Issuu on Google+

Leliadoura Publicación do IES Camilo José Cela

Xosé A. Touriñán

XUÑO 2010

Uxío Abuín

As árbores senlleiras de Padrón


sumario XUÑO / 2010

O primeiro día de curso

2

O galego nos medios de comunicación

35

O noso Samaín

3

As árbores senlleiras

36

A festa da tortilla Melgaço

4 5

Historia de María Magdalena

38

Premios “Mestre Mateo” 2010

40

A escola dos nosos avós

6

Súper Andorra 2010

41

Somos un pouco neandertais…

8

Museo do contrabando

9

Visita a Panxón

42

Visita a Citröen, Caminha...

9

Visita ó viveiro de empresas

43

Entrevista a Touriñán

10

Quén é o Apalpador?

43

Uxío, subcampión de Europa

12

“O club da calceta”

44

Sobre o novo decreto do galego

14

“O rei nu”

45

Visita aos Castros de Neixón e Baroña

14

Poesía

46

O penalty maldito

21

Non perdamos as raíces

47

Super Humor

32

O Bicheiro

48

Directora: Manuela Castro Colaboran: Javier Abeijón Fernández, Ana Alonso, Adriana Angueira, Raquel Añón Iglesias, Daniel Burés, Paula Camiña Eiras, Brais Campaña Comparada, Uxía Carlés Magariños, O Carrabouxo, Estela Castaño García, José M. Castaño Cristobo, Raquel Castro, Raquel Castro, Carolina Cortiñas Buela, Luis Davila, Jorge Fraga Sanmartin, Esther García, Rebeca García García, Alba García Vázquez, Rebeca García García, Alba García Vázquez, Esther García García, Melisa Garza Bello, Ana Gómez, Henar Gómez Rubines, Marcos Gómez Ces, Xaime González, Andrea González Carbajal, Sara González Bernárdez, Arancha Magariños, Ángel Moreiras Mariño, Melani Oliveira, Estefanía Otero Pérez, Raquel Pan Ferro, Raquel Pan Ferro, Artur Pavlyuk, Duarte Piñeiro López, Arturo Revoyras, Alba Rey Pazos, Alba Rey Pazos, Adrián Rivas Saborido, Xiana Rivas Neira, Catuxa Rodríguez, Rubén Rodríquez Naveira, Xoan Santaló, Ana Rosa Sebio, Mª Xesús Senín, Carlos Tourís, Mª Jesús Vázquez. . Edición e deseño: Emilio Crespo Impresión: COPINOVA Edita: ENL do Ies Camilo José Cela. Rúa do Carme s/n. 15900 Padrón - Tel. 981810752. E-mail: ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.es


Páxina 2

O PRIMEIRO DÍA DE CURSO

As mulleres sempre foron consideradas intelectualmente inferiores aos homes

Este curso, comezou cunha conferencia da mán da doutora Josefina Ling que con motivo da celebración do Ano Internacional Astronómico falounos dun dos proxectos pilares deste Ano Astronómico, as mulleres e a astronomía, chamada “Astrónomas, un universo o-culto”. Comezou explicándonos as causas polas cales as mulleres sempre tiveron limitada participación na ciencia. As principais son: • Discriminación intelectual. As mulleres sempre foron consideradas intelectualmente inferiores aos homes. • Exclusión das institucións educativas e investigadoras. Púxonos como exemplo a USC, que con cincocentos anos de historia, só admite mulleres dende hai 90. • Invisibilidade de aportacións. Algunhas aportacións á ciencia realizadas por mulleres, eran agochadas co nome dos maridos, ou dalgún outro familiar, ou, ás veces coa inicial e o apelido.

• Conciliación familiar. Na maioría dos casos, a familia non permitía ás mulleres estudar. • Desigualdade en postos de responsabilidade. Os obxetivos deste proxecto (ella é unha astrónoma) son: • Promover a igualdade entre xéneros na Astronomía. • Apoiar a formación de investigadoras. • Equilibrar as diferenzas xeográficas. Para logralo, a actividade divídese en dous puntos: 1. Elaboración dun calendario chamado “ciencia e vida de doce astrónomas”. Este calendario tivo gran éxito e foi traducido a varios idiomas. 2. Creación dunha exposición: Mulleres en Astronomía. Josefina Ling tamén nos falou dalgunhas astrónomas de gran relevancia ao longo da historia: • Fátima de Madrid. Foi a filla do “home de Madrid”. A súa obra máis destacable foi “Correcciones de Fátima” • Sofia Brahe. Era a axudante de seu irmán. No século XVI a universidade estaba prohibida para as mulleres, polo que recibiu clases

particulares de varios temas. Durante a súa adolescencia traballou co seu irmán nun castelo-observatorio. Logo casou, polo que non pode continuar con seu irmán, pero á morte do seu marido volve xunto a el. Entre os dous elaboraron o cátalogo de observacións máis exacto ata o momento. • Elisabeth Koopmann. Foi a muller dun astrónomo afeccionado de renome. Crearon un catálogo estelar de gran precisión pero perdeuse nun incendio, e Elisabeth volveu investigar todo o obtido anteriormente para poder reescribilo. • Carolina Herschel. Irmá de William Herschel. William era astrónomo e Carolina a súa axudante. Descubriron oito cometas, nebulosas, galaxias... Un cráter da lúa leva o seu nome. • Williamina Patan Stevens Fleming. Foi abandonada polo seu marido, e debido a isto entrou como empregada de fogar do director do observatorio de Harvard. Mediante unha aposta, este ofrécelle un posto no observatorio e chega a encargada das calculadoras. Descubriu varias estrelas e nebulosas. • Anne Jump Cannon. Era quen de clasificar trescentas estrelas por hora. Por mor dos horarios establecidos, Josefina Ling non puido rematar a conferencia, o que foi unha pena, xa que estaba resultando moi interesante. Adriana Angueira Ana Gómez 2º Bach


Páxina 3

O NOSO SAMAÍN O noso "SAMAÍN" foivos moi culto, moi culto, como corresponde a un centro ubicado en terras tan literarias como as nosas. Alá entre o ENDL e a bibliotecaria, argallaron unha semana de samaín de contos de terror, terror. Os do primeiro ciclo disfrutaron preparando as súas cabazas, cabazos, calacús, abóboras e demais curcubitáceas -ata houbo premios para as máis orixinais- e outros, desa literatura de toda a vida que agora se volve recuperar tamén en banda deseñada. Os porqués do noso Samaín: • Todo o alumnado do noso centro sabe que é o Halloween, pero unha parte moi importante del nunca escoitara falar do Samaín. • Estannos chegando de fóra de Galiza costumes, animais, plantas, ...que están roubando o espazo e fa-

cendo desaparecer o que é noso dende hai moitos anos. Se seguimos consentindo isto corremos o risco de perder o que nos diferencia dos demais pobos, perderemos a nosa identidade, como di a canción “...quen perde as súas raíces, perde a súa identidade”. Debemos, polo tanto, recuperar os nosos costumes e nunca sustituílos polos foráneos, menos aínda cando se formaron a partir dos nosos. • Se potenciamos e valoramos o que temos, o que é noso, o que nos diferencia valoraremos tamén a nosa lingua, primeiro e principal signo de identidade do noso pobo • A modernidade non consiste en abandonar os nosos costumes e adoptar os que nos chegan de países máis desenvolvidos ou que falen inglés ou castelán.

O noso Samaín servíu para: • Dalo a coñecer a unha parte importante do alumnado e tamén a parte do profesorado • Que o alumnado de Antropoloxía investigara na aula, a través de internet e distinto tipo de bibliografía e preparara material para achegar información ao resto dos compañeiros e compañeiras do centro. • Ler e comentar o tema nas titorías • Sacar da biblioteca e facer visibles unha parte importante dos libros DE MEDO, escritos en galego, dos que dispón o centro • Divertirse e entreterse preparando as cabazas ou vendo as que fixeron outros.

unha parte moi importante do alumnado nunca escoitara falar do Samaín

Manuela Castro Fotos páxina 30


Páxina 4

A FESTA DA TORTILLA Ao igual que todos os anos, sempre que foi posible realizala, conmemórase a Festa da Tortilla na Parroquia de San Pedro de Carcacía. Esta celebración remóntase 20 anos atrás e no seu primer ano xa entrou a formar parte no Guines Word Recors como a tortilla máis grande do mundo. Hai 20 anos esta festa celebrábase o propio día de San Isi-

dro con algunhas das seguintes exhibicións. 1. Preparábanse carrozas con animais dentro e dábaselle un premio á carroza que mellor estivera adornada. 2. Facíanse bailes galegos tradicionais compostos por rapaces e rapazas de todas as idades. Este ano, o 17 de maio, o día das letras Galegas, vólvese a festexar, en Carcacía a vixési-

ma edición da festa da tortilla. Para esta ocasión contaremos counha exhibición de aerobic, o pregón a cargo de Marcial Mouzo, da Radio Galega, e actuacións a cargo da orquestra La Oca, a charanga Apeles e uns gaiteiros. Andrea González Carbajal Melisa Garza Bello Carolina Cortiñas Buela Estefanía Otero Pérez 2º ESO

Despois de comer a tortilla, que por certo estaba boísima, houbo unha orquestra e unha charanga onde todo o mundo bailaban con elas Nestas dúas imaxes pódese apreciar como tapaban a tortilla para darlle a volta

Con esta grúa déronlle a volta á tortilla

Aquí danlle a volta a tortilla cunha grúa

Que se vaian preparando todos e que se poñan a cola que a tortilla xa está preparada para zampar. ÑAM, ÑAM


Páxina 5

MELGAÇO A aventura cara a Melgaço comezou o pasado martes 11 de maio ás 8:45. Todos estabamos moi ilusionados por ser a primeira excursión na cal durmiamos fóra da casa. Había xente incluso con maleta, aínda que só fose para pasar unha noite fóra, e outra simplemente levaba unha mochila coa comida do primeiro día. O traxecto fíxose levadeiro grazas aos compañeiros e as súas cancións aínda que algunha aburriu de tanto escoitala (we not speak americano), e algúns "mareáronse", polo que os profesores lles deron unhas bolsas e comezaron a xogar con elas. A primeira parada tívose que facer nun camiño porque o autobús non pasaba, sen contar as que tivemos que facer porque non sabiamos como chegar a onde nos estaban esperando, pero unha delas fíxose moi graciosa, xa que o noso profesor, ó baixar, asustouse cun can. Ó chegar ó lugar de encontro, Porta de Lamas de Mouro, puidemos ir ós servizos e comer algo. Dividíronnos en varios grupos para realizar a visita guiada por case todo o parque natural, tendo que cubrir unha ficha sobre as brandas e as inverneiras. Alí vimos un "can portugués", e a todos nos chamou a atención.. Rematada a visita fomos en autobús ó lugar a onde iamos comer. Logo da comida, seguimos co programa: sendeirismo polo monte para visitar as ruínas do castelo de Lamas de Mouro e unha fermosa fervenza. Durante o camiño cara o castelo houbo algunha que outra caída, sempre da mesma persoa; que se se agarraba a uns toxos, que tropezaba. O calzado fino, está ben para presumir pero para andar polo monto está demostrado que

non é o máis idóneo. Desde as ruínas contemplamos as paisaxes das que nos falaran no parque natural: brandas e inverneiras. As inverneiras son o lugar onde os pastores da zona pasaban os meses máis duros do inverno. As brandas e a zona de maior altitude onde residían nos o resto do ano. Cada familia ten dúas casas, unha nas brandas e outra na na inverneira, e ten que facer dúas mudanzas ó ano. A diferencia coa transhumancia de outras zonas de Península é que o desprazamento aquí non é de máis de 15 ou 20 km, e que se despraza toda a familia. Ó chegar ó autobús un compañeiro deuse conta de que se esquecera da mochila polo que tivo que volver o lugar onde comeramos; sempre está nas verzas! Cando xa estabamos todos no autobús fomos cara ó albergue onde iamos a pasar a noite. Fixemos o reparto de habitacións, instalámonos e os chicos cambiáronse de roupa para ir a xogar o fútbol, moi finos eles. Tivemos tan mala sorte que empezou a chover mentres xogábamos. O partido foi unha das mellores cousas que fixemos durante a excursión: había xente saltando polo campo e salpicando aos demais, unha "porteira" que utilizaba as súas técnicas para que os demais non marcaran gol, xente facendo o parvo, bromas, etc. Como xa estaba chovendo moito e estabamos empapados fomos todos correndo a ducharnos. Entre as anécdotas das duchas podemos destacar a do secador, xa que só se sabía dunha persoa que o tivera e había moita xente que quería utilizalo, tanto para secar o pelo como as zapati-

llas. Tamén merece ser recordada a caída nos baños dunha das nosas compañeiras. Xa estabamos todos listos para ir a cear. Ó terminar subimos as habitacións e empezou a algarada que "durou" ata as 23:00, que foi cando chegou o vixiante, que era preto, e que se pasou toda a noite paseando polo corredor e petando en todas as portas. Ó día seguinte levantámonos, uns antes que outros. Preparámonos para baixar a almorzar e tamén recollemos as habitacións. Ó terminar gardamos a equipaxe no autobús e marchamos para a localidade de Melgaço para visitar museos. O primeiro sitio ó que fomos foi a torre de Melgaço, que é un museo: nel atópanse restos do castelo, que agora está restaurado. Despois fomos ó museo do cine, que mostraba diapositivas antigas e como reproducían antes as películas e con que. Por último visitamos un que era voluntario ir e foron algúns compañeiros, que trataba sobre a emigración e o contrabando, mentres os demais dabamos unha volta. Volvemos para o albergue a comer e cando terminamos subimos o autobús e fomos a visitar Valença onde nos deixaron unha hora e media para estar por alí e que algúns aproveitaron para ver o lugar e outros para comprar recordos. Ó pasar este tempo subimos o autobús e volvemos para o I.E.S Camilo José Cela, ó que chegamos ás 18:30. Henar Gómez Rubines Paula Camiña Eiras Fotos páxina 26

Desde as ruínas contemplamos as paisaxes das que nos falaran no parque natural: brandas e inverneiras.


Páxina 6

A ESCOLA DOS NOSOS AVÓS, A ESCOLA DOS NOSOS PAIS…

“Só tiñamos un libro, no que aparecían coñecementos básicos de matemáticas e lingua e boa parte del adicábase á relixión e á moral”

A escola actual atópase con diversos problemas que veñen determinados por varios factores. No que respecta aos alumnos, parece que temos pouca motivación por aprender e falta de expectativas. Dise que non gardamos o debido respecto ao profesorado, e que carecemos de bos hábitos de estudo. Tamén se lle atribúe ao profesorado falta de motivación para ensinar, falta de autoridade, que non se adapta ás novas tecnoloxías ou non ten unha preparación adecuada para as novas esixencias. Por outra parte, a sociedade cre que a escola é un lugar de atención para os nenos e nenas e as familias tenden a ver ao profesorado como meros coidadores dos seus fillos. E, para finalizar, os gobernos non manteñen unha continuidade nos sistemas de estudo, xa que cambian as leis educativas continuamente. A consecuencia de todos estes problemas sería un índice alto de fracaso escolar. Pero calquera tempo pasado NON foi mellor no que se refire á educación. Que nos contan nosos avós e mesmo nosos pais? Como era a escola que lembran? Durante a ditadura os grupos, a cargo dun só mestre ou mestra, eran numerosos e heteroxéneos (escolas unitarias), pero iso si: separados por sexos.

As condicións materiais da aula eran mínimas: non había calefacción nin servizos e a limpeza da aula corría da conta do mestre e dos nenos e nenas. Os mestres e mestras habitaban, con frecuencia, nunha vivenda pequena sen condicións, que estaba no mesmo edificio da escola. Unha veciña de Garabal lembra: “a escola era unha especie de casa de pedra que se atopaba dividida en dúas plantas: arriba daban as clases as rapazas e abaixo os rapaces. Os alumnos estabamos separados por sexos, pero xuntos independentemente da idade”. Na escola da Ponte estaban xuntos os nenos e as nenas “pero na hora do recreo separábannos para xogar as nenas coas nenas e os nenos cos nenos”. Rosa de Pontecesures cóntanos: “era una escola na que non había cursos. Todos estabamos xuntos. Tiñamos una mestra. Pero eu ía a unha escola particular. Nunca fun á pública” Naturalmente, non había transporte escolar e as condicións do camiño dependían de onde un vivira. Canto tempo levaba o camiño á escola? “A escola estaba moi cerca, porque era unha aldea pequena; para ir á escola iamos sempre andando, a min levábame aproximadamente dez minutos”. Unha das avoas consultadas tiña menos sorte: “Tiñamos que ir camiñando; levábame media hora e tiña que ir comer á casa e logo voltar. Porque, claro, había aulas pola mañá e pola tarde: de 10 a 1 e de 3 a 5”. A educación estaba ferreamente controlada, tanto desde o punto de vista político como relixioso. Abondaban na aula os símbolos patrióticos (fotografías de Franco e José

Antonio Primo de Rivera, a band e ir a) e r e lixiosos (crucifixos). Á clase de relixión destinábase normalmente a mañá do sábado, á que non se podía faltar. O profesor era o cura párroco. Pero todos os días se rezaba antes de comezar: de pé, os alumnos e o mestre santiguábanse, rezaban un Padrenuestro, un Ave María e un Gloria. Santiguábanse de novo e entón comezaba a clase. Rezábase tamén o Rosario unha tarde á semana ou nos meses que o calendario litúrxico o prescribía. Había tamén unha materia chamada Política ou Formación do Espírito Nacional e ao entrar, pola mañá, era frecuente formar en filas para cantar o Himno Nacional ou o Cara al Sol. Cando os nenos e nenas sentaban na cadeira, tiñan pasado xa uns 15 ou 20 minutos. A nosa informante da Ponte contounos que rezaban ao entrar e ao saír. “Algunhas veces cantabamos o Himno Nacional”. É que na escola dos últimos anos do franquismo as cousas eran xa menos rigorosas: “non acostumabamos a rezar nin ao entrar nin ao saír, pero no mes de maio levabámoslle flores á Virxe e recitabámoslle poemas”. Iso si, “facíase moito fincapé na relixión e na parte moral, é dicir, intentábanse fortalecer os valores dos alumnos”, engade a nosa entrevistada. Pero na escola da primeira etapa da ditadura “rezabamos ao entrar e ao saír e cantabamos a diario o Himno franquista”, cóntanos Blandina, unha avoa con boa memoria aos seus 80 anos. Escribíase con plumins de tinta, que se colocaba nun burato que había no pupitre.


Páxina 7

Non faltaban as pizarras, os pizarríns, a regra, o compás, escuadra e cartabón, nin por suposto os mapas e mesmo o globo terráqueo. A xeografía era moi importante, “aínda vos daba un repaso”, di un dos pais cos que falamos. Estudábase historia, moita historia (Historia de España, Historia Sagrada...). Todo o que había que saber estaba nun libro, a Enciclopedia. Facíanse contas e aprendíase a ler (no Rayas) e a escribir, coidando a caligrafía para a que se usaban uns cadernos especiais (os cadernos Rubio). Escribíase ao ditado, copiábase algunha páxina dun libro (xeralmente na que se contaba unha historia ou unha fábula moralizante) e copiábase o debuxo. As nenas facían labores. “Compartiamos o pupitre por parellas, tiñamos pizarras e o papel era moi escaso”, explícanos a nosa informante de Leroño. “Tiñamos un só libro”, cóntanos Isabel. “Unha tarde enteira estaba adicada á costura”. Outra das persoas coas que falamos lembra: “Só tiñamos un libro, no que aparecían coñecementos básicos de matemáticas e lingua e boa parte del adicábase á relixión e á moral”. Unha veciña de Cesures refírenos: “na escola faciamos lectura, cálculo e estudabamos o mapa. Tiñamos un libro de texto que se chamaba La Enciclopedia e nel estaban todas a materias”. Explicounos esta informante como discorría a xornada: “primeiro liamos o Manuscrito, que era un libro no que tiñamos leccións de cousas variadas. Cando rematabamos isto pasabamos á Enciclopedia de Dalmau Carles”. Naquel ambiente os alumnos debían poñerse a facer as tarefas sen chistar… “Non, non sempre era así”; pero respecto

ás relacións co profesorado, os alumnos daquela época non se enfrontaban aos profesores, xa que lles tiñan medo ou respecto. Os castigos físicos eran normais: “pegábannos coa regra nas mans”, lembra Isabel. Outra das nosas entrevistadas cóntanos unha anécdota: “Nunha ocasión o profesor despois de pegarlle coa regra na punta dos dedos a un rapaz que se portara mal, díxonos que se alguén máis quería levar con ela; eu, espontaneamente respondín: “Ai, eu non!”, e como o profesor interpretou que me estaba a burlar, entón pegoume a min tamén”. Na escola de Bugallido á que fora de neno, lembra outro dos nosos informantes, “o mestre tiña dous bimbios, e antes de castigar a un rapaz permitíalle elixir o remedio: que prefires xarope de mazá ou xarope de limón?” E no tempo de lecer? “No tempo do recreo saïamos ao camiño que pasaba por diante do colexio. Xogabamos á corda, ao “peletre”, á roda…” Iso, claro, as nenas: “os nenos xogaban á pelota”. Unha das avoas consultadas lembra que na época da postguerra, xogaban á corda cunha silva: “quitabámoslle os pinchos e, ala, xa nos valía para saltar”. Estaban xuntos no recreo os nenos e as nenas? “Non, estabamos separados por unha rede”, lembra unha veciña da Ponte. Practicábase a solidariedade recadando fondos para bautizar aos negriños. O Domund e a Santa Infancia tiñan a dobre función de recadar fondos e mentalizar aos nenos de que había outros, alá en países lonxanos, moito máis necesitados... A escola de hoxe é diferente da escola de entón e, en consecuencia, a sociedade de ho-

xe tampouco ten nada que ver coa daquel tempo. Segundo un informe do INE (Instituto Nacional de Estatística), no ano 1978 –o ano no que foi aprobada a Constitución– a cuarta parte dos españois menores de 16 anos era analfabeta ou carecía de estudos e un 57% da poboación só tiña estudos primarios. Agora a educación é obrigatoria ata os 16 anos. Case a metade dos españois remataron estudos medios de Bacharelato ou Formación Profesional e un 13,7% dos xoves concluíron estudos superiores. Estos datos non son aínda satisfactorios, xa que o 31% dos xoves entre 18 e 24 anos non remata a secundaria superior. Os obxectivos de Lisboa 2010, acordados polo conxunto dos países da UE, aspiran que a taxa de fracaso escolar non supere o 10%. Pero parece claro que, para lograr estes obxectivos, non é cara a atrás onde temos que mirar… Queremos manifestar o noso agradecemento a todas e todos aqueles que nos facilitaron este achegamento a súa etapa escolar. En especial, pola súa colaboración directa a Isabel da Ponte, Rosa Randulfe, Julia Sorribas, María José de Bugallido e Blandina de Leroño. Rebeca García García Alba García Vázquez Raquel Pan Ferro Alba Rey Pazos (1º Bacharelato)

Segundo un informe do INE (Instituto Nacional de Estatística), no ano 1978 a cuarta parte dos españois menores de 16 anos era analfabeta ou carecía de estudos


Páxina 8

SOMOS UN POUCO NEANDERTAIS… COIDADO RACISTAS!

Todas as razas pertencen a unha mesma especie biolóxica, Homo Sapiens, e só presentan pequenas variacións xenéticas

Está claro que sobre a terra existen numerosos grupos humanos e que todos eles presentan certas características diferenciadoras recoñecibles a simple vista (forma do pelo, forma da cabeza, cor da pel, grosor dos beizos…) e estables no tempo, o que fai supoñer que son transmisibles xeneticamente. Con todo é difícil saber se estas diferenzas teñen unha orixe biolóxica ou cultural e moito máis se confiren superioridade a quen as posúe como pretende defender o racismo. Desta ideoloxía derivou o concepto popular de “raza”, entendida como un conxunto de individuos que poden ser recoñecidos como bioloxicamente diferentes dos outros. Tratábase dun intento de clasificar os humanos en base á descrición dos caracteres morfolóxicos anatómicos dados polos rasgos físicos máis visibles. Hai que dicir que, nas taxonomías biolóxicas, unha raza defínese como un conxunto de individuos illados xeograficamente e que non recibiron fluxo de xenes durante longos períodos de tempo. Pero ninguna das poboacións humanas existentes parece posuír o grao de illamento reprodutor que permite aplicarlle esa categoría taxonómica, senón que hai importantes indicios de fluxo de xenes tanto antigo como recente. Do que non queda ningunha dúbida é que a raza é unha clasificación cultural proxectada con fins sociais. De aí que os científicos sociais reemprazasen o concepto raza por etnia para referirse a grupos propiamente identificados respecto á nacionaliddade, lingua ou crenzas sen bases obxectivas na bioloxía. Por outra banda, canto máis de cerca examinan os investi-

gadores o xenoma humano (material xenético incluído en case todas as células do corpo) máis se convence a maioría de que as etiquetas que se utilizan habitualmente para distinguir as persoas teñen moi pouco significado biolóxico. Aínda que pode parecer doado dicir a simple vista que unha persoa é asiática, africana ou caucásica, esa facilidade desaparece cando se comproban características internas e se rastrexa o xenoma do ADN en busca de signos relacionados coa raza. Por tanto, ata agora o máis sensato era afirmar que a clasificación dos humanos en razas non era máis que un invento social e cultural que non resulta particularmente útil dende o punto de vista bióloxico ou antropolóxico, dado que as poboacións humanas non son grupos claramente marcados e bioloxicamente distintos. Todas as razas pertencen a unha mesma especie biolóxica, Homo Sapiens, e só presentan pequenas variacións xenéticas. Parecía haber un certo consenso con respecto a que a especie é tan nova dende o punto de vista evolutivo, e os seus patróns migratorios tan amplos, permanentes e complicados, que unicamente tivo oportunidade de dividirse en grupos biolóxicos separados nos aspectos superficiais. Isto permitía manter que o concepto de raza non ten validez na especie humana. Non obstante, un achádego recente pode poñer en cuestions algunas destas consideracións. Estamos a falar dos resultados das investigacións realizadas no Instituto MaxPlanck de Antropoloxía Evolutiva, dirixidas por Svante Päbo, nos cales tamén participan científicos de “El Sidrón” e que publican na revista Science. Estas investigacións

realizáronse con restos achados no xacemento de Nindia (Croacia), a cova de Sidrón (Asturias), Mezmaiskaya (Rusia) e Feldhofer (Alemania). Despois de anos á procura da verdadeira historia de quen somos e de quen derivamos, atopáronse –mediante unha análise xenética– indicios de que houbo mestizaxe entre a especie máis próxima a nós e nós mesmos. Parece ser que durante o tempo que conviviron neanderthais e homo sapiens, produciuse unha mestizaxe cando a especie perdedora na batalla evolutiva se dirixía a abandonar África, hai uns 80.000 anos. Tras o descubrimento do xenoma humano dun individuo neanderthal e log da comparación co xenoma doutros cinco individuos sapiens que conviviron na época, observouse que entre 78 e 83 xenes son compartidos en ambas especies e que entre o 1% e o 4% do material xenético dos humanos procede da especie extinguida o que proba que houbo hibridación. Algúns destes xenes están relacionados co metabolismo e o desenvolvemento cognitivo e do cranio, a clavícula e a caixa torácica; tamén co autismo, a esquizofrenia, e co síndrome de Down. Os novos descubrimentos formulan un novo modelo que podería definirse como “Fóra de África con hibridación con neanderthais na saída”, xa que uns poucos xenes se propagaron nos homínidos despois de que se separaran dos neanderthais. Os investigadores consideran que estes novos descubrimentos xenéticos servirán para estudar o que separa aos humanos doutros organismos, e entender en que somos diferentes dos outros humanos do pasado. Pero a comunidade científica


Páxina 9

ten tamén un certo temor a que este descubrimento poida ser utilizado para soster diferentes argumentos racistas. Un científico que participou neste proxecto afirmou que os humanos de África son os que menos se asemellan aos neanderthais, e este é o principal motivo de preocupación de que se poida axitar de novo a pantasma do racismo, que atoparía así terreo abonado

para atribuír desigualdades intelectuais ou doutro tipo a partir desas pequenas diferenzas biolóxicas. Actualmente na interpretación dos datos sobre a variación xenética humana pódese atopar a raíz do problema, xa que poden estar condicionadas por determinados prexuízos. Cómpre lembrar que o uso do termo raza vinculado ao período colonial europeo serviu para

especular sobre diferenzas físicas, sociais e culturais que xustificaron o trato inhumano aos escravos africanos ou aos indíxenas de América. Se a hibridación se produciu despois da saída de África, a polémica está servida. Rebeca García García Alba García Vázquez Raquel Pan Ferro Alba Rey Pazos

MUSEO DO CONTRABANDO E EMIGRACIÓN O pasado mércores fomos de excursión a Portugal, concretamente á cidade de Melgaço onde se atopa, entre outros, o museo do contrabando e a emigración. Ó chegar alí a guía explicounos sobre que ía a tratar a visita polo museo, ademais de explicarnos a forma de vida da xente antigamente e a forma de gañarse a vida mediante o contrabando.

Antigamente a xente dedicábase ó contrabando para transportar produtos dun lugar a outro. Os produtos principais eran: o café, o ouro, a prata, o chocolate, e outros produtos basicamente alimenticios. O contrabando realizábase pola noite en embarcacións de madeira, un claro exemplo desta embarcación atopámolo exposto no museo.

A xente adicábase ó contrabando aínda que lles supoñía un risco moi grande e o beneficio obtido era moi pequeno. Isto recórdanos hoxe en día os inmigrantes que veñen a España nas pateras, xogándose as súas vidas por unha vida mellor. Rubén Rodríquez Naveira Jorge Fraga Sanmartin Ángel Moreiras Mariño

Os produtos principais eran: o café, o ouro, a prata, o chocolate, e outros produtos basicamente

VISITA A CITRÖEN, CAMINHA, STA. TEGRA E BAIONA Saímos pola maña tan pronto como chegamos ó instituto. A viaxe comezaba coa visita á planta de produción de vehículos que o grupo PSA Peugeot-Citröen ten instalada en Vigo. Ó chegar vimos por fóra o estadio do RC Celta de Vigo, xa que queda a carón da planta anteriormente citada. Unha vez dentro da fábrica todo comezou poñendo unhas batas de cor gris co patrocinio do grupo, uns chalecos reflectantes de cor amarela, unhas gafas para protexernos das soldaduras incandescentes que voaban e por ultimo para finalizar o noso equipamento unhas punteiras de aceiro para poñer nos zapatos. Cando todos estabamos vestidos e preparados para visitar a fábrica por dentro veu un alto executivo da firma a contar-

nos todas as actividades do que alí se fai. Dentro da fábrica comezamos a nosa andaina na sección de soldadura. Alí puidemos contemplar uns robots mecanizados que soldaban a carrocería en moi pouco tempo. Seguimos avanzando pola nave e seguimos o tramo da cadea de montaxe onde se lle poñían as portas. Saímos da nave e entramos noutra onde estaban acoplándolle ás carrocerías os motores, os amortecedores e escapes. Nesa mesma nave tamén había uns robots que colocaban as lúas dos parabrisas en moi pouco tempo cunha rapidez incrible, alí terminou a nosa visita a planta. Saímos de Vigo pola estrada ata pasar "á raia" e entrar en

Vila Nova de Cerveira. Chegamos ó noso destino, Caminha, as tres menos cuarto. Fomos xantar e volvemos unha hora despois para coller o transbordador que nos levaría ata o outro lado do Miño. Aquí subimos o monte de Santa Tegra. Dende aquí podiamos apreciar unha fermosa paisaxe: o leste o estuario do Miño, o oeste o inmenso Atlántico. A seguinte parada foi Baiona, onde vimos unha replica da Pinta, unha das carabelas coas que Colon descubriu América. Despois estivemos ó noso aire ata a hora de regreso. Cando xa levabamos un anaco de camiño o cansazo xa podía con nós. Moitos ollos foron pechando. Brais Campaña Comparada 3º A de ESO

alimenticios


Páxina 10

ENTREVISTA A TOURIÑÁN

“Eu nacín na aldea e penso que a natureza que nos rodea temos que coidala. Hoxe en día o que máis preocupa é o diñeiro e estas cousas á xente danlle un pouco igual”

O día 28 de abril fomos ao Plató 1000 no Montouto para facerlle unha entrevista ao actor Xosé Antonio Touriñán. Ao chegar alí recibiunos André, de produción, quen nos ensinou os platós onde se gravan Cifras e letras e Luar. Explicounos que o nome dos platós é un número que fai referencia aos metros cadrados que teñen. Entramos no plató 1000, o máis grande, onde estaban facendo o ensaio previo á gravación de Land Rober. No descanso da gravación Touriñán atendeunos amablemente. E isto foi o que nos contou: P.- Naciches en Culleredo e supoño que alí estudaches os primeiros anos. Que tal estudante eras? R.- Non era malo de todo. Era dos que con facer pouca cousa ía aprobando. Fixen a educación básica en Tarrío e logo o Bacharelato na Laboral, no Burgo. Máis tarde licencieime en Filoloxía Galega. P.-Eras o chistoso da clase? R.- Non, para nada. Había outros bastante máis graciosos, máis chistosos. A verdade é que na vida cotiá son bastante soso. Cando na clase nos mandaban facer teatro ou cousas polo estilo pasábao

bastante mal. P.- Estudaches Filoloxía Galega. Cando tiveches claro que te querías adicar á interpretación? R.- Nos últimos anos de instituto e nos primeiros da carreira empezamos a facer teatro Marcos e mais eu en bares e en pequenos locais de asociacións e como ía funcionando foinos saíndo traballo. Fun facendo cursos e ía a clases de teatro e cada vez foime gustando máis.. Empecei facendo de clown, teatro cómico. P.- Land Rober,Luar, Padre Casares, Botarse ao monte… Cantos programas chegaches a simultanear? R.- Luar e Land Rober dende que están funcionando coincidiron sempre e despois fixen Botarse ao monte, noutra época Padre Casares e outras cousas que sairán agora. Cústame moito dicir que non a un traballo. Cando paras descansas sobre todo a cabeza. P.- Tes especial debilidade por algún dos personaxes que interpretas? R.- Creo que por todos. Son personaxes moi distintos. A Mucha e Nucha téñolles un cariño especial porque foron as primeiras. Marcos e eu levamos oito ou nove anos, aínda que na tele se coñecen dende hai dous ou tres. Tamén lle quero moito a un personaxe que saía na radio en O tren do serán, Ramón Rebouzo, porque era como se fora meu avó. P.- Non tes medo a que te encasillen en papeis humorísticos? E a esquecer o guión? R.- Non. Ao que si teño medo é a que un día non me chamen para traballar. Seguramente chegará un momento en

que teña gana de facer un papel dramático porque a todo o mundo lle gusta probar cousas novas. Sobre o medo a esquecer o guión. Pode pasar que xusto no momento de entrar tes a sensación de que non te acordas de nada, pero cando o outro di a súa frase a túa xa che sae. P.- Tes algún truco para aprender os guións que nos poida servir a nós para estudar? R.- Pois non o sei. Hai que aprender a maneira de traballar. Cando colles o hábito é moito máis fácil.En Land Rober ou Luar hai máis liberdade para a improvisación. Eu nunca fun capaz de estudar ao pé da letra, intentaba entendelo e explicarllo á profesora tal como eu o entendía. P.- Na gala dos Premios Mestre Mateo demostraches, unha vez máis, ser un gran comunicador. Fuches quen de amenizar unha gala que soe resultar monótona. Escribiches ti o guión? R.- Non. O guión era de Zopilote (Pato, Mahía e Parrocho) pero eu metínlle cousas miñas. Contabamos que a gala durase unha hora e corenta e cinco minutos e durou dúas horas e media. Paseino moi ben. P.- É certo que hai moi bos actores que na súa vida cotiá son persoas moi tímidas? R.- É certo si. Tes un diante. Tosar non sei se é tímido pero é unha persoa moi normal. Non se cre nada. Merece todo o que ten. P.- De non ser actor, que serías? R.- Non sei. Algo inventaría para non estar no paro. Montaría unha empresa de calquera cousa.. Igual sería mestre, pero aparte diso faría máis cousas. Gústame estar metido en cousas dende que era ra-


Páxina 11

paz: facer deporte, en asociacións,en teatro… en mil cousas. P.- Cal é a túa opinión sobre o que está pasando co galego no ensino e nos medios de comunicación? R.- Eu dígoche a verdade. Traballo na TVG e sigo traballando igual ca antes, sigo falando galego como falaba, e seguimos intentando que se fale. Deberiamos coidalo. Creo que é unha pena que teñamos algo tan grande como unha lingua que é nosa, e que só a temos nós e non a coidemos. Está ben que se fale na tele, que apareza nos libros de texto pero o que hai que coidar de verdade é que todos os chavales coma vós usen tamén o galego. Hai que coidar o galego máis que outras linguas. P.- Consideras que a fonética galega che pode pechar a porta a traballos fóra de Galicia? R.- No mundo do audiovisual ás veces para facer dobraxe buscan acentos bastante neutros, pero iso tamén pasa en España. É o que dirixe o que ten que poñer as condicións. É un xogo no que hai as mesmas regras para todo o mundo. P.- Es gracioso as 24 horas do día? Que te pon de mal humor? R.- Eu estou 23 ou 24 horas do día de mal humor. Son bastante toxo. A cousa que me pon de peor humor é non durmir. Necesito durmir moito. P.- Como levas a fama? R.- Polo de agora moi ben. Agradécese que a xente te saúde. É moi agradecido porque facendo comedia fas rir á xente. P.- No teu tempo libre que che gusta facer? R.- Gústame estar coa miña familia, coa miña muller, facer deporte cos colegas, xogar ao fútbol, ao tenis, ao pádel e pescar. Agora teño pouco tempo para pescar.Noutras

épocas gustábame tocar a gaita e a pandeireta. P.- Preocúpache o medioambiente? R.- Si me preocupa aínda que recoñezo que non teño tempo para adicarllo . Eu nacín na aldea e penso que a natureza que nos rodea temos que coidala. Hoxe en día o que máis preocupa é o diñeiro e estas cousas á xente danlle un pouco igual. A auga, vivindo nunha terra onde levantas unha pedra e sae unha fonte, estámola pagando o 90% dos galegos. P.- Gústache o deporte? R.- Moito. Xoguei ao balonmán moitos anos e tamé ao fútbol. Hai seis ou sete anos que parei e xa se nota tamén no meu corpo que engordei coma un animal. P.- Barça ou Real Madrid? R.- Ningún dos dous é o meu primeiro equipo, pero prefiro o Barça. P.- Depor ou Celta? R.- Son do lado da Coruña así que primeiro do Deportivo, pero antes do Celta ca do Barça. P.- Unha comida. R.- Tortilla e bistés empanados. P.- Un libro. R.- Que me queres amor de Manuel Rivas. Recoméndovolo. P.- Unha película.

R.- “La vida es bella”. P.- Unha canción. R.- “Afiador e paragüeiro” de Xabier Díaz. P.- Un lugar para vivir. R.- Castelo, en Culleredo porque é onde vivo. E senón Carnota. P.- O mellor momento da túa vida. R.- Supoño que está por vir porque vou ter un fillo, ou unha filla, non sei. Igual o sei mañá. P.- Tes algún proxecto máis ou menos inmediato que nos poidas contar? R.- Estou grabando con Zopilote unha miniserie, Era visto, para a TVG na que fago de taberneiro. P.- E xa para rematar, hai algunha posibilidade de que saúdes en pantalla aos compañeiros do IES Camilo José Cela? R.- Pois pode habela. Teño que acordarme cando estou alí arriba. Non vos prometo nada. P.- Grazas pola túa amabilidade. Mandarémosche a revista. R.- Grazas a vós. Mandádema por favor. Raquel Añón Iglesias José M. Castaño Cristobo Adrián Rivas Saborido Marcos Gómez Ces (2º A e B ESO)

“o que hai que coidar de verdade é que todos os chavales coma vós usen tamén o galego”


Páxina 12

UXÍO, SUBCAMPIÓN DE EUROPA

Con 16 anos, cando acaba 4º de ESO no Camilo José Cela, pide unha bolsa para o centro de alto rendemento Joaquín Blume de Madrid

O noso ex-compañeiro de centro Uxío Abuín Ares, que naceu en Lestrove hai agora 19 anos, comezou o seu interese polo deporte á temperá idade de 10 anos. O primeiro para el foi a natación: comezou a tomala en serio con 14 anos participando en competicóns e continuaría ata os 16; tamén adestraba a carreira a pé para mellorar a súa resistencia aínda que non de xeito profesional pois non competía nesta modalidade Con 16 anos, cando acaba 4º de ESO no Camilo José Cela, pide unha bolsa para o centro de alto rendemento Joaquín Blume de Madrid. Concédenlla grazas aos seus resultados deportivos nese ano, pois participara nos campionatos escolares e gañara o campeonato de España de aquatlón individual (correr 2,5km, nadar 1km, correr 2,5km) ademais do triatlón por equipos. En Madrid comezará a practicar moi en serio os deportes aos que hoxe en día se adica: natación, carreira e ciclismo. Uxío compite a nivel nacional (campionato de España, Copa do Rey, liga de clubs…) co seu club, o Muralla de Lugo, nas modalidades de duatlón e triatlón. A nivel internacional (campionato

de Europa) compite coa Federación Española ou coa Federación Galega). Os mellores resultados do noso atleta, ata o momento, foron os seguintes: -En 2008 o seu equipo quedou 3º no campionato de Europa de triatlón por relevos, era o primeiro ano no que saían a competir internacionalmente. -En 2009 quedou CAMPIÓN de España de triatlón júnior. -En 2010 o noso compañeiro proclamouse de novo campión de España junior en duatlón a primeiros do mes de abril, e ademais quedou como subcampión de Europa junior de dúatlon en Nancy (Francia) a finais do mesmo mes, 13 días antes de cumprir os 19 anos, a moi poucos segundiños por detrás do gañador. Grazas a estes excelentes resultados clasificouse para o mundial!! A partir de maio e ata setembro competirá en triatlón. Vive en Madrid na residencia Joaquín Blume para deportistas durante todo o curso, pero no verán, en Nadal e en Semana Santa vén unhas semanas de vacacións á súa casa de Lestrove, na que tamén pasa algunhas fins de semana. Marchou a Madrid porque alí existen grandes instalacións deportivas e están todas moi cerca. Ademais, alí conta cunha serie de profesionais á súa disposición, como médicos, psicólogos e fisioterapeutas. Tamén considera importante contar cun grupo de deportistas

da súa idade cos que adestrar xa que, de quedar en Galicia, tería que facelo só moitas veces. A estancia na residencia é gratuíta pero non goza de ningunha outra axuda económica, aínda que a segue a solicitar. Na súa residencia hai xente de todas as partes de España (tamén galegos en deportes como taekuondo, piragüismo, loita e outras disciplinas individuais) polo que debe falar o castelán con eles. Aínda así, Uxío fala en galego con outros atletas da nosa comunidade que residen alí, pero cando están nun grupo no que hai deportistas doutros lugares, entre eles falan en castelán para que os demais os entendan. Uxío recorda do seu paso polo noso instituto que estudiaba moito e o duro que lle resultou cuarto da ESO, pois xa estaba adestrando bastante en serio para ter opción a entrar na residencia Blume e éralle difícil compaxinar deporte e estudos, de xeito que ás veces tiña que faltar aos adestramentos se quería sacar boas notas. Os estudos de Bacharelato en Madrid foron máis levadeiros porque o instituto tiña un horario especial para os deportistas. Alternaban clases e adestramentos en horario de mañá e tarde. Este curso 2009- 2010, unha vez rematado o bacharelato, matriculouse na carreira de arquitectura, cuxa facultade queda cerca da residencia, pero tivo que deixala porque lle era imposible compaxinar estes estudos cos adestramentos. O próximo curso pensa matricularse na carreira de INEF. A súa vida un día normal, de luns a venres (sempre que non haxa competicións o fin de semana) comeza erguéndose arredor das nove da mañá. Ás


Páxina 13

dez e media practica carreira a pé durante hora e media ou bici dúas horas e media. Hai días que fai as dúas cousas. Ás 14 horas come e logo descansa e estuda inglés. Ás seis e media ten que estar na piscina para facer ximnasia durante media hora e a continuación nadar de sete a nove. Durante o fin de semana tamén hai traballo: o sábado pola mañá ás veces practica os tres deportes, natación, ciclismo e carreira. Uxío considera que nas transicións dunha modalidade a outra o máis difícil é pasar do ciclismo á carreira porque as pernas xa están moi cansas. É este paso o que máis traballan. O domingo realiza unha saída longa en bici durante tres horas. Ten libres as tardes do sábado e domingo. Cando coinciden competicións en fins de semana consecutivos a forma de adestrar é distinta. Os dous primeiros días de xeito suave para recuperar e logo dous días de adestramento forte e un suave de precompetición. Os seus proxectos de futuro son mellorar deportivamente, participar no campionato mundial de triatlón e conseguir subir ao podium. O seu grande soño é participar nas olimpíadas. Por agora non se

encontra no programa ADO para as olimpíadas posto que só se ofrecen 2 prazas en triatlón xa ocupadas por Gómez Noia e Iván Raña, pero estamos seguros de que o veremos dentro de poucos anos. Estes dous deportistas son, precisamente, os seus máximos referentes deportivos, pois o ferrolán Gómez Noia foi campión do mundo en 2008 e o ordenses Iván Raña en 2002; ademais, ambos os dous foron cuarto e quinto respectivamente nas últimas Olimpíadas. Xa para rematar, hai que recoñecer o mérito que ten levar un réxime de adestramentos tan rigoroso e sacrificado como o que leva Uxío. Hai que ter en conta que este estilo de vida lle impide practicamente as saídas nocturnas

das que tanto gozan os mozos da súa idade. El mesmo recorda que non pode descoidarse nin sequera durante as vacacións, nas que adestra con Alberto Álvarez, a persoa que o descubriu e que foi o que o animou a participar en triatlón.

Nova de última hora: Uxío acadou o 4º posto no X campionato mundial universitario de triatlón, que se disputou en Valencia o día 30 de maio. Quedou a tres segundos escasos de conseguir o bronce. Foi o español mellor clasificado. Manifestou que estaba moi contento pois o seu obxectivo neste campionato era quedar entre os dez primeiros. Melani Oliveira Raquel Castro Arancha Magariños 1º e 2º Bach.

Uxío recorda do seu paso polo noso instituto que estudiaba moito e o duro que lle resultou cuarto da ESO, pois xa estaba adestrando bastante en serio

Uxío Abuín cando chegou ao Camilo José Cela


Páxina 14

SOBRE O NOVO DECRETO DO GALEGO NO ENSINO Seguro que este curso que agora remata vos decatastes de que se produciu unha grande polémica en torno á decisión do novo goberno autonómico de derrogar o Decreto 124/2007, en vigor actualmente, que regula o uso do idioma galego no ensino non universitario.

unha grande parte da sociedade mobilizouse para intentar frear unha medida claramente contraria ao proceso de dignificación da lingua galega

O obxectivo da nova Xunta está ben claro: trátase de quitar presenza ao galego no ensino para outorgarlla ao castelán. Esta é a premisa que se manexou desde que o PP gañou as eleccións autonómicas, nas que asumiu como compromiso electoral as reivindicacións dun pequeno colectivo contrario á recuperación do galego como lingua de uso normal na sociedade chamado Galicia Bilingüe. A partir do momento en que o goberno galego fixo públicas as súas intencións, unha grande parte da sociedade mobilizouse para intentar frear unha medida claramente contraria ao proceso de dignificación da lingua galega que se viña levando a cabo progresivamente desde a chegada da democracia. Seguro que moitos de vós participastes ou

tivestes noticia das folgas e manifestacións que se produciron no sistema educativo nos últimos meses, a última delas a que tivo lugar o pasado Día das Letras Galegas, na que os manifestantes encheron a Praza do Obradoiro para reclamar aos nosos gobernantes que deixen a situación do idioma como estaba nos últimos anos. Pero, segundo as últimas noticias, o consello de goberno da Xunta acaba de aprobar o texto definitivo do novo Decreto, no cal, e por primeira vez desde a constitución do estado das Autonomías, un goberno democraticamente elixido polos cidadáns pretende lexislar para reducir a presenza da lingua galega no ensino. O folleto que vos presentamos a continuación foi realizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e nel se explica con moita claridade en que consistirán as novas medidas que se van adoptar nos distintos niveis educativos para frear a implantación do galego no ensino. Destas medidas destacamos os seguintes aspectos:

1. Renúnciase a continuar establecendo medidas de promoción do idioma galego e retrocédese na súa implantación cando moitos estudos confirman que a competencia lingüística dos mozos e mozas de Galicia é lixeiramente maior en castelán que en galego. 2. Establécese por primeira vez na historia da Autonomía galega o castelán como lingua obrigatoria para as materias do ámbito científico-tecnolóxico. 3. Tamén por primeira vez desde que se promulgou o Estatuto de Autonomía, póñense límites á impartición de materias en galego. É dicir, profesores que daban con normalidade clase en galego desde hai case 30 anos deberán deixar de facelo. 4. A pesar de que o emprego do galego baixou nos últimos anos, a administración impón límites ao uso deste idioma en lugar das medidas de reforzo e promoción ás que está obrigada por lei. Manuel Glez. Alvarellos

VISITA AOS CASTROS DE NEIXÓN E BAROÑA O 23 de febreiro do 2010 o alumnado de primeiro de E.S.O realizamos unha excursión ós castros de Neixón e Baroña. Vimos os poboados dos nosos antepa-sados, os Celtas. Tamén observamos os obxectos que empregaban para sustentarse entre outras moitas cousas. Duarte Piñeiro López Uxía Carlés Magariños


Pรกxina 15


Pรกxina 16


Pรกxina 17


Pรกxina 18


As รกrbores senlleiras de Padrรณn

Pรกxina 19


Pรกxina 20


Pรกxina 21


Pรกxina 22


Pรกxina 23


Pรกxina 24

Peregrinando


Biblioteca Durรกn-Loriga ...

Pรกxina 25


Pรกxina 26

Melgaรงo


Panx贸n

P谩xina 27


Páxina 28

O Samaín


Semana Branca—Andorra

Páxina 29


Pรกxina 30

Tรกboas Ximnรกsticas 2010


Teatro 1ยบ ESO

Pรกxina 31


Pรกxina 32


Pรกxina 33


Pรกxina 34


Páxina 35

O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN O venres día 26 de marzo asistimos a unha conferencia no salón de actos do centro impartida por Carme Hermida, profesora de Lingua Galega da USC. Os asistentes seguimos con atención a súa intervención, da que ofrecemos aquí un resumo. A conferenciante abordou un tema moi relevante e de moita actualidade: o do emprego do galego nos medios de comunicación. Para pórnos en situación tivo que comezar definindo o que se entende hoxe en día por medio de comunicación de masas. Definiu como medio de comunicación de masas calquera soporte que permita difundir masivamente unha mensaxe. Os medios que nos permiten difundir información de actualidade son catro: Internet, a televisión, a radio e a prensa, co cal analizou a presenza do galego en cada un deles. Internet é o medio de comunicación no que o uso do galego está máis extendido, e isto ocorre por dúas razóns: por unha banda calquera persoa que o desexe e que dispoña dos medios pode crear unha páxina web ou colgar información, e deste xeito as persoas comprometidas co galego téñeno doado para expresarse sen necesidade de saír noutros medios de dificil acceso como a televisión ou a radio. Por outra banda están os tradutores, que posibilitan acceder a información orixinalmente escrita en castelán ou outra lingua en galego. Deste xeito, internet ofrécenos maior liberdade de elección, porque podemos visitar páxinas web de empresas ou xornais que presentan a versión galega e traducir calquera texto, posibilidade que non temos coa prensa escrita.

No mundo da televisión hoxe en día o emprego do galego quedou reducido á mínima expresión, posto que só aparece en dúas canles de Televisión de Galicia, e ocupa apenas trinta minutos da programación total en Televisión Española. Coa TDT podemos acceder a un maior número de canles galegas de cobertura local, pero emiten un sinal máis curto e non poden ser sintonizadas en todo o territorio galego. Con respecto á radio, hai unha gran variedade de canles, que poden ser de cobertura xeral ou local e públicas ou privadas. Un exemplo de canle pública sería Radio Galega (que funciona case por completo en galego) ou Radio Nacional de España; nesta última emprégase o galego durante as desconexións rexionais ou locais xeralmente de carácter informativo. Non obstante non dispoñemos de canles privadas, senón de pequenas emisoras que entraron en cadea con outras, por exemplo SER (Sociedade Española de Radiodifusión), que non é unha empresa privada senón un conglomerado de pequenas empresas que se uniron para ter difusión nacional, entre elas Radio Galicia. Nas radios locais si que aparece unha forte aposta polo uso do galego, pero polo demais a súa presenza é limitada. Na prensa diaria non hai xornais enteiramente monolingües nin en castelán nin en galego, posto que son empregados os dous aínda que de diferente maneira. Se non temos en conta a publicidade si que existen: en galego só estarían Galicia Hoxe e De

luns a venres, que é un xornal gratuíto que vive expresamente dos anuncios. En Galicia publícanse a diario 628,7 páxinas de prensa, das cales 605,5 están en castelán e 23,2 en galego, o que é un dato moi significativo. De todo o escrito na prensa só o 3,69% está en galego, que ademais adoita aparecer en determinadas seccións como o humor, a información local, a cultura e en textos ou columnas de opinión, pero non aparece noutros temas como deportes ou economía. A súa presenza na prensa non é residual, pero o seu emprego en determinadas informacións pode ser unha mostra de diglosia. Outro tema tratado foi o das subvencións aos medios de comunicación. A Secretaría Xeral de Política Lingüística manexa un presuposto de 6.400.000 € en diñeiro para os medios de comunicación. Que se fai con eses cartos? Se os dividimos polo número de páxinas que se publican en galego na prensa dános 275,86 € por páxina. Non parece que se estea subvencionando o uso do galego con eles. Estela Castaño García 2ºB Bach

Internet é o medio de comunicación no que o uso do galego está máis extendido


Páxina 36

AS ÁRBORES SENLLEIRAS Terán consideración de senlleiras as árbores ou as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecedoras de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección. algúns dos indicadores utilizados son se o exemplar está ou non asociado a un feito histórico

Os criterios utilizados á hora de avaliar o carácter monumental dos exemplares propostos, así como os descrito-

res ou indicadores asociados a eles, son: • Criterios dendrométricos: indicadores como o grosor á altura normal (1,30 m), a altura total, a altura do fuste, o perímetro de tronco ou o diámetro de copa e a idade. • Criterios biolóxicos e ecolóxicos: indicadores como o grao de rareza na bisbarra, se está ou non presente no límite da súa distribución natural, se presenta un porte non propio da especie, se está presente nun hábitat excepcional ou se pertence a un conxunto excepcional de árbores.

• Criterios estéticos: indicadores como a beleza de porte do exemplar ou a súa coloración. • Criterios históricos e tradicionais (criterios culturais): algúns dos indicadores utilizados neste punto son se o exemplar está ou non asociado a un feito histórico ou cultural ou se está situado nun edificio histórico. • Criterios de situación: se pertence a unha paisaxe sobresaínte ou ben se está localizado nun lugar non habitual.

Esta paxina conten moitas fotos de arbores senlleiras de Galicia: http://picasaweb.google.com/gonzaleznovoajoseramon/ArbolesMonumetalesDeGalicia#


Páxina 37

indicadores como

Catuxa Rodríguez Daniel Burés 1º Bach. Fotos páxina 19

a beleza de porte do exemplar ou a súa coloración


Páxina 38

HISTORIA DE MARÍA MAGDALENA

O nacemento dun neno por causas divinas non é exclusivo da relixión católica, dáse en moitas culturas

Con este artigo non pretendo ofender a ningún crente, só facer que a xente pregunte pola verdade. Por que crer só o que se di nos evanxeos canónicos? Por que non nos explican tamén o que din os chamados evanxeos apócrifos? Unha, é só unha, é a razón: A CONVENIENCIA. Por que outorgarlle unha festividade a unha prostituta? Por que esta gran pecadora aparece nos episodios máis importantes de vida de Cristo? Por que se nomea máis veces a María Magdalena que á propia nai do Mesías? A miña intención é que as persoas que lean este artigo pensen por un momento se realmente o que nos fixeron crer, durante a nosa curta e insignificante vida, é real. O culto á muller está baseado no culto á Deusa Nai. Esta foi adorada durante moitos séculos pola sinxela razón de poder enxendrar un novo ser. Mesmo hoxe en día, a nosa relixión venera a unha muller, María, a nai de Xesús. O nacemento dun neno por causas divinas non é exclusivo da relixión católica, dáse en moitas culturas, realmente na maioría das culturas ao longo do tempo: deuse en Exipto, Mesopotamia, dáse en relixións africanas, no budismo, etc…. QUEN FOI REALMENTE MARIA MAGDALENA? Prostituta? Marian Migdal (María de la Torre), coñecida vulgarmente co nome de María Magdalena. Esta pertencía a unha familia nobre, cruzada coa liñaxe real da tribo de Benxamín. Desta tribo xurdiu o primeiro rei unxido da teocracia xudía: Saúl. Pero, segundo nos foi inculcado, María Magdalena foi unha prostituta e unha pecadora.

Existe un pequeno dato que probablemente moi poucos de vós coñezades e é que o cristianismo primitivo aceptaba o sacerdocio feminino durante os séculos I e II. Para aclarar o feito de que María Magdalena fose unha prostituta hai outro dato que probablemente tampouco coñeceredes: no cristianismo primitivo moitas mulleres exercían o sacerdocio ata que contraían matrimonio, era como un deber, pero este sacerdocio non era igual ca o dos homes. A clave está en que estas mulleres chamábanse a si mesmas “NÓS SOMOS AS PROSTITUTAS, AS SAGRADAS”, pois estas mulleres ofrecían o seu corpo aos forasteiros para que estes deixasen agasallos e esmolas nos templos. Este tipo de prostitución recibe tamen o nome de Hieros Gamos ou de matrimonio sagrado e era practicado na maioría das veces por mulleres de familias nobres e/ou populares, o que explica que María Magdalena fose unha delas. María de Betania? María de Betania, segundo os evanxeos canónicos, era irmá de Lázaro e de Marta, e está considerada pola igrexa como unha gran devota. Esta familia era de elevada condición social, quedando claro este detalle pola descrición que se fai nos evanxeos da casa familiar. O máis fascinante é que –segundo o papa Gregorio I–, o arcebispo de Xénova, Santiago de Vorágine, San Bernardo de Claraval e outras autoridades eclesiásticas moi relevantes afirmaron que estes dous nomes percenderon a mesma muller, é dicir, afirmaron que María de Betania e María Magdalena eran a mesma persona. Existe un pequeno dato que realmente nos leva, aos iniciados na materia, a pensar

que realmente foi así e é que se María de Betania era un modelo de vida cristiá contemplativa e mística, por que a igrexa non lle otorgou ningunha festividade? Pola contra, María Magdalena, considerada unha pecadora, si goza dunha festividade propia o 22 de xulio, xusto unha semana antes da festividade a Marta (irmá de Maria de Betania). Por que non poñerlle unha festividade propia á muller que unxiu ritualmente a Xesús para máis tarde secarlle os cabelos? Realmente é lóxico: María de Betania era maior e é símbolo da vida mística e contemplativa, polo que resultaría normal –por non dicir obrigatorio– que se lle asignara unha festividade que precedera á da súa irmá máis nova, Marta, que simboliza a acción. Esta é a única forma de explicar que María de Betania non apareza no santoral, xa que non sería máis que outro nome outorgado a María Magdalena. Esposa de Xesus? A resposta a esta cuestión é outra cuestión: e por que non? Para aclarar este punto primeiro vou facer un par de incisos: • O matrimonio naquela época era considerado un deber entre os xudeus e non é moi crible que un rabí como Xesus non estivese casado. Se non fose así os textos nomeneariano, posto que sería un feito que chamaría a atención. • Nalgúns evanxeos apócrifos afírmase que a Magdalena era a compañeira de Xesús e que este a bicaba con frecuencia na boca diante dos outros discípulos, e isto ten dúas explicacións: que realmente estivesen casados ou que a Magdalena era a discípula predilecta, posto que o bico na boca estaba consi-


Páxina 39

derado como unha forma traspasar o saber de mestres a alumnos. • Cabe destacar que, de estaren casados e ter tido descendencia, isto implicaría unha evidente importancia de María Magdalena e as razóns dunha política tan estraña e contradictoria da iglesia con respecto á súa figura. • E a cuestión final é: Por que non ían estar casados? De ter sido así o que sairía gañando sería Xesus, posto que naquel tempo moitos dos xudeus vián os descendentes da Casa Real de David como ursuparores dun dereito que orixinariamente tiña que corresponder aos Benxamín. Este enlace faría que Xesús e a Magdalena enlazaran dúas liñaxes reais hebreas e, se fose así, Xesús conseguiría a través do matrimonio os dereitos que tanto quería a súa familia. Cal chegou a ser a súa importancia? Evidencias da importancia desta muller na vida do Mesías témolas en todas as partes, pois só hai que prestar atención aos evanxeos, canónicos e apócrifos, para darnos de conta de que a Magdalena é a muller que aparece case sempre citada en primeiro lugar no grupo das amigas de Xesús. Ademais, ocupa un lugar moi importante no grupo cercano a Xesús, pois ela

fai o mesmo camiño ca o Mesias até Xerusalén. Como non podería ser de outro xeito, esta muller aparece nos tres momentos fundamentais da vida de Xesús: no comezo en Galilea, xunto á cruz e na resurrección da que todos os escritos coinciden en presentala como primeira testemuña. Aínda que sabemos que as seguidoras de Xesús conformaban un grupo numeroso de mulleres, nel son resaltadas tres e unha delas é a que inspirou este artigo. María Magdalena é testemuña de primeira liña nas aventuras e desventuras do Mesias cristián. Tamén sabemos que as mulleres que seguían a Xesús aparecen citadas todas en referencia a un home, excepto, claro está, Magdalena. Este feito é unha proba da súa independencia dunha estrutura patriarcal. Teológ@s e historiado@s, entre as cales se encontra Elisabeth Schüssler Fiorenza esméranse en intentar recuperar a figura de María Magdalena, pois consideran que está ao mesmo nivel ca Pedro, xa que desempeña un papel igual de importante (ou máis) na vida do Mesías. Debemos ser conscientes de que na historia de Israel as mulleres protagonizaron loitas que tiveron un papel cultural e político moi importante. Hipólito de Roma considera que as mulleres son as portadoras da verdade e ponlles o nome de apóstolos de Xesús e

entre elas alude a María Magdalena como Apóstolo de apóstolos. Esta idea tamén é presentada por San Xerome, quen nos fai reflexionar sobre o feito de que a Magdalena tivese o privilexio de ver a Cristo resucitado incluso antes ca os apóstolos. Coa patriarcalización da Igrexa, María Magdalena foi esquecida por todos e representada como unha pecadora arrepentida e o seu nome foi cambiado polo dun apóstolo nalgúns textos. A pesar do grande erro que isto supón para a historia da Igrexa e da igualdade de xénero non debemos esquencer nunca que as mulleres son o elo fundamental para o nacemento da cristiandade pois SEN O TESTEMUÑO DAS MULLERES HOXE EN DÍA NON EXISTIRÍA A IGREXA CRISTIÁ. Despídome dando as grazas a Ana Alonso, profesora de filosofía por empurrarme a escribir este artigo. Tamén dou as grazas a Fernandez Urrestri, César Vidal, Juán Jose Tamayo, Elisabeth Schüssler, e a outras escritoras/es, teólogas/os, etc… E, como non, ante todo dou as grazas por aqueles escritos que chegaron ás miñas mans: Pistis Sophia, evangelios apócrifos, evangelios canónicos, los rollos del Mar Muertos, rollos de Nagh Majadi, etc…. Esther García García 1º B Bach

sabemos que as mulleres que seguían a Xesús aparecen citadas todas en referencia a un home, excepto Magdalena


Páxina 40

PREMIOS “MESTRE MATEO” 2010 A película ���Celda 211” foi a gran triunfadora na VIII gala dos premios “Mestre Mateo” que anualmente concede a Academia Galega do Audiovisual (AGA). Conseguíu dez premios dos quince aos que aspiraba. “Celda 211” obtivo os premios á mellor película, mellor dirección e dirección de producción, guión, son, montaxe, vestiario, maquillaxe e perrucaría.

Luis Tosar levou o premio ao mellor actor protagonista polo seu papel de presidiario en “Celda 211”

Luis Tosar levou o premio ao mellor actor protagonista polo seu papel de presidiario en “Celda 211”. O actor lucense adicou o premio á súa familia, parella, amigos e a todos os actores galegos “orgulloso de ser parte desta profesión”. Dun xeito especial adicouno ao seu compañeiro de reparto, Luis Zahera, tamén recoñecido como mellor actor secundario. O premio á mellor actriz foi para María Vázquez, por “O club da calceta” e a mellor actriz secundaria para Camila Bossa por “Matalobos”.

“Conexión” de Continental Produccións foi a mellor película de televisión; “Onda Curta” da TVG, o mellor programa e “Matalobos”, de Voz Audiovisual, tamén da TVG, a mellor serie. A gala que este ano tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón, foi conducida por Xosé Antón Touriñán (neste número ofrecemos unha ampla entrevista co cómico galego). Como copresentador estivo Xosé Ramón Gayoso, mítico presentador da TVG. Gayoso primeiro apareceu en pantalla e despois desde o escenario lembrou os 25 anos de historia da Radio Televisión Pública de Galicia. A gala foi longa e áxil. Touriñán intercalou os premios con ironías sobre a actualidade socio política galega a través das series da pequena pantalla. “Claro que hai crise, senón eu non estaría aquí”, bromeou o presentador da

gala. Moi poucos se libraron das súas bromas, que foron aplaudidas, entre outros, por Roberto Varela, conselleiro de cultura e Alfonso Cabaleiro, secretario de medios. No IES “Camilo José Cela” tivemos a oportunidade de contar coa presencia dalgúns dos premiados nesta gala. O actor Luis Tosar (“Celda 211”) e o director Jorge Coira (“Qué culpa ten o tomate”) falaron do cine galego no ano 2002, pouco despois de rematar a rodaxe de “Te doy mis ojos”, polo que o actor galego levou o seu segundo Goya. Tamén Rubén Riós estivo no Auditorio padronés o curso, convidado polo instituto para a presentación de “Paradolongo”. Levou o premio pola curtametraxe “Coser e cantar”. Parabéns a todos. Mª Jesús Vázquez

Tamén hai que destacar o premio á mellor longametraxe documental para “Qué culpa ten o tomate” de Tic Tac Produccións, Lagarto Cine, Pato Feo Filmes e outros. “Mulleres da raia” de Diana Gonzalvez, foi premiado como mellor documental. O premio á música orixinal foi para Piti Sanz e Iván Laxe por “O Nordés” .

Jorge Coira, Mª Xesús Vázquez e Luís Tosar no Camilo J. Cela


Páxina 41

SÚPER ANDORRA 2010 O día 19 de febreiro preparamos as maletas con nerviosismo, mais tamén coa ledicia de pensar que emprenderiamos viaxe ao día seguinte. Onde iamos? Á neve!! Si, os cursos de 3ª e 4ª da ESO dipoñiámonos a viaxar a Andorra. A noite anterior a todos nos costou durmir ao pensar nas aventuras que viviríamos na neve, no hotel polas noites e…. Durante a viaxe de ida, todos aqueles ou aquelas que se durmían eran vítimas dos afeccionados á pintura artística. Cando acordaban do seu sono, atopábanse diversos decorados no seu rostro. Cando chegamos, fomos a un centro comercial para mercar algo de comer en frío. Estabamos sentados a carón duns grandes maceteiros cando un alumno doutro instituto baixaba correndo pola cinta mecanica. Quixo derrapar e foi bater coa cabeza contra os maceteiros. Dende aquel momento tivo un alcume: “ O Aviador “.

Outra anécdota curiosa foi a forma de preguntar por parte dun mozo doutro instituto a unha das nosas compañeiras: Oye tu. Tes mozo, ou? Sobre as 6 da tarde fomos ao hotel para tomar posesión das habitacións, deixar as maletas e de seguido tivemos que ir coller os esquís. Pola noite, moitos baixaron a cear en pixama como se estivesen no comedor da súa casa. Ó día seguinte, despois de almorzar, collemos cada un de nós o equipo de esquí e marchamos ás pistas. Nada máis pousar os pés na neve, para alguns de nós, aquilo parecía unha pista untada de xabón máis que de neve, pois as caídas eran continuas. Os monitores e monitoras, a maioría eran chilenos ou arxentinos. Aprendéronnos a facer xiros elementais, manternos de pé e a saber erguerse do chan sen chegar a sacar os esquís. Isto ultimo aínda que parece fácil non o é. Si, tamén houbo numerosas caídas. Algúns e algunhas máis que a un curso de esquí parece que se anota-

ron a un curso de especialistas en caídas, principalmente un tal Rubén, que era adicto a bater ou comer as redes de protección. Da comida mellor non falar: patacas fritidas e pasta; pasta, patacas fritidas, as máis das veces pelos dos que non se sabía a procedencia... Quizais puidesen pertencer a un camareiro medio calvo que andaba por alí. A visita ao Balneario Caldea foi o mellor da excursión. Foi un goce total para o corpo e para a mente. Como dicimos algúns: “Unha experiencia única”. Polas noites, durmíamos pouco por estar de troula entre nós. Chegou o día do regreso e como todos estabamos tan cansos, viñemos tranquiliños, durmindo e ata os pintores artísticos tamén durmiron. -QUEREMOS VOLVER!!! Os alumnos de 4ª DC Fotos páxina 31

Aprendéronnos a facer xiros elementais, manternos de pé e a saber erguerse do chan sen chegar a sacar os esquís


Páxina 42

VISITA A PANXÓN

Logo de explicarnos algúns aspectos da novela, pediunos que a seguísemos deica o impresionante Templo Votivo do Mar

O 22 de abril deste ano vimos cumprida a promesa que nos fixera a nosa profesora de galego, Amalia. Dixéranos que se nos comprometíamos a ler o libro A praia dos afogados, de Domingo Villar, levaríanos de excursión a Nigrán co gallo de coñecer mellor os lugares nos que se ambientaba a novela, dentro dun roteiro organizado polo concello de Nigrán e a editorial Galaxia con este obxectivo. A nosa desilusión foi que o escritor da novela, por motivos profesionais, non puido acompañarnos na nosa expedición. Partimos de Padrón ás 9 da mañá coas nosas profesoras Amalia e Manuela, chegando a Panxón (Nigrán) tras unha hora e cuarto de viaxe, máis ou menos. O primeiro que fixemos alí foi subir no autobús a Monteferro, onde nos encontramos cuns compañeiros dun colexio de Vigo que tamén viñan a facer o roteiro, e cos organizadores de dita actividade. Un deles presentounos ó que ía ser o noso guía durante o percorrido polo monte, e cal non sería a nosa sorpresa cando recoñecemos naquel home a un vello coñecido noso da feira dos domingos de Padrón!

Unha vez feitas as presentacións, iniciamos co noso guía un descenso accidentado polo monte ata chegarmos a unha explanada cunhas vistas fermosas á ría de Vigo. Alí deunos unha pequena charla e, apoiándose en fragmentos da novela, explicounos diversas artes pesqueiras e desvelounos o nome dalgunhas pedras e zonas do mar que se albiscaban dende a nosa posición. Unha vez rematado o roteiro polo monte, despedímonos do home e baixamos en autobús ata as proximidades do porto de Panxón, onde nos agardaba a outra guía, unha muller miúda de ollos escuros. Logo de explicarnos algúns aspectos da novela, pediunos que a seguísemos deica o impresionante Templo Votivo do Mar, onde puidemos contemplar unhas imaxes relixiosas fermosísimas, destacando entre elas a da Virxe do Carme socorrendo ós afogados. Unha vez fóra da igrexa, encamiñámonos ata as proximidades do paseo marítimo, onde a muller nos referiu a última charla, que poñía fin ó roteiro. Aproveitamos tamén para preguntarlle algunas dúbidas referentes a diversos aspectos da novela, que non reparou en

resolvernos. Tras despedírmonos da nosa amable guía e dos nosos compañeiros de Vigo, encamiñámonos polo paseo marítimo na procura dalgún lugar axeitado para xantar, atopando axiña o que buscabamos. Despois de comer, estivemos un tempo na praia tomando o sol e admirando unha fermosa escultura de area elaborada por un mozo checo afincado en Panxón. Comentounos os seus plans de construír unha maqueta da catedral de Santiago con area proximamente. A iso das tres dirixímonos ata o autobús para ir a Baiona. Alí dispuxemos de tempo libre para visitar e fotografar o famoso castelo de Monte Real, ademais de subir a unha réplica da carabela Pinta ancorada no porto. Así mesmo puidemos gozar do vento mareiro sentados na praia que hai ó carón do castelo. Finalmente, ás cinco da tarde tivemos que poñernos rumbo a Padrón, coa mágoa de non poder quedar máis tempo alí. Levámonos un fermoso recordo da comarca de Vigo. Javier Abeijón Fernández Fotos páxina 27


Páxina 43

VISITA Ó VIVEIRO DE EMPRESAS O pasado venres 13 de novembro, os alumnos de Economía de primeiro e segundo de bacharelato acudimos ó Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, sito no polígono de Costa Vella, acompañados dos nosos profesores, Xoán Santaló e Emilia, para coñecer de preto as súas intalacións e as actividades que se levan a cabo neste recintos Fomos recibidos por Rosa, a súa directora, quen nos ofreceu unha interesante charla informativa sobre as funcións

e as principais actividades que se desenvolven no Viveiro, así como sobre os emprendedores que acoden alí a expoñer os seus plans, para recibir a información e asesoramento necesario para montar unha empresa. Neste Viveiro aséntanse empresas en fase de consolidación e de poucos recursos que queren emprender unha actividade empresarial, nalgúns casos pouco demandadas. Despois da charla da directora, unha emprendedora asentada no Viveiro contounos a

súa experiencia como empresaria e a actividade que realiza a súa empresa. A continuación realizamos unha visita ás instalacións, onde puidemos observar as numerosas empresas que acampan no Viveiro, remantando cun exquisito catering, onde degustamos numerosos productos da gastronomía galega. Moi agradecidos pola súa hospitalidade emprendemos a nosa viaxe de regreso a Padrón. Arturo Reboyras 2º Bach Este personaxe é un humano de proporcións bastante máis grandes as normais, é dicir, é un gran home, un

QUÉN É O APALPADOR? A historia do apalpador é a historia dun personaxe de orixe autóctono. Este personaxe é un humano de proporcións bastante máis grandes as normais, é dicir, é un gran home, un xigante que traballa de carboeiro e que na noite de Nadal baixa das montañas do este de Galiza, principalmente no Courel, Terra de Trives, Cebreiro e o Bierzo, para, moi sigilosamente, palpar as barrigas dos raparigos e raparigas e así saber se estaban ben alimentados, como agasallo non deixaba unha morea de xoguetes, senon que lles deixaba ós nenos e nenas un puñadiño de castañas quentes co fin de encher o bandullo. Segundo se cree, este personaxe ten un orixe pagan e

precristián moi semellante o Olentzero do Pais Vasco, o Pai Inverno ou o mesmo Papa Noel nórdico. Seguindo as pescudas dalgúns recolledores de mitos ó parecer todos foron un, é dicir, só houbo un mito que se estendeu e que co paso do tempo deu como froito a varios personaxes diferentes, pero parecidos, en distintos puntos xeográficos e noutros simplemente desapareceu. Asique, raparigos e raparigas, galegos e galegas, para que imos venerar a un home das neves que é extranxeiro se temos un home das montañas que é autoctono? Pensedes o que pensedes recordade esta cantiga: Hoxe é o dia do Nadal, día do Noso Señor

xigante que

ide logo para a camiña que ha de vir o apalpador. Hoxe é o día do Nadal, vai meniño para camiña que ha de vir o apalpador a palparche a barriguiña. O bo do apalpador non son as castañas, é que ante todo non simboliza o consumismo, o único que quere e que os nosos rapaces coman ben e como resultado diso que sexan felices asique extendamolo pola nosa Galiza, contemos a súa lenda e non deixemos que a tradición morra. Este Nadal, agasallade con castañas quentes, prestan moi ben e non son moi caras. Esther García García 1º B Bach.

traballa de carboeiro


Páxina 44

“O CLUB DA CALCETA”. COLOQUIO CO DIRECTOR

Polo que eu sei a ela gustoulle moito e está contenta de que se fixese un filme sobre o seu libro

O día 7 de abril os alumnos de bacharelato e PCPI tivemos a sorte de poder desfrutar coa proxección da película O club da calceta, baseada na novela homónima de María Reimóndez. Por se a sorte non fose pouca, despois desfrutamos coa compaña do director de dito filme, Antón Dobao, do cal vos fago unha pequeniña introdución sobre a súa vida: Viu a luz en Lugo o 16 de xullo de 1963. Licenciouse en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como lingüista na TVG. É membro do comité de redacción da revista A Trabe de Ouro. Foi profesor asociado na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago. Participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame e pertence a organización Redes Escarlata. Na actualidade desenvolve a súa actividade como cineasta no proxecto Un mundo de historias. É escritor, principalmente de poemas, guionista e director de cine. Agora sen máis demora deixo esta minientrevista nas vosas mans, para que desfrutedes lendo tanto como

nos desfrutamos ao ter o pracer de contar coa presenza deste grande home que contestou moi amabelmente as nosas cuestións. Por que non aparece “a coxa” no filme? Había que escoller porque non podiamos facer un filme de 90 minutos contando a historia das seis mulleres e aínda que este personaxe ten unha boa historia é unha historia interior, non é tan exterior coma as outras cinco protagonistas e este é o motivo polo cal decidimos prescindir dela. Canto pode custar facer un filme? Terías que falar cun produtor pero como é un filme de baixo presuposto custa arredor duns 600.000 €, pero non podo dicir unha cifra xusta, eu non son produtor. Qué opina a autora, María Reimóndez, sobre o filme? Polo que eu sei a ela gustoulle moito e está contenta de que se fixese un filme sobre o seu libro. Canto tempo durou a rodaxe da película? Ao ser un filme de baixo presuposto tivemos que facer toda a rodaxe en catro semanas. Onde se rodou o filme? Esta rodado integramente en Ferrol. Pola posición privilexiada que ten, vostede que cre que é mais difícil, lanzar unha película ou lanzar un libro? Realmente nunca pensei niso, pero creo que é mais difícil levar adiante unha película porque intervén moita mais xente; non só depende de ti, depende de produtores, director, actores e actrices e de todas as persoas que se encargan dos decorados, da luz, etc... Un libro só depende de ti e do editor, é mais fácil que vexa a luz.

María Reimóndez dixo que o libro O club da calceta foi un libro que lle levou moito tempo escribir, se ti foses ela cal seria a túa opinión sobre que fixeran un filme en 4 semanas dun libro que a ti che levou anos escribir? A verdade estaría ledo de que se fixese un filme sobre un libro do que eu fose o autor e non pensaría niso. Oíuse falar do libro, da obra teatral, pero... por que non se lle deu tanta propaganda ao filme? Supoño que porque é un filme para televisión non para sala. Botárona dúas veces na TVG pero un pouco tarde, a última vez foi a iso das once da noite. Aínda así tivo boa audiencia. Porque non se estreou en sala? Se por min fose non habería problema, pero iso depende dos produtores, eles son os que se encargan desas tarefas. Obtivo algún galardón por esta película? Si, presentámonos a varios e o pasado ano gañamos o Grande Premio Famafest. Que máis nos podes contar? Pois que o filme vai ser traducido ao catalán, tamén para ser difundido pola televisión. Por outro lado falouse de pasar a cinta a formato DVD e que se venda conxuntamente co libro. Cando poderemos desfrutar con outro dos teus traballos? Nestes momentos estamos a preparar outra película que vai pertencer ao proxecto Un mundo de historias. Trátase da adaptación de Se o vello Simbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro, aproveitando que o vindeiro ano se conmemora o centenario do seu nacemento. Esther García García 1º B Bach


Páxina 45

NOVA OBRA DO GRUPO PEPITO MELEVES: “O REI NU” Un ano máis, o grupo de teatro Pepito Meleves do IES Camilo José Cela de Padrón volve ós escenarios coa súa nova obra, "O Rei Nu", adaptación cómica do conto de Andersen "O traxe novo do Emperador". Baixo a dirección da súa profesora Amalia, os alumnos integrantes deste grupo aproveitaron todos os martes as horas libres antes das clases da tarde para ensaiar, comendo moi rápido para ter máis tempo. Implicáronse moito na activi-

dade, loitando para que poidese saír adiante a pesar de dispoñer dun tempo de preparación da mesma moi limitado, e sempre apoiados polos profesores do centro. Finalmente, o sábado 29 de maio ás 8 e media da tarde, no auditorio de Padrón, chegou o momento culminante; a primeira representación. Acompañados dende as butacas por familiares, profesores, compañeiros do centro e demais público asistente, os integrantes de Pepito Meleves realizaron unha representación de alto nivel, que foi recompen-

sada polos incesantes aplausos dos asistentes. Animados polo éxito acadado, realizarán máis representacións nos teatros da comarca, ós que chegarán coas mesmas ganas. Ademais do recoñecemento ós actores é fundamental valorar o magnífico papel da persoa encargada dos efectos de luz e son, que foi quen de preparar tamén uns magníficos decorados. Javier Abeijón Fernández Baixo a dirección da súa profesora Amalia, os alumnos integrantes deste grupo aproveitaron todos os martes as horas libres antes das clases da tarde para ensaiar


Páxina 46

O ADEUS As nubes achéganse, o verán vaise, o sol escóndese, cando voltará? Ti márchaste, eu quedo, a calor vaise e ven o vento.

Este inverno estarei soa, pero esperarei a que volvan as ondas. O mar está enfurecido, o mar está triste, pois xa ninguén baila con el. Sós os dous estamos, ata que o verán regrese. Mélani Oliveira Domínguez 2º Bach

PENSAMENTOS O sol escondéndose tralo mar é a paisaxe máis fermosa do mundo, como fermoso é este amor, amor que se garda no meu corazón, corazón roto por non te ver máis; por non ver os teus ollos, por non ver a túa boca, por non ver o teu rostro anxelical.

Sofre por non te ter, pois sabe que iso só é un precioso soñosoño que non se pode realizar, pois a teu corazón xa ten dona. Pero el segue albergando a esperanza de que algún día poida ser teu. E así, ata que chegue ese momento, seguirá esperando, esperando por ti. Mélani Oliveira Domínguez 2º Bach

MARIÑEIRO DE AUGA DOCE Son un navegante perdido aquel mariñeiro de auga doce que tentou fuxir co seu barco sen lograr alcanzar o horizonte

Atraveso doces tempestades mil lostregos fundiron o meu navio naveguei nun mar de incertidumes perdido, sen encontrar o meu camiño

Vou onda me leven o vento dirixe o meu rumbo corto o mar onde morrín tentando encontrar o meu mundo

Mil noites ficarei Mil dias nos que tentarei loitar contra un destino cruel

Fuxo da soidade pero esta é compañeira fiel fiel amiga, fiel amante A razón que non podo perder

Son un navegante perdido aquel mariñeiro de auga doce que tentou fuxir co seu barco sen lograr alcanzar o horizonte Carlos Tourís 2º Bach


Pรกxina 47


Pรกxina 48

Luis Davila (o Bichero www.luisdavila.net)



Revista Leliadoura 2010