coidados, moi fermosa. Enriba podedes vela nunhas fotos que sacamos onte.

68


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/060701-grazas-polos-vososescritos.php

Nun papel enrugado ou nun moi limpiño. Verbas moi meditadas ou pensamentos capturados nun intre. Natureza, terra, emocións, medos, intimidades...o propio clube... todo o que pasa polas vosas mentes acaba chegando a eses anaquiños de papel que tan a miudo nos regalades. En artigos anteriores deste blog xa fomos recollendo, ás veces coas vosas propias voces gravadas, os vosos escritos, polos que unha e outra vez vos damos as GRAZAS.

69


CLUB DE LECTURA A ARBORE VERMELLA -- 2010/2011

IES TABOADA CHIVITE

http://bibliochivite.blogia.com/2011/041001-david-escritor.php

70

Memoria do club de lectura A árbore vermella pdf  

Memoria do club de lectura A árbore vermella p

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you